Quero empezar citando a Hellen Keller, esa gran muller que todos admiramos. E ela fixo unha declaración que é moi profunda, o que dixo é que a ciencia foi capaz de atopar curas para moitos demos, pero nunca para o maior demo de todos dentro dos seres humanos, e ese demo é a apatía. Sabemos que a apatía abofé que nos supón un gran custo, especialmente na nosa democracia. E cando pensamos en por que a xente non se compromete, por que non se converten en activistas, a miúdo é que a xente está tan esgotada coas súas responsabilidades familiares, e as mulleres especialmente. Sabedes, as mulleres, teñen tantas inhibicións. Moitas delas teñen sufrido tantos traumas nas súas vidas, tantas agresións nas súas vidas. Por iso élles moi difícil darse conta de que teñen capacidades de liderado. De que poden saír aí fóra e cambiar o mundo. Outra cousa que moitas mulleres... pensamos que temos que facer todo. Que somos as únicas responsables das nosas familias, e para nós é moi difícil delegar e conseguir que outros nos axuden coas nosas responsabilidades. Sentímonos avergoñadas ou culpables. Pero sabemos que temos que acadar isto, porque se non, nunca teremos tempo para facer voluntariado para axudar nas moitas causas que temos diante. Unha das áreas á que as mulleres podemos quitar algo de tempo é ir de compras, non si? (Risadas) E especialmente cando saímos comprar cousas que nin sequera precisamos. (Risadas) Sabedes, nunca vistes un coche fúnebre cun camión de mudanzas detrás. (Risadas) Temos que vivir simplemente, para que outros poidan simplemente vivir. E cando pensemos no tipo de herdanza que queremos deixar ós nosos fillos ou netos, pensemos deixarlles un legado de xustiza. Este é un legado que poden, non só imitar, senón que tamén os fará sentir orgullosos o resto das súas vidas Se lles deixamos moitos bens materiais, o único que van facer é pelexar, e vanse odiar uns ós outros. Só lembrade iso, cando pensemos no que estamos facendo. A outra cousa que temos que facer para liberar as nosas mulleres, algún día, para que poidamos facer o traballo desinteresado que precisamos facer para cambiar este mundo, é que temos que ter un tipo de educación diferente para as nosas nenas. Desgraciadamente, nas sociedades do noso mundo, apréndennos ás mulleres a sermos víctimas. Non nos aprenden que imos ter que defendernos nós mesmas, que imos ter que apoiarse entre nós mesmas e que temos que protexernos a nós mesmas. Porque, sabedes, certamente cando miramos ó reino animal, e vemos quen son os máis feros, os machos ou as femias? Sabemos que son as femias, verdade? Entón algo nos saíu mal ás mulleres na cima dese reino animal. (Risadas) Entón, quero darvos un exemplo de como eu atopei a miña voz. E fun moi afortunada niso, cando eu tiña 25 anos, coñecín un señor chamado Fred Ross Sr., que organizou unha etapa dun grupo chamado Organización do Servizo á Comunidade na miña terra Stockton, California. Era unha organización popular, e eu fun reclutada como voluntaria. Así que, un día, mentres estabamos sentados na oficina, entra un traballador dunha granxa. Estaba paralizado, case non podía andar, levaba unha muleta. E precisaba axuda. Precisaba que o axudasen a baixar á oficina de asistencia e facer unha solicitude. Así que, me ofrecín voluntaria para facelo. Pero cando cheguei á oficina de asistencia, non me deixaron facer unha solicitude para este señor. Eu non sabía que facer, estaba perdida. Así que volvín á oficina, e díxenlle a Mr. Ross, "Non me van deixar facer a solicitude" E el díxome, moi serio, "Ti volve baixar a esa oficina de asistencia, e pide ver un supervisor. E esixe que lle deixen facer a el a solicitude." E eu pensei, "Vaites, podo facer eu iso?" (Risadas) Entón pensei niso, e foi como se me sobrepuxese ás miñas ansiedades e medos. Baixei á oficina de asistencia e esixin ver o supervisor. Efectivamente, el