0:00:03.627,0:00:07.548 "Sentín un funeral no meu cerebro, 0:00:07.548,0:00:09.940 e os parentes ían e viñan 0:00:09.940,0:00:12.900 camiñando, camiñando [br]ata que, pareceu, 0:00:12.900,0:00:15.636 que o sentido crebaba totalmente. 0:00:15.716,0:00:17.605 E cando todos estiveron sentados, 0:00:17.605,0:00:19.603 unha liturxia, como un tambor, 0:00:19.603,0:00:22.725 comezou a bater, a bater[br]ata que pensei 0:00:22.725,0:00:25.421 que a miña mente adormecía 0:00:25.541,0:00:30.047 E logo oínos erguer o caixón[br]e renxer a través da miña alma 0:00:30.247,0:00:32.994 coas mesmas botas de chumbo, outra vez, 0:00:32.994,0:00:35.283 e o espazo comezou a tanxer, 0:00:35.673,0:00:40.240 Coma se os ceos fosen unha campá,[br]e a existencia só un oído, 0:00:40.420,0:00:43.020 e eu, e o silencio, unha raza estraña 0:00:43.020,0:00:46.101 desfeita, solitaria, aquí. 0:00:46.221,0:00:49.874 E entón un baleiro na razón, rompeu 0:00:49.874,0:00:52.863 e caín máis e máis abaixo 0:00:52.863,0:00:55.560 e dei cun mundo, a cada mergullo, 0:00:55.790,0:00:58.351 e acabei sabendo, daquela" 0:01:00.261,0:01:03.156 Coñecemos a depresión [br]a través de metáforas. 0:01:03.156,0:01:07.398 Emily Dickinson foi capaz [br]de expresalo con palabras, 0:01:07.398,0:01:10.130 Goya, nunha imaxe. 0:01:10.130,0:01:15.093 A metade do propósito da arte[br]é describir estes estados icónicos. 0:01:15.997,0:01:19.587 Canto a min, sempre me vin[br]como unha persoa dura, 0:01:19.587,0:01:21.550 unha das que poderían sobrevivir 0:01:21.550,0:01:24.384 se me enviasen[br]a un campo de concentración. 0:01:24.614,0:01:27.497 En 1991, sufrín unha serie de perdas. 0:01:27.497,0:01:29.198 A miña nai morreu, 0:01:29.198,0:01:31.324 rematou a relación na que estaba, 0:01:31.324,0:01:34.837 volvín para os Estados Unidos[br]despois duns anos no estranxeiro 0:01:35.268,0:01:38.432 e pasei por estas experiencias intacto. 0:01:38.432,0:01:41.539 Pero en 1994, tres anos despois, 0:01:41.539,0:01:45.932 atopeime perdendo o interese en case todo, 0:01:45.932,0:01:49.827 non quería facer nada[br]do que antes si quería, 0:01:49.959,0:01:51.877 e non sabía o porqué. 0:01:51.877,0:01:56.827 O contrario da depresión[br]non é a felicidade, senón a vitalidade. 0:01:56.934,0:01:58.429 E era a vitalidade 0:01:58.429,0:02:01.932 a que se esvaecía [br]para min naquel momento. 0:02:02.082,0:02:06.137 Todo o que había para facer[br]era demasiado traballo. 0:02:06.411,0:02:08.058 Volvía á casa 0:02:08.058,0:02:11.440 e vía pestanexar a luz [br]vermella do contestador 0:02:11.440,0:02:14.055 e en vez de aledarme por [br]saber dos meus amigos, 0:02:14.055,0:02:15.133 pensaba: 0:02:15.133,0:02:18.368 "Vaia morea de xente á que lle [br]teño que devolver a chamada" 0:02:18.368,0:02:20.755 Ou decidía que tiña que comer 0:02:20.755,0:02:23.301 pero despois pensaba: [br]teño que coller a comida, 0:02:23.301,0:02:25.340 poñela no prato 0:02:25.340,0:02:29.389 e cortala e mastigala e tragala, 0:02:29.389,0:02:33.090 e sentía que eran[br]as estacións do Viacrucis. 0:02:33.090,0:02:37.381 E algo que a miúdo se esquece[br]ao falar de depresión 0:02:37.443,0:02:39.801 é que ti sabes que é absurdo. 0:02:39.801,0:02:42.537 Sabes que é absurdo[br]mentres o experimentas. 0:02:42.537,0:02:44.681 Sabes que a maioría da xente é quen 0:02:44.681,0:02:46.995 de escoitar as menxases e xantar 0:02:46.995,0:02:48.907 e organizarse para ducharse 0:02:48.907,0:02:50.167 e saír pola porta 0:02:50.167,0:02:51.644 e que non é gran cousa, 0:02:51.644,0:02:54.985 e aínda así estás nas súas gadoupas, 0:02:54.985,0:02:58.737 e es incapaz de idear unha saída. 0:02:58.737,0:03:03.236 Así que comecei a sentir que facía menos 0:03:03.236,0:03:05.326 e pensaba menos 0:03:05.326,0:03:07.494 e sentía menos. 0:03:07.694,0:03:10.049 Era unha especie de nulidade. 0:03:10.049,0:03:12.415 E despois chegou a ansiedade. 0:03:12.415,0:03:16.214 Se me dis que teño que estar[br]deprimido o próximo mes, 0:03:16.214,0:03:19.387 diría: "Se está rematado[br]en novembro, podo facelo." 0:03:19.397,0:03:20.853 Pero se me dis: 0:03:20.853,0:03:23.923 "Tes que ter ansiedade aguda [br]durante o próximo mes" 0:03:23.923,0:03:26.396 Preferiría cortar as veas [br]antes de pasar por iso. 0:03:26.396,0:03:28.148 Era sentir continuamente 0:03:28.148,0:03:30.616 coma cando vas andando 0:03:30.616,0:03:33.498 e esvaras ou tropezas[br]e o chan achégase a ti, 0:03:33.593,0:03:36.311 pero en vez de durar medio segundo como é, 0:03:36.311,0:03:38.249 dura seis meses. 0:03:38.249,0:03:41.281 É a sensación de estar sempre asustado, 0:03:41.281,0:03:45.057 pero sen sequera saber [br]de que estás asustado. 0:03:45.057,0:03:47.477 E foi nese punto cando comecei a pensar 0:03:47.477,0:03:51.476 que estar vivo era [br]sinxelamente demasiado doloroso, 0:03:51.476,0:03:54.060 e que a única razón para non suicidarme 0:03:54.060,0:03:56.991 era non ferir outra xente. 