1 00:00:03,627 --> 00:00:07,548 "Sentín un funeral no meu cerebro, 2 00:00:07,548 --> 00:00:09,940 e os parentes ían e viñan 3 00:00:09,940 --> 00:00:12,900 camiñando, camiñando ata que, pareceu, 4 00:00:12,900 --> 00:00:15,636 que o sentido crebaba totalmente. 5 00:00:15,716 --> 00:00:17,605 E cando todos estiveron sentados, 6 00:00:17,605 --> 00:00:19,603 unha liturxia, como un tambor, 7 00:00:19,603 --> 00:00:22,725 comezou a bater, a bater ata que pensei 8 00:00:22,725 --> 00:00:25,421 que a miña mente adormecía 9 00:00:25,541 --> 00:00:30,047 E logo oínos erguer o caixón e renxer a través da miña alma 10 00:00:30,247 --> 00:00:32,994 coas mesmas botas de chumbo, outra vez, 11 00:00:32,994 --> 00:00:35,283 e o espazo comezou a tanxer, 12 00:00:35,673 --> 00:00:40,240 Coma se os ceos fosen unha campá, e a existencia só un oído, 13 00:00:40,420 --> 00:00:43,020 e eu, e o silencio, unha raza estraña 14 00:00:43,020 --> 00:00:46,101 desfeita, solitaria, aquí. 15 00:00:46,221 --> 00:00:49,874 E entón un baleiro na razón, rompeu 16 00:00:49,874 --> 00:00:52,863 e caín máis e máis abaixo 17 00:00:52,863 --> 00:00:55,560 e dei cun mundo, a cada mergullo, 18 00:00:55,790 --> 00:00:58,351 e acabei sabendo, daquela" 19 00:01:00,261 --> 00:01:03,156 Coñecemos a depresión a través de metáforas. 20 00:01:03,156 --> 00:01:07,398 Emily Dickinson foi capaz de expresalo con palabras, 21 00:01:07,398 --> 00:01:10,130 Goya, nunha imaxe. 22 00:01:10,130 --> 00:01:15,093 A metade do propósito da arte é describir estes estados icónicos. 23 00:01:15,997 --> 00:01:19,587 Canto a min, sempre me vin como unha persoa dura, 24 00:01:19,587 --> 00:01:21,550 unha das que poderían sobrevivir 25 00:01:21,550 --> 00:01:24,384 se me enviasen a un campo de concentración. 26 00:01:24,614 --> 00:01:27,497 En 1991, sufrín unha serie de perdas. 27 00:01:27,497 --> 00:01:29,198 A miña nai morreu, 28 00:01:29,198 --> 00:01:31,324 rematou a relación na que estaba, 29 00:01:31,324 --> 00:01:34,837 volvín para os Estados Unidos despois duns anos no estranxeiro 30 00:01:35,268 --> 00:01:38,432 e pasei por estas experiencias intacto. 31 00:01:38,432 --> 00:01:41,539 Pero en 1994, tres anos despois, 32 00:01:41,539 --> 00:01:45,932 atopeime perdendo o interese en case todo, 33 00:01:45,932 --> 00:01:49,827 non quería facer nada do que antes si quería, 34 00:01:49,959 --> 00:01:51,877 e non sabía o porqué. 35 00:01:51,877 --> 00:01:56,827 O contrario da depresión non é a felicidade, senón a vitalidade. 36 00:01:56,934 --> 00:01:58,429 E era a vitalidade 37 00:01:58,429 --> 00:02:01,932 a que se esvaecía para min naquel momento. 38 00:02:02,082 --> 00:02:06,137 Todo o que había para facer era demasiado traballo. 39 00:02:06,411 --> 00:02:08,058 Volvía á casa 40 00:02:08,058 --> 00:02:11,440 e vía pestanexar a luz vermella do contestador 41 00:02:11,440 --> 00:02:14,055 e en vez de aledarme por saber dos meus amigos, 42 00:02:14,055 --> 00:02:15,133 pensaba: 43 00:02:15,133 --> 00:02:18,368 "Vaia morea de xente á que lle teño que devolver a chamada" 44 00:02:18,368 --> 00:02:20,755 Ou decidía que tiña que comer 45 00:02:20,755 --> 00:02:23,301 pero despois pensaba: teño que coller a comida, 46 00:02:23,301 --> 00:02:25,340 poñela no prato 47 00:02:25,340 --> 00:02:29,389 e cortala e mastigala e tragala, 48 00:02:29,389 --> 00:02:33,090 e sentía que eran as estacións do Viacrucis. 49 00:02:33,090 --> 00:02:37,381 E algo que a miúdo se esquece ao falar de depresión 50 00:02:37,443 --> 00:02:39,801 é que ti sabes que é absurdo. 51 00:02:39,801 --> 00:02:42,537 Sabes que é absurdo mentres o experimentas. 52 00:02:42,537 --> 00:02:44,681 Sabes que a maioría da xente é quen 53 00:02:44,681 --> 00:02:46,995 de escoitar as menxases e xantar 54 00:02:46,995 --> 00:02:48,907 e organizarse para ducharse 55 00:02:48,907 --> 00:02:50,167 e saír pola porta 56 00:02:50,167 --> 00:02:51,644 e que non é gran cousa, 57 00:02:51,644 --> 00:02:54,985 e aínda así estás nas súas gadoupas, 58 00:02:54,985 --> 00:02:58,737 e es incapaz de idear unha saída. 59 00:02:58,737 --> 00:03:03,236 Así que comecei a sentir que facía menos 60 00:03:03,236 --> 00:03:05,326 e pensaba menos 61 00:03:05,326 --> 00:03:07,494 e sentía menos. 62 00:03:07,694 --> 00:03:10,049 Era unha especie de nulidade. 63 00:03:10,049 --> 00:03:12,415 E despois chegou a ansiedade. 64 00:03:12,415 --> 00:03:16,214 Se me dis que teño que estar deprimido o próximo mes, 65 00:03:16,214 --> 00:03:19,387 diría: "Se está rematado en novembro, podo facelo." 66 00:03:19,397 --> 00:03:20,853 Pero se me dis: 67 00:03:20,853 --> 00:03:23,923 "Tes que ter ansiedade aguda durante o próximo mes" 68 00:03:23,923 --> 00:03:26,396 Preferiría cortar as veas antes de pasar por iso. 69 00:03:26,396 --> 00:03:28,148 Era sentir continuamente 70 00:03:28,148 --> 00:03:30,616 coma cando vas andando 71 00:03:30,616 --> 00:03:33,498 e esvaras ou tropezas e o chan achégase a ti, 72 00:03:33,593 --> 00:03:36,311 pero en vez de durar medio segundo como é, 73 00:03:36,311 --> 00:03:38,249 dura seis meses. 74 00:03:38,249 --> 00:03:41,281 É a sensación de estar sempre asustado, 75 00:03:41,281 --> 00:03:45,057 pero sen sequera saber de que estás asustado. 76 00:03:45,057 --> 00:03:47,477 E foi nese punto cando comecei a pensar 77 00:03:47,477 --> 00:03:51,476 que estar vivo era sinxelamente demasiado doloroso, 78 00:03:51,476 --> 00:03:54,060 e que a única razón para non suicidarme 79 00:03:54,060 --> 00:03:56,991 era non ferir outra xente. 