saíu, e tiveron que deixar a Mr. Ruiz facer unha solicitude de asistencia. E obtivo a discapacidade para si e para a súa familia. Pero iso aprendeume unha lección. Iso aprendeume que eu tiña voz. Ben, Mr. Ross tamén nos aprendeu a moitos outras cousas, incluíndo a Cesar Chavez e a moitos outros voluntarios. E aprendeunos non só que podíamos esixir cousas á xente, especialmente ós nosos funcionarios. E isto é algo que sempre debemos ter presente: cada funcionario púbico -- sabedes que? -- traballa para nós. Porque nós pagamos os seus soldos cos nosos impostos. E eles son en realidade serventes nosos. Algúns deles convértense en líderes, pero non todos eles. (Risadas) De vez en cando conseguimos sacar algún lider de alí. A outra cousa que Mr. Ross nos aprendeu é que votar é de extrema importancia. E non só votar, senón sair aí fóra e conseguir que outra xente vote. Indo de porta a porta. Facendo chamadas teléfonicas, falando cos votantes porque moitos votantes teñen moitas dúbidas e non saben como votar. E por desgraza, sabemos que en moitos países non se lle permite votar á xente porque temos supresión do voto noutros países, como temos aquí nos Estados Unidos de América. Pero o caso é se podemos saír aí fóra como individuos e falar coa xente, para acabar coa súa apatía e asegurarnos de que poidan votar. Quero darvos un exemplo dunha muller na nosa fundación, a Fundación Dolores Huerta, e só para amosarvos que ás veces a xente ten poder, pero non o sabe. Pero cando o encontran, fan cousas milagrosas. Leticia Prado é unha inmigrante de México, só foi á escola ata sexto grao e falaba moi pouco inglés. Pero estaba moi preocupada porque os nenos na primaria no seu pobo Weedpatch- isto é en California, Central Valley -- eles non podían saír e xogar no patio da escola, porque a calidade do aire era moi mala na parte sur de Kern County, California nos nosos Estados Unidos de América. Entón ela e o seu home saíron, e aprobaron unha emisión de bonos para construír un novo ximnasio con todos os adiantos para os nenos na escola primaria. Foi un gran éxito. Despois ela oíu un rumor de que o director ía poñer fin ó programa de almorzos para os fillos dos granxeiros, porque o director simplemente pensou que era moito papelorio, Así que Leticia conseguiu ser elixida para o consello escolar. E mantívose o programa de almorzos, e librouse do director. (risadas) (Aplausos) Entón houbo outros rumores. sobre certa corrupción nos distritos de auga locais. Así que Leticia conseguiu ser elixida para o distrito de auga. Logo revisou todas as finanzas do distrito de auga e atopou que faltaban 250.000 dólares da conta bancaria. Así que Leticia avisou ó gran xurado, e tiveron lugar varios arrestos. E isto é só un exemplo dunha muller que nunca foi ó instituto, nunca foi á universidade, pero que atopou o seu poder. E ademais, reclutou outras persoas na comunidade para presentarse tamén a cargos públicos, e adiviña que pasou -- todos eles conseguiron ser elixidos. Eu creo que Leticia realmente representa algo que Coretta Scott King dixo. E quero compartir isto con vós. Coretta Scott King dixo, "Nunca teremos paz neste mundo ata que as mulleres tomen o poder." (Aplausos) Agora, eu modifico esa cita para dicir que nunca teremos paz neste mundo ata que os feministas tomen o poder. (Risadas) Porque sabemos que hai unha diferenza, verdade? Non só iso, senón que se queremos definir que é ser feminista -- unha persoa que loita polos dereitos reprodutivos, polos dereitos dos inmigrantes, polo medio ambiente, polos dereitos LGBT e tamén polos sindicatos e a xente traballadora (Aplausos) O cal significa que os homes tamén poden ser feministas. (Aplausos) Así que cando pensemos en feminización, tamén debemos pensar en como podemos feminizar as políticas, e non só as dos nosos principais países, os países ricos como os Estados Unidos, senón