1 00:00:01,800 --> 00:00:03,260 Bo día. 2 00:00:03,260 --> 00:00:06,290 Estou encantado de ver tanta xente boa aquí 3 00:00:06,290 --> 00:00:08,000 cun sorriso na cara. 4 00:00:09,190 --> 00:00:13,120 Teño unha formación, unha actitude e un enfoque moi característico 5 00:00:13,120 --> 00:00:15,000 con respecto ao mundo real 6 00:00:15,000 --> 00:00:17,000 porque son ilusionista. 7 00:00:17,000 --> 00:00:20,000 Prefiro este termo no canto do de mago, 8 00:00:20,000 --> 00:00:22,000 porque de selo, iso significaría 9 00:00:22,000 --> 00:00:24,380 que uso conxuros e feitizos 10 00:00:24,380 --> 00:00:27,000 e acenos estraños 11 00:00:27,000 --> 00:00:30,140 co obxectivo de lograr maxia de verdade. 12 00:00:30,140 --> 00:00:32,080 Eu non fago iso, son ilusionista 13 00:00:32,080 --> 00:00:35,000 unha persoa que simula ser 14 00:00:35,000 --> 00:00:36,690 un mago de verdade. 15 00:00:38,000 --> 00:00:41,000 Entón, como imos abordar este tema? 16 00:00:42,000 --> 00:00:45,080 Dependemos de que vós, o público 17 00:00:45,080 --> 00:00:47,000 vai facer presuposicións. 18 00:00:47,000 --> 00:00:49,000 Por exemplo, cando cheguei aquí 19 00:00:49,000 --> 00:00:51,370 e collín o micrófono do estrado 20 00:00:51,370 --> 00:00:53,000 e o acendín 21 00:00:53,000 --> 00:00:54,603 supuxestes que isto era un micro 22 00:00:54,603 --> 00:00:55,666 pero non o é. 23 00:00:57,000 --> 00:00:59,000 De feito, isto é algo 24 00:00:59,000 --> 00:01:02,350 co que a metade de vós non está familiarizado. 25 00:01:02,350 --> 00:01:05,000 É unha recortadora para a barba, vedes? 26 00:01:05,000 --> 00:01:07,000 E é un micrófono pésimo, 27 00:01:07,000 --> 00:01:09,000 xa o probei moitas veces. 28 00:01:09,000 --> 00:01:11,000 A outra cousa que supuxestes... 29 00:01:11,000 --> 00:01:13,280 E esta é unha lección para amosarvos 30 00:01:13,280 --> 00:01:15,000 que facedes presuposicións. 31 00:01:15,000 --> 00:01:17,000 Non só é que podedes, senón que o facedes 32 00:01:17,000 --> 00:01:19,120 se se vos presentan ben. 33 00:01:19,120 --> 00:01:21,310 Pensades que vos estou mirando. 34 00:01:21,310 --> 00:01:24,150 Non. Non vou estou mirando. Non podo vervos. 35 00:01:24,150 --> 00:01:27,000 Sei que estades aí, dixéronmo, está cheo. 36 00:01:27,000 --> 00:01:29,000 Sei que estades aí porque vos escoito 37 00:01:29,000 --> 00:01:32,150 pero non podo vervos porque uso lentes. 38 00:01:32,150 --> 00:01:34,340 Isto non son lentes, é unha montura baleira. 39 00:01:34,910 --> 00:01:36,170 Unha montura baleira. 40 00:01:36,170 --> 00:01:39,000 Ben, por que se presentaría ante vós un home adulto 41 00:01:39,000 --> 00:01:41,210 cunhas lentes sen cristais? 42 00:01:41,210 --> 00:01:43,270 Para enganarvos, donas e cabaleiros, 43 00:01:43,270 --> 00:01:46,000 para confundirvos e ensinarvos que vós tamén 44 00:01:46,000 --> 00:01:49,030 presupoñedes cousas, nunca vos esquezades. 45 00:01:49,570 --> 00:01:54,030 Primeiro teño que pór unhas lentes reais para vervos. 46 00:01:54,030 --> 00:01:56,860 A verdade sería un detalle. Non sei. 47 00:01:56,860 --> 00:01:59,280 Non é un gran detalle tampouco. 48 00:02:00,700 --> 00:02:05,320 Teño que facer algo que é un pouco estraño para un mago. 49 00:02:05,320 --> 00:02:07,070 Vou tomar uns medicamentos. 