80 00:03:57,191 --> 00:04:00,184 E finalmente un día espertei 81 00:04:00,200 --> 00:04:02,208 e pensei que quizais sufrira un ataque, 82 00:04:02,208 --> 00:04:04,939 porque estaba na cama totalmente inmobilizado, 83 00:04:04,939 --> 00:04:06,888 mirando o teléfono, pensando: 84 00:04:06,888 --> 00:04:10,451 "Algo vai mal e debería chamar para pedir axuda" 85 00:04:10,451 --> 00:04:12,186 e non podía estirar o brazo 86 00:04:12,186 --> 00:04:14,648 e agarrar o teléfono e marcar. 87 00:04:14,648 --> 00:04:18,802 E finalmente, despois de catro horas deitado mirándoo 88 00:04:18,802 --> 00:04:20,164 o teléfono soou, 89 00:04:20,164 --> 00:04:22,412 e dalgún xeito conseguín contestar 90 00:04:22,412 --> 00:04:24,962 e era o meu pai e dixen: 91 00:04:24,962 --> 00:04:28,875 "Teño un problema serio, Temos que facer algo." 92 00:04:29,528 --> 00:04:35,026 O día seguinte comecei coa medicación e a terapia. 93 00:04:35,224 --> 00:04:39,311 E tamén empecei a considerar esta terrible cuestión: 94 00:04:39,410 --> 00:04:41,483 Se non son a persoa dura, 95 00:04:41,483 --> 00:04:44,039 que podería sobrevivir a un campo de concentración, 96 00:04:44,039 --> 00:04:45,679 entón quen son? 97 00:04:45,679 --> 00:04:47,628 E se tiña que tomar medicación, 98 00:04:47,628 --> 00:04:51,335 esa medicación facíame ser completamente eu, 99 00:04:51,335 --> 00:04:53,754 ou convertíame noutra persoa? 100 00:04:53,754 --> 00:04:57,770 E que me parecía se me convertía noutro? 101 00:04:57,989 --> 00:05:01,300 Tiña dúas vantaxes nesta travesía. 102 00:05:01,300 --> 00:05:04,280 A primeira é que eu sabía que, falando obxectivamente, 103 00:05:04,280 --> 00:05:05,901 tiña unha boa vida, 104 00:05:05,901 --> 00:05:07,786 e que se era capaz de poñerme ben 105 00:05:07,786 --> 00:05:10,864 había algo ao final polo que valía a pena vivir. 106 00:05:11,010 --> 00:05:14,052 E a outra é que tiña acceso a un bo tratamento. 107 00:05:14,052 --> 00:05:17,816 Pero aínda así saín e recaín, 108 00:05:17,816 --> 00:05:20,095 e saín e recaín, 109 00:05:20,095 --> 00:05:23,139 e saín e recaín, 110 00:05:23,139 --> 00:05:25,092 e finalmente entendín 111 00:05:25,092 --> 00:05:29,456 que tería que medicarme e ir a terapia para sempre. 112 00:05:29,456 --> 00:05:30,712 E pensei: 113 00:05:30,712 --> 00:05:33,836 "Pero é un problema químico ou psicolóxico? 114 00:05:33,836 --> 00:05:37,466 E precisa dunha cura química ou unha cura filosófica?" 115 00:05:37,466 --> 00:05:39,525 E non fun quen de saber a resposta. 116 00:05:39,525 --> 00:05:42,002 E logo entendín que en realidade 117 00:05:42,002 --> 00:05:45,966 non estamos tan avanzados nesas áreas como para explicalo todo. 118 00:05:46,013 --> 00:05:49,260 Tanto a cura química como a cura psicolóxica 119 00:05:49,260 --> 00:05:51,062 teñen un papel que cumprir, 120 00:05:51,062 --> 00:05:54,675 e tamén souben que a depresión era 121 00:05:54,675 --> 00:05:57,698 algo entretecido tan profundamente en nós 122 00:05:57,698 --> 00:06:01,177 que non se podía separar do noso carácter e personalidade. 123 00:06:01,437 --> 00:06:05,865 Quero decir que os tratamentos para a depresión son terribles. 124 00:06:05,990 --> 00:06:07,817 Non son moi efectivos. 125 00:06:07,817 --> 00:06:09,650 Son moi caros. 126 00:06:09,650 --> 00:06:12,099 Teñen innumerables efectos secundarios. 127 00:06:12,099 --> 00:06:13,888 Son un desastre. 128 00:06:13,888 --> 00:06:18,526 Pero estou tan agradecido por vivir agora e non hai 50 anos, 129 00:06:18,576 --> 00:06:21,107 cando non se podería facer case nada. 130 00:06:21,488 --> 00:06:24,069 Espero que dentro de 50 anos, 131 00:06:24,069 --> 00:06:26,126 a xente oia falar dos meus tratamentos 132 00:06:26,126 --> 00:06:29,869 e se arrepíe de que alguén soportara unha ciencia tan primitiva. 133 00:06:30,885 --> 00:06:35,441 A depresión é a imperfección do amor. 134 00:06:35,441 --> 00:06:38,642 Se estás casado con alguén e pensas: 135 00:06:38,642 --> 00:06:42,177 "Ben, se a miña muller morre, atoparei outra" 136 00:06:42,177 --> 00:06:45,003 non sería amor tal como o coñecemos. 137 00:06:45,223 --> 00:06:49,713 Non existe o amor sen a anticipación da perda, 138 00:06:49,817 --> 00:06:55,771 e o espectro da desesperación pode ser o motor da intimidade. 139 00:06:56,130 --> 00:06:59,059 Hai tres cousas que a xente tende a confundir: 140 00:06:59,059 --> 00:07:02,859 depresión, dor e tristeza. 141 00:07:02,859 --> 00:07:06,145 A dor é explicitamente reactiva. 142 00:07:06,145 --> 00:07:09,104 Se sofres unha perda e te sentes moi infeliz, 143 00:07:09,104 --> 00:07:10,737 e logo, 6 meses despois, 144 00:07:10,737 --> 00:07:13,959 estás aínda moi triste, pero xa empezas a funcionar mellor, 145 00:07:13,959 --> 00:07:15,687 probablemente sexa dor, 146 00:07:15,687 --> 00:07:19,299 e probablemente se resolva por si mesma en certa medida. 147 00:07:19,428 --> 00:07:22,179 Se experimentas unha perda catastrófica, 148 00:07:22,179 --> 00:07:23,393 e te sentes fatal, 149 00:07:23,393 --> 00:07:26,390 e seis meses despois case non podes funcionar, 150 00:07:26,390 --> 00:07:28,975 probablemente se desencadeou unha depresión 151 00:07:28,975 --> 00:07:31,449 polas circunstancias catastróficas. 152 00:07:31,449 --> 00:07:35,081 A traxectoria dinos moito. 153 00:07:35,081 --> 00:07:38,439 A xente pensa na depresión simplemente como estar triste. 154 00:07:38,439 --> 00:07:40,775 É moita, moita, demasiada tristeza, 155 00:07:40,775 --> 00:07:42,439 moita, demasiada dor, 156 00:07:42,439 --> 00:07:45,178 por algo tan lixeiro. 