WEBVTT 00:00:01.800 --> 00:00:03.260 Bo día. 00:00:03.260 --> 00:00:06.290 Estou encantado de ver tanta xente boa aquí 00:00:06.290 --> 00:00:08.000 cun sorriso na cara. 00:00:09.190 --> 00:00:13.120 Teño unha formación, unha actitude e un enfoque moi característico 00:00:13.120 --> 00:00:15.000 con respecto ao mundo real 00:00:15.000 --> 00:00:17.000 porque son ilusionista. 00:00:17.000 --> 00:00:20.000 Prefiro este termo no canto do de mago, 00:00:20.000 --> 00:00:22.000 porque de selo, iso significaría 00:00:22.000 --> 00:00:24.380 que uso conxuros e feitizos 00:00:24.380 --> 00:00:27.000 e acenos estraños 00:00:27.000 --> 00:00:30.140 co obxectivo de lograr maxia de verdade. 00:00:30.140 --> 00:00:32.080 Eu non fago iso, son ilusionista 00:00:32.080 --> 00:00:35.000 unha persoa que simula ser 00:00:35.000 --> 00:00:36.690 un mago de verdade. 00:00:38.000 --> 00:00:41.000 Entón, como imos abordar este tema? 00:00:42.000 --> 00:00:45.080 Dependemos de que vós, o público 00:00:45.080 --> 00:00:47.000 vai facer presuposicións. 00:00:47.000 --> 00:00:49.000 Por exemplo, cando cheguei aquí 00:00:49.000 --> 00:00:51.370 e collín o micrófono do estrado 00:00:51.370 --> 00:00:53.000 e o acendín 00:00:53.000 --> 00:00:54.603 supuxestes que isto era un micro 00:00:54.603 --> 00:00:55.666 pero non o é. 00:00:57.000 --> 00:00:59.000 De feito, isto é algo 00:00:59.000 --> 00:01:02.350 co que a metade de vós non está familiarizado. 00:01:02.350 --> 00:01:05.000 É unha recortadora para a barba, vedes? 00:01:05.000 --> 00:01:07.000 E é un micrófono pésimo, 00:01:07.000 --> 00:01:09.000 xa o probei moitas veces. 00:01:09.000 --> 00:01:11.000 A outra cousa que supuxestes... 00:01:11.000 --> 00:01:13.280 E esta é unha lección para amosarvos 00:01:13.280 --> 00:01:15.000 que facedes presuposicións. 00:01:15.000 --> 00:01:17.000 Non só é que podedes, senón que o facedes 00:01:17.000 --> 00:01:19.120 se se vos presentan ben. 00:01:19.120 --> 00:01:21.310 Pensades que vos estou mirando. 00:01:21.310 --> 00:01:24.150 Non. Non vou estou mirando. Non podo vervos. 00:01:24.150 --> 00:01:27.000 Sei que estades aí, dixéronmo, está cheo. 00:01:27.000 --> 00:01:29.000 Sei que estades aí porque vos escoito 00:01:29.000 --> 00:01:32.150 pero non podo vervos porque uso lentes. 00:01:32.150 --> 00:01:34.340 Isto non son lentes, é unha montura baleira. 00:01:34.910 --> 00:01:36.170 Unha montura baleira. 00:01:36.170 --> 00:01:39.000 Ben, por que se presentaría ante vós un home adulto 00:01:39.000 --> 00:01:41.210 cunhas lentes sen cristais? 00:01:41.210 --> 00:01:43.270 Para enganarvos, donas e cabaleiros, 00:01:43.270 --> 00:01:46.000 para confundirvos e ensinarvos que vós tamén 00:01:46.000 --> 00:01:49.030 presupoñedes cousas, nunca vos esquezades. 00:01:49.570 --> 00:01:54.030 Primeiro teño que pór unhas lentes reais para vervos. 00:01:54.030 --> 00:01:56.860 A verdade sería un detalle. Non sei. 00:01:56.860 --> 00:01:59.280 Non é un gran detalle tampouco. 00:02:00.700 --> 00:02:05.320 Teño que facer algo que é un pouco estraño para un mago. 00:02:05.320 --> 00:02:07.070 Vou tomar uns medicamentos. 