50 00:02:07,070 --> 00:02:11,039 Isto é un bote enteiro de Calms Forte. 51 00:02:11,470 --> 00:02:13,610 Explicareino nun intre. 52 00:02:13,610 --> 00:02:15,550 Non lle fagades caso ás instrucións; 53 00:02:15,550 --> 00:02:17,900 iso é o que o goberno pon aí 54 00:02:17,900 --> 00:02:20,000 para confundirvos, estou seguro. 55 00:02:20,000 --> 00:02:22,000 Tomarei abondas. 56 00:02:25,650 --> 00:02:27,670 Vou tomar todo o bote, de feito. 57 00:02:32,000 --> 00:02:35,000 32 comprimidos de Calms Forte. 58 00:02:35,270 --> 00:02:38,000 Agora que xa o fixen (e que explicarei logo) 59 00:02:38,000 --> 00:02:40,000 teño que dicirvos que 60 00:02:40,000 --> 00:02:41,200 son actor. 61 00:02:42,430 --> 00:02:45,000 Son un actor que ten un papel en específico. 62 00:02:45,000 --> 00:02:47,610 O meu papel é o de mago 63 00:02:47,610 --> 00:02:50,000 Se queredes, un mago dos de verdade. 64 00:02:50,000 --> 00:02:53,000 Se alguén se presenta neste escenario diante de min 65 00:02:53,000 --> 00:02:55,000 e afirma que 66 00:02:55,000 --> 00:02:58,910 é un antigo príncipe de Dinamarca chamado Hamlet 67 00:02:58,910 --> 00:03:01,430 sentiriádesvos insultados, e con razón. 68 00:03:02,000 --> 00:03:05,610 Por que alguén pensaría que que creriades tal barbaridade? 69 00:03:05,620 --> 00:03:08,060 Pero hai moita xente aí fóra 70 00:03:08,060 --> 00:03:11,330 unha morea de xente 71 00:03:11,330 --> 00:03:15,150 que vos dirá que teñen poderes psíquicos e máxicos. 72 00:03:15,150 --> 00:03:17,000 Que poden predicir o futuro 73 00:03:17,000 --> 00:03:19,190 e que poden contactar cos mortos. 74 00:03:20,050 --> 00:03:21,300 Tamén din 75 00:03:21,300 --> 00:03:23,030 que vos venderán astroloxía 76 00:03:23,030 --> 00:03:25,280 e outros métodos de adiviñación. 77 00:03:25,280 --> 00:03:27,460 Venderánvolos de boa gana. 78 00:03:27,460 --> 00:03:28,650 E tamén din 79 00:03:28,650 --> 00:03:31,000 que poden darvos aparellos de movemento perpetuo 80 00:03:31,000 --> 00:03:33,530 e xeradores de enerxía gratis. 81 00:03:33,530 --> 00:03:35,740 Afirman ser médiums 82 00:03:35,740 --> 00:03:37,420 ou sensitivos, o que poidan. 83 00:03:37,420 --> 00:03:41,210 Pero o que está sendo moi importante agora 84 00:03:42,000 --> 00:03:44,000 é o negocio de 85 00:03:44,000 --> 00:03:46,000 falar cos mortos. 86 00:03:47,530 --> 00:03:49,420 Agora ben, para a miña mente inocente 87 00:03:49,420 --> 00:03:50,970 a morte implica 88 00:03:52,000 --> 00:03:55,000 incapacidade para comunicarse. 89 00:03:55,000 --> 00:03:57,610 Igual estades de acordo comigo nisto. 90 00:03:57,610 --> 00:04:00,000 Pero esta xente intentará dicirvos que 91 00:04:00,000 --> 00:04:02,000 non só se poden comunicar cos mortos 92 00:04:02,000 --> 00:04:03,750 "Ei, que tal" 93 00:04:03,750 --> 00:04:06,220 senón que tamén os poden escoitar 94 00:04:06,220 --> 00:04:09,000 e que lle poden transmitir esta información aos vivos. 95 00:04:09,900 --> 00:04:12,870 Será certo? Non o creo, 96 00:04:12,870 --> 00:04:14,980 porque esta subcultura 97 00:04:14,980 --> 00:04:18,000 usa os mesmos trucos que usamos os magos 98 00:04:18,000 --> 00:04:20,000 –os mesmiños– 99 00:04:20,000 --> 00:04:23,270 os mesmos métodos físicos e psicolóxicos. 