157 00:07:45,368 --> 00:07:48,115 Cando comezaba a comprender a depresión 158 00:07:48,115 --> 00:07:50,950 e a entrevistar persoas que a sufriran, 159 00:07:50,950 --> 00:07:55,661 atopei que había xente que tiña a primeira vista o que parecía 160 00:07:55,686 --> 00:07:57,748 unha relativamente leve depresión 161 00:07:57,748 --> 00:08:01,195 e que estaban aínda así totalmente incapacitados por ela. 162 00:08:01,195 --> 00:08:03,053 E había outra xente que parecía ter, 163 00:08:03,053 --> 00:08:06,515 segundo a describía, unha depresión grave 164 00:08:06,616 --> 00:08:09,431 que tiña porén boas vidas 165 00:08:09,431 --> 00:08:11,586 nos intervalos entre episodios depresivos. 166 00:08:11,586 --> 00:08:14,961 E comecei a descubrir o que causaba que certas persoas 167 00:08:14,961 --> 00:08:18,144 fosen máis resilientes que outras. 168 00:08:18,144 --> 00:08:21,496 Cales son os mecanismos que lle permiten á xente sobrevivir? 169 00:08:21,530 --> 00:08:24,699 E saín entrevistar unha tras outra 170 00:08:24,699 --> 00:08:26,874 persoas que estaban sufrindo depresión. 171 00:08:26,874 --> 00:08:28,825 Unha das primeiras ás que entrevistei 172 00:08:28,825 --> 00:08:33,926 describiu a depresión como un xeito máis lento de estar morto 173 00:08:33,967 --> 00:08:36,521 e para min foi unha boa cousa oílo ao principio 174 00:08:36,521 --> 00:08:39,547 porque me recordou que ese xeito lento de estar morto 175 00:08:39,547 --> 00:08:41,491 pode levar a unha morte real, 176 00:08:41,491 --> 00:08:43,495 que é un asunto serio. 177 00:08:43,495 --> 00:08:46,154 É o líder mundial da discapacidade, 178 00:08:46,154 --> 00:08:48,484 e a xente morre diso cada día. 179 00:08:49,184 --> 00:08:52,793 Unha das persoas coas que falei cando intentaba entender isto 180 00:08:52,927 --> 00:08:56,575 era unha querida amiga coñecida desde había moitos anos, 181 00:08:56,613 --> 00:09:01,005 e que sufrira un episodio psicótico no primeiro ano da facultade 182 00:09:01,059 --> 00:09:04,115 e que despois caeu de golpe nunha depresión terrible. 183 00:09:04,115 --> 00:09:05,541 Tiña síndrome bipolar, 184 00:09:05,541 --> 00:09:08,364 ou enfermidade maníaco-depresiva, como se dicía daquela, 185 00:09:08,364 --> 00:09:11,908 e foille moi ben co litio durante moitos anos, 186 00:09:11,936 --> 00:09:15,211 e logo, co tempo, quitáronlle o litio 187 00:09:15,271 --> 00:09:17,106 para ver como estaba sen el, 188 00:09:17,106 --> 00:09:19,081 e tivo outra psicose 189 00:09:19,081 --> 00:09:23,249 e logo caeu na peor depresión que vin na miña vida, 190 00:09:23,291 --> 00:09:26,306 durante a que sentaba no apartamento dos pais 191 00:09:26,306 --> 00:09:29,383 mais ou menos catatónica, basicamente sen moverse, 192 00:09:29,383 --> 00:09:31,865 día tras día tras día. 193 00:09:31,865 --> 00:09:35,082 E cando lle preguntei sobre esta experiencia anos despois, 194 00:09:35,082 --> 00:09:38,413 -é unha poeta e psicoterapeuta chamada Maggie Robbins- 195 00:09:38,413 --> 00:09:41,506 cando a entrevistei, díxome: 196 00:09:41,646 --> 00:09:45,030 "Estaba cantando 'A onde foron as flores' 197 00:09:45,030 --> 00:09:48,240 unha e outra vez para ocupar a mente. 198 00:09:48,240 --> 00:09:51,375 Cantaba para bloquear as cousas que dicía a miña mente, 199 00:09:51,375 --> 00:09:55,865 que eran 'Non es nada. Non es ninguén. 200 00:09:55,865 --> 00:09:58,691 Non mereces nin vivir.' 201 00:09:58,691 --> 00:10:00,869 E aí foi cando de verdade comecei a pensar 202 00:10:00,869 --> 00:10:03,082 en suicidarme". 203 00:10:03,082 --> 00:10:07,140 Durante a depresión non pensas que che puxeron un veo gris 204 00:10:07,140 --> 00:10:10,977 e que ves o mundo a través dunha néboa de mal humor. 205 00:10:11,001 --> 00:10:13,721 Pensas que che quitaron o veo, 206 00:10:13,721 --> 00:10:15,643 o veo da felicidade, 207 00:10:15,643 --> 00:10:18,067 e que agora ves a verdade. 208 00:10:18,067 --> 00:10:21,031 É máis fácil axudar esquizofrénicos que perciben 209 00:10:21,031 --> 00:10:25,032 que hai algo alleo dentro deles que precisa ser exorcizado, 210 00:10:25,032 --> 00:10:27,193 pero é difícil cos depresivos, 211 00:10:27,193 --> 00:10:30,770 porque cremos que estamos vendo a verdade. 212 00:10:31,040 --> 00:10:32,897 Pero a verdade mente. 213 00:10:33,987 --> 00:10:35,985 Obsesioneime con esa frase: 214 00:10:35,985 --> 00:10:38,360 "Pero a verdade mente" 215 00:10:38,360 --> 00:10:40,813 E descubrín, ao falar con persoas deprimidas, 216 00:10:40,813 --> 00:10:43,495 que teñen moitas percepcións ficticias. 217 00:10:43,495 --> 00:10:45,332 Eles diranche "Ninguén me quere" 218 00:10:45,332 --> 00:10:46,813 e ti dislles "Eu quérote, 219 00:10:46,813 --> 00:10:49,335 a túa muller quérete, a túa nai quérete". 220 00:10:49,335 --> 00:10:52,858 Podes contestar sen problemas polo menos a maioría da xente. 221 00:10:52,923 --> 00:10:55,190 Pero a xente deprimida tamén che dirá: 222 00:10:55,190 --> 00:10:58,995 "Tanto ten o que fagamos, ao final imos morrer." 223 00:10:59,168 --> 00:11:01,521 Ou dirán: "Non pode haber auténtica comunión 224 00:11:01,521 --> 00:11:03,024 entre dous seres humanos. 225 00:11:03,024 --> 00:11:05,600 Cada un está atrapado no seu propio corpo" 226 00:11:05,600 --> 00:11:07,449 Ao que tes que responder 227 00:11:07,449 --> 00:11:08,770 "Iso é certo, 228 00:11:08,770 --> 00:11:12,598 pero creo que agora deberiamos centrarnos en qué imos almorzar". 229 00:11:12,598 --> 00:11:14,669 (Risos) 230 00:11:14,669 --> 00:11:16,338 Gran parte do tempo, 231 00:11:16,338 --> 00:11:19,234 o que expresan non é tristura, senón perspicacia, 232 00:11:19,234 --> 00:11:21,891 e isto lévame a pensar que é extraordinario 233 00:11:21,891 --> 00:11:24,825 que a maioría de nós coñece estas preguntas existenciais 234 00:11:24,825 --> 00:11:27,115 sen que nos distraian moito. 