00:02:07.070 --> 00:02:11.039 Isto é un bote enteiro de Calms Forte. 00:02:11.470 --> 00:02:13.610 Explicareino nun intre. 00:02:13.610 --> 00:02:15.550 Non lle fagades caso ás instrucións; 00:02:15.550 --> 00:02:17.900 iso é o que o goberno pon aí 00:02:17.900 --> 00:02:20.000 para confundirvos, estou seguro. 00:02:20.000 --> 00:02:22.000 Tomarei abondas. 00:02:25.650 --> 00:02:27.670 Vou tomar todo o bote, de feito. 00:02:32.000 --> 00:02:35.000 32 comprimidos de Calms Forte. 00:02:35.270 --> 00:02:38.000 Agora que xa o fixen (e que explicarei logo) 00:02:38.000 --> 00:02:40.000 teño que dicirvos que 00:02:40.000 --> 00:02:41.200 son actor. 00:02:42.430 --> 00:02:45.000 Son un actor que ten un papel en específico. 00:02:45.000 --> 00:02:47.610 O meu papel é o de mago 00:02:47.610 --> 00:02:50.000 Se queredes, un mago dos de verdade. 00:02:50.000 --> 00:02:53.000 Se alguén se presenta neste escenario diante de min 00:02:53.000 --> 00:02:55.000 e afirma que 00:02:55.000 --> 00:02:58.910 é un antigo príncipe de Dinamarca chamado Hamlet 00:02:58.910 --> 00:03:01.430 sentiriádesvos insultados, e con razón. 00:03:02.000 --> 00:03:05.610 Por que alguén pensaría que que creriades tal barbaridade? 00:03:05.620 --> 00:03:08.060 Pero hai moita xente aí fóra 00:03:08.060 --> 00:03:11.330 unha morea de xente 00:03:11.330 --> 00:03:15.150 que vos dirá que teñen poderes psíquicos e máxicos. 00:03:15.150 --> 00:03:17.000 Que poden predicir o futuro 00:03:17.000 --> 00:03:19.190 e que poden contactar cos mortos. 00:03:20.050 --> 00:03:21.300 Tamén din 00:03:21.300 --> 00:03:23.030 que vos venderán astroloxía 00:03:23.030 --> 00:03:25.280 e outros métodos de adiviñación. 00:03:25.280 --> 00:03:27.460 Venderánvolos de boa gana. 00:03:27.460 --> 00:03:28.650 E tamén din 00:03:28.650 --> 00:03:31.000 que poden darvos aparellos de movemento perpetuo 00:03:31.000 --> 00:03:33.530 e xeradores de enerxía gratis. 00:03:33.530 --> 00:03:35.740 Afirman ser médiums 00:03:35.740 --> 00:03:37.420 ou sensitivos, o que poidan. 00:03:37.420 --> 00:03:41.210 Pero o que está sendo moi importante agora 00:03:42.000 --> 00:03:44.000 é o negocio de 00:03:44.000 --> 00:03:46.000 falar cos mortos. 00:03:47.530 --> 00:03:49.420 Agora ben, para a miña mente inocente 00:03:49.420 --> 00:03:50.970 a morte implica 00:03:52.000 --> 00:03:55.000 incapacidade para comunicarse. 00:03:55.000 --> 00:03:57.610 Igual estades de acordo comigo nisto. 00:03:57.610 --> 00:04:00.000 Pero esta xente intentará dicirvos que 00:04:00.000 --> 00:04:02.000 non só se poden comunicar cos mortos 00:04:02.000 --> 00:04:03.750 "Ei, que tal" 00:04:03.750 --> 00:04:06.220 senón que tamén os poden escoitar 00:04:06.220 --> 00:04:09.000 e que lle poden transmitir esta información aos vivos. 00:04:09.900 --> 00:04:12.870 Será certo? Non o creo, 00:04:12.870 --> 00:04:14.980 porque esta subcultura 00:04:14.980 --> 00:04:18.000 usa os mesmos trucos que usamos os magos 00:04:18.000 --> 00:04:20.000 –os mesmiños– 00:04:20.000 --> 00:04:23.270 os mesmos métodos físicos e psicolóxicos. 