100 00:04:23,270 --> 00:04:29,300 Enganan profundamente a millóns de persoas no mundo 101 00:04:29,300 --> 00:04:30,720 para a súa desgraza. 102 00:04:30,720 --> 00:04:32,240 Enganan a esta xente, 103 00:04:32,240 --> 00:04:34,000 fanlle gastar moitos cartos 104 00:04:34,000 --> 00:04:36,000 e provócanlle moita angustia emocional. 105 00:04:36,860 --> 00:04:38,870 Gástanse miles de millóns de dólares 106 00:04:38,870 --> 00:04:41,460 cada ano, en todo o mundo 107 00:04:41,460 --> 00:04:43,000 nestes falabaratos. 108 00:04:44,060 --> 00:04:47,020 Ben, hai dúas preguntas que me gustaría facerlles 109 00:04:47,020 --> 00:04:49,000 de ter a oportunidade de facelo. 110 00:04:49,000 --> 00:04:52,000 Primeira: quero preguntarlles se poden chamar... 111 00:04:52,000 --> 00:04:54,100 porque os escoitan a través dos oídos. 112 00:04:54,100 --> 00:04:55,890 Oen os espíritos así. 113 00:04:55,890 --> 00:04:59,000 Voulles pedir que contacten co fantasma da miña avoa 114 00:04:59,000 --> 00:05:01,460 porque cando morreu, era ela quen tiña o testamento 115 00:05:01,460 --> 00:05:03,650 e agachouno nalgún lado. Non sabemos onde está 116 00:05:03,650 --> 00:05:06,430 así que preguntámoslle: "onde está, avoíña?" 117 00:05:06,430 --> 00:05:09,650 E que dixo a avoíña? Dixo: "estou no ceo e isto é marabilloso. 118 00:05:09,650 --> 00:05:11,510 Estou aquí cos meus amigos, 119 00:05:11,510 --> 00:05:13,000 a miña familia 120 00:05:13,000 --> 00:05:16,250 e todos os cadeliños e gatiños que tiven cando era unha cativa. 121 00:05:16,250 --> 00:05:19,000 Quérovos, e estarei sempre convosco. 122 00:05:19,000 --> 00:05:20,090 Adeus." 123 00:05:21,000 --> 00:05:23,000 E non respondeu o demo de pregunta! 124 00:05:23,000 --> 00:05:25,000 Onde está o testamento? 125 00:05:25,000 --> 00:05:27,000 Porque tamén podería dicir: 126 00:05:27,000 --> 00:05:29,590 "No segundo estante, detrás da enciclopedia" 127 00:05:29,590 --> 00:05:32,230 Pero iso non nolo dixo, non. 128 00:05:32,230 --> 00:05:35,000 Non nos dou ningunha información relevante. 129 00:05:35,000 --> 00:05:37,000 Pagamos moitos cartos por esa información 130 00:05:37,000 --> 00:05:39,200 e non a demos conseguido. 131 00:05:39,200 --> 00:05:42,410 A segunda pregunta que lles faría é bastante simple. 132 00:05:42,420 --> 00:05:44,490 Supoñamos que lles pido que contacten 133 00:05:44,490 --> 00:05:47,000 co espírito do meu sogro falecido, por exemplo. 134 00:05:47,000 --> 00:05:49,440 Por que insisten en dicirche... 135 00:05:49,440 --> 00:05:51,000 (lembra, fálanlle ao oído) 136 00:05:51,000 --> 00:05:55,000 Por que din: "O meu nome empeza por J ou M?" 137 00:05:56,000 --> 00:05:58,110 Estamos xogando ás adiviñas? 138 00:05:58,110 --> 00:06:00,420 O gato e o rato? Que é? 139 00:06:00,420 --> 00:06:03,820 Son 20 preguntas? Non, máis ben 120. 140 00:06:03,820 --> 00:06:06,000 Pero é cruel, desapiadado 141 00:06:07,000 --> 00:06:10,520 totalmente de mala fe 142 00:06:10,520 --> 00:06:12,700 (Estou ben, quedade nos asentos) 143 00:06:13,320 --> 00:06:15,250 ao que xogan estas persoas. 144 00:06:15,840 --> 00:06:18,110 Aprovéitanse dos inocentes, dos inxenuos 145 00:06:18,110 --> 00:06:20,570 dos que sofren, das persoas necesitadas. 