1 00:00:01,250 --> 00:00:03,101 Ás veces 2 00:00:03,125 --> 00:00:05,208 tes sentimentos negativos. 3 00:00:06,708 --> 00:00:10,059 Non estás contento con como van as cousas. 4 00:00:10,083 --> 00:00:13,083 Sénteste frustrado e insatisfeito, 5 00:00:13,750 --> 00:00:16,750 e moitas veces eliximos aceptalo. 6 00:00:17,792 --> 00:00:21,417 É algo negativo que nos dicimos que temos que soportar. 7 00:00:22,458 --> 00:00:25,184 Pero eu creo apaixonadamente 8 00:00:25,208 --> 00:00:27,351 que todos temos a capacidade 9 00:00:27,375 --> 00:00:29,643 de converter ese sentimento negativo 10 00:00:29,667 --> 00:00:31,476 noutro positivo 11 00:00:31,500 --> 00:00:34,351 ao permitirmos que do noso descontento 12 00:00:34,375 --> 00:00:36,042 naza o cambio. 13 00:00:37,417 --> 00:00:40,601 O 6 de xaneiro do 1999, 14 00:00:40,625 --> 00:00:42,393 eu estaba traballando en Londres 15 00:00:42,417 --> 00:00:44,851 cando comezaron a informar nas noticias 16 00:00:44,875 --> 00:00:48,143 da invasión rebelde na miña cidade natal, 17 00:00:48,167 --> 00:00:50,208 Freetown, Serra Leoa. 18 00:00:51,500 --> 00:00:53,893 Miles de persoas perderon a vida, 19 00:00:53,917 --> 00:00:57,351 e os corpos cubriron as rúas de Freetown. 20 00:00:57,375 --> 00:01:01,434 A tía maior do meu home foi queimada viva, 21 00:01:01,458 --> 00:01:04,434 e pensei no meu neno de dous anos 22 00:01:04,458 --> 00:01:07,875 cando vin imaxes de pequenos coas extremidades amputadas. 23 00:01:09,000 --> 00:01:10,809 Preguntáronme os compañeiros: 24 00:01:10,833 --> 00:01:12,726 "Como poderiamos axudar?" 25 00:01:12,750 --> 00:01:14,601 Eu non o sabía, 26 00:01:14,625 --> 00:01:17,783 así que comecei a chamar aos números de teléfono que aparecían 27 00:01:17,783 --> 00:01:21,775 na miña pantalla ao comezar as axencias de axuda internacionais 28 00:01:21,775 --> 00:01:25,458 a facer chamamentos para recadar cartos para abordar a traxedia. 29 00:01:26,708 --> 00:01:30,977 A vaguidade daquelas conversas telefónicas decepcionoume. 30 00:01:31,417 --> 00:01:33,229 Parecía que aqueles que estaban 31 00:01:33,229 --> 00:01:36,559 a recadar os cartos estaban moi afastados da crise, 32 00:01:36,583 --> 00:01:38,851 comprensiblemente, 33 00:01:38,875 --> 00:01:40,559 pero eu non estaba nin satisfeita 34 00:01:40,583 --> 00:01:42,393 nin convencida 35 00:01:42,417 --> 00:01:46,018 de que as intervencións que levarían a cabo 36 00:01:46,042 --> 00:01:49,250 terían o nivel de impacto que claramente se precisaba. 37 00:01:50,333 --> 00:01:53,018 Tiven bolboretas no estómago durante días 38 00:01:53,042 --> 00:01:56,726 mentres seguía vendo horrores na televisión, 39 00:01:56,750 --> 00:01:59,309 e preguntábame continuamente, 40 00:01:59,333 --> 00:02:01,143 que podería estar facendo eu? 41 00:02:01,167 --> 00:02:02,934 Que debería estar facendo? 42 00:02:02,958 --> 00:02:06,851 O que quería facer era axudar aos nenos afectados pola guerra. 43 00:02:06,875 --> 00:02:08,125 E iso foi o que fixemos. 44 00:02:09,500 --> 00:02:12,559 A miña irmá, algúns amigos e mais eu mesma 45 00:02:12,583 --> 00:02:16,601 montamos a Fundación para os Nenos da Guerra de Serra Leoa. 46 00:02:16,625 --> 00:02:20,059 Decidimos centrarnos nos miles de persoas desprazadas 47 00:02:20,083 --> 00:02:21,809 que fuxiran dos combates 48 00:02:21,833 --> 00:02:25,351 e agora vivían en condicións moi duras 49 00:02:25,375 --> 00:02:27,518 en campamentos en Freetown. 