00:04:23.270 --> 00:04:29.300 Enganan profundamente a millóns de persoas no mundo 00:04:29.300 --> 00:04:30.720 para a súa desgraza. 00:04:30.720 --> 00:04:32.240 Enganan a esta xente, 00:04:32.240 --> 00:04:34.000 fanlle gastar moitos cartos 00:04:34.000 --> 00:04:36.000 e provócanlle moita angustia emocional. 00:04:36.860 --> 00:04:38.870 Gástanse miles de millóns de dólares 00:04:38.870 --> 00:04:41.460 cada ano, en todo o mundo 00:04:41.460 --> 00:04:43.000 nestes falabaratos. 00:04:44.060 --> 00:04:47.020 Ben, hai dúas preguntas que me gustaría facerlles 00:04:47.020 --> 00:04:49.000 de ter a oportunidade de facelo. 00:04:49.000 --> 00:04:52.000 Primeira: quero preguntarlles se poden chamar... 00:04:52.000 --> 00:04:54.100 porque os escoitan a través dos oídos. 00:04:54.100 --> 00:04:55.890 Oen os espíritos así. 00:04:55.890 --> 00:04:59.000 Voulles pedir que contacten co fantasma da miña avoa 00:04:59.000 --> 00:05:01.460 porque cando morreu, era ela quen tiña o testamento 00:05:01.460 --> 00:05:03.650 e agachouno nalgún lado. Non sabemos onde está 00:05:03.650 --> 00:05:06.430 así que preguntámoslle: "onde está, avoíña?" 00:05:06.430 --> 00:05:09.650 E que dixo a avoíña? Dixo: "estou no ceo e isto é marabilloso. 00:05:09.650 --> 00:05:11.510 Estou aquí cos meus amigos, 00:05:11.510 --> 00:05:13.000 a miña familia 00:05:13.000 --> 00:05:16.250 e todos os cadeliños e gatiños que tiven cando era unha cativa. 00:05:16.250 --> 00:05:19.000 Quérovos, e estarei sempre convosco. 00:05:19.000 --> 00:05:20.090 Adeus." 00:05:21.000 --> 00:05:23.000 E non respondeu o demo de pregunta! 00:05:23.000 --> 00:05:25.000 Onde está o testamento? 00:05:25.000 --> 00:05:27.000 Porque tamén podería dicir: 00:05:27.000 --> 00:05:29.590 "No segundo estante, detrás da enciclopedia" 00:05:29.590 --> 00:05:32.230 Pero iso non nolo dixo, non. 00:05:32.230 --> 00:05:35.000 Non nos dou ningunha información relevante. 00:05:35.000 --> 00:05:37.000 Pagamos moitos cartos por esa información 00:05:37.000 --> 00:05:39.200 e non a demos conseguido. 00:05:39.200 --> 00:05:42.410 A segunda pregunta que lles faría é bastante simple. 00:05:42.420 --> 00:05:44.490 Supoñamos que lles pido que contacten 00:05:44.490 --> 00:05:47.000 co espírito do meu sogro falecido, por exemplo. 00:05:47.000 --> 00:05:49.440 Por que insisten en dicirche... 00:05:49.440 --> 00:05:51.000 (lembra, fálanlle ao oído) 00:05:51.000 --> 00:05:55.000 Por que din: "O meu nome empeza por J ou M?" 00:05:56.000 --> 00:05:58.110 Estamos xogando ás adiviñas? 00:05:58.110 --> 00:06:00.420 O gato e o rato? Que é? 00:06:00.420 --> 00:06:03.820 Son 20 preguntas? Non, máis ben 120. 00:06:03.820 --> 00:06:06.000 Pero é cruel, desapiadado 00:06:07.000 --> 00:06:10.520 totalmente de mala fe 00:06:10.520 --> 00:06:12.700 (Estou ben, quedade nos asentos) 00:06:13.320 --> 00:06:15.250 ao que xogan estas persoas. 00:06:15.840 --> 00:06:18.110 Aprovéitanse dos inocentes, dos inxenuos 00:06:18.110 --> 00:06:20.570 dos que sofren, das persoas necesitadas. 