235 00:11:27,115 --> 00:11:29,274 Había un estudo que me gustaba especialmente 236 00:11:29,274 --> 00:11:32,894 no cal a un grupo de xente deprimida e a un de xente non deprimida 237 00:11:32,894 --> 00:11:35,758 se lles pide que xoguen a un videoxogo durante unha hora, 238 00:11:35,758 --> 00:11:37,291 e ao final desa hora, 239 00:11:37,291 --> 00:11:40,702 preguntábaselles cantos monstruíños pensaban que mataran. 240 00:11:40,806 --> 00:11:44,928 O grupo deprimido normalmente acertaba cunha marxe dun 10 por cento, 241 00:11:45,076 --> 00:11:46,547 e o grupo de non deprimidos 242 00:11:46,547 --> 00:11:51,072 supoñía entre 15 e 20 veces máis monstruíños 243 00:11:51,072 --> 00:11:51,834 (Risos) 244 00:11:51,834 --> 00:11:54,815 dos que realmente mataran. 245 00:11:55,945 --> 00:11:59,011 Moita xente dixo, cando decidín escribir sobre a miña depresión, 246 00:11:59,011 --> 00:12:02,830 que debía ser moi difícil expoñerse así, 247 00:12:02,830 --> 00:12:04,424 que a xente o soubese. 248 00:12:04,424 --> 00:12:06,504 Dicían: "A xente fálache distinto?" 249 00:12:06,504 --> 00:12:08,636 e eu dicía: "Si, a xente fálame distinto. 250 00:12:08,636 --> 00:12:10,430 Fálanme distinto desde o momento 251 00:12:10,430 --> 00:12:12,880 en que comezan a falarme da súa experiencia, 252 00:12:12,880 --> 00:12:14,715 ou da experiencia da súa irmá, 253 00:12:14,715 --> 00:12:16,489 ou da experiencia do seu amigo. 254 00:12:16,489 --> 00:12:18,781 A cousas son diferentes porque agora sei 255 00:12:18,781 --> 00:12:23,432 que a depresión é o segredo familiar que todo o mundo ten. 256 00:12:23,539 --> 00:12:27,167 Hai uns anos fun a unha conferencia 257 00:12:27,167 --> 00:12:29,820 e o venres da conferencia de tres días 258 00:12:29,820 --> 00:12:32,711 unha das participantes levoume á parte e díxome: 259 00:12:32,711 --> 00:12:39,326 "Teño depresión e dáme un pouco de vergoña, 260 00:12:39,326 --> 00:12:41,635 pero estiven tomando esta medicación, 261 00:12:41,635 --> 00:12:44,276 e só quería preguntarche que opinas". 262 00:12:44,276 --> 00:12:47,280 Así que me esforcei en darlle o mellor consello que puiden. 263 00:12:47,280 --> 00:12:51,510 E entón díxome: "Sabes? o meu home nunca entendería isto. 264 00:12:51,510 --> 00:12:54,254 É o tipo de persoa para o que isto non tería sentido, 265 00:12:54,254 --> 00:12:56,941 así que, xa sabes, que quede entre nós." 266 00:12:56,941 --> 00:12:58,507 E díxenlle: "Si, está ben." 267 00:12:58,507 --> 00:13:00,616 No domingo da mesma conferencia, 268 00:13:00,616 --> 00:13:02,890 o seu home chamoume á parte 269 00:13:02,890 --> 00:13:04,044 (Risos) 270 00:13:04,044 --> 00:13:06,349 e díxome "A miña muller non me vería 271 00:13:06,349 --> 00:13:08,785 como o home que son se o soubese 272 00:13:08,855 --> 00:13:12,269 pero estou loitando cunha depresión e estou tomando esta medicación 273 00:13:12,269 --> 00:13:14,414 e preguntábame que opinabas". 274 00:13:14,414 --> 00:13:16,547 Estaban agochando a mesma medicación 275 00:13:16,547 --> 00:13:19,452 en dous sitios distintos do mesmo cuarto. 276 00:13:19,452 --> 00:13:20,397 (Risos) 277 00:13:20,397 --> 00:13:24,188 E díxenlle que pensaba que a comunicación no matrimonio 278 00:13:24,188 --> 00:13:26,712 podía estar desencadeando algúns dos problemas. 279 00:13:26,712 --> 00:13:27,956 (Risos) 280 00:13:30,726 --> 00:13:32,207 Pero tamén quedei abraiado 281 00:13:32,207 --> 00:13:35,928 pola incómoda natureza do segredo mutuo. 282 00:13:36,141 --> 00:13:38,026 A depresión tamén é extenuante, 283 00:13:38,026 --> 00:13:40,794 Requíreche tanto tempo e enerxía, 284 00:13:40,794 --> 00:13:42,348 e o silencio ao respecto 285 00:13:42,348 --> 00:13:45,029 realmente empeora a depresión. 286 00:13:45,029 --> 00:13:46,762 E despois comecei a pensar 287 00:13:46,762 --> 00:13:48,728 en todos os xeitos cos que a xente se sente mellor. 288 00:13:48,728 --> 00:13:51,167 Comecei como un conservador da medicina. 289 00:13:51,167 --> 00:13:53,829 Pensaba que un par de tipos de terapia funcionaban, 290 00:13:53,829 --> 00:13:55,348 estaba claro que o facían, 291 00:13:55,348 --> 00:13:56,992 estaba a medicación, 292 00:13:56,992 --> 00:13:58,468 algúns tipos de psicoterapia, 293 00:13:58,468 --> 00:14:00,913 estaba posiblemente a terapia electroconvulsiva, 294 00:14:00,913 --> 00:14:03,588 e todo o demais non tiña sentido. 295 00:14:03,588 --> 00:14:05,420 Pero entón descubrín algo. 296 00:14:05,420 --> 00:14:07,172 Se tes un tumor cerebral 297 00:14:07,172 --> 00:14:10,454 e dis que facer o pino 20 minutos cada mañá 298 00:14:10,454 --> 00:14:11,719 fai que te sintas mellor, 299 00:14:11,719 --> 00:14:14,853 se cadra faino, pero segues tendo un tumor cerebral, 300 00:14:14,853 --> 00:14:17,030 e probablemente vaias morrer igual. 301 00:14:17,030 --> 00:14:19,542 Pero se dis que tes unha depresión, 302 00:14:19,542 --> 00:14:22,007 e que facer o pino 20 minutos cada día 303 00:14:22,007 --> 00:14:24,131 fai que te sintas mellor, entón funcionou, 304 00:14:24,131 --> 00:14:26,711 porque a depresión é unha doenza de como te sentes, 305 00:14:26,711 --> 00:14:28,100 e se te sentes mellor, 306 00:14:28,100 --> 00:14:30,930 entón efectivamente xa non estás deprimido. 307 00:14:30,930 --> 00:14:33,193 Así que me volvín moito máis tolerante 308 00:14:33,193 --> 00:14:35,888 co amplo mundo dos tratamentos alternativos. 309 00:14:35,888 --> 00:14:38,272 E recibo cartas, recibo centos de cartas 310 00:14:38,272 --> 00:14:41,028 de xente que me conta o que lles funcionou. 311 00:14:41,028 --> 00:14:44,649 Alguén me preguntou hoxe entre bastidores, sobre a meditación. 312 00:14:44,649 --> 00:14:48,762 A miña carta favorita, entre as que recibín, era dunha muller 313 00:14:48,762 --> 00:14:51,388 que escribiu e me dixo que probara terapia, medicación, 314 00:14:51,388 --> 00:14:53,205 que probara case de todo, 315 00:14:53,205 --> 00:14:56,092 pero atopou a solución, e quería que eu llo dixese ao mundo, 316 00:14:56,092 --> 00:14:59,634 e era facer cousiñas de fío. 317 00:14:59,634 --> 00:15:01,173 (Risos) 318 00:15:02,633 --> 00:15:04,657 Envioume algunhas. 