146 00:06:21,840 --> 00:06:25,660 Este é un proceso que se chama lectura en frío. 147 00:06:27,510 --> 00:06:31,680 Hai un tipo que se chama Van Praagh. 148 00:06:31,680 --> 00:06:34,810 É unha das eminencias desta trapallada. 149 00:06:34,810 --> 00:06:37,190 John Edward, Sylvia Browne 150 00:06:37,190 --> 00:06:40,000 e Rosemary Altea son outros artistas. 151 00:06:40,000 --> 00:06:43,000 Hai centos deles no mundo, pero neste país 152 00:06:43,000 --> 00:06:45,190 James Van Praagh é moi famoso. 153 00:06:45,190 --> 00:06:47,000 E que fai? Gústalle contarche 154 00:06:47,000 --> 00:06:49,000 como faleceron os mortos. 155 00:06:49,000 --> 00:06:52,000 (a xente que lle fala ao oído, vedes?) 156 00:06:52,000 --> 00:06:55,000 Pois o que di, normalmente, é así: 157 00:06:55,000 --> 00:06:58,190 "Ante de morrer, díxome 158 00:06:59,245 --> 00:07:01,145 que lle custaba respirar". 159 00:07:01,145 --> 00:07:03,830 Home, iso é o que vén sendo morrer! 160 00:07:05,000 --> 00:07:07,000 Paras de respirar e logo morres. 161 00:07:07,960 --> 00:07:09,370 Así de fácil. 162 00:07:09,370 --> 00:07:12,000 E ese é o tipo de información que che van dar? 163 00:07:12,000 --> 00:07:14,000 Non o creo. 164 00:07:14,000 --> 00:07:16,140 Esta xente vai adiviñando, din cousas como: 165 00:07:16,140 --> 00:07:18,720 "Por que me chega esta electricidade?" 166 00:07:18,720 --> 00:07:21,000 E dinme: "Electricidade". 167 00:07:21,000 --> 00:07:23,000 "Era electricista?" -Non. 168 00:07:23,000 --> 00:07:25,000 "Tiña unha afeitadora eléctrica?" -Non. 169 00:07:25,000 --> 00:07:27,000 Era un xogo de adiviñar, coma este. 170 00:07:27,000 --> 00:07:29,000 E así saen do paso. 171 00:07:29,000 --> 00:07:33,970 A xente pregúntanos moito na Fundación James Randi 172 00:07:33,970 --> 00:07:36,260 chámanme e dinme: "por que estás tan preocupado? 173 00:07:36,260 --> 00:07:38,000 Non é divertido?". 174 00:07:38,000 --> 00:07:41,000 Non, non é. É unha farsa cruel. 175 00:07:42,030 --> 00:07:45,270 Pode que che dea un pouco de consolo 176 00:07:45,270 --> 00:07:48,110 pero ese consolo dura uns 20 minutos. 177 00:07:48,110 --> 00:07:50,460 Despois esa xente mírase no espello e di: 178 00:07:50,460 --> 00:07:52,580 Paguei moitos cartos por ese contacto. 179 00:07:52,580 --> 00:07:55,650 E que me dixo? "Quérote!" 180 00:07:55,650 --> 00:07:57,420 Sempre din iso. 181 00:07:57,420 --> 00:07:59,140 Non lles dan nada de información 182 00:07:59,140 --> 00:08:01,380 non obteñen nada polo que gastan. 183 00:08:01,380 --> 00:08:03,070 Sylvia Browne é a máis viva. 184 00:08:03,070 --> 00:08:05,000 Chamámoslle "a gadoupas" 185 00:08:05,000 --> 00:08:07,000 Sylvia Browne -grazas- 186 00:08:07,000 --> 00:08:10,000 Sylvia Browne é a máis viva 187 00:08:10,000 --> 00:08:12,000 agora mesmo neste negocio. 188 00:08:12,000 --> 00:08:15,000 Ben, Sylvia Brown (só para ensinárvolo) 189 00:08:15,000 --> 00:08:18,000 cobra 700 dólares 190 00:08:18,000 --> 00:08:21,000 por un contacto a través do teléfono de 20 minutos. 191 00:08:21,000 --> 00:08:23,000 Nin sequera vai alí en persoa 192 00:08:23,000 --> 00:08:24,640 e tes que esperar ata dous anos 193 00:08:24,640 --> 00:08:27,000 porque xa ten reservas para todo ese tempo. 