0:03:57.191,0:04:00.184 E finalmente un día espertei 0:04:00.200,0:04:02.208 e pensei que quizais sufrira un ataque, 0:04:02.208,0:04:04.939 porque estaba na cama [br]totalmente inmobilizado, 0:04:04.939,0:04:06.888 mirando o teléfono, pensando: 0:04:06.888,0:04:10.451 "Algo vai mal e debería chamar [br]para pedir axuda" 0:04:10.451,0:04:12.186 e non podía estirar o brazo 0:04:12.186,0:04:14.648 e agarrar o teléfono e marcar. 0:04:14.648,0:04:18.802 E finalmente, despois de catro horas [br]deitado mirándoo 0:04:18.802,0:04:20.164 o teléfono soou, 0:04:20.164,0:04:22.412 e dalgún xeito conseguín contestar 0:04:22.412,0:04:24.962 e era o meu pai e dixen: 0:04:24.962,0:04:28.875 "Teño un problema serio,[br]Temos que facer algo." 0:04:29.528,0:04:35.026 O día seguinte comecei [br]coa medicación e a terapia. 0:04:35.224,0:04:39.311 E tamén empecei a considerar[br]esta terrible cuestión: 0:04:39.410,0:04:41.483 Se non son a persoa dura, 0:04:41.483,0:04:44.039 que podería sobrevivir [br]a un campo de concentración, 0:04:44.039,0:04:45.679 entón quen son? 0:04:45.679,0:04:47.628 E se tiña que tomar medicación, 0:04:47.628,0:04:51.335 esa medicación facíame [br]ser completamente eu, 0:04:51.335,0:04:53.754 ou convertíame noutra persoa? 0:04:53.754,0:04:57.770 E que me parecía se me convertía noutro? 0:04:57.989,0:05:01.300 Tiña dúas vantaxes nesta travesía. 0:05:01.300,0:05:04.280 A primeira é que eu sabía que, [br]falando obxectivamente, 0:05:04.280,0:05:05.901 tiña unha boa vida, 0:05:05.901,0:05:07.786 e que se era capaz de poñerme ben 0:05:07.786,0:05:10.864 había algo ao final[br]polo que valía a pena vivir. 0:05:11.010,0:05:14.052 E a outra é que tiña acceso [br]a un bo tratamento. 0:05:14.052,0:05:17.816 Pero aínda así saín e recaín, 0:05:17.816,0:05:20.095 e saín e recaín, 0:05:20.095,0:05:23.139 e saín e recaín, 0:05:23.139,0:05:25.092 e finalmente entendín 0:05:25.092,0:05:29.456 que tería que medicarme[br]e ir a terapia para sempre. 0:05:29.456,0:05:30.712 E pensei: 0:05:30.712,0:05:33.836 "Pero é un problema químico[br]ou psicolóxico? 0:05:33.836,0:05:37.466 E precisa dunha cura química [br]ou unha cura filosófica?" 0:05:37.466,0:05:39.525 E non fun quen de saber a resposta. 0:05:39.525,0:05:42.002 E logo entendín que en realidade 0:05:42.002,0:05:45.966 non estamos tan avanzados nesas[br]áreas como para explicalo todo. 0:05:46.013,0:05:49.260 Tanto a cura química [br]como a cura psicolóxica 0:05:49.260,0:05:51.062 teñen un papel que cumprir, 0:05:51.062,0:05:54.675 e tamén souben que a depresión era 0:05:54.675,0:05:57.698 algo entretecido tan profundamente en nós 0:05:57.698,0:06:01.177 que non se podía separar[br]do noso carácter e personalidade. 0:06:01.437,0:06:05.865 Quero decir que os tratamentos[br]para a depresión son terribles. 0:06:05.990,0:06:07.817 Non son moi efectivos. 0:06:07.817,0:06:09.650 Son moi caros. 0:06:09.650,0:06:12.099 Teñen innumerables efectos secundarios. 0:06:12.099,0:06:13.888 Son un desastre. 0:06:13.888,0:06:18.526 Pero estou tan agradecido por vivir [br]agora e non hai 50 anos, 0:06:18.576,0:06:21.107 cando non se podería facer case nada. 0:06:21.488,0:06:24.069 Espero que dentro de 50 anos, 0:06:24.069,0:06:26.126 a xente oia falar dos meus tratamentos 0:06:26.126,0:06:29.869 e se arrepíe de que alguén soportara[br]unha ciencia tan primitiva. 0:06:30.885,0:06:35.441 A depresión é a imperfección do amor. 0:06:35.441,0:06:38.642 Se estás casado con alguén e pensas: 0:06:38.642,0:06:42.177 "Ben, se a miña muller morre, [br]atoparei outra" 0:06:42.177,0:06:45.003 non sería amor tal como o coñecemos. 0:06:45.223,0:06:49.713 Non existe o amor[br]sen a anticipación da perda, 0:06:49.817,0:06:55.771 e o espectro da desesperación[br]pode ser o motor da intimidade. 0:06:56.130,0:06:59.059 Hai tres cousas que [br]a xente tende a confundir: 0:06:59.059,0:07:02.859 depresión, dor e tristeza. 0:07:02.859,0:07:06.145 A dor é explicitamente reactiva. 0:07:06.145,0:07:09.104 Se sofres unha perda[br]e te sentes moi infeliz, 0:07:09.104,0:07:10.737 e logo, 6 meses despois, 0:07:10.737,0:07:13.959 estás aínda moi triste,[br]pero xa empezas a funcionar mellor, 0:07:13.959,0:07:15.687 probablemente sexa dor, 0:07:15.687,0:07:19.299 e probablemente se resolva [br]por si mesma en certa medida. 0:07:19.428,0:07:22.179 Se experimentas unha perda catastrófica, 0:07:22.179,0:07:23.393 e te sentes fatal, 0:07:23.393,0:07:26.390 e seis meses despois [br]case non podes funcionar, 0:07:26.390,0:07:28.975 probablemente se desencadeou [br]unha depresión 0:07:28.975,0:07:31.449 polas circunstancias catastróficas. 0:07:31.449,0:07:35.081 A traxectoria dinos moito. 0:07:35.081,0:07:38.439 A xente pensa na depresión [br]simplemente como estar triste. 0:07:38.439,0:07:40.775 É moita, moita, demasiada tristeza, 0:07:40.775,0:07:42.439 moita, demasiada dor, 0:07:42.439,0:07:45.178 por algo tan lixeiro. 