50 00:02:27,542 --> 00:02:30,351 O noso traballo comezou co Campamento Ross Road 51 00:02:30,375 --> 00:02:32,434 no leste da cidade. 52 00:02:32,458 --> 00:02:35,268 Traballando cunha organización sanitaria local 53 00:02:35,292 --> 00:02:40,434 identificamos preto de 130 das nais solteiras máis vulnerables 54 00:02:40,458 --> 00:02:43,059 con nenos menores de cinco anos. 55 00:02:43,083 --> 00:02:47,316 E apoiámolas con habilidades empresariais, 56 00:02:47,776 --> 00:02:49,974 microcréditos, 57 00:02:50,458 --> 00:02:52,226 todo o que nos pedían. 58 00:02:52,708 --> 00:02:55,334 Traballando nestas condicións duras, 59 00:02:55,500 --> 00:02:58,615 xa era difícil acertar co básico, 60 00:02:59,208 --> 00:03:02,144 pero o noso sentimento colectivo de insatisfacción 61 00:03:02,375 --> 00:03:04,720 cun statu quo inaceptable 62 00:03:05,042 --> 00:03:07,875 mantívonos centrados en obter resultados. 63 00:03:08,958 --> 00:03:12,111 Algunhas desas mulleres abriron pequenas empresas, 64 00:03:12,458 --> 00:03:13,952 e pagaron os seus préstamos 65 00:03:14,125 --> 00:03:16,809 permitindo que outras nais e os seus fillos 66 00:03:16,833 --> 00:03:19,466 tivesen a mesma oportunidade que elas. 67 00:03:19,750 --> 00:03:22,321 E nós seguimos adiante. 68 00:03:22,583 --> 00:03:26,726 No 2004 abrimos un centro de formación agrícola 69 00:03:26,750 --> 00:03:28,601 para exnenos soldado, 70 00:03:28,625 --> 00:03:30,643 e cando a guerra xa pasara, 71 00:03:30,667 --> 00:03:34,559 comezamos cun programa de bolsas para nenas desfavorecidas 72 00:03:34,583 --> 00:03:38,083 que doutro xeito non poderían continuar na escola. 73 00:03:38,750 --> 00:03:42,059 Hoxe Stella, unha desas rapazas, 74 00:03:42,083 --> 00:03:44,851 está a piques de graduarse como médico. 75 00:03:44,875 --> 00:03:49,018 É incrible o que pode nacer dunha dose de insatisfacción. 76 00:03:49,042 --> 00:03:51,601 (Aplausos) 77 00:03:51,625 --> 00:03:54,559 Dez anos despois, no 2014, 78 00:03:54,583 --> 00:03:56,893 xurdiu un brote de ébola en Serra Leoa. 79 00:03:56,917 --> 00:04:01,127 Eu estaba traballando en Freetown nun proxecto de construción de hoteis 80 00:04:01,267 --> 00:04:05,351 o 25 de maio, cando anunciaron os primeiros casos, 81 00:04:05,375 --> 00:04:08,809 pero volvín a Londres o 30 de xullo, 82 00:04:08,833 --> 00:04:12,143 cando se anunciou o estado de emerxencia, 83 00:04:12,167 --> 00:04:17,413 o mesmo día que moitas compañías aéreas cancelaron os voos cara a Serra Leoa. 84 00:04:18,243 --> 00:04:20,684 Lembro que chorei durante horas 85 00:04:20,708 --> 00:04:24,208 preguntándolle a Deus: "Por que isto?" "Por que a nós?" 86 00:04:25,792 --> 00:04:27,643 Pero máis alá das bágoas, 87 00:04:27,667 --> 00:04:30,018 comecei a sentir de novo 88 00:04:30,042 --> 00:04:33,101 esa profunda sensación de insatisfacción. 