319 00:15:04,657 --> 00:15:05,685 (Risos) 320 00:15:06,315 --> 00:15:08,205 E non as levo postas agora mesmo. 321 00:15:08,205 --> 00:15:09,230 (Risos) 322 00:15:09,900 --> 00:15:11,738 Suxerinlle que debería mirar tamén 323 00:15:11,738 --> 00:15:15,828 trastorno obsesivo compulsivo no DSM. 324 00:15:16,738 --> 00:15:19,656 E así, cando miraba os tratamentos alternativos, 325 00:15:19,656 --> 00:15:22,444 gañaba perspectiva respecto aos outros tratamentos. 326 00:15:22,444 --> 00:15:25,347 Pasei por un exorcismo tribal en Senegal 327 00:15:25,347 --> 00:15:27,390 que incluía bastante sangue de año 328 00:15:27,390 --> 00:15:29,422 e do que non vou dar detalles agora mesmo, 329 00:15:29,422 --> 00:15:31,422 pero uns anos despois estaba en Ruanda, 330 00:15:31,422 --> 00:15:33,180 traballando nun proxecto distinto, 331 00:15:33,180 --> 00:15:35,976 E resulta que lle describín a miña experiencia a alguén, 332 00:15:35,976 --> 00:15:37,016 e díxome: 333 00:15:37,016 --> 00:15:39,596 Ben, iso é o oeste de África, estamos no leste 334 00:15:39,596 --> 00:15:42,010 e os nosos rituais son distintos nalgúns aspectos, 335 00:15:42,010 --> 00:15:43,263 pero temos algúns rituais 336 00:15:43,263 --> 00:15:45,440 que teñen algo en común co que describes." 337 00:15:45,440 --> 00:15:46,523 E dixo: 338 00:15:46,523 --> 00:15:50,135 "Pero temos moitos problemas cos traballadores occidentais de saúde mental, 339 00:15:50,135 --> 00:15:52,452 especialmente cos que viñeron tralo xenocidio." 340 00:15:52,452 --> 00:15:54,779 E dixen: "Que tipo de problemas tedes? 341 00:15:54,779 --> 00:15:59,115 E díxome: "Ben, fan cousas moi estrañas. 342 00:15:59,115 --> 00:16:01,164 Non levan a xente ao sol, 343 00:16:01,164 --> 00:16:02,574 cando comezan a estar mellor, 344 00:16:02,574 --> 00:16:05,808 non inclúen percusión ou música que fai que o sangue se mova. 345 00:16:05,808 --> 00:16:07,650 Non implican toda a comunidade. 346 00:16:07,650 --> 00:16:10,695 Non externalizan a depresión como un espírito invasor. 347 00:16:10,718 --> 00:16:16,029 En vez diso, o que fan é levar a xente unha por unha a uns cuartiños sórdidos 348 00:16:16,029 --> 00:16:17,600 e teñenos falando unha hora 349 00:16:17,600 --> 00:16:19,810 sobre as cousas malas que lles pasaron." 350 00:16:19,810 --> 00:16:22,010 (Risos) 351 00:16:22,010 --> 00:16:24,350 (Aplausos) 352 00:16:25,010 --> 00:16:27,372 Díxome: "Pedímoslles que marchasen do país." 353 00:16:27,372 --> 00:16:29,299 (Risos) 354 00:16:30,429 --> 00:16:32,873 Na outra esquina dos tratamentos alternativos, 355 00:16:32,873 --> 00:16:34,908 deixádeme falarvos de Frank Russakoff. 356 00:16:34,908 --> 00:16:40,921 Frank Russakoff tiña probablemente a peor depresión que vin nun home. 357 00:16:40,921 --> 00:16:42,989 Estaba continuamente deprimido, 358 00:16:42,989 --> 00:16:45,150 Estaba, cando o coñecín, nun punto no que 359 00:16:45,150 --> 00:16:48,168 cada mes recibía un tratamento de electroshock. 360 00:16:48,168 --> 00:16:50,743 Sentíase desorientado unha semana, 361 00:16:50,743 --> 00:16:52,546 despois sentíase ben unha semana, 362 00:16:52,546 --> 00:16:54,246 despois tiña unha semana de caída, 363 00:16:54,246 --> 00:16:56,931 e despois recibía outro tratamento de electroshock. 364 00:16:56,931 --> 00:16:58,346 E cando o coñecín díxome: 365 00:16:58,346 --> 00:17:01,118 "É insufrible pasar as semanas deste xeito, 366 00:17:01,118 --> 00:17:02,555 non podo seguir así, 367 00:17:02,555 --> 00:17:04,969 e xa sei como vou acabar 368 00:17:04,969 --> 00:17:06,246 se non melloro. 369 00:17:06,246 --> 00:17:10,214 Pero -díxome- oín falar dun protocolo no Mass General 370 00:17:10,214 --> 00:17:13,637 para unha cirurxía chamada cingulotomía que é unha operación cerebral, 371 00:17:13,637 --> 00:17:15,754 e creo que o vou tentar." 372 00:17:15,754 --> 00:17:19,218 E lembro estar fascinado nese momento ao pensar que alguén 373 00:17:19,218 --> 00:17:22,389 que claramente pasou por tantas malas experiencias 374 00:17:22,389 --> 00:17:24,298 con tantos tratamentos diferentes 375 00:17:24,298 --> 00:17:27,330 aínda tivese nalgún sitio do seu interior o optimismo 376 00:17:27,330 --> 00:17:29,760 suficiente para buscar outro máis. 377 00:17:29,760 --> 00:17:34,110 E pasou por esta cirurxía e tivo moito éxito. 378 00:17:34,110 --> 00:17:35,474 Agora é amigo meu, 379 00:17:35,474 --> 00:17:38,966 ten unha esposa adorable e dous preciosos fillos. 380 00:17:38,966 --> 00:17:41,915 Escribiume unha carta o Nadal posterior á operación 381 00:17:41,915 --> 00:17:43,104 e díxome: 382 00:17:43,104 --> 00:17:45,591 "O meu pai mandoume dous regalos este ano, 383 00:17:45,591 --> 00:17:48,363 primeiro, unha torre de CD automática de The Sharper Image 384 00:17:48,363 --> 00:17:49,714 que eu non precisaba, 385 00:17:49,714 --> 00:17:51,981 pero sei que ma estaba dando para celebrar 386 00:17:51,981 --> 00:17:55,399 que eu vivise só e tivese un traballo que parecía encantarme. 387 00:17:55,406 --> 00:17:58,877 E o outro regalo, era unha foto da miña avoa, 388 00:17:58,877 --> 00:18:00,603 que se suicidou. 389 00:18:00,795 --> 00:18:03,730 Cando o desenvolvín, comecei a chorar, 390 00:18:03,730 --> 00:18:05,750 e veu a miña nai e díxome: 391 00:18:05,750 --> 00:18:09,055 "Estás chorando por parentes que non coñeciches?" 392 00:18:09,055 --> 00:18:13,133 e eu díxenlle: "Tiña a mesma enfermidade ca min". 393 00:18:13,133 --> 00:18:15,594 Choro agora mentres che escribo. 