0:00:01.250,0:00:03.101 Ás veces 0:00:03.125,0:00:05.208 tes sentimentos negativos. 0:00:06.708,0:00:10.059 Non estás contento con como van as cousas. 0:00:10.083,0:00:13.083 Sénteste frustrado e insatisfeito, 0:00:13.750,0:00:16.750 e moitas veces eliximos aceptalo. 0:00:17.792,0:00:21.417 É algo negativo que nos dicimos[br]que temos que soportar. 0:00:22.458,0:00:25.184 Pero eu creo apaixonadamente 0:00:25.208,0:00:27.351 que todos temos a capacidade 0:00:27.375,0:00:29.643 de converter ese sentimento negativo 0:00:29.667,0:00:31.476 noutro positivo 0:00:31.500,0:00:34.351 ao permitirmos que do noso descontento 0:00:34.375,0:00:36.042 naza o cambio. 0:00:37.417,0:00:40.601 O 6 de xaneiro do 1999, 0:00:40.625,0:00:42.393 eu estaba traballando en Londres 0:00:42.417,0:00:44.851 cando comezaron a informar nas noticias 0:00:44.875,0:00:48.143 da invasión rebelde na miña cidade natal, 0:00:48.167,0:00:50.208 Freetown, Serra Leoa. 0:00:51.500,0:00:53.893 Miles de persoas perderon a vida, 0:00:53.917,0:00:57.351 e os corpos cubriron as rúas de Freetown. 0:00:57.375,0:01:01.434 A tía maior do meu home foi queimada viva, 0:01:01.458,0:01:04.434 e pensei no meu neno de dous anos 0:01:04.458,0:01:07.875 cando vin imaxes de pequenos[br]coas extremidades amputadas. 0:01:09.000,0:01:10.809 Preguntáronme os compañeiros: 0:01:10.833,0:01:12.726 "Como poderiamos axudar?" 0:01:12.750,0:01:14.601 Eu non o sabía, 0:01:14.625,0:01:17.783 así que comecei a chamar aos[br]números de teléfono que aparecían 0:01:17.783,0:01:21.775 na miña pantalla ao comezar[br]as axencias de axuda internacionais 0:01:21.775,0:01:25.458 a facer chamamentos para recadar cartos[br]para abordar a traxedia. 0:01:26.708,0:01:30.977 A vaguidade daquelas conversas telefónicas[br]decepcionoume. 0:01:31.417,0:01:33.229 Parecía que aqueles que estaban 0:01:33.229,0:01:36.559 a recadar os cartos[br]estaban moi afastados da crise, 0:01:36.583,0:01:38.851 comprensiblemente, 0:01:38.875,0:01:40.559 pero eu non estaba nin satisfeita 0:01:40.583,0:01:42.393 nin convencida 0:01:42.417,0:01:46.018 de que as intervencións [br]que levarían a cabo 0:01:46.042,0:01:49.250 terían o nivel de impacto[br]que claramente se precisaba. 0:01:50.333,0:01:53.018 Tiven bolboretas no estómago[br]durante días 0:01:53.042,0:01:56.726 mentres seguía vendo horrores[br]na televisión, 0:01:56.750,0:01:59.309 e preguntábame continuamente, 0:01:59.333,0:02:01.143 que podería estar facendo eu? 0:02:01.167,0:02:02.934 Que debería estar facendo? 0:02:02.958,0:02:06.851 O que quería facer era axudar aos nenos[br]afectados pola guerra. 0:02:06.875,0:02:08.125 E iso foi o que fixemos. 0:02:09.500,0:02:12.559 A miña irmá, algúns amigos e mais eu mesma 0:02:12.583,0:02:16.601 montamos a Fundación[br]para os Nenos da Guerra de Serra Leoa. 0:02:16.625,0:02:20.059 Decidimos centrarnos nos miles[br]de persoas desprazadas 0:02:20.083,0:02:21.809 que fuxiran dos combates 0:02:21.833,0:02:25.351 e agora vivían en condicións moi duras 0:02:25.375,0:02:27.518 en campamentos en Freetown. 0:02:27.542,0:02:30.351 O noso traballo comezou[br]co Campamento Ross Road 0:02:30.375,0:02:32.434 no leste da cidade. 0:02:32.458,0:02:35.268 Traballando cunha organización[br]sanitaria local 0:02:35.292,0:02:40.434 identificamos preto de 130[br]das nais solteiras máis vulnerables 0:02:40.458,0:02:43.059 con nenos menores de cinco anos. 0:02:43.083,0:02:47.316 E apoiámolas con habilidades empresariais, 0:02:47.776,0:02:49.974 microcréditos, 0:02:50.458,0:02:52.226 todo o que nos pedían. 