89 00:04:33,125 --> 00:04:37,351 Asi que, cando seis meses despois de confirmarse os primeiros casos, 90 00:04:37,375 --> 00:04:40,717 a enfermidade seguía espallándose rapidamente en Serra Leoa 91 00:04:40,875 --> 00:04:45,282 e a cantidade de infectados e mortos seguía medrando, 92 00:04:45,542 --> 00:04:47,351 o meu nivel de frustración e rabia 93 00:04:47,375 --> 00:04:51,309 era tal que eu sabía que non podía 94 00:04:51,333 --> 00:04:54,167 seguir mirando a crise dende fóra de Serra Leoa. 95 00:04:55,000 --> 00:04:57,934 Entón, a mediados de novembro, 96 00:04:57,958 --> 00:05:00,768 díxenlles adeus aos meus queridos 97 00:05:00,792 --> 00:05:03,809 e comprensivos marido e fillos, 98 00:05:03,833 --> 00:05:05,976 e subín a un avión bastante baleiro 99 00:05:06,000 --> 00:05:07,768 cara a Freetown. 100 00:05:07,792 --> 00:05:11,143 Freetown era entón o epicentro do brote. 101 00:05:11,167 --> 00:05:14,476 Había centos de casos novos cada semana. 102 00:05:14,500 --> 00:05:17,268 Falei con moitos expertos médicos, 103 00:05:17,292 --> 00:05:18,809 epidemiólogos, 104 00:05:18,833 --> 00:05:21,018 e xente común cada día. 105 00:05:21,042 --> 00:05:22,667 Todos tiñan moito medo. 106 00:05:23,750 --> 00:05:29,143 "Non teremos éxito ata que falemos con xente debaixo da árbore do mango." 107 00:05:29,167 --> 00:05:31,018 Así falou o doutor Yoti, 108 00:05:31,042 --> 00:05:34,684 un médico ugandés que traballou para a OMS 109 00:05:34,708 --> 00:05:37,643 e que estivera involucrado en case todos os brotes de Ébola 110 00:05:37,667 --> 00:05:39,559 en África anteriormente. 111 00:05:39,583 --> 00:05:40,893 Tiña razón, 112 00:05:40,917 --> 00:05:44,125 e aínda así, non había un plan para que isto acontecese. 113 00:05:45,000 --> 00:05:48,393 Así que durante unha fin de semana a comezos de decembro, 114 00:05:48,417 --> 00:05:53,434 elaborei un plan coñecido como Plan Rápido da Área Occidental. 115 00:05:53,458 --> 00:05:56,351 Tiñamos que falar coa xente, 116 00:05:56,375 --> 00:05:58,059 non falarlle á xente. 117 00:05:58,083 --> 00:06:02,143 Tiñamos que traballar cos influentes das comunidades 118 00:06:02,167 --> 00:06:04,518 para que a xente crese a nosa mensaxe. 119 00:06:04,542 --> 00:06:07,018 Tiñamos que falar baixo a árbore de mango, 120 00:06:07,042 --> 00:06:08,893 e non a través de altofalantes. 121 00:06:08,917 --> 00:06:10,208 E necesitabamos máis camas. 122 00:06:10,917 --> 00:06:13,851 O Centro Nacional de Resposta ao Ébola, NERC, 123 00:06:13,875 --> 00:06:16,643 puxo en práctica ese plan, 124 00:06:16,667 --> 00:06:18,601 e para a terceira semana de xaneiro 125 00:06:18,625 --> 00:06:21,934 o número de casos caera drasticamente. 126 00:06:21,958 --> 00:06:23,351 Pedíronme que fose 127 00:06:23,375 --> 00:06:26,059 a nova directora de planificación do NERC, 128 00:06:26,083 --> 00:06:28,893 o que me levou por todo o país, 129 00:06:28,917 --> 00:06:30,976 tratando de ir por diante do brote 130 00:06:31,000 --> 00:06:32,643 pero tamén seguíndoo 131 00:06:32,667 --> 00:06:34,893 a aldeas remotas nas provincias 132 00:06:34,917 --> 00:06:38,601 e ás comunidades urbanas de chabolas. 133 00:06:38,625 --> 00:06:41,684 Nunha ocasión saín do meu coche 134 00:06:41,708 --> 00:06:44,417 para pedir axuda para un home que se derrubara na estrada. 135 00:06:45,125 --> 00:06:48,143 Accidentalmente pisei un líquido 136 00:06:48,167 --> 00:06:50,976 que baixaba pola estrada desde onde estaba el. 137 00:06:51,000 --> 00:06:52,726 Saín correndo á casa dos meus pais 138 00:06:52,750 --> 00:06:55,101 e lavei os pés con cloro. 