394 00:18:15,594 --> 00:18:19,189 Non é que estea triste, senón sobrecollido. 395 00:18:19,189 --> 00:18:21,410 Porque creo que eu puiden suicidarme 396 00:18:21,410 --> 00:18:24,883 pero meus pais termaron de min, e tamén os doutores 397 00:18:24,883 --> 00:18:26,716 e a cirurxía. 398 00:18:26,716 --> 00:18:29,351 Estou vivo e agradecido. 399 00:18:29,531 --> 00:18:34,241 Vivimos no momento correcto, aínda que ás veces non o pareza." 400 00:18:35,670 --> 00:18:37,567 Estaba sorprendido porque a depresión 401 00:18:37,567 --> 00:18:42,552 é maiormente percibida como unha cousa moderna, occidental, da clase media, 402 00:18:42,829 --> 00:18:47,001 e fun mirar como funcionaba nunha variedade de contextos, 403 00:18:47,001 --> 00:18:49,193 e unha das cousas que máis interese me causou 404 00:18:49,193 --> 00:18:51,063 foi a depresión entre os indixentes. 405 00:18:51,063 --> 00:18:52,674 Así que intentei saber 406 00:18:52,674 --> 00:18:55,364 que se facía polas persoas pobres con depresión, 407 00:18:55,364 --> 00:18:57,412 E o que descubrín foi que as persoas pobres 408 00:18:57,412 --> 00:18:59,969 maioritariamente non son tratadas para a depresión. 409 00:18:59,969 --> 00:19:02,888 A depresión é o resultado da vulneralidade xenética, 410 00:19:02,888 --> 00:19:06,256 que en principio está distribuída igualitariamente entre a poboación, 411 00:19:06,256 --> 00:19:07,999 e as circunstancias desencadeantes, 412 00:19:07,999 --> 00:19:11,772 que adoitan ser máis graves para a xente empobrecida. 413 00:19:11,777 --> 00:19:15,224 E aínda así resulta que se tes unha vida estupenda 414 00:19:15,224 --> 00:19:16,854 pero sempre te sentes miserable 415 00:19:16,854 --> 00:19:18,534 pensas: "Por que me sinto así? 416 00:19:18,534 --> 00:19:20,013 Debo ter unha depresión." 417 00:19:20,013 --> 00:19:21,936 E decides buscar un tratamento. 418 00:19:21,936 --> 00:19:24,129 Pero se tes unha vida desastrosa, 419 00:19:24,129 --> 00:19:25,896 e sénteste miserable todo o tempo, 420 00:19:25,896 --> 00:19:28,722 o teu sentimento concorda coa túa vida, 421 00:19:28,722 --> 00:19:30,446 e non se che ocorre pensar, 422 00:19:30,446 --> 00:19:32,309 "Se cadra isto pódese tratar." 423 00:19:32,309 --> 00:19:35,505 Así que temos unha epidemia neste país 424 00:19:35,505 --> 00:19:38,318 de depresión entre persoas empobrecidas 425 00:19:38,318 --> 00:19:40,980 que non se detecta, que non se trata 426 00:19:40,980 --> 00:19:42,796 e que non se aborda, 427 00:19:42,846 --> 00:19:45,046 e é unha traxedia de gran magnitude. 428 00:19:45,046 --> 00:19:46,774 Así que atopei una académica 429 00:19:46,774 --> 00:19:50,091 que facía un proxecto de investigación nos arrabaldes pobres de D.C., 430 00:19:50,091 --> 00:19:53,249 onde seleccionaba mulleres que foran por outros problemas de saúde 431 00:19:53,249 --> 00:19:55,038 e eran diagnosticadas de depresión 432 00:19:55,038 --> 00:19:58,134 e proporcionáballes seis meses baixo o protocolo experimental. 433 00:19:58,134 --> 00:20:00,463 Unha delas, Lolly, veu 434 00:20:00,463 --> 00:20:03,250 e díxome isto o día que veu. 435 00:20:03,250 --> 00:20:07,455 Díxome, e era unha muller que, por certo, tiña sete fillos. 436 00:20:07,455 --> 00:20:10,707 Díxome: "Tiña un traballo, pero tiven que deixalo porque 437 00:20:10,707 --> 00:20:13,018 non era capaz de saír da casa. 438 00:20:13,018 --> 00:20:15,216 Non tiña nada que dicirlles aos meus fillos. 439 00:20:15,216 --> 00:20:17,953 Pola maña, estou desexando que marchen, 440 00:20:17,953 --> 00:20:21,113 para meterme na cama e tapar a cabeza coas mantas, 441 00:20:21,113 --> 00:20:23,009 e as tres, cando volven, 442 00:20:23,009 --> 00:20:24,450 chegan tan rápido". 443 00:20:24,450 --> 00:20:26,630 Díxome: "Tomaba moito Tylenol, 444 00:20:26,630 --> 00:20:29,389 calquera cousa coa que puidese durmir máis, 445 00:20:29,389 --> 00:20:33,159 o meu marido dicíame que era estúpida, fea. 446 00:20:33,159 --> 00:20:36,444 Oxalá puidese parar a dor". 447 00:20:36,664 --> 00:20:39,304 Ben, trouxérona a este protocolo experimental, 448 00:20:39,304 --> 00:20:41,612 e cando a entrevistei seis meses despois, 449 00:20:41,612 --> 00:20:46,019 tiña un traballo coidando nenos 450 00:20:46,019 --> 00:20:50,034 para o exército americano, deixara o marido violento, 451 00:20:50,034 --> 00:20:51,556 e díxome: 452 00:20:52,066 --> 00:20:54,275 "Os meus fillos son moito máis felices agora." 453 00:20:54,275 --> 00:20:57,082 Dixo: "Hai un cuarto na miña nova casa para os rapaces 454 00:20:57,082 --> 00:20:59,010 e un para as rapazas, 455 00:20:59,010 --> 00:21:01,399 pero pola noite, saltan á miña cama, 456 00:21:01,399 --> 00:21:03,821 e facemos os deberes xuntos e todo. 457 00:21:04,011 --> 00:21:05,684 Un deles quere ser predicador, 458 00:21:05,684 --> 00:21:07,384 outro quere ser bombeiro, 459 00:21:07,384 --> 00:21:10,310 e unha das nenas di que vai ser avogada. 460 00:21:10,350 --> 00:21:12,355 Xa non choran como antes, 461 00:21:12,355 --> 00:21:14,753 nin pelexan como facían. 462 00:21:14,913 --> 00:21:18,693 Iso é todo o que preciso, os meus fillos. 463 00:21:18,693 --> 00:21:20,755 As cousas seguen cambiando, 464 00:21:20,755 --> 00:21:25,798 como me visto, como me sinto, como actúo. 465 00:21:25,798 --> 00:21:29,355 Xa podo saír sen ter medo, 466 00:21:29,485 --> 00:21:32,704 e non creo que eses malos sentimentos vaian volver, 467 00:21:33,124 --> 00:21:36,019 e se non fora pola doutora Miranda e isto, 468 00:21:36,019 --> 00:21:39,486 estaría aínda na casa, coas mantas enriba da cabeza, 469 00:21:39,546 --> 00:21:41,895 no caso de estar aínda viva. 470 00:21:41,895 --> 00:21:45,627 Pedinlle ao Señor que me enviase un anxo, 471 00:21:45,627 --> 00:21:48,887 e escoitou as miñas pregarias." 