0:07:45.368,0:07:48.115 Cando comezaba a comprender a depresión 0:07:48.115,0:07:50.950 e a entrevistar persoas que a sufriran, 0:07:50.950,0:07:55.661 atopei que había xente que tiña[br]a primeira vista o que parecía 0:07:55.686,0:07:57.748 unha relativamente leve depresión 0:07:57.748,0:08:01.195 e que estaban aínda así [br]totalmente incapacitados por ela. 0:08:01.195,0:08:03.053 E había outra xente que parecía ter, 0:08:03.053,0:08:06.515 segundo a describía, unha depresión grave 0:08:06.616,0:08:09.431 que tiña porén boas vidas 0:08:09.431,0:08:11.586 nos intervalos entre episodios depresivos. 0:08:11.586,0:08:14.961 E comecei a descubrir o que[br]causaba que certas persoas 0:08:14.961,0:08:18.144 fosen máis resilientes que outras. 0:08:18.144,0:08:21.496 Cales son os mecanismos[br]que lle permiten á xente sobrevivir? 0:08:21.530,0:08:24.699 E saín entrevistar unha tras outra 0:08:24.699,0:08:26.874 persoas que estaban sufrindo depresión. 0:08:26.874,0:08:28.825 Unha das primeiras ás que entrevistei 0:08:28.825,0:08:33.926 describiu a depresión como [br]un xeito máis lento de estar morto 0:08:33.967,0:08:36.521 e para min foi unha boa cousa[br]oílo ao principio 0:08:36.521,0:08:39.547 porque me recordou[br]que ese xeito lento de estar morto 0:08:39.547,0:08:41.491 pode levar a unha morte real, 0:08:41.491,0:08:43.495 que é un asunto serio. 0:08:43.495,0:08:46.154 É o líder mundial da discapacidade, 0:08:46.154,0:08:48.484 e a xente morre diso cada día. 0:08:49.184,0:08:52.793 Unha das persoas coas que falei[br]cando intentaba entender isto 0:08:52.927,0:08:56.575 era unha querida amiga[br]coñecida desde había moitos anos, 0:08:56.613,0:09:01.005 e que sufrira un episodio psicótico[br]no primeiro ano da facultade 0:09:01.059,0:09:04.115 e que despois caeu de golpe [br]nunha depresión terrible. 0:09:04.115,0:09:05.541 Tiña síndrome bipolar, 0:09:05.541,0:09:08.364 ou enfermidade maníaco-depresiva, [br]como se dicía daquela, 0:09:08.364,0:09:11.908 e foille moi ben co litio [br]durante moitos anos, 0:09:11.936,0:09:15.211 e logo, co tempo, quitáronlle o litio 0:09:15.271,0:09:17.106 para ver como estaba sen el, 0:09:17.106,0:09:19.081 e tivo outra psicose 0:09:19.081,0:09:23.249 e logo caeu na peor depresión[br]que vin na miña vida, 0:09:23.291,0:09:26.306 durante a que sentaba no [br]apartamento dos pais 0:09:26.306,0:09:29.383 mais ou menos catatónica, [br]basicamente sen moverse, 0:09:29.383,0:09:31.865 día tras día tras día. 0:09:31.865,0:09:35.082 E cando lle preguntei [br]sobre esta experiencia anos despois, 0:09:35.082,0:09:38.413 -é unha poeta e psicoterapeuta [br]chamada Maggie Robbins- 0:09:38.413,0:09:41.506 cando a entrevistei, díxome: 0:09:41.646,0:09:45.030 "Estaba cantando 'A onde foron as flores' 0:09:45.030,0:09:48.240 unha e outra vez para ocupar a mente. 0:09:48.240,0:09:51.375 Cantaba para bloquear [br]as cousas que dicía a miña mente, 0:09:51.375,0:09:55.865 que eran 'Non es nada. Non es ninguén. 0:09:55.865,0:09:58.691 Non mereces nin vivir.' 0:09:58.691,0:10:00.869 E aí foi cando de verdade comecei a pensar 0:10:00.869,0:10:03.082 en suicidarme". 0:10:03.082,0:10:07.140 Durante a depresión non pensas[br]que che puxeron un veo gris 0:10:07.140,0:10:10.977 e que ves o mundo a través [br]dunha néboa de mal humor. 0:10:11.001,0:10:13.721 Pensas que che quitaron o veo, 0:10:13.721,0:10:15.643 o veo da felicidade, 0:10:15.643,0:10:18.067 e que agora ves a verdade. 0:10:18.067,0:10:21.031 É máis fácil axudar [br]esquizofrénicos que perciben 0:10:21.031,0:10:25.032 que hai algo alleo dentro deles[br]que precisa ser exorcizado, 0:10:25.032,0:10:27.193 pero é difícil cos depresivos, 0:10:27.193,0:10:30.770 porque cremos que estamos vendo a verdade. 0:10:31.040,0:10:32.897 Pero a verdade mente. 0:10:33.987,0:10:35.985 Obsesioneime con esa frase: 0:10:35.985,0:10:38.360 "Pero a verdade mente" 0:10:38.360,0:10:40.813 E descubrín, ao falar[br]con persoas deprimidas, 0:10:40.813,0:10:43.495 que teñen moitas percepcións ficticias. 0:10:43.495,0:10:45.332 Eles diranche "Ninguén me quere" 0:10:45.332,0:10:46.813 e ti dislles "Eu quérote, 0:10:46.813,0:10:49.335 a túa muller quérete, a túa nai quérete". 0:10:49.335,0:10:52.858 Podes contestar sen problemas[br]polo menos a maioría da xente. 0:10:52.923,0:10:55.190 Pero a xente deprimida tamén che dirá: 0:10:55.190,0:10:58.995 "Tanto ten o que fagamos,[br]ao final imos morrer." 0:10:59.168,0:11:01.521 Ou dirán: "Non pode haber [br]auténtica comunión 0:11:01.521,0:11:03.024 entre dous seres humanos. 0:11:03.024,0:11:05.600 Cada un está atrapado no seu propio corpo" 0:11:05.600,0:11:07.449 Ao que tes que responder 0:11:07.449,0:11:08.770 "Iso é certo, 0:11:08.770,0:11:12.598 pero creo que agora deberiamos [br]centrarnos en qué imos almorzar". 0:11:12.598,0:11:14.669 (Risos) 0:11:14.669,0:11:16.338 Gran parte do tempo, 0:11:16.338,0:11:19.234 o que expresan non é tristura, [br]senón perspicacia, 0:11:19.234,0:11:21.891 e isto lévame a pensar [br]que é extraordinario 0:11:21.891,0:11:24.825 que a maioría de nós [br]coñece estas preguntas existenciais 0:11:24.825,0:11:27.115 sen que nos distraian moito. 