0:00:01.625,0:00:05.000 