194 00:08:27,000 --> 00:08:29,000 Pagas con tarxeta de crédito ou o que sexa 195 00:08:29,000 --> 00:08:33,039 e despois chámate nalgún momento dos dous anos seguintes. 196 00:08:33,039 --> 00:08:35,770 Sabes que é ela. "Boas, son Sylvia Browne". 197 00:08:35,770 --> 00:08:37,890 É ela, non hai fallo. 198 00:08:39,630 --> 00:08:42,840 Montel Williams é un home intelixente. 199 00:08:42,840 --> 00:08:45,000 Vémolo na televisión. 200 00:08:45,000 --> 00:08:47,000 Está formado, é listo 201 00:08:47,000 --> 00:08:49,000 sabe o que fai Sylvia Browne 202 00:08:49,000 --> 00:08:51,300 pero impórtalle un rabo de can. 203 00:08:51,300 --> 00:08:54,000 Tanto lle dá coma tanto lle ten. 204 00:08:55,000 --> 00:08:58,000 Ao cabo e ao remate, aos patrocinadores gústalles 205 00:08:58,000 --> 00:09:02,000 e vana expoñer seguido na publicidade. 206 00:09:02,000 --> 00:09:05,000 Que che dá Sylvia Browne por 700 dólares? 207 00:09:05,000 --> 00:09:08,000 Dáche os nomes dos teus anxos da garda. 208 00:09:08,000 --> 00:09:11,000 E que sen iso, como se pode vivir? 209 00:09:11,000 --> 00:09:14,000 Diche os nomes das túas vidas pasadas 210 00:09:14,000 --> 00:09:16,690 e quen fuches noutra vida. 211 00:09:16,690 --> 00:09:18,000 Boh. 212 00:09:18,000 --> 00:09:20,490 Resulta que todas as mulleres 213 00:09:20,490 --> 00:09:22,280 ás que lles fai un contacto 214 00:09:22,280 --> 00:09:24,820 eran todas princesas babilonias, ou así 215 00:09:25,640 --> 00:09:28,570 e os homes eran guerreiros gregos que loitaban con Agamenón. 216 00:09:30,000 --> 00:09:32,330 Nunca se fala 217 00:09:32,330 --> 00:09:35,210 da pequena limpadora de botas de Londres 218 00:09:35,210 --> 00:09:36,790 que morreu de tise. 219 00:09:36,790 --> 00:09:39,000 Non paga a pena recordala. 220 00:09:39,000 --> 00:09:42,680 E o raro disto... non sei se vos decatastes. 221 00:09:42,680 --> 00:09:45,000 Vedes estes tipos na televisión 222 00:09:45,000 --> 00:09:48,000 e nunca chaman a ninguén do inferno. 223 00:09:49,000 --> 00:09:52,000 Todos volven do ceo, ninguén do inferno. 224 00:09:53,030 --> 00:09:54,840 Se chamaran a algún dos meus amigos 225 00:09:54,840 --> 00:09:57,130 que non o van facer... Xa se imaxinan. 226 00:09:59,170 --> 00:10:01,720 Sylvia Browne é una excepción, 227 00:10:02,780 --> 00:10:04,370 unha excepción só nun sentido. 228 00:10:04,370 --> 00:10:07,000 Na miña fundación 229 00:10:07,000 --> 00:10:10,320 ofrecemos 1 millón de dólares en obrigas negociables. 230 00:10:10,320 --> 00:10:12,000 Doadísimo de gañar. 231 00:10:12,000 --> 00:10:14,000 Só tes que demostrar un suceso paranormal, 232 00:10:14,000 --> 00:10:16,440 de ocultismo ou sobrenatural de calquera clase 233 00:10:16,440 --> 00:10:18,350 en condicións de observación adecuadas. 234 00:10:18,350 --> 00:10:20,450 Doadísimo, gaña o millón de dólares. 235 00:10:20,450 --> 00:10:22,730 Sylvia Browne é unha excepción 236 00:10:22,730 --> 00:10:27,200 porque é a única médium profesional en todo o mundo 237 00:10:27,200 --> 00:10:30,000 que aceptou o noso reto. 238 00:10:30,000 --> 00:10:33,000 Fíxoo nun programa da CNN 239 00:10:33,000 --> 00:10:36,350 hai seis anos e medio. 240 00:10:36,350 --> 00:10:39,000 E aínda non temos noticias dela. Cousa rara. 241 00:10:39,000 --> 00:10:42,550 Primeiro dixo iso e logo que non sabía como contactar comigo. 