00:06:21.840 --> 00:06:25.660 Este é un proceso que se chama lectura en frío. 00:06:27.510 --> 00:06:31.680 Hai un tipo que se chama Van Praagh. 00:06:31.680 --> 00:06:34.810 É unha das eminencias desta trapallada. 00:06:34.810 --> 00:06:37.190 John Edward, Sylvia Browne 00:06:37.190 --> 00:06:40.000 e Rosemary Altea son outros artistas. 00:06:40.000 --> 00:06:43.000 Hai centos deles no mundo, pero neste país 00:06:43.000 --> 00:06:45.190 James Van Praagh é moi famoso. 00:06:45.190 --> 00:06:47.000 E que fai? Gústalle contarche 00:06:47.000 --> 00:06:49.000 como faleceron os mortos. 00:06:49.000 --> 00:06:52.000 (a xente que lle fala ao oído, vedes?) 00:06:52.000 --> 00:06:55.000 Pois o que di, normalmente, é así: 00:06:55.000 --> 00:06:58.190 "Ante de morrer, díxome 00:06:59.245 --> 00:07:01.145 que lle custaba respirar". 00:07:01.145 --> 00:07:03.830 Home, iso é o que vén sendo morrer! 00:07:05.000 --> 00:07:07.000 Paras de respirar e logo morres. 00:07:07.960 --> 00:07:09.370 Así de fácil. 00:07:09.370 --> 00:07:12.000 E ese é o tipo de información que che van dar? 00:07:12.000 --> 00:07:14.000 Non o creo. 00:07:14.000 --> 00:07:16.140 Esta xente vai adiviñando, din cousas como: 00:07:16.140 --> 00:07:18.720 "Por que me chega esta electricidade?" 00:07:18.720 --> 00:07:21.000 E dinme: "Electricidade". 00:07:21.000 --> 00:07:23.000 "Era electricista?" -Non. 00:07:23.000 --> 00:07:25.000 "Tiña unha afeitadora eléctrica?" -Non. 00:07:25.000 --> 00:07:27.000 Era un xogo de adiviñar, coma este. 00:07:27.000 --> 00:07:29.000 E así saen do paso. 00:07:29.000 --> 00:07:33.970 A xente pregúntanos moito na Fundación James Randi 00:07:33.970 --> 00:07:36.260 chámanme e dinme: "por que estás tan preocupado? 00:07:36.260 --> 00:07:38.000 Non é divertido?". 00:07:38.000 --> 00:07:41.000 Non, non é. É unha farsa cruel. 00:07:42.030 --> 00:07:45.270 Pode que che dea un pouco de consolo 00:07:45.270 --> 00:07:48.110 pero ese consolo dura uns 20 minutos. 00:07:48.110 --> 00:07:50.460 Despois esa xente mírase no espello e di: 00:07:50.460 --> 00:07:52.580 Paguei moitos cartos por ese contacto. 00:07:52.580 --> 00:07:55.650 E que me dixo? "Quérote!" 00:07:55.650 --> 00:07:57.420 Sempre din iso. 00:07:57.420 --> 00:07:59.140 Non lles dan nada de información 00:07:59.140 --> 00:08:01.380 non obteñen nada polo que gastan. 00:08:01.380 --> 00:08:03.070 Sylvia Browne é a máis viva. 00:08:03.070 --> 00:08:05.000 Chamámoslle "a gadoupas" 00:08:05.000 --> 00:08:07.000 Sylvia Browne -grazas- 00:08:07.000 --> 00:08:10.000 Sylvia Browne é a máis viva 00:08:10.000 --> 00:08:12.000 agora mesmo neste negocio. 00:08:12.000 --> 00:08:15.000 Ben, Sylvia Brown (só para ensinárvolo) 00:08:15.000 --> 00:08:18.000 cobra 700 dólares 00:08:18.000 --> 00:08:21.000 por un contacto a través do teléfono de 20 minutos. 00:08:21.000 --> 00:08:23.000 Nin sequera vai alí en persoa 00:08:23.000 --> 00:08:24.640 e tes que esperar ata dous anos 00:08:24.640 --> 00:08:27.000 porque xa ten reservas para todo ese tempo. 