0:11:27.115,0:11:29.274 Había un estudo que [br]me gustaba especialmente 0:11:29.274,0:11:32.894 no cal a un grupo de xente deprimida e[br]a un de xente non deprimida 0:11:32.894,0:11:35.758 se lles pide que xoguen [br]a un videoxogo durante unha hora, 0:11:35.758,0:11:37.291 e ao final desa hora, 0:11:37.291,0:11:40.702 preguntábaselles cantos monstruíños[br]pensaban que mataran. 0:11:40.806,0:11:44.928 O grupo deprimido normalmente acertaba[br]cunha marxe dun 10 por cento, 0:11:45.076,0:11:46.547 e o grupo de non deprimidos 0:11:46.547,0:11:51.072 supoñía entre 15 e 20 veces máis[br]monstruíños 0:11:51.072,0:11:51.834 (Risos) 0:11:51.834,0:11:54.815 dos que realmente mataran. 0:11:55.945,0:11:59.011 Moita xente dixo, cando decidín [br]escribir sobre a miña depresión, 0:11:59.011,0:12:02.830 que debía ser moi difícil expoñerse así, 0:12:02.830,0:12:04.424 que a xente o soubese. 0:12:04.424,0:12:06.504 Dicían: "A xente fálache distinto?" 0:12:06.504,0:12:08.636 e eu dicía: "Si, a xente [br]fálame distinto. 0:12:08.636,0:12:10.430 Fálanme distinto desde o momento 0:12:10.430,0:12:12.880 en que comezan a falarme [br]da súa experiencia, 0:12:12.880,0:12:14.715 ou da experiencia da súa irmá, 0:12:14.715,0:12:16.489 ou da experiencia do seu amigo. 0:12:16.489,0:12:18.781 A cousas son diferentes porque agora sei 0:12:18.781,0:12:23.432 que a depresión é o segredo familiar[br]que todo o mundo ten. 0:12:23.539,0:12:27.167 Hai uns anos fun a unha conferencia 0:12:27.167,0:12:29.820 e o venres da conferencia de tres días 0:12:29.820,0:12:32.711 unha das participantes [br]levoume á parte e díxome: 0:12:32.711,0:12:39.326 "Teño depresión[br]e dáme un pouco de vergoña, 0:12:39.326,0:12:41.635 pero estiven tomando esta medicación, 0:12:41.635,0:12:44.276 e só quería preguntarche que opinas". 0:12:44.276,0:12:47.280 Así que me esforcei en darlle [br]o mellor consello que puiden. 0:12:47.280,0:12:51.510 E entón díxome: "Sabes?[br]o meu home nunca entendería isto. 0:12:51.510,0:12:54.254 É o tipo de persoa para o que [br]isto non tería sentido, 0:12:54.254,0:12:56.941 así que, xa sabes, que quede entre nós." 0:12:56.941,0:12:58.507 E díxenlle: "Si, está ben." 0:12:58.507,0:13:00.616 No domingo da mesma conferencia, 0:13:00.616,0:13:02.890 o seu home chamoume á parte 0:13:02.890,0:13:04.044 (Risos) 0:13:04.044,0:13:06.349 e díxome "A miña muller non me vería 0:13:06.349,0:13:08.785 como o home que son se o soubese 0:13:08.855,0:13:12.269 pero estou loitando cunha depresión[br]e estou tomando esta medicación 0:13:12.269,0:13:14.414 e preguntábame que opinabas". 0:13:14.414,0:13:16.547 Estaban agochando a mesma medicación 0:13:16.547,0:13:19.452 en dous sitios distintos do mesmo cuarto. 0:13:19.452,0:13:20.397 (Risos) 0:13:20.397,0:13:24.188 E díxenlle que pensaba[br]que a comunicación no matrimonio 0:13:24.188,0:13:26.712 podía estar desencadeando [br]algúns dos problemas. 0:13:26.712,0:13:27.956 (Risos) 0:13:30.726,0:13:32.207 Pero tamén quedei abraiado 0:13:32.207,0:13:35.928 pola incómoda natureza do segredo mutuo. 0:13:36.141,0:13:38.026 A depresión tamén é extenuante, 0:13:38.026,0:13:40.794 Requíreche tanto tempo e enerxía, 0:13:40.794,0:13:42.348 e o silencio ao respecto 0:13:42.348,0:13:45.029 realmente empeora a depresión. 0:13:45.029,0:13:46.762 E despois comecei a pensar 0:13:46.762,0:13:48.728 en todos os xeitos cos [br]que a xente se sente mellor. 0:13:48.728,0:13:51.167 Comecei como un conservador da medicina. 0:13:51.167,0:13:53.829 Pensaba que un par [br]de tipos de terapia funcionaban, 0:13:53.829,0:13:55.348 estaba claro que o facían, 0:13:55.348,0:13:56.992 estaba a medicación, 0:13:56.992,0:13:58.468 algúns tipos de psicoterapia, 0:13:58.468,0:14:00.913 estaba posiblemente [br]a terapia electroconvulsiva, 0:14:00.913,0:14:03.588 e todo o demais non tiña sentido. 0:14:03.588,0:14:05.420 Pero entón descubrín algo. 0:14:05.420,0:14:07.172 Se tes un tumor cerebral 0:14:07.172,0:14:10.454 e dis que facer o pino[br]20 minutos cada mañá 0:14:10.454,0:14:11.719 fai que te sintas mellor, 0:14:11.719,0:14:14.853 se cadra faino,[br]pero segues tendo un tumor cerebral, 0:14:14.853,0:14:17.030 e probablemente vaias morrer igual. 0:14:17.030,0:14:19.542 Pero se dis que tes unha depresión, 0:14:19.542,0:14:22.007 e que facer o pino 20 minutos cada día 0:14:22.007,0:14:24.131 fai que te sintas mellor, entón funcionou, 0:14:24.131,0:14:26.711 porque a depresión é unha [br]doenza de como te sentes, 0:14:26.711,0:14:28.100 e se te sentes mellor, 0:14:28.100,0:14:30.930 entón efectivamente [br]xa non estás deprimido. 0:14:30.930,0:14:33.193 Así que me volvín moito máis tolerante 0:14:33.193,0:14:35.888 co amplo mundo [br]dos tratamentos alternativos. 0:14:35.888,0:14:38.272 E recibo cartas, recibo centos de cartas 0:14:38.272,0:14:41.028 de xente que me conta[br]o que lles funcionou. 0:14:41.028,0:14:44.649 Alguén me preguntou hoxe[br]entre bastidores, sobre a meditación. 0:14:44.649,0:14:48.762 A miña carta favorita, [br]entre as que recibín, era dunha muller 0:14:48.762,0:14:51.388 que escribiu e me dixo que [br]probara terapia, medicación, 0:14:51.388,0:14:53.205 que probara case de todo, 0:14:53.205,0:14:56.092 pero atopou a solución, e quería [br]que eu llo dixese ao mundo, 0:14:56.092,0:14:59.634 e era facer cousiñas de fío. 0:14:59.634,0:15:01.173 (Risos) 0:15:02.633,0:15:04.657 Envioume algunhas. 