242 00:10:42,550 --> 00:10:44,000 Boh. 243 00:10:44,000 --> 00:10:47,020 Unha médium profesional que fala cos mortos 244 00:10:47,020 --> 00:10:49,000 e non dá contactado comigo? 245 00:10:50,540 --> 00:10:52,820 Estou vivo, como podedes comprobar. 246 00:10:53,750 --> 00:10:55,270 Ben, bastante ben igualmente. 247 00:10:56,210 --> 00:10:59,830 Non podía contactar comigo, pero agora di que non quere 248 00:10:59,830 --> 00:11:02,000 porque son un impío. 249 00:11:02,000 --> 00:11:04,480 Con máis razón quererías gañarme o millón de dólares 250 00:11:04,480 --> 00:11:05,770 non cres, Sylvia? 251 00:11:06,430 --> 00:11:09,000 Hai que parar a esta xente, agora en serio. 252 00:11:09,000 --> 00:11:11,770 Hai que paralos porque é unha farsa cruel. 253 00:11:11,770 --> 00:11:14,530 Chega xente á Fundación seguido. 254 00:11:14,530 --> 00:11:17,280 Arruinados emocional e economicamente 255 00:11:17,280 --> 00:11:20,550 porque puxeron todos os seus cartos e fe nesa xente. 256 00:11:21,410 --> 00:11:23,330 Tomei unhas pastillas ao principio 257 00:11:23,330 --> 00:11:25,000 e agora téñovolo que explicar. 258 00:11:25,000 --> 00:11:28,340 A homeopatía, que vén sendo isto. 259 00:11:28,340 --> 00:11:30,820 Algo escoitastes, supoño. 260 00:11:30,820 --> 00:11:33,000 É unha forma alternativa de curación, non? 261 00:11:33,000 --> 00:11:36,000 A homeopatía consiste... É isto. 262 00:11:36,000 --> 00:11:39,000 Isto é Calms Forte. 263 00:11:39,000 --> 00:11:42,750 32 pastillas para durmir! Esquecérame de dicírvolo. 264 00:11:42,750 --> 00:11:44,500 Acabo de inxerir 265 00:11:44,500 --> 00:11:47,500 6 días e medio de pastillas para durmir. 266 00:11:49,760 --> 00:11:52,670 6 días e medio é unha dose letal, sen dúbida. 267 00:11:52,670 --> 00:11:55,380 Aquí detrás pon: "En caso de sobredose 268 00:11:55,380 --> 00:11:57,920 chame inmediatamente ao centro de toxicoloxía" 269 00:11:57,920 --> 00:11:59,380 e pon un número gratuíto. 270 00:11:59,380 --> 00:12:01,360 Tranquilos, non vos preocupedes. 271 00:12:01,360 --> 00:12:02,870 Non fai falla, 272 00:12:02,870 --> 00:12:04,540 levo facendo este truco 273 00:12:04,540 --> 00:12:08,000 para o público en todo o mundo 274 00:12:08,000 --> 00:12:10,000 durante os últimos 8 ou 10 anos. 275 00:12:10,000 --> 00:12:13,310 Tomei moitas doses letais de pastillas para durmir homeopáticas. 276 00:12:13,310 --> 00:12:15,270 E por que non me afectan? 277 00:12:20,540 --> 00:12:22,530 A resposta igual vos sorprende. 278 00:12:22,530 --> 00:12:23,800 Que é a homeopatía? 279 00:12:23,800 --> 00:12:26,400 Pois é tomar unha menciña que funciona de verdade 280 00:12:26,400 --> 00:12:30,310 e diluíla moito máis do límite de Avogadro. 281 00:12:30,310 --> 00:12:32,880 Diluíla ata o punto no que 282 00:12:32,880 --> 00:12:34,600 xa non queda nada. 283 00:12:35,760 --> 00:12:40,370 Isto non é só unha metáfora, é certo o que vos digo. 284 00:12:40,370 --> 00:12:42,860 Isto é exactamente igual ca coller 285 00:12:42,860 --> 00:12:46,000 unha aspirina de 325 miligramos 286 00:12:46,000 --> 00:12:48,370 guindala no medio do lago Tahoe 287 00:12:49,220 --> 00:12:51,940 e despois remexela, obviamente cun pau ben gordo 288 00:12:52,850 --> 00:12:54,580 e esperar uns dous anos 289 00:12:54,580 --> 00:12:57,000 ata que a solución sexa homoxénea. 