472 00:21:50,309 --> 00:21:53,312 Estaba realmente conmovido por estas experiencias, 473 00:21:53,312 --> 00:21:55,981 e decidín que quería escribir sobre elas, 474 00:21:55,981 --> 00:21:58,750 non só no libro que escribía senón tamén nun artigo, 475 00:21:58,750 --> 00:22:01,112 así que me encargaron da revista New York Times, 476 00:22:01,112 --> 00:22:03,358 escribir sobre a depresión entre os indixentes. 477 00:22:03,358 --> 00:22:04,714 E entreguei a miña historia, 478 00:22:04,714 --> 00:22:08,630 e o meu editor chamoume e díxome: "Non podemos publicar isto." 479 00:22:08,630 --> 00:22:09,770 E díxenlle: "Por que?" 480 00:22:09,770 --> 00:22:12,235 E díxome: "É demasiado rebuscado. 481 00:22:12,235 --> 00:22:15,823 Esta xente está como no máis baixo da sociedade 482 00:22:15,823 --> 00:22:17,657 e cun par de meses de tratamento 483 00:22:17,657 --> 00:22:20,409 xa están virtualmente listas para manexar Morgan Stanley? 484 00:22:20,409 --> 00:22:22,003 É demasiado imposible." 485 00:22:22,003 --> 00:22:24,328 Díxome: "Nunca oín nada igual." 486 00:22:24,328 --> 00:22:27,052 E díxenlle: "O feito de que nunca o oíras 487 00:22:27,052 --> 00:22:29,652 é un indicativo de que son 'noticias'." 488 00:22:29,652 --> 00:22:32,066 (Risas) 489 00:22:32,147 --> 00:22:33,471 (Aplausos) 490 00:22:37,341 --> 00:22:39,983 "E vós sodes unha revista de noticias." 491 00:22:39,983 --> 00:22:42,934 Despois dunha serie de negociacións accederon. 492 00:22:43,034 --> 00:22:47,219 Pero penso moito en que o que dixo estaba dalgún xeito conectado 493 00:22:47,219 --> 00:22:50,594 co desprezo que a xente aínda ten pola idea do tratamento, 494 00:22:50,594 --> 00:22:52,469 a noción de que dalgún xeito se saímos 495 00:22:52,469 --> 00:22:55,101 e tratamos moita xente en comunidades de indixentes 496 00:22:55,101 --> 00:22:57,007 sería un tipo de explotación, 497 00:22:57,007 --> 00:22:58,675 porque os estariamos cambiando. 498 00:22:58,675 --> 00:23:02,490 Hai un imperativo da falsa moral que parece rodearnos, 499 00:23:02,490 --> 00:23:04,843 de que o tratamento da depresión, 500 00:23:04,843 --> 00:23:07,142 os medicamentos e demais, son un artificio, 501 00:23:07,142 --> 00:23:09,314 e que non é natural. 502 00:23:09,404 --> 00:23:12,393 E eu penso que é un erro. 503 00:23:12,393 --> 00:23:15,855 É natural que á xente lle caian os dentes, 504 00:23:15,855 --> 00:23:18,845 pero non hai ninguén militando contra a pasta de dentes, 505 00:23:19,025 --> 00:23:20,863 polo menos non nos meus círculos. 506 00:23:21,793 --> 00:23:23,175 A xente di: 507 00:23:23,175 --> 00:23:26,470 "Pero a depresión non é algo que se supón que hai que experimentar? 508 00:23:26,470 --> 00:23:28,241 Non evolucionamos para ter depresión? 509 00:23:28,241 --> 00:23:29,978 Non é parte da personalidade?" 510 00:23:29,978 --> 00:23:32,394 Ao que debo dicir, o humor é adaptable, 511 00:23:32,394 --> 00:23:35,563 ser quen de sentir tristura e medo, 512 00:23:35,563 --> 00:23:37,405 e alegría e pracer, 513 00:23:37,405 --> 00:23:41,348 e todos os outros estados de ánimo que temos, é incriblemente valioso. 514 00:23:41,348 --> 00:23:43,232 E unha depresión grave 515 00:23:43,232 --> 00:23:46,229 é algo que ocorre cando o sistema creba. 516 00:23:46,471 --> 00:23:48,048 É falta de adaptación. 517 00:23:48,048 --> 00:23:49,620 A xente virá e dirame: 518 00:23:49,620 --> 00:23:52,388 "Creo, aínda así, que se aguantara outro ano, 519 00:23:52,388 --> 00:23:54,464 podería superalo." 520 00:23:54,464 --> 00:23:56,487 E sempre lles digo: "Quizais o superaras, 521 00:23:56,487 --> 00:23:59,476 pero nunca volverás a ter 37 anos. 522 00:23:59,476 --> 00:24:03,906 A vida é curta, e é un ano enteiro do que estás a falar. 523 00:24:03,982 --> 00:24:05,300 Pénsao ben." 524 00:24:05,520 --> 00:24:08,366 É estraña a pobreza da lingua inglesa, 525 00:24:08,366 --> 00:24:10,474 e de feito de moitas outras linguas, 526 00:24:10,474 --> 00:24:12,692 que utilizamos a mesma palabra, depresión, 527 00:24:12,692 --> 00:24:16,137 para describir como se sente un neno cando chove no seu aniversario, 528 00:24:16,209 --> 00:24:20,907 e para describir como se sente unha persoa o minuto antes de suicidarse. 529 00:24:21,381 --> 00:24:24,516 A xente dime: "Ben, é unha continuación da tristeza normal?" 530 00:24:24,526 --> 00:24:27,690 E eu digo, en certo modo, é unha continuación da tristeza normal. 531 00:24:27,690 --> 00:24:29,640 Hai un certo grao de continuidade, 532 00:24:29,640 --> 00:24:31,597 pero é o mesmo tipo de continuación 533 00:24:31,597 --> 00:24:33,894 entre ter un valo de ferro arredor da casa 534 00:24:33,894 --> 00:24:35,391 que ten un puntiño de ferruxe 535 00:24:35,391 --> 00:24:38,077 que tes que lixar e pintar un pouco 536 00:24:38,077 --> 00:24:40,784 e o que sucede se abandonas a casa 100 anos 537 00:24:40,784 --> 00:24:44,912 e se enferruxou tanto que só é unha morea de po laranxa. 538 00:24:44,912 --> 00:24:46,959 E é esa morea de po laranxa, 539 00:24:46,959 --> 00:24:48,748 ese problema do po laranxa, 540 00:24:48,748 --> 00:24:51,737 o que estamos tentando abordar. 541 00:24:51,737 --> 00:24:54,267 E agora a xente di: 542 00:24:54,267 --> 00:24:56,908 "Tomas estas pastillas da felicidade, e xa es feliz?" 543 00:24:56,908 --> 00:24:57,714 E non. 544 00:24:58,594 --> 00:25:01,556 Pero non me sinto triste por ter que xantar, 545 00:25:01,556 --> 00:25:03,922 e non me sinto triste polo contestador, 546 00:25:04,402 --> 00:25:06,877 e non me sinto triste por ter que ducharme. 547 00:25:07,097 --> 00:25:09,951 De feito, penso que sinto máis, 548 00:25:09,951 --> 00:25:12,381 porque podo sentir tristeza sen sentir nulidade. 