0:15:04.657,0:15:05.685 (Risos) 0:15:06.315,0:15:08.205 E non as levo postas agora mesmo. 0:15:08.205,0:15:09.230 (Risos) 0:15:09.900,0:15:11.738 Suxerinlle que debería mirar tamén 0:15:11.738,0:15:15.828 trastorno obsesivo compulsivo no DSM. 0:15:16.738,0:15:19.656 E así, cando miraba [br]os tratamentos alternativos, 0:15:19.656,0:15:22.444 gañaba perspectiva respecto [br]aos outros tratamentos. 0:15:22.444,0:15:25.347 Pasei por un exorcismo tribal en Senegal 0:15:25.347,0:15:27.390 que incluía bastante[br]sangue de año 0:15:27.390,0:15:29.422 e do que non vou dar detalles agora mesmo, 0:15:29.422,0:15:31.422 pero uns anos despois estaba en Ruanda, 0:15:31.422,0:15:33.180 traballando nun proxecto distinto, 0:15:33.180,0:15:35.976 E resulta que lle describín [br]a miña experiencia a alguén, 0:15:35.976,0:15:37.016 e díxome: 0:15:37.016,0:15:39.596 Ben, iso é o oeste de África, [br]estamos no leste 0:15:39.596,0:15:42.010 e os nosos rituais son distintos[br]nalgúns aspectos, 0:15:42.010,0:15:43.263 pero temos algúns rituais 0:15:43.263,0:15:45.440 que teñen algo en común co que describes." 0:15:45.440,0:15:46.523 E dixo: 0:15:46.523,0:15:50.135 "Pero temos moitos problemas cos[br]traballadores occidentais de saúde mental, 0:15:50.135,0:15:52.452 especialmente cos que [br]viñeron tralo xenocidio." 0:15:52.452,0:15:54.779 E dixen: "Que tipo de problemas tedes? 0:15:54.779,0:15:59.115 E díxome: "Ben, fan cousas moi estrañas. 0:15:59.115,0:16:01.164 Non levan a xente ao sol, 0:16:01.164,0:16:02.574 cando comezan a estar mellor, 0:16:02.574,0:16:05.808 non inclúen percusión ou música [br]que fai que o sangue se mova. 0:16:05.808,0:16:07.650 Non implican toda a comunidade. 0:16:07.650,0:16:10.695 Non externalizan a depresión[br]como un espírito invasor. 0:16:10.718,0:16:16.029 En vez diso, o que fan é levar a xente[br]unha por unha a uns cuartiños sórdidos 0:16:16.029,0:16:17.600 e teñenos falando unha hora 0:16:17.600,0:16:19.810 sobre as cousas malas que lles pasaron." 0:16:19.810,0:16:22.010 (Risos) 0:16:22.010,0:16:24.350 (Aplausos) 0:16:25.010,0:16:27.372 Díxome: "Pedímoslles [br]que marchasen do país." 0:16:27.372,0:16:29.299 (Risos) 0:16:30.429,0:16:32.873 Na outra esquina dos [br]tratamentos alternativos, 0:16:32.873,0:16:34.908 deixádeme falarvos de Frank Russakoff. 0:16:34.908,0:16:40.921 Frank Russakoff tiña probablemente[br]a peor depresión que vin nun home. 0:16:40.921,0:16:42.989 Estaba continuamente deprimido, 0:16:42.989,0:16:45.150 Estaba, cando o coñecín, nun punto no que 0:16:45.150,0:16:48.168 cada mes recibía un [br]tratamento de electroshock. 0:16:48.168,0:16:50.743 Sentíase desorientado unha semana, 0:16:50.743,0:16:52.546 despois sentíase ben unha semana, 0:16:52.546,0:16:54.246 despois tiña unha semana de caída, 0:16:54.246,0:16:56.931 e despois recibía outro [br]tratamento de electroshock. 0:16:56.931,0:16:58.346 E cando o coñecín díxome: 0:16:58.346,0:17:01.118 "É insufrible pasar as [br]semanas deste xeito, 0:17:01.118,0:17:02.555 non podo seguir así, 0:17:02.555,0:17:04.969 e xa sei como vou acabar 0:17:04.969,0:17:06.246 se non melloro. 0:17:06.246,0:17:10.214 Pero -díxome- oín falar dun protocolo[br]no Mass General 0:17:10.214,0:17:13.637 para unha cirurxía chamada cingulotomía[br]que é unha operación cerebral, 0:17:13.637,0:17:15.754 e creo que o vou tentar." 0:17:15.754,0:17:19.218 E lembro estar fascinado nese momento[br]ao pensar que alguén 0:17:19.218,0:17:22.389 que claramente pasou por [br]tantas malas experiencias 0:17:22.389,0:17:24.298 con tantos tratamentos diferentes 0:17:24.298,0:17:27.330 aínda tivese nalgún sitio [br]do seu interior o optimismo 0:17:27.330,0:17:29.760 suficiente para buscar outro máis. 0:17:29.760,0:17:34.110 E pasou por esta cirurxía[br]e tivo moito éxito. 0:17:34.110,0:17:35.474 Agora é amigo meu, 0:17:35.474,0:17:38.966 ten unha esposa adorable [br]e dous preciosos fillos. 0:17:38.966,0:17:41.915 Escribiume unha carta [br]o Nadal posterior á operación 0:17:41.915,0:17:43.104 e díxome: 0:17:43.104,0:17:45.591 "O meu pai mandoume dous regalos este ano, 0:17:45.591,0:17:48.363 primeiro, unha torre de CD [br]automática de The Sharper Image 0:17:48.363,0:17:49.714 que eu non precisaba, 0:17:49.714,0:17:51.981 pero sei que ma estaba dando para celebrar 0:17:51.981,0:17:55.399 que eu vivise só e tivese un traballo [br]que parecía encantarme. 0:17:55.406,0:17:58.877 E o outro regalo,[br]era unha foto da miña avoa, 0:17:58.877,0:18:00.603 que se suicidou. 0:18:00.795,0:18:03.730 Cando o desenvolvín, comecei a chorar, 0:18:03.730,0:18:05.750 e veu a miña nai e díxome: 0:18:05.750,0:18:09.055 "Estás chorando por parentes[br]que non coñeciches?" 0:18:09.055,0:18:13.133 e eu díxenlle: "Tiña a mesma [br]enfermidade ca min". 0:18:13.133,0:18:15.594 Choro agora mentres che escribo. 