290 00:12:57,000 --> 00:12:58,760 Despois, cando che doia a cabeza 291 00:12:58,760 --> 00:13:02,310 bebes un grolo desta auga e, voilà! xa non che doe! 292 00:13:04,760 --> 00:13:07,650 Isto é o que vén sendo a homeopatía. 293 00:13:07,650 --> 00:13:10,570 E outra das cousas que din, esta vaivos gustar moito 294 00:13:10,570 --> 00:13:13,000 é que canto máis dilúes unha menciña 295 00:13:13,000 --> 00:13:14,650 máis potente é. 296 00:13:15,700 --> 00:13:18,270 Esperade, oín falar dun tipo de Florida. 297 00:13:18,270 --> 00:13:20,480 O pobre estaba a tomar una menciña homeopática. 298 00:13:20,480 --> 00:13:21,960 Morreu de sobredose. 299 00:13:21,960 --> 00:13:23,860 Esqueceuse de tomar a súa menciña. 300 00:13:26,380 --> 00:13:27,960 Pensádeo, pensádeo. 301 00:13:30,580 --> 00:13:33,350 É ridículo. Totalmente ridículo. 302 00:13:33,360 --> 00:13:35,000 Non sei que facemos 303 00:13:35,000 --> 00:13:38,000 crendo nestas parvadas tanto tempo. 304 00:13:38,000 --> 00:13:40,000 Deixádeme que vos diga 305 00:13:40,000 --> 00:13:41,850 que a Fundación Educativa James Randi 306 00:13:41,850 --> 00:13:44,000 está ofrecendo un gran premio. 307 00:13:44,700 --> 00:13:47,000 Tamén teño que dicir que 308 00:13:47,000 --> 00:13:49,180 que ninguén acepte a oferta 309 00:13:49,180 --> 00:13:51,550 non significa que eses poderes non existan. 310 00:13:51,550 --> 00:13:54,000 Igual si, por algún lado. 311 00:13:54,000 --> 00:13:57,270 Igual esas persoas non precisan os cartos. 312 00:13:57,270 --> 00:13:59,460 Por exemplo, con Sylvia Browne eu pensaríao. 313 00:13:59,460 --> 00:14:02,950 700 dólares por un contacto telefónico de 20 minutos 314 00:14:02,950 --> 00:14:04,910 Cobra máis que un avogado! 315 00:14:06,320 --> 00:14:08,360 É unha cantidade incrible de cartos. 316 00:14:08,360 --> 00:14:11,260 Pode que esa xente non precise un millón de dólares 317 00:14:11,260 --> 00:14:13,360 pero non pensades que lles gustaría gañarnos 318 00:14:13,360 --> 00:14:15,000 só por deixarme de parvo? 319 00:14:15,760 --> 00:14:18,400 Por desfacerse deste impío 320 00:14:18,400 --> 00:14:21,000 do que Sylvia Browne fala seguido? 321 00:14:21,000 --> 00:14:23,430 Creo que hai que facer algo en serio. 322 00:14:23,430 --> 00:14:26,510 Gustaríame escoitar algunha das vosas propostas 323 00:14:26,510 --> 00:14:29,000 para contactar coas autoridades federais, estatais 324 00:14:29,000 --> 00:14:31,000 e locais 325 00:14:31,000 --> 00:14:33,000 para que fagan algo ao respecto. 326 00:14:33,000 --> 00:14:36,000 Se sabedes como... Si, xa sei 327 00:14:36,000 --> 00:14:38,660 vemos xente, aínda hoxe en día, que nos fala 328 00:14:38,660 --> 00:14:40,000 da epidemia da SIDA, 329 00:14:40,000 --> 00:14:42,000 de nenos morrendo de fame no mundo, 330 00:14:42,000 --> 00:14:45,380 de xente que ten que sufrir a falla de auga potable. 331 00:14:45,380 --> 00:14:47,420 Esas cuestións son moi importantes, 332 00:14:47,420 --> 00:14:48,950 cruciais, incluso. 333 00:14:48,950 --> 00:14:52,000 Temos que facer algo para resolvelas. 