00:08:27.000 --> 00:08:29.000 Pagas con tarxeta de crédito ou o que sexa 00:08:29.000 --> 00:08:33.039 e despois chámate nalgún momento dos dous anos seguintes. 00:08:33.039 --> 00:08:35.770 Sabes que é ela. "Boas, son Sylvia Browne". 00:08:35.770 --> 00:08:37.890 É ela, non hai fallo. 00:08:39.630 --> 00:08:42.840 Montel Williams é un home intelixente. 00:08:42.840 --> 00:08:45.000 Vémolo na televisión. 00:08:45.000 --> 00:08:47.000 Está formado, é listo 00:08:47.000 --> 00:08:49.000 sabe o que fai Sylvia Browne 00:08:49.000 --> 00:08:51.300 pero impórtalle un rabo de can. 00:08:51.300 --> 00:08:54.000 Tanto lle dá coma tanto lle ten. 00:08:55.000 --> 00:08:58.000 Ao cabo e ao remate, aos patrocinadores gústalles 00:08:58.000 --> 00:09:02.000 e vana expoñer seguido na publicidade. 00:09:02.000 --> 00:09:05.000 Que che dá Sylvia Browne por 700 dólares? 00:09:05.000 --> 00:09:08.000 Dáche os nomes dos teus anxos da garda. 00:09:08.000 --> 00:09:11.000 E que sen iso, como se pode vivir? 00:09:11.000 --> 00:09:14.000 Diche os nomes das túas vidas pasadas 00:09:14.000 --> 00:09:16.690 e quen fuches noutra vida. 00:09:16.690 --> 00:09:18.000 Boh. 00:09:18.000 --> 00:09:20.490 Resulta que todas as mulleres 00:09:20.490 --> 00:09:22.280 ás que lles fai un contacto 00:09:22.280 --> 00:09:24.820 eran todas princesas babilonias, ou así 00:09:25.640 --> 00:09:28.570 e os homes eran guerreiros gregos que loitaban con Agamenón. 00:09:30.000 --> 00:09:32.330 Nunca se fala 00:09:32.330 --> 00:09:35.210 da pequena limpadora de botas de Londres 00:09:35.210 --> 00:09:36.790 que morreu de tise. 00:09:36.790 --> 00:09:39.000 Non paga a pena recordala. 00:09:39.000 --> 00:09:42.680 E o raro disto... non sei se vos decatastes. 00:09:42.680 --> 00:09:45.000 Vedes estes tipos na televisión 00:09:45.000 --> 00:09:48.000 e nunca chaman a ninguén do inferno. 00:09:49.000 --> 00:09:52.000 Todos volven do ceo, ninguén do inferno. 00:09:53.030 --> 00:09:54.840 Se chamaran a algún dos meus amigos 00:09:54.840 --> 00:09:57.130 que non o van facer... Xa se imaxinan. 00:09:59.170 --> 00:10:01.720 Sylvia Browne é una excepción, 00:10:02.780 --> 00:10:04.370 unha excepción só nun sentido. 00:10:04.370 --> 00:10:07.000 Na miña fundación 00:10:07.000 --> 00:10:10.320 ofrecemos 1 millón de dólares en obrigas negociables. 00:10:10.320 --> 00:10:12.000 Doadísimo de gañar. 00:10:12.000 --> 00:10:14.000 Só tes que demostrar un suceso paranormal, 00:10:14.000 --> 00:10:16.440 de ocultismo ou sobrenatural de calquera clase 00:10:16.440 --> 00:10:18.350 en condicións de observación adecuadas. 00:10:18.350 --> 00:10:20.450 Doadísimo, gaña o millón de dólares. 00:10:20.450 --> 00:10:22.730 Sylvia Browne é unha excepción 00:10:22.730 --> 00:10:27.200 porque é a única médium profesional en todo o mundo 00:10:27.200 --> 00:10:30.000 que aceptou o noso reto. 00:10:30.000 --> 00:10:33.000 Fíxoo nun programa da CNN 00:10:33.000 --> 00:10:36.350 hai seis anos e medio. 00:10:36.350 --> 00:10:39.000 E aínda non temos noticias dela. Cousa rara. 00:10:39.000 --> 00:10:42.550 Primeiro dixo iso e logo que non sabía como contactar comigo. 