0:02:52.708,0:02:55.334 Traballando nestas condicións duras, 0:02:55.500,0:02:58.615 xa era difícil acertar co básico, 0:02:59.208,0:03:02.144 pero o noso sentimento colectivo[br]de insatisfacción 0:03:02.375,0:03:04.720 cun statu quo inaceptable 0:03:05.042,0:03:07.875 mantívonos centrados en obter resultados. 0:03:08.958,0:03:12.111 Algunhas desas mulleres[br]abriron pequenas empresas, 0:03:12.458,0:03:13.952 e pagaron os seus préstamos 0:03:14.125,0:03:16.809 permitindo que outras nais [br]e os seus fillos 0:03:16.833,0:03:19.466 tivesen a mesma oportunidade que elas. 0:03:19.750,0:03:22.321 E nós seguimos adiante. 0:03:22.583,0:03:26.726 No 2004 abrimos un centro[br]de formación agrícola 0:03:26.750,0:03:28.601 para exnenos soldado, 0:03:28.625,0:03:30.643 e cando a guerra xa pasara, 0:03:30.667,0:03:34.559 comezamos cun programa de bolsas[br]para nenas desfavorecidas 0:03:34.583,0:03:38.083 que doutro xeito non poderían[br]continuar na escola. 0:03:38.750,0:03:42.059 Hoxe Stella, unha desas rapazas, 0:03:42.083,0:03:44.851 está a piques de graduarse como médico. 0:03:44.875,0:03:49.018 É incrible o que pode nacer dunha dose[br]de insatisfacción. 0:03:49.042,0:03:51.601 (Aplausos) 0:03:51.625,0:03:54.559 Dez anos despois, no 2014, 0:03:54.583,0:03:56.893 xurdiu un brote de ébola en Serra Leoa. 0:03:56.917,0:04:01.127 Eu estaba traballando en Freetown[br]nun proxecto de construción de hoteis 0:04:01.267,0:04:05.351 o 25 de maio, cando anunciaron[br]os primeiros casos, 0:04:05.375,0:04:08.809 pero volvín a Londres o 30 de xullo, 0:04:08.833,0:04:12.143 cando se anunciou o estado de emerxencia, 0:04:12.167,0:04:17.413 o mesmo día que moitas compañías aéreas[br]cancelaron os voos cara a Serra Leoa. 0:04:18.243,0:04:20.684 Lembro que chorei durante horas 0:04:20.708,0:04:24.208 preguntándolle a Deus: "Por que isto?"[br]"Por que a nós?" 0:04:25.792,0:04:27.643 Pero máis alá das bágoas, 0:04:27.667,0:04:30.018 comecei a sentir de novo 0:04:30.042,0:04:33.101 esa profunda sensación de insatisfacción. 0:04:33.125,0:04:37.351 Asi que, cando seis meses despois[br]de confirmarse os primeiros casos, 0:04:37.375,0:04:40.717 a enfermidade seguía espallándose[br]rapidamente en Serra Leoa 0:04:40.875,0:04:45.282 e a cantidade de infectados e mortos[br]seguía medrando, 0:04:45.542,0:04:47.351 o meu nivel de frustración e rabia 0:04:47.375,0:04:51.309 era tal que eu sabía que non podía 0:04:51.333,0:04:54.167 seguir mirando a crise dende fóra[br]de Serra Leoa. 0:04:55.000,0:04:57.934 Entón, a mediados de novembro, 0:04:57.958,0:05:00.768 díxenlles adeus aos meus queridos 0:05:00.792,0:05:03.809 e comprensivos marido e fillos, 0:05:03.833,0:05:05.976 e subín a un avión bastante baleiro 0:05:06.000,0:05:07.768 cara a Freetown. 0:05:07.792,0:05:11.143 Freetown era entón o epicentro do brote. 0:05:11.167,0:05:14.476 Había centos de casos novos cada semana. 0:05:14.500,0:05:17.268 Falei con moitos expertos médicos, 0:05:17.292,0:05:18.809 epidemiólogos, 0:05:18.833,0:05:21.018 e xente común cada día. 0:05:21.042,0:05:22.667 Todos tiñan moito medo. 0:05:23.750,0:05:29.143 "Non teremos éxito ata que falemos[br]con xente debaixo da árbore do mango." 0:05:29.167,0:05:31.018 Así falou o doutor Yoti, 0:05:31.042,0:05:34.684 un médico ugandés que traballou para a OMS 0:05:34.708,0:05:37.643 e que estivera involucrado [br]en case todos os brotes de Ébola 0:05:37.667,0:05:39.559 en África anteriormente. 0:05:39.583,0:05:40.893 Tiña razón, 0:05:40.917,0:05:44.125 e aínda así, non había un plan[br]para que isto acontecese. 