334 00:14:52,000 --> 00:14:53,500 Pero ao mesmo tempo 335 00:14:53,500 --> 00:14:55,610 como dixo Arthur C. Clarke: 336 00:14:55,610 --> 00:14:58,000 A podremia da mente humana 337 00:14:58,000 --> 00:15:00,620 o negocio de crer no paranormal e no oculto 338 00:15:00,620 --> 00:15:02,110 e o sobrenatural... 339 00:15:02,110 --> 00:15:04,120 En todas estas trapalladas, 340 00:15:04,120 --> 00:15:06,000 este pensamento medieval... 341 00:15:06,000 --> 00:15:08,000 Hai que facer algo 342 00:15:08,000 --> 00:15:10,000 e a solución reside na educación. 343 00:15:10,000 --> 00:15:12,320 En gran parte, os medios de comunicación 344 00:15:12,320 --> 00:15:14,000 teñen a culpa de todo isto. 345 00:15:14,000 --> 00:15:16,000 Fomentan descaradamente 346 00:15:16,000 --> 00:15:18,870 todo tipo de trapalladas destas 347 00:15:18,870 --> 00:15:22,000 porque aos patrocinadores gústanlle 348 00:15:22,000 --> 00:15:24,440 polo pan baila o can. O carto. 349 00:15:24,440 --> 00:15:26,000 Niso se fixan. 350 00:15:26,000 --> 00:15:28,360 Temos que facer algo de verdade. 351 00:15:28,360 --> 00:15:30,660 Estou disposto a escoitar as vosas propostas 352 00:15:30,660 --> 00:15:34,060 e tamén quero que entredes na nosa web 353 00:15:35,000 --> 00:15:38,000 É www.randi.org 354 00:15:38,000 --> 00:15:40,260 Entrade e mirade os arquivos 355 00:15:40,260 --> 00:15:42,230 e comezaredes a entender moito máis 356 00:15:42,230 --> 00:15:44,100 sobre o que vos contei hoxe aquí. 357 00:15:44,100 --> 00:15:46,600 Veredes todos os documentos que temos. 358 00:15:46,600 --> 00:15:48,780 Non hai nada como sentarte nesa biblioteca 359 00:15:48,780 --> 00:15:50,710 e ver a historia dunha familia 360 00:15:50,710 --> 00:15:53,530 cuxa nai regalou todos os aforros que tiñan. 361 00:15:53,530 --> 00:15:55,300 Regalou os CD, 362 00:15:55,300 --> 00:15:58,000 as accións, os certificados de valores. 363 00:15:58,000 --> 00:16:00,000 É triste escoitalo 364 00:16:00,000 --> 00:16:03,000 e non lles axudou nadiña. 365 00:16:03,000 --> 00:16:05,000 Non solucionou ningún dos seus problemas. 366 00:16:05,000 --> 00:16:07,640 Pode que a mente estadounidense podreza 367 00:16:07,640 --> 00:16:10,310 e tamén a de todo o mundo 368 00:16:10,310 --> 00:16:13,260 se non comezamos a ser sensatos con estes temas. 369 00:16:14,540 --> 00:16:16,360 Ofrecemos este premio 370 00:16:16,360 --> 00:16:18,190 e como digo, poñémolo en bandexa. 371 00:16:18,190 --> 00:16:20,680 Estamos esperando a que veñan médiums e nolo quiten. 372 00:16:20,680 --> 00:16:21,970 Veñen unha morea deles 373 00:16:21,970 --> 00:16:24,000 centos de persoas por ano. 374 00:16:24,000 --> 00:16:25,750 Falabaratos e outras persoas 375 00:16:25,750 --> 00:16:28,000 que pensan que poden falar cos mortos 376 00:16:28,000 --> 00:16:30,290 pero son principiantes; non saben como avaliar 377 00:16:30,290 --> 00:16:33,000 os seus supostos poderes. 378 00:16:33,000 --> 00:16:35,200 Os profesionais non adoitan vir onda nós 379 00:16:35,200 --> 00:16:37,000 coa excepción de Sylvia Browne 380 00:16:37,840 --> 00:16:39,640 da que vos falei hai un chisco. 381 00:16:39,640 --> 00:16:42,280 Aceptou e logo botouse atrás. 382 00:16:43,360 --> 00:16:44,580 Donas e cabaleiros, 383 00:16:46,030 --> 00:16:47,300 son James Randi 384 00:16:48,910 --> 00:16:50,860 e estou agardando. 385 00:16:52,360 --> 00:16:53,570 Grazas.