0:18:15.594,0:18:19.189 Non é que estea triste, [br]senón sobrecollido. 0:18:19.189,0:18:21.410 Porque creo que eu puiden suicidarme 0:18:21.410,0:18:24.883 pero meus pais termaron de min,[br]e tamén os doutores 0:18:24.883,0:18:26.716 e a cirurxía. 0:18:26.716,0:18:29.351 Estou vivo e agradecido. 0:18:29.531,0:18:34.241 Vivimos no momento correcto,[br]aínda que ás veces non o pareza." 0:18:35.670,0:18:37.567 Estaba sorprendido porque a depresión 0:18:37.567,0:18:42.552 é maiormente percibida como unha cousa[br]moderna, occidental, da clase media, 0:18:42.829,0:18:47.001 e fun mirar como funcionaba[br]nunha variedade de contextos, 0:18:47.001,0:18:49.193 e unha das cousas que [br]máis interese me causou 0:18:49.193,0:18:51.063 foi a depresión entre os indixentes. 0:18:51.063,0:18:52.674 Así que intentei saber 0:18:52.674,0:18:55.364 que se facía polas persoas [br]pobres con depresión, 0:18:55.364,0:18:57.412 E o que descubrín foi [br]que as persoas pobres 0:18:57.412,0:18:59.969 maioritariamente non son tratadas[br]para a depresión. 0:18:59.969,0:19:02.888 A depresión é o resultado [br]da vulneralidade xenética, 0:19:02.888,0:19:06.256 que en principio está distribuída [br]igualitariamente entre a poboación, 0:19:06.256,0:19:07.999 e as circunstancias desencadeantes, 0:19:07.999,0:19:11.772 que adoitan ser máis graves [br]para a xente empobrecida. 0:19:11.777,0:19:15.224 E aínda así resulta que se tes[br]unha vida estupenda 0:19:15.224,0:19:16.854 pero sempre te sentes miserable 0:19:16.854,0:19:18.534 pensas: "Por que me sinto así? 0:19:18.534,0:19:20.013 Debo ter unha depresión." 0:19:20.013,0:19:21.936 E decides buscar un tratamento. 0:19:21.936,0:19:24.129 Pero se tes unha vida desastrosa, 0:19:24.129,0:19:25.896 e sénteste miserable todo o tempo, 0:19:25.896,0:19:28.722 o teu sentimento concorda coa túa vida, 0:19:28.722,0:19:30.446 e non se che ocorre pensar, 0:19:30.446,0:19:32.309 "Se cadra isto pódese tratar." 0:19:32.309,0:19:35.505 Así que temos unha epidemia neste país 0:19:35.505,0:19:38.318 de depresión entre persoas empobrecidas 0:19:38.318,0:19:40.980 que non se detecta, que non se trata 0:19:40.980,0:19:42.796 e que non se aborda, 0:19:42.846,0:19:45.046 e é unha traxedia de gran magnitude. 0:19:45.046,0:19:46.774 Así que atopei una académica 0:19:46.774,0:19:50.091 que facía un proxecto de investigación[br]nos arrabaldes pobres de D.C., 0:19:50.091,0:19:53.249 onde seleccionaba mulleres [br]que foran por outros problemas de saúde 0:19:53.249,0:19:55.038 e eran diagnosticadas de depresión 0:19:55.038,0:19:58.134 e proporcionáballes seis meses [br]baixo o protocolo experimental. 0:19:58.134,0:20:00.463 Unha delas, Lolly, veu 0:20:00.463,0:20:03.250 e díxome isto o día que veu. 0:20:03.250,0:20:07.455 Díxome, e era unha muller que, por certo,[br]tiña sete fillos. 0:20:07.455,0:20:10.707 Díxome: "Tiña un traballo, [br]pero tiven que deixalo porque 0:20:10.707,0:20:13.018 non era capaz de saír da casa. 0:20:13.018,0:20:15.216 Non tiña nada que [br]dicirlles aos meus fillos. 0:20:15.216,0:20:17.953 Pola maña, estou desexando que marchen, 0:20:17.953,0:20:21.113 para meterme na cama e [br]tapar a cabeza coas mantas, 0:20:21.113,0:20:23.009 e as tres, cando volven, 0:20:23.009,0:20:24.450 chegan tan rápido". 0:20:24.450,0:20:26.630 Díxome: "Tomaba moito Tylenol, 0:20:26.630,0:20:29.389 calquera cousa coa que [br]puidese durmir máis, 0:20:29.389,0:20:33.159 o meu marido dicíame [br]que era estúpida, fea. 0:20:33.159,0:20:36.444 Oxalá puidese parar a dor". 0:20:36.664,0:20:39.304 Ben, trouxérona a este [br]protocolo experimental, 0:20:39.304,0:20:41.612 e cando a entrevistei [br]seis meses despois, 0:20:41.612,0:20:46.019 tiña un traballo coidando nenos 0:20:46.019,0:20:50.034 para o exército americano, [br]deixara o marido violento, 0:20:50.034,0:20:51.556 e díxome: 0:20:52.066,0:20:54.275 "Os meus fillos son [br]moito máis felices agora." 0:20:54.275,0:20:57.082 Dixo: "Hai un cuarto na miña nova casa[br]para os rapaces 0:20:57.082,0:20:59.010 e un para as rapazas, 0:20:59.010,0:21:01.399 pero pola noite, saltan á miña cama, 0:21:01.399,0:21:03.821 e facemos os deberes xuntos e todo. 0:21:04.011,0:21:05.684 Un deles quere ser predicador, 0:21:05.684,0:21:07.384 outro quere ser bombeiro, 0:21:07.384,0:21:10.310 e unha das nenas di que vai ser avogada. 0:21:10.350,0:21:12.355 Xa non choran como antes, 0:21:12.355,0:21:14.753 nin pelexan como facían. 0:21:14.913,0:21:18.693 Iso é todo o que preciso, os meus fillos. 0:21:18.693,0:21:20.755 As cousas seguen cambiando, 0:21:20.755,0:21:25.798 como me visto, como me sinto, como actúo. 0:21:25.798,0:21:29.355 Xa podo saír sen ter medo, 0:21:29.485,0:21:32.704 e non creo que eses malos [br]sentimentos vaian volver, 0:21:33.124,0:21:36.019 e se non fora pola doutora Miranda e isto, 0:21:36.019,0:21:39.486 estaría aínda na casa, [br]coas mantas enriba da cabeza, 0:21:39.546,0:21:41.895 no caso de estar aínda viva. 0:21:41.895,0:21:45.627 Pedinlle ao Señor que me enviase un anxo, 0:21:45.627,0:21:48.887 e escoitou as miñas pregarias." 