549 00:25:12,381 --> 00:25:16,728 Sintome triste polas decepcións profesionais, 550 00:25:16,728 --> 00:25:19,165 polas relacións danadas, 551 00:25:19,165 --> 00:25:21,104 e polo quecemento global. 552 00:25:21,104 --> 00:25:23,839 Esas son as cousas polas que me sinto triste agora. 553 00:25:23,839 --> 00:25:26,573 E díxenme a min mesmo, cal é a conclusión? 554 00:25:26,573 --> 00:25:29,134 Como conseguiu esta xente que ten vidas mellores, 555 00:25:29,134 --> 00:25:31,688 aínda con peores depresións, seguir adiante? 556 00:25:31,688 --> 00:25:34,485 Cal é o mecanismo da resiliencia? 557 00:25:34,485 --> 00:25:36,569 E o que aparecía continuamente 558 00:25:36,569 --> 00:25:39,485 era que a xente que nega a experiencia, 559 00:25:39,485 --> 00:25:41,517 e din "Tiven depresión hai moito tempo, 560 00:25:41,517 --> 00:25:43,254 e non quero volver pensar nela, 561 00:25:43,254 --> 00:25:44,496 e non quero mirala, 562 00:25:44,496 --> 00:25:46,386 simplemente vou seguir coa miña vida", 563 00:25:46,386 --> 00:25:50,995 ironicamente, son as persoas que están máis escravizadas polo que teñen. 564 00:25:51,043 --> 00:25:53,777 Silenciar a depresión refórzaa. 565 00:25:53,777 --> 00:25:56,887 Mentres a escondes, medra. 566 00:25:56,887 --> 00:25:59,747 E a xente que mellor o fai, 567 00:25:59,797 --> 00:26:03,976 e a que é tolerante co feito de ter esa condición. 568 00:26:04,166 --> 00:26:08,298 Aquela que pode aceptar a súa depresión, é quen acada a resiliencia. 569 00:26:08,298 --> 00:26:10,103 Frank Russakoff díxome: 570 00:26:10,123 --> 00:26:13,719 "Se tivese que facelo de novo, supoño que non o faría deste xeito, 571 00:26:13,719 --> 00:26:17,170 pero dun modo estraño, estou agradecido pola experiencia. 572 00:26:17,290 --> 00:26:20,940 Estou contento por ter que estar 40 veces no hospital. 573 00:26:20,940 --> 00:26:23,543 Ensinoume tanto sobre o amor, 574 00:26:23,543 --> 00:26:26,583 e a miña relación cos meus pais e doutores, 575 00:26:26,583 --> 00:26:30,772 foi tan valiosa, e sempre o será". 576 00:26:30,772 --> 00:26:32,698 E Maggie Robbins dixo: 577 00:26:32,698 --> 00:26:35,687 "Adoitaba ser voluntaria nunha clínica de SIDA 578 00:26:35,687 --> 00:26:38,701 e simplemente falaba e falaba e falaba 579 00:26:38,701 --> 00:26:42,714 e a xente coa que trataba non era moi receptiva, e pensaba: 580 00:26:42,714 --> 00:26:45,552 'Isto non é moi amable nin útil pola súa parte' 581 00:26:45,552 --> 00:26:46,548 (Risos) 582 00:26:46,548 --> 00:26:48,240 "E despois deime de conta, 583 00:26:48,240 --> 00:26:50,441 deime de conta de que non ían facer máis, 584 00:26:50,441 --> 00:26:52,748 que eses escasos primeiros minutos de conversa. 585 00:26:52,748 --> 00:26:54,755 Ía simplemente ser un momento 586 00:26:54,755 --> 00:26:57,633 no que eu non tiña SIDA e non estaba morrendo, 587 00:26:57,633 --> 00:27:00,776 pero podía aceptar o feito de que eles si o estiveran, 588 00:27:00,776 --> 00:27:02,493 e estábano. 589 00:27:02,493 --> 00:27:06,106 As nosas necesidades son os nosos maiores activos. 590 00:27:06,106 --> 00:27:10,975 Resulta que aprendín a dar todo o que preciso." 591 00:27:12,125 --> 00:27:16,000 Valorar a depresión propia non evita unha recaída, 592 00:27:16,000 --> 00:27:18,791 pero pode facer a perspectiva dunha recaída 593 00:27:18,791 --> 00:27:23,045 e mesmo a recaída máis fácil de aceptar. 594 00:27:23,045 --> 00:27:26,756 A pregunta non é tanto atopar un gran significado 595 00:27:26,756 --> 00:27:29,264 e decidir que a túa depresión tivo moito significado. 596 00:27:29,264 --> 00:27:33,332 Está en buscar ese significado e pensar, cando volve: 597 00:27:33,332 --> 00:27:36,966 "Isto vai ser infernal, pero vou aprender algo." 598 00:27:37,487 --> 00:27:39,751 Aprendín da miña propia depresión 599 00:27:39,751 --> 00:27:41,864 o grande que pode ser unha emoción, 600 00:27:41,864 --> 00:27:44,431 como pode ser máis real que os feitos, 601 00:27:45,051 --> 00:27:47,890 e descubrín que esta experiencia 602 00:27:47,890 --> 00:27:50,792 me permitiu experimentar emocións positivas 603 00:27:50,792 --> 00:27:53,952 dun modo máis intenso e máis centrado. 604 00:27:54,222 --> 00:27:57,709 O oposto á depresión non é a felicidade, 605 00:27:57,709 --> 00:27:59,273 senón a vitalidade, 606 00:27:59,273 --> 00:28:02,004 e estes días, a miña vida é vital, 607 00:28:02,004 --> 00:28:04,529 aínda nos días que estou triste. 608 00:28:04,649 --> 00:28:07,782 Sentín ese funeral no meu cerebro, 609 00:28:07,962 --> 00:28:11,386 e senteime preto do Coloso, no bordo do mundo, 610 00:28:12,446 --> 00:28:16,353 e descubrín algo dentro de min 611 00:28:16,353 --> 00:28:18,306 que debería chamar alma 612 00:28:18,306 --> 00:28:22,062 que nunca formulara ata ese día hai 20 anos 613 00:28:22,062 --> 00:28:25,610 cando o inferno me fixo unha visita sorpresa. 614 00:28:26,580 --> 00:28:30,678 Creo que aínda que odiaba estar deprimido 615 00:28:30,678 --> 00:28:33,012 e que odiaría estar deprimido de novo, 616 00:28:33,012 --> 00:28:35,546 atopei un xeito de amar a miña depresión. 617 00:28:35,756 --> 00:28:40,621 Ámoa porque me obrigou a buscar e aferrarme á alegría. 618 00:28:40,621 --> 00:28:43,838 Ámoa porque cada día decido, 619 00:28:44,038 --> 00:28:45,698 ás veces valentemente, 620 00:28:45,698 --> 00:28:48,376 e ás veces contra a lóxica do momento, 621 00:28:48,376 --> 00:28:50,854 pegarme ás razóns para vivir. 622 00:28:50,854 --> 00:28:54,977 E iso, creo, é unha grande e privilexiada alegría. 623 00:28:54,977 --> 00:28:56,070 Grazas. 624 00:28:56,090 --> 00:28:58,666 (Aplausos) 625 00:28:58,666 --> 00:28:59,509 Grazas. 626 00:28:59,509 --> 00:29:04,469 (Aplausos)