00:10:42.550 --> 00:10:44.000 Boh. 00:10:44.000 --> 00:10:47.020 Unha médium profesional que fala cos mortos 00:10:47.020 --> 00:10:49.000 e non dá contactado comigo? 00:10:50.540 --> 00:10:52.820 Estou vivo, como podedes comprobar. 00:10:53.750 --> 00:10:55.270 Ben, bastante ben igualmente. 00:10:56.210 --> 00:10:59.830 Non podía contactar comigo, pero agora di que non quere 00:10:59.830 --> 00:11:02.000 porque son un impío. 00:11:02.000 --> 00:11:04.480 Con máis razón quererías gañarme o millón de dólares 00:11:04.480 --> 00:11:05.770 non cres, Sylvia? 00:11:06.430 --> 00:11:09.000 Hai que parar a esta xente, agora en serio. 00:11:09.000 --> 00:11:11.770 Hai que paralos porque é unha farsa cruel. 00:11:11.770 --> 00:11:14.530 Chega xente á Fundación seguido. 00:11:14.530 --> 00:11:17.280 Arruinados emocional e economicamente 00:11:17.280 --> 00:11:20.550 porque puxeron todos os seus cartos e fe nesa xente. 00:11:21.410 --> 00:11:23.330 Tomei unhas pastillas ao principio 00:11:23.330 --> 00:11:25.000 e agora téñovolo que explicar. 00:11:25.000 --> 00:11:28.340 A homeopatía, que vén sendo isto. 00:11:28.340 --> 00:11:30.820 Algo escoitastes, supoño. 00:11:30.820 --> 00:11:33.000 É unha forma alternativa de curación, non? 00:11:33.000 --> 00:11:36.000 A homeopatía consiste... É isto. 00:11:36.000 --> 00:11:39.000 Isto é Calms Forte. 00:11:39.000 --> 00:11:42.750 32 pastillas para durmir! Esquecérame de dicírvolo. 00:11:42.750 --> 00:11:44.500 Acabo de inxerir 00:11:44.500 --> 00:11:47.500 6 días e medio de pastillas para durmir. 00:11:49.760 --> 00:11:52.670 6 días e medio é unha dose letal, sen dúbida. 00:11:52.670 --> 00:11:55.380 Aquí detrás pon: "En caso de sobredose 00:11:55.380 --> 00:11:57.920 chame inmediatamente ao centro de toxicoloxía" 00:11:57.920 --> 00:11:59.380 e pon un número gratuíto. 00:11:59.380 --> 00:12:01.360 Tranquilos, non vos preocupedes. 00:12:01.360 --> 00:12:02.870 Non fai falla, 00:12:02.870 --> 00:12:04.540 levo facendo este truco 00:12:04.540 --> 00:12:08.000 para o público en todo o mundo 00:12:08.000 --> 00:12:10.000 durante os últimos 8 ou 10 anos. 00:12:10.000 --> 00:12:13.310 Tomei moitas doses letais de pastillas para durmir homeopáticas. 00:12:13.310 --> 00:12:15.270 E por que non me afectan? 00:12:20.540 --> 00:12:22.530 A resposta igual vos sorprende. 00:12:22.530 --> 00:12:23.800 Que é a homeopatía? 00:12:23.800 --> 00:12:26.400 Pois é tomar unha menciña que funciona de verdade 00:12:26.400 --> 00:12:30.310 e diluíla moito máis do límite de Avogadro. 00:12:30.310 --> 00:12:32.880 Diluíla ata o punto no que 00:12:32.880 --> 00:12:34.600 xa non queda nada. 00:12:35.760 --> 00:12:40.370 Isto non é só unha metáfora, é certo o que vos digo. 00:12:40.370 --> 00:12:42.860 Isto é exactamente igual ca coller 00:12:42.860 --> 00:12:46.000 unha aspirina de 325 miligramos 00:12:46.000 --> 00:12:48.370 guindala no medio do lago Tahoe 00:12:49.220 --> 00:12:51.940 e despois remexela, obviamente cun pau ben gordo 00:12:52.850 --> 00:12:54.580 e esperar uns dous anos 00:12:54.580 --> 00:12:57.000 ata que a solución sexa homoxénea. 