0:21:50.309,0:21:53.312 Estaba realmente conmovido [br]por estas experiencias, 0:21:53.312,0:21:55.981 e decidín que quería escribir sobre elas, 0:21:55.981,0:21:58.750 non só no libro que escribía[br]senón tamén nun artigo, 0:21:58.750,0:22:01.112 así que me encargaron[br]da revista New York Times, 0:22:01.112,0:22:03.358 escribir sobre a depresión [br]entre os indixentes. 0:22:03.358,0:22:04.714 E entreguei a miña historia, 0:22:04.714,0:22:08.630 e o meu editor chamoume e díxome:[br]"Non podemos publicar isto." 0:22:08.630,0:22:09.770 E díxenlle: "Por que?" 0:22:09.770,0:22:12.235 E díxome: "É demasiado rebuscado. 0:22:12.235,0:22:15.823 Esta xente está [br]como no máis baixo da sociedade 0:22:15.823,0:22:17.657 e cun par de meses de tratamento 0:22:17.657,0:22:20.409 xa están virtualmente listas [br]para manexar Morgan Stanley? 0:22:20.409,0:22:22.003 É demasiado imposible." 0:22:22.003,0:22:24.328 Díxome: "Nunca oín nada igual." 0:22:24.328,0:22:27.052 E díxenlle: "O feito de que nunca o oíras 0:22:27.052,0:22:29.652 é un indicativo de que son 'noticias'." 0:22:29.652,0:22:32.066 (Risas) 0:22:32.147,0:22:33.471 (Aplausos) 0:22:37.341,0:22:39.983 "E vós sodes unha revista de noticias." 0:22:39.983,0:22:42.934 Despois dunha serie de[br]negociacións accederon. 0:22:43.034,0:22:47.219 Pero penso moito en que o que dixo[br]estaba dalgún xeito conectado 0:22:47.219,0:22:50.594 co desprezo que a xente aínda ten[br]pola idea do tratamento, 0:22:50.594,0:22:52.469 a noción de que dalgún xeito se saímos 0:22:52.469,0:22:55.101 e tratamos moita xente[br]en comunidades de indixentes 0:22:55.101,0:22:57.007 sería un tipo de explotación, 0:22:57.007,0:22:58.675 porque os estariamos cambiando. 0:22:58.675,0:23:02.490 Hai un imperativo da falsa moral[br]que parece rodearnos, 0:23:02.490,0:23:04.843 de que o tratamento da depresión, 0:23:04.843,0:23:07.142 os medicamentos e demais, [br]son un artificio, 0:23:07.142,0:23:09.314 e que non é natural. 0:23:09.404,0:23:12.393 E eu penso que é un erro. 0:23:12.393,0:23:15.855 É natural que á xente lle caian os dentes, 0:23:15.855,0:23:18.845 pero non hai ninguén militando [br]contra a pasta de dentes, 0:23:19.025,0:23:20.863 polo menos non nos meus círculos. 0:23:21.793,0:23:23.175 A xente di: 0:23:23.175,0:23:26.470 "Pero a depresión non é algo que se [br]supón que hai que experimentar? 0:23:26.470,0:23:28.241 Non evolucionamos para ter depresión? 0:23:28.241,0:23:29.978 Non é parte da personalidade?" 0:23:29.978,0:23:32.394 Ao que debo dicir, o humor é adaptable, 0:23:32.394,0:23:35.563 ser quen de sentir tristura e medo, 0:23:35.563,0:23:37.405 e alegría e pracer, 0:23:37.405,0:23:41.348 e todos os outros estados de ánimo [br]que temos, é incriblemente valioso. 0:23:41.348,0:23:43.232 E unha depresión grave 0:23:43.232,0:23:46.229 é algo que ocorre[br]cando o sistema creba. 0:23:46.471,0:23:48.048 É falta de adaptación. 0:23:48.048,0:23:49.620 A xente virá e dirame: 0:23:49.620,0:23:52.388 "Creo, aínda así, que [br]se aguantara outro ano, 0:23:52.388,0:23:54.464 podería superalo." 0:23:54.464,0:23:56.487 E sempre lles digo: "Quizais o superaras, 0:23:56.487,0:23:59.476 pero nunca volverás a ter 37 anos. 0:23:59.476,0:24:03.906 A vida é curta, e é un ano enteiro[br]do que estás a falar. 0:24:03.982,0:24:05.300 Pénsao ben." 0:24:05.520,0:24:08.366 É estraña a pobreza da lingua inglesa, 0:24:08.366,0:24:10.474 e de feito de moitas outras linguas, 0:24:10.474,0:24:12.692 que utilizamos a mesma palabra, depresión, 0:24:12.692,0:24:16.137 para describir como se sente un neno[br]cando chove no seu aniversario, 0:24:16.209,0:24:20.907 e para describir como se sente unha persoa[br]o minuto antes de suicidarse. 0:24:21.381,0:24:24.516 A xente dime: "Ben, é unha [br]continuación da tristeza normal?" 0:24:24.526,0:24:27.690 E eu digo, en certo modo, é [br]unha continuación da tristeza normal. 0:24:27.690,0:24:29.640 Hai un certo grao de continuidade, 0:24:29.640,0:24:31.597 pero é o mesmo tipo de continuación 0:24:31.597,0:24:33.894 entre ter un valo de ferro arredor da casa 0:24:33.894,0:24:35.391 que ten un puntiño de ferruxe 0:24:35.391,0:24:38.077 que tes que lixar e pintar un pouco 0:24:38.077,0:24:40.784 e o que sucede se [br]abandonas a casa 100 anos 0:24:40.784,0:24:44.912 e se enferruxou tanto que [br]só é unha morea de po laranxa. 0:24:44.912,0:24:46.959 E é esa morea de po laranxa, 0:24:46.959,0:24:48.748 ese problema do po laranxa, 0:24:48.748,0:24:51.737 o que estamos tentando abordar. 0:24:51.737,0:24:54.267 E agora a xente di: 0:24:54.267,0:24:56.908 "Tomas estas pastillas da[br]felicidade, e xa es feliz?" 0:24:56.908,0:24:57.714 E non. 0:24:58.594,0:25:01.556 Pero non me sinto triste [br]por ter que xantar, 0:25:01.556,0:25:03.922 e non me sinto triste [br]polo contestador, 0:25:04.402,0:25:06.877 e non me sinto triste [br]por ter que ducharme. 0:25:07.097,0:25:09.951 De feito, penso que sinto máis, 0:25:09.951,0:25:12.381 porque podo sentir tristeza [br]sen sentir nulidade. 