139 00:06:55,125 --> 00:06:59,559 Nunca esquecerei a espera polos resultados das probas dese home 140 00:06:59,583 --> 00:07:04,250 mentres medía seguido a miña temperatura, algo que fixen mentres durou o brote. 141 00:07:05,292 --> 00:07:09,031 A loita do ébola foi probablemente a experiencia 142 00:07:09,031 --> 00:07:12,781 máis difícil e gratificante da miña vida, 143 00:07:13,042 --> 00:07:14,976 e estou realmente agradecida 144 00:07:15,000 --> 00:07:16,601 pola insatisfacción 145 00:07:16,625 --> 00:07:18,643 que me deu a oportunidade 146 00:07:18,667 --> 00:07:20,083 de axudar. 147 00:07:20,833 --> 00:07:25,351 A insatisfacción pode ser unha presenza constante nun segundo plano, 148 00:07:25,375 --> 00:07:26,809 ou pode ser repentina, 149 00:07:26,833 --> 00:07:28,500 provocada por sucesos. 150 00:07:29,667 --> 00:07:30,917 Ás veces é ambas. 151 00:07:32,125 --> 00:07:34,958 Así foi coa miña cidade natal. 152 00:07:36,375 --> 00:07:39,708 Durante anos, a nosa cidade cambiara, 153 00:07:40,417 --> 00:07:42,625 e causárame moita dor. 154 00:07:43,875 --> 00:07:45,351 Lembro da infancia 155 00:07:45,375 --> 00:07:47,792 subir ás árbores 156 00:07:48,708 --> 00:07:51,684 e recoller mangos e ameixas 157 00:07:51,708 --> 00:07:54,667 no campus universitario onde meu pai era profesor. 158 00:07:55,958 --> 00:08:00,309 Pescaba nos regatos das profundidades dos xardíns botánicos. 159 00:08:00,333 --> 00:08:06,050 As ladeiras dos arredores de Freetown estaban cubertas de exuberante vexetación, 160 00:08:06,583 --> 00:08:08,893 e as praias estaban limpas e inmaculadas. 161 00:08:08,917 --> 00:08:13,476 A duplicación da poboación de Freetown nos anos seguintes á guerra civil, 162 00:08:13,500 --> 00:08:16,851 e a falta de control da planificación e a construción 163 00:08:16,875 --> 00:08:19,458 deron lugar a unha deforestación masiva. 164 00:08:20,125 --> 00:08:24,851 As árbores e a beleza natural destruíronse ao tempo que se deixaba lugar 165 00:08:24,875 --> 00:08:27,559 para novas comunidades formais e informais, 166 00:08:27,583 --> 00:08:30,351 e para a corta de árbores para leña. 167 00:08:30,375 --> 00:08:33,042 Quedei profundamente preocupada e insatisfeita. 168 00:08:34,750 --> 00:08:37,684 Non só me molestou a destrución de árbores 169 00:08:37,708 --> 00:08:39,018 e dos outeiros, 170 00:08:39,042 --> 00:08:42,268 tamén foi o impacto das persoas, 171 00:08:42,292 --> 00:08:47,309 xa que a infraestrutura non puido adaptarse ao crecemento da poboación: 172 00:08:47,333 --> 00:08:50,393 sen sistemas de saneamento, 173 00:08:50,417 --> 00:08:54,625 unha cidade sucia, con tifo, malaria e disentería. 174 00:08:55,375 --> 00:08:57,768 Entón non coñecía as estatísticas, 175 00:08:57,792 --> 00:09:00,851 pero resultou que para 2017 176 00:09:00,875 --> 00:09:07,487 só se estaba a recoller o 6% do refugallo líquido e o 21% do sólido. 177 00:09:07,487 --> 00:09:08,443 O resto 178 00:09:08,457 --> 00:09:10,058 estaba alí mesmo, connosco, 179 00:09:10,072 --> 00:09:13,226 nos xardíns, campos e ríos 180 00:09:13,250 --> 00:09:15,500 e depositado no mar. 181 00:09:16,708 --> 00:09:21,809 Os pasos para abordar ese profundo sentimento de rabia e frustración que tiña 182 00:09:21,833 --> 00:09:24,768 non xurdiron maxicamente. 