00:12:57.000 --> 00:12:58.760 Despois, cando che doia a cabeza 00:12:58.760 --> 00:13:02.310 bebes un grolo desta auga e, voilà! xa non che doe! 00:13:04.760 --> 00:13:07.650 Isto é o que vén sendo a homeopatía. 00:13:07.650 --> 00:13:10.570 E outra das cousas que din, esta vaivos gustar moito 00:13:10.570 --> 00:13:13.000 é que canto máis dilúes unha menciña 00:13:13.000 --> 00:13:14.650 máis potente é. 00:13:15.700 --> 00:13:18.270 Esperade, oín falar dun tipo de Florida. 00:13:18.270 --> 00:13:20.480 O pobre estaba a tomar una menciña homeopática. 00:13:20.480 --> 00:13:21.960 Morreu de sobredose. 00:13:21.960 --> 00:13:23.860 Esqueceuse de tomar a súa menciña. 00:13:26.380 --> 00:13:27.960 Pensádeo, pensádeo. 00:13:30.580 --> 00:13:33.350 É ridículo. Totalmente ridículo. 00:13:33.360 --> 00:13:35.000 Non sei que facemos 00:13:35.000 --> 00:13:38.000 crendo nestas parvadas tanto tempo. 00:13:38.000 --> 00:13:40.000 Deixádeme que vos diga 00:13:40.000 --> 00:13:41.850 que a Fundación Educativa James Randi 00:13:41.850 --> 00:13:44.000 está ofrecendo un gran premio. 00:13:44.700 --> 00:13:47.000 Tamén teño que dicir que 00:13:47.000 --> 00:13:49.180 que ninguén acepte a oferta 00:13:49.180 --> 00:13:51.550 non significa que eses poderes non existan. 00:13:51.550 --> 00:13:54.000 Igual si, por algún lado. 00:13:54.000 --> 00:13:57.270 Igual esas persoas non precisan os cartos. 00:13:57.270 --> 00:13:59.460 Por exemplo, con Sylvia Browne eu pensaríao. 00:13:59.460 --> 00:14:02.950 700 dólares por un contacto telefónico de 20 minutos 00:14:02.950 --> 00:14:04.910 Cobra máis que un avogado! 00:14:06.320 --> 00:14:08.360 É unha cantidade incrible de cartos. 00:14:08.360 --> 00:14:11.260 Pode que esa xente non precise un millón de dólares 00:14:11.260 --> 00:14:13.360 pero non pensades que lles gustaría gañarnos 00:14:13.360 --> 00:14:15.000 só por deixarme de parvo? 00:14:15.760 --> 00:14:18.400 Por desfacerse deste impío 00:14:18.400 --> 00:14:21.000 do que Sylvia Browne fala seguido? 00:14:21.000 --> 00:14:23.430 Creo que hai que facer algo en serio. 00:14:23.430 --> 00:14:26.510 Gustaríame escoitar algunha das vosas propostas 00:14:26.510 --> 00:14:29.000 para contactar coas autoridades federais, estatais 00:14:29.000 --> 00:14:31.000 e locais 00:14:31.000 --> 00:14:33.000 para que fagan algo ao respecto. 00:14:33.000 --> 00:14:36.000 Se sabedes como... Si, xa sei 00:14:36.000 --> 00:14:38.660 vemos xente, aínda hoxe en día, que nos fala 00:14:38.660 --> 00:14:40.000 da epidemia da SIDA, 00:14:40.000 --> 00:14:42.000 de nenos morrendo de fame no mundo, 00:14:42.000 --> 00:14:45.380 de xente que ten que sufrir a falla de auga potable. 00:14:45.380 --> 00:14:47.420 Esas cuestións son moi importantes, 00:14:47.420 --> 00:14:48.950 cruciais, incluso. 00:14:48.950 --> 00:14:52.000 Temos que facer algo para resolvelas. 