0:25:12.381,0:25:16.728 Sintome triste polas [br]decepcións profesionais, 0:25:16.728,0:25:19.165 polas relacións danadas, 0:25:19.165,0:25:21.104 e polo quecemento global. 0:25:21.104,0:25:23.839 Esas son as cousas polas [br]que me sinto triste agora. 0:25:23.839,0:25:26.573 E díxenme a min mesmo, [br]cal é a conclusión? 0:25:26.573,0:25:29.134 Como conseguiu esta [br]xente que ten vidas mellores, 0:25:29.134,0:25:31.688 aínda con peores depresións, [br]seguir adiante? 0:25:31.688,0:25:34.485 Cal é o mecanismo da resiliencia? 0:25:34.485,0:25:36.569 E o que aparecía continuamente 0:25:36.569,0:25:39.485 era que a xente que nega a experiencia, 0:25:39.485,0:25:41.517 e din "Tiven depresión hai moito tempo, 0:25:41.517,0:25:43.254 e non quero volver pensar nela, 0:25:43.254,0:25:44.496 e non quero mirala, 0:25:44.496,0:25:46.386 simplemente vou seguir coa miña vida", 0:25:46.386,0:25:50.995 ironicamente, son as persoas que [br]están máis escravizadas polo que teñen. 0:25:51.043,0:25:53.777 Silenciar a depresión refórzaa. 0:25:53.777,0:25:56.887 Mentres a escondes, medra. 0:25:56.887,0:25:59.747 E a xente que mellor o fai, 0:25:59.797,0:26:03.976 e a que é tolerante[br]co feito de ter esa condición. 0:26:04.166,0:26:08.298 Aquela que pode aceptar a súa depresión,[br]é quen acada a resiliencia. 0:26:08.298,0:26:10.103 Frank Russakoff díxome: 0:26:10.123,0:26:13.719 "Se tivese que facelo de novo,[br]supoño que non o faría deste xeito, 0:26:13.719,0:26:17.170 pero dun modo estraño, [br]estou agradecido pola experiencia. 0:26:17.290,0:26:20.940 Estou contento por [br]ter que estar 40 veces no hospital. 0:26:20.940,0:26:23.543 Ensinoume tanto sobre o amor, 0:26:23.543,0:26:26.583 e a miña relación[br]cos meus pais e doutores, 0:26:26.583,0:26:30.772 foi tan valiosa, e sempre o será". 0:26:30.772,0:26:32.698 E Maggie Robbins dixo: 0:26:32.698,0:26:35.687 "Adoitaba ser voluntaria [br]nunha clínica de SIDA 0:26:35.687,0:26:38.701 e simplemente falaba e falaba e falaba 0:26:38.701,0:26:42.714 e a xente coa que trataba[br]non era moi receptiva, e pensaba: 0:26:42.714,0:26:45.552 'Isto non é moi amable [br]nin útil pola súa parte' 0:26:45.552,0:26:46.548 (Risos) 0:26:46.548,0:26:48.240 "E despois deime de conta, 0:26:48.240,0:26:50.441 deime de conta de [br]que non ían facer máis, 0:26:50.441,0:26:52.748 que eses escasos primeiros [br]minutos de conversa. 0:26:52.748,0:26:54.755 Ía simplemente ser un momento 0:26:54.755,0:26:57.633 no que eu non tiña SIDA [br]e non estaba morrendo, 0:26:57.633,0:27:00.776 pero podía aceptar o feito [br]de que eles si o estiveran, 0:27:00.776,0:27:02.493 e estábano. 0:27:02.493,0:27:06.106 As nosas necesidades son [br]os nosos maiores activos. 0:27:06.106,0:27:10.975 Resulta que aprendín a dar[br]todo o que preciso." 0:27:12.125,0:27:16.000 Valorar a depresión propia[br]non evita unha recaída, 0:27:16.000,0:27:18.791 pero pode facer a perspectiva [br]dunha recaída 0:27:18.791,0:27:23.045 e mesmo a recaída [br]máis fácil de aceptar. 0:27:23.045,0:27:26.756 A pregunta non é tanto [br]atopar un gran significado 0:27:26.756,0:27:29.264 e decidir que a túa depresión tivo moito[br]significado. 0:27:29.264,0:27:33.332 Está en buscar ese significado[br]e pensar, cando volve: 0:27:33.332,0:27:36.966 "Isto vai ser infernal,[br]pero vou aprender algo." 0:27:37.487,0:27:39.751 Aprendín da miña propia depresión 0:27:39.751,0:27:41.864 o grande que pode ser unha emoción, 0:27:41.864,0:27:44.431 como pode ser máis real que os feitos, 0:27:45.051,0:27:47.890 e descubrín que esta experiencia 0:27:47.890,0:27:50.792 me permitiu experimentar [br]emocións positivas 0:27:50.792,0:27:53.952 dun modo máis intenso e máis centrado. 0:27:54.222,0:27:57.709 O oposto á depresión non é a felicidade, 0:27:57.709,0:27:59.273 senón a vitalidade, 0:27:59.273,0:28:02.004 e estes días, a miña vida é vital, 0:28:02.004,0:28:04.529 aínda nos días que estou triste. 0:28:04.649,0:28:07.782 Sentín ese funeral no meu cerebro, 0:28:07.962,0:28:11.386 e senteime preto do Coloso,[br]no bordo do mundo, 0:28:12.446,0:28:16.353 e descubrín algo dentro de min 0:28:16.353,0:28:18.306 que debería chamar alma 0:28:18.306,0:28:22.062 que nunca formulara [br]ata ese día hai 20 anos 0:28:22.062,0:28:25.610 cando o inferno me fixo [br]unha visita sorpresa. 0:28:26.580,0:28:30.678 Creo que aínda que odiaba estar deprimido 0:28:30.678,0:28:33.012 e que odiaría estar deprimido de novo, 0:28:33.012,0:28:35.546 atopei un xeito de amar a miña depresión. 0:28:35.756,0:28:40.621 Ámoa porque me obrigou[br]a buscar e aferrarme á alegría. 0:28:40.621,0:28:43.838 Ámoa porque cada día decido, 0:28:44.038,0:28:45.698 ás veces valentemente, 0:28:45.698,0:28:48.376 e ás veces contra a lóxica do momento, 0:28:48.376,0:28:50.854 pegarme ás razóns para vivir. 0:28:50.854,0:28:54.977 E iso, creo, é unha grande[br]e privilexiada alegría. 0:28:54.977,0:28:56.070 Grazas. 0:28:56.090,0:28:58.666 (Aplausos) 0:28:58.666,0:28:59.509 Grazas. 0:28:59.509,0:29:04.469 (Aplausos)