0:05:45.000,0:05:48.393 Así que durante unha fin de semana[br]a comezos de decembro, 0:05:48.417,0:05:53.434 elaborei un plan coñecido como[br]Plan Rápido da Área Occidental. 0:05:53.458,0:05:56.351 Tiñamos que falar coa xente, 0:05:56.375,0:05:58.059 non falarlle á xente. 0:05:58.083,0:06:02.143 Tiñamos que traballar[br]cos influentes das comunidades 0:06:02.167,0:06:04.518 para que a xente crese a nosa mensaxe. 0:06:04.542,0:06:07.018 Tiñamos que falar baixo a árbore de mango, 0:06:07.042,0:06:08.893 e non a través de altofalantes. 0:06:08.917,0:06:10.208 E necesitabamos máis camas. 0:06:10.917,0:06:13.851 O Centro Nacional de Resposta ao Ébola,[br]NERC, 0:06:13.875,0:06:16.643 puxo en práctica ese plan, 0:06:16.667,0:06:18.601 e para a terceira semana de xaneiro 0:06:18.625,0:06:21.934 o número de casos caera drasticamente. 0:06:21.958,0:06:23.351 Pedíronme que fose 0:06:23.375,0:06:26.059 a nova directora de planificación do NERC, 0:06:26.083,0:06:28.893 o que me levou por todo o país, 0:06:28.917,0:06:30.976 tratando de ir por diante do brote 0:06:31.000,0:06:32.643 pero tamén seguíndoo 0:06:32.667,0:06:34.893 a aldeas remotas nas provincias 0:06:34.917,0:06:38.601 e ás comunidades urbanas de chabolas. 0:06:38.625,0:06:41.684 Nunha ocasión saín do meu coche 0:06:41.708,0:06:44.417 para pedir axuda para un home[br]que se derrubara na estrada. 0:06:45.125,0:06:48.143 Accidentalmente pisei un líquido 0:06:48.167,0:06:50.976 que baixaba pola estrada[br]desde onde estaba el. 0:06:51.000,0:06:52.726 Saín correndo á casa dos meus pais 0:06:52.750,0:06:55.101 e lavei os pés con cloro. 0:06:55.125,0:06:59.559 Nunca esquecerei a espera[br]polos resultados das probas dese home 0:06:59.583,0:07:04.250 mentres medía seguido a miña temperatura,[br]algo que fixen mentres durou o brote. 0:07:05.292,0:07:09.031 A loita do ébola foi probablemente[br]a experiencia 0:07:09.031,0:07:12.781 máis difícil e gratificante da miña vida, 0:07:13.042,0:07:14.976 e estou realmente agradecida 0:07:15.000,0:07:16.601 pola insatisfacción 0:07:16.625,0:07:18.643 que me deu a oportunidade 0:07:18.667,0:07:20.083 de axudar. 0:07:20.833,0:07:25.351 A insatisfacción pode ser[br]unha presenza constante nun segundo plano, 0:07:25.375,0:07:26.809 ou pode ser repentina, 0:07:26.833,0:07:28.500 provocada por sucesos. 0:07:29.667,0:07:30.917 Ás veces é ambas. 0:07:32.125,0:07:34.958 Así foi coa miña cidade natal. 0:07:36.375,0:07:39.708 Durante anos, a nosa cidade cambiara, 0:07:40.417,0:07:42.625 e causárame moita dor. 0:07:43.875,0:07:45.351 Lembro da infancia 0:07:45.375,0:07:47.792 subir ás árbores 0:07:48.708,0:07:51.684 e recoller mangos e ameixas 0:07:51.708,0:07:54.667 no campus universitario [br]onde meu pai era profesor. 0:07:55.958,0:08:00.309 Pescaba nos regatos das profundidades[br]dos xardíns botánicos. 0:08:00.333,0:08:06.050 As ladeiras dos arredores de Freetown[br]estaban cubertas de exuberante vexetación, 0:08:06.583,0:08:08.893 e as praias estaban limpas e inmaculadas. 0:08:08.917,0:08:13.476 A duplicación da poboación de Freetown[br]nos anos seguintes á guerra civil, 0:08:13.500,0:08:16.851 e a falta de control [br]da planificación e a construción 0:08:16.875,0:08:19.458 deron lugar a unha deforestación masiva. 0:08:20.125,0:08:24.851 As árbores e a beleza natural destruíronse[br]ao tempo que se deixaba lugar 0:08:24.875,0:08:27.559 para novas comunidades[br]formais e informais, 0:08:27.583,0:08:30.351 e para a corta de árbores para leña. 0:08:30.375,0:08:33.042 Quedei profundamente preocupada[br]e insatisfeita. 