00:14:52.000 --> 00:14:53.500 Pero ao mesmo tempo 00:14:53.500 --> 00:14:55.610 como dixo Arthur C. Clarke: 00:14:55.610 --> 00:14:58.000 A podremia da mente humana 00:14:58.000 --> 00:15:00.620 o negocio de crer no paranormal e no oculto 00:15:00.620 --> 00:15:02.110 e o sobrenatural... 00:15:02.110 --> 00:15:04.120 En todas estas trapalladas, 00:15:04.120 --> 00:15:06.000 este pensamento medieval... 00:15:06.000 --> 00:15:08.000 Hai que facer algo 00:15:08.000 --> 00:15:10.000 e a solución reside na educación. 00:15:10.000 --> 00:15:12.320 En gran parte, os medios de comunicación 00:15:12.320 --> 00:15:14.000 teñen a culpa de todo isto. 00:15:14.000 --> 00:15:16.000 Fomentan descaradamente 00:15:16.000 --> 00:15:18.870 todo tipo de trapalladas destas 00:15:18.870 --> 00:15:22.000 porque aos patrocinadores gústanlle 00:15:22.000 --> 00:15:24.440 polo pan baila o can. O carto. 00:15:24.440 --> 00:15:26.000 Niso se fixan. 00:15:26.000 --> 00:15:28.360 Temos que facer algo de verdade. 00:15:28.360 --> 00:15:30.660 Estou disposto a escoitar as vosas propostas 00:15:30.660 --> 00:15:34.060 e tamén quero que entredes na nosa web 00:15:35.000 --> 00:15:38.000 É www.randi.org 00:15:38.000 --> 00:15:40.260 Entrade e mirade os arquivos 00:15:40.260 --> 00:15:42.230 e comezaredes a entender moito máis 00:15:42.230 --> 00:15:44.100 sobre o que vos contei hoxe aquí. 00:15:44.100 --> 00:15:46.600 Veredes todos os documentos que temos. 00:15:46.600 --> 00:15:48.780 Non hai nada como sentarte nesa biblioteca 00:15:48.780 --> 00:15:50.710 e ver a historia dunha familia 00:15:50.710 --> 00:15:53.530 cuxa nai regalou todos os aforros que tiñan. 00:15:53.530 --> 00:15:55.300 Regalou os CD, 00:15:55.300 --> 00:15:58.000 as accións, os certificados de valores. 00:15:58.000 --> 00:16:00.000 É triste escoitalo 00:16:00.000 --> 00:16:03.000 e non lles axudou nadiña. 00:16:03.000 --> 00:16:05.000 Non solucionou ningún dos seus problemas. 00:16:05.000 --> 00:16:07.640 Pode que a mente estadounidense podreza 00:16:07.640 --> 00:16:10.310 e tamén a de todo o mundo 00:16:10.310 --> 00:16:13.260 se non comezamos a ser sensatos con estes temas. 00:16:14.540 --> 00:16:16.360 Ofrecemos este premio 00:16:16.360 --> 00:16:18.190 e como digo, poñémolo en bandexa. 00:16:18.190 --> 00:16:20.680 Estamos esperando a que veñan médiums e nolo quiten. 00:16:20.680 --> 00:16:21.970 Veñen unha morea deles 00:16:21.970 --> 00:16:24.000 centos de persoas por ano. 00:16:24.000 --> 00:16:25.750 Falabaratos e outras persoas 00:16:25.750 --> 00:16:28.000 que pensan que poden falar cos mortos 00:16:28.000 --> 00:16:30.290 pero son principiantes; non saben como avaliar 00:16:30.290 --> 00:16:33.000 os seus supostos poderes. 00:16:33.000 --> 00:16:35.200 Os profesionais non adoitan vir onda nós 00:16:35.200 --> 00:16:37.000 coa excepción de Sylvia Browne 00:16:37.840 --> 00:16:39.640 da que vos falei hai un chisco. 00:16:39.640 --> 00:16:42.280 Aceptou e logo botouse atrás. 00:16:43.360 --> 00:16:44.580 Donas e cabaleiros, 00:16:46.030 --> 00:16:47.300 son James Randi 00:16:48.910 --> 00:16:50.860 e estou agardando. 00:16:52.360 --> 00:16:53.570 Grazas.