as de todo o mundo, as políticas domésticas e exteriores. E unha das cousas que podemos facer para parar as guerras e ter paz é asegurármosnos de que os países máis ricos do mundo tamén axuden ós países en desenvolvemento. Agora, fixemos isto no pasado. Despois da II Guerra Mundial, cando Xapón e Alemaña foron devastados trala guerra, Os Estados Unidos de América deron moitos cartos dos impostos a estes dous países, para que puidesen reconstruír as súas economías e as súas empresas. E podemos facelo outra vez. E se somos quen de pensar en como podemos axudar a estoutros países. E quero dar un exemplo de problemas que estamos enfrontando nos Estados Unidos de América, por exemplo. Sabemos que agora temos moitos refuxiados de América Central que están na fronteira dos Estados Unidos. Por que a xente abandona os seus fogares, os seus fermosos fogares ós que nós imos como turistas? Porque non teñen oportunidades alí. E despois nós pensamos, "Mmh, plátanos." Cantos millóns de plátanos consumimos nos Estados Unidos cada día? E en todo o mundo. Agora ben, a xente de América Central consegue os beneficios dos plátanos que nós consumimos? Non. Os beneficios van a empresas dos Estados Unidos de América. E nós pensamos que isto está mal. Agora ben, se a xente en América Central fose capaz de conseguir algo deses cartos que nós pagamos polos plátanos, entón eles non terían que deixar os seus fogares. Non terían que vir pedindo asilo. ata as fronteiras dos Estados Unidos de América. E quizáis entón, moitos nenos non terían que ser separados dos seus pais. Agora, sabemos que hai países no mundo que teñen ensino gratuíto e sanidade gratuíta para todas as persoas no país. E ese país é Cuba. Cuba ten sanidade para cada un dos seus cidadáns, e teñen educación universitaria gratuíta para cada un dos seus cidadáns. Son 11 millóns de cidadáns. Agora pensemos, se un país pobre como Cuba pode ter este tipo de recursos, e sabemos que é un país pobre, entón por que non pode algún dos outros países máis ricos, como os Estados Unidos de América, facer o mesmo? Eu penso que podemos facer que iso pase. (Aplausos) Pero sabemos que non vai pasar ata que nós, a xente dos Estados Unidos de América, e a xente de todo o mundo, empecemos a asegurar que nos seus gobernos sexan elixidos representantes que realmente se preocupen polos votantes, pola xente, que se comprometan a asegurar que os recursos que teñen van ser usados polos cidadáns, e non para a guerra. Entón, como facemos que isto suceda? Temos que librarnos da apatía, temos que implicarnos máis. Sabemos que se non podemos ter unha democracia nos Estados Unidos, non podemos ter democracias no mundo, a non ser que a xente participe. Así que é imperativo que todos nós saiamos aí fóra e digamos, "Liberádevos da apatía, saíde da beirarrúa, vide e unídevos á manifestación pola paz e a xustiza, fagamos da visión de Coretta Scott unha realidade, para ter paz no mundo." Recentemente tivemos eleccións intermedias en EEUU. E que vimos? Vimos que moitísimas máis mulleres, xente nova, xente de cor, xente LGBT, foron todos elixidos para cargos públicos. E sabemos que isto pasou -- por que? Porque moitas mulleres se manifestaron. Tivemos a Marcha das Mulleres nos Estados Unidos. Houbo Marchas de Mulleres por todo o mundo. Agora vemos que temos este potencial. Temos este potencial para librarnos da apatía. E se conseguimos que todos se involucren, que todos se comprometan, entón, eu penso, que podemos facer realidade a visión de Coretta Scott. Daquela, só quero recordar a todos, en todo o mundo, unha das cousas é que, nós temos poder, a xente pobre ten poder, cada cidadán ten poder. Pero para acadar a paz que todos desexamos, temos que implicarnos todos. Entón, que dicimos? Podemos facelo? Nós dicimos, "Si, nós podemos!" E en Español, nós dicimos, "Sí, se puede." Moitas grazas. (Aplausos)