0:08:34.750,0:08:37.684 Non só me molestou a destrución de árbores 0:08:37.708,0:08:39.018 e dos outeiros, 0:08:39.042,0:08:42.268 tamén foi o impacto das persoas, 0:08:42.292,0:08:47.309 xa que a infraestrutura non puido[br]adaptarse ao crecemento da poboación: 0:08:47.333,0:08:50.393 sen sistemas de saneamento, 0:08:50.417,0:08:54.625 unha cidade sucia,[br]con tifo, malaria e disentería. 0:08:55.375,0:08:57.768 Entón non coñecía as estatísticas, 0:08:57.792,0:09:00.851 pero resultou que para 2017 0:09:00.875,0:09:07.487 só se estaba a recoller o 6% [br]do refugallo líquido e o 21% do sólido. 0:09:07.487,0:09:08.443 O resto 0:09:08.457,0:09:10.058 estaba alí mesmo, connosco, 0:09:10.072,0:09:13.226 nos xardíns, campos e ríos 0:09:13.250,0:09:15.500 e depositado no mar. 0:09:16.708,0:09:21.809 Os pasos para abordar ese profundo[br]sentimento de rabia e frustración que tiña 0:09:21.833,0:09:24.768 non xurdiron maxicamente. 0:09:24.792,0:09:28.643 O poder da insatisfacción[br]non funciona así. 0:09:28.667,0:09:32.226 Funciona cando sabes[br]que as cousas poden facerse mellor, 0:09:32.250,0:09:37.184 e decides asumir os riscos[br]para provocar ese cambio. 0:09:37.208,0:09:40.518 E así foi como en 2017 0:09:40.542,0:09:42.851 acabei de candidata á alcaldía,[br]porque sabía 0:09:42.875,0:09:44.833 que as cousas podían mellorar. 0:09:45.458,0:09:49.184 Parece que a xente concordaba comigo, [br]porque gañei as eleccións. 0:09:49.208,0:09:52.184 (Aplausos) 0:09:52.208,0:09:56.684 Agora estamos levando a cabo[br]un plan ambicioso 0:09:56.708,0:09:58.792 para transformar a nosa cidade, 0:09:59.917,0:10:02.518 e cando digo estamos, 0:10:02.542,0:10:04.351 o que me fai moita ilusión 0:10:04.375,0:10:07.643 é que quero dicir[br]toda a comunidade de Freetown, 0:10:07.667,0:10:13.851 tanto participando en competicións[br]que gaña a veciñanza 0:10:13.875,0:10:17.309 que consiga os mellores resultados[br]en limpeza xeral, 0:10:17.333,0:10:19.059 coma cos nosos programas 0:10:19.083,0:10:23.809 que lideran e xuntan persoas[br]e recolledores de residuos 0:10:23.833,0:10:25.417 a través das nosas apps. 0:10:27.000,0:10:29.184 O Freetown de hoxe 0:10:29.208,0:10:31.042 é unha cidade moito máis limpa, 0:10:32.208,0:10:35.226 e esas árbores[br]polas que somos tan coñecidos, 0:10:35.250,0:10:39.018 plantamos 23.000 na tempada de choiva. 0:10:39.042,0:10:39.749 (Aplausos) 0:10:39.749,0:10:41.643 E no 2020 0:10:41.667,0:10:45.650 queremos plantar un millón de árbores[br]como parte da nosa campaña 0:10:45.650,0:10:48.037 "Freetown: cidade de árbores" 0:10:48.125,0:10:51.226 (Aplausos) 0:10:51.250,0:10:56.042 Ás veces temos sentimentos negativos[br]por diferentes motivos. 0:10:56.917,0:11:00.101 Non estamos contentos [br]con como van as cousas. 0:11:00.125,0:11:02.018 Sentímonos insatisfeitos 0:11:02.042,0:11:03.292 e frustrados. 0:11:04.708,0:11:07.667 Podemos cambiar ese sentimento[br]negativo nun positivo. 0:11:10.083,0:11:13.562 Se cres que as cousas poderían ir mellor, 0:11:14.125,0:11:19.306 entón tes a opción de facer algo,[br]mellor que non facer nada. 0:11:19.833,0:11:23.565 A escala e as circunstancias[br]das nosas situacións serán distintas, 0:11:24.167,0:11:25.542 pero todos nós 0:11:26.958,0:11:29.625 temos unha cousa en común. 0:11:30.917,0:11:33.593 Podemos arriscar para conseguir[br]cambios reais, 0:11:33.917,0:11:35.795 e vou acabar dicindo: 0:11:36.083,0:11:37.601 dade un paso adiante, 0:11:37.625,0:11:38.626 arriscade. 0:11:38.958,0:11:42.184 Se podemos todos empregar[br]o poder da insatisfacción 0:11:42.208,0:11:43.976 o mundo será un lugar mellor. 0:11:44.000,0:11:45.726 Grazas. 0:11:45.750,0:11:48.375 (Aplausos)