Ola a todo o mundo. Hónrame estar aquí falando con vós, hoxe falarei de sorte e xustiza e da relación entre ambas. Hai uns anos, un antigo estudante meu chamoume para falar da súa filla. Ela era estudante do último ano de bacharelato e estaba moi interesada en ingresar en Swarthmore onde eu era profesor, e el quería saber se ela podería entrar. Swarthmore é unha univerisdade na que é difícil entrar. Polo que dixen, "Cóntame algo sobre ela". E fíxoo, sobre as súas notas e as súas actividades extracurriculares. E parecía unha súper estrela, unha nena marabillosa,. Polo que l ledixen, "Parece perfecta. Xusto o tipo de estudante que querería ter Swarthmore." El dixo, "Entón, entrará?" E dixen, "Non. Non hai suficientes prazas en Swarthmore para todos os que son bos. Non hai suficientes en Harvard, nin Yale, nin Princeton ou Stanford. Non hai suficientes en Google, nin Amazon, nin Apple Non hai suficientes nas conferencias TED. Hai moitísima xente boa, e algúns simplemente non o conseguen." El dixo, "Que podemos facer agora?" E dixen, "Boa pregunta." Que podemos facer agora? Sei o que as universidades teñen feito. Para intentar ser xustos, seguiron subindo os estándares porque non parece xusto admitir a xente menos cualificada e rexeitar aos máis cualificados, polo que seguen aumentando os estándares máis e máis ata que son o suficientemente altos como para admitir ao número de alumnos aos que poden ensinar. E isto viola o que moita xente considera xusto. A sociedade americana ten diferentes opinións sobre o qué siginifica que un proceso sea xusto, pero creo que hai algo no que case todos estamos de acordo, que nun sistema xusto, a xente recibe o que merece. E o que eu lle dicía ao meu antigo estudante é que en canto as admisións universitarias, non é certo que a xente reciba o que merece- Algúns recíbeno e outros non, simplemente é así. Cando sobes os requisitos como fixeron as universidades o que creas é unha competitivadade de tocos entre os nenos de instituto, porque non vale con ser bo, non vale con ser suficientemente bo, tes que ser mellor que calquera outro que se inscriba. O que isto conseguíu, ou ao que contribuíu, é a unha epidemia de ansiedade e depresión que está acabando cos nosos adolescentes. Estamos mazando unha xeración con este tipo de competitvidade. Mentres cismaba nisto, ocurréuseme unha forma de arranxar este problema. Isto é o que poderíamos facer: cando a xente solicita unha universidade, distinguimos entre solicitantes que son suficientemente bos para ser exitosos e os que non o son, e rexeitamos aos que no son suficientemente bos e logo collemos os outros e poñemos os seus nomes nun sombreiro, e collémolos de forma aleatoria e admitímolos. Noutras verbas, escollemos os admitidos por unha lotaría, e quizáis tamén as ofertas de emprego en compañías de tecnoloxía, e -- pensade nisto-- tamén quen é invitado as charlas TED por lotaría. Non me malinterpretedes, unha lotaría así non eliminaría a inxustiza. Moita xente que o merece non saería escollida. Pero ao menos é honesto. Revela a inxustiza do que é en vez de ocultalo, e punza a incrible burbulla de presión na que viven os rapaces de insituto. Entón, por qué esta proposta razonable, aínda que o diga eu, non se toma en serio? Creo que sei o por qué. Creo que é porque odiamos a idea de que as cousas máis importantes na vida podan pasar por sorte, que as cousas importantes da nosa vida non estean baixo o noso control. Odio esa idea. Non é sorprendente que a xeite a odie, pero así con as cousas. As admisións á universidade xa son unha lotaría. Pero fínxese que non o son. Debemos ser honestos sobre isto. E segundo, Se apreciamos que é unha lotaría, tamén apreciariamos a importancia da boa sorte en cada momento da nosa vida. Por exemplo: eu Todos os momentos importantes da miña vida ocurriron, en gran medida, grazas a boa sorte. Cando estaba en séptimo, a miña familia mudouse de Nova York ao condado de Westchester. Ao comezo das clases, coñecín aunha rapariga fermosa que foi a miña amiga, logo a miña mellor amiga, e logo a miña moza, e logo a miña muller. Felizmente, xa é a miña muller dende hai 52 anos. Non foi cousa miña. Foi unha sorte. Marchei á universidade, e no primeiro semestre, apunteime a unha clase de introdución á psicoloxía. Non sabía nin o que era a psicoloxía, pero o horario íame ben e cumpría os requisitos así que collina. E por sorte, o profesor desa clase era un profesor de psicoloxía marabilloso, unha lenda. Por iso, especialiceime en psicoloxía. Gradueime. Estaba a acabar. Un amigo que ensinaba en Swarthmore deicidiu que non quería seguir sendo profesor, marchou e comezou medicina. O seu posto quedou libre, soliciteino e obtíveno, o único traballo que solicitei. Pasei 45 anos ensinando en Swarthmore, unha institución que deu forma á miña carreira. E para darvos un último exemplo, estaba dando unha charla sobre o meu traballo en Nova York é unha persoa do público veu falar comigo tras a charla. Presentouse. Dixo "Chámome Chris. Gustaríache dar unha charla TED?" E dixen, qué é TED?" E díxome o que era, daquela non era o que é hoxe. Non anos vindeiros, as charlas que dei para TED víronas máis de 20 millóns de persoas. A conclusión é que son un home con sorte. Sorte co matrimonio. Sorte coa educación. Sorte co meu traballo. Sorte de ter voz nunha plataforma coma TED. Merezo todo este éxito? Merezo éxito, claro coma seguramente o merecedes vós. Pero moita outra xente tamén merece éxito e non o tiveron. A xente recibe o que merece? A sociedade é xusta? Claro que non. Traballar duro e seguir as normas non garante nada. Se apreciamos a inestabilidade deste tipo de inxustiza e a centralidade da boa sorte, quizáis nos preguntemos que responsabilidades temos coa xente que agora vemos coma heroes nesta época de pandemia cando unha enfermidade seria cae na súa familia para asegurarse de que se manteñen e que as súas vidas non se arruínan co costo de tratar coa enfermidade? Que debemos á xente que lle custa, traballa duro e ten menos sorte ca nós? Hai medio século. o filósofo John Rawls escribiu un libro chamado "A teoría da xustiza," nese libro, introduciu o concepto do "veo da ignorancia." A pregunta era: Se non soubeses cal ía ser a túa posición na sociedade, que tipo de sociedade che gustaría ter? E suxeriu que cando non sabemos onde imos caer socialmente ao comezo ou ao final, desexamos unha sociedade igualitaria, para que incluso os non afortunados poidan vivir unha vida decente, con sentido e satisfactoria. Devolvede todo ás vosas comunidades, vós a xente con sorte e exitosa, e facede todo o que poidades para honrar e coidar a xente que merece o éxito tanto coma nós pero non teñen tanta sorte. Grazas.