183 00:09:24,792 --> 00:09:28,643 O poder da insatisfacción non funciona así. 184 00:09:28,667 --> 00:09:32,226 Funciona cando sabes que as cousas poden facerse mellor, 185 00:09:32,250 --> 00:09:37,184 e decides asumir os riscos para provocar ese cambio. 186 00:09:37,208 --> 00:09:40,518 E así foi como en 2017 187 00:09:40,542 --> 00:09:42,851 acabei de candidata á alcaldía, porque sabía 188 00:09:42,875 --> 00:09:44,833 que as cousas podían mellorar. 189 00:09:45,458 --> 00:09:49,184 Parece que a xente concordaba comigo, porque gañei as eleccións. 190 00:09:49,208 --> 00:09:52,184 (Aplausos) 191 00:09:52,208 --> 00:09:56,684 Agora estamos levando a cabo un plan ambicioso 192 00:09:56,708 --> 00:09:58,792 para transformar a nosa cidade, 193 00:09:59,917 --> 00:10:02,518 e cando digo estamos, 194 00:10:02,542 --> 00:10:04,351 o que me fai moita ilusión 195 00:10:04,375 --> 00:10:07,643 é que quero dicir toda a comunidade de Freetown, 196 00:10:07,667 --> 00:10:13,851 tanto participando en competicións que gaña a veciñanza 197 00:10:13,875 --> 00:10:17,309 que consiga os mellores resultados en limpeza xeral, 198 00:10:17,333 --> 00:10:19,059 coma cos nosos programas 199 00:10:19,083 --> 00:10:23,809 que lideran e xuntan persoas e recolledores de residuos 200 00:10:23,833 --> 00:10:25,417 a través das nosas apps. 201 00:10:27,000 --> 00:10:29,184 O Freetown de hoxe 202 00:10:29,208 --> 00:10:31,042 é unha cidade moito máis limpa, 203 00:10:32,208 --> 00:10:35,226 e esas árbores polas que somos tan coñecidos, 204 00:10:35,250 --> 00:10:39,018 plantamos 23.000 na tempada de choiva. 205 00:10:39,042 --> 00:10:39,749 (Aplausos) 206 00:10:39,749 --> 00:10:41,643 E no 2020 207 00:10:41,667 --> 00:10:45,650 queremos plantar un millón de árbores como parte da nosa campaña 208 00:10:45,650 --> 00:10:48,037 "Freetown: cidade de árbores" 209 00:10:48,125 --> 00:10:51,226 (Aplausos) 210 00:10:51,250 --> 00:10:56,042 Ás veces temos sentimentos negativos por diferentes motivos. 211 00:10:56,917 --> 00:11:00,101 Non estamos contentos con como van as cousas. 212 00:11:00,125 --> 00:11:02,018 Sentímonos insatisfeitos 213 00:11:02,042 --> 00:11:03,292 e frustrados. 214 00:11:04,708 --> 00:11:07,667 Podemos cambiar ese sentimento negativo nun positivo. 215 00:11:10,083 --> 00:11:13,562 Se cres que as cousas poderían ir mellor, 216 00:11:14,125 --> 00:11:19,306 entón tes a opción de facer algo, mellor que non facer nada. 217 00:11:19,833 --> 00:11:23,565 A escala e as circunstancias das nosas situacións serán distintas, 218 00:11:24,167 --> 00:11:25,542 pero todos nós 219 00:11:26,958 --> 00:11:29,625 temos unha cousa en común. 220 00:11:30,917 --> 00:11:33,593 Podemos arriscar para conseguir cambios reais, 221 00:11:33,917 --> 00:11:35,795 e vou acabar dicindo: 222 00:11:36,083 --> 00:11:37,601 dade un paso adiante, 223 00:11:37,625 --> 00:11:38,626 arriscade. 224 00:11:38,958 --> 00:11:42,184 Se podemos todos empregar o poder da insatisfacción 225 00:11:42,208 --> 00:11:43,976 o mundo será un lugar mellor. 226 00:11:44,000 --> 00:11:45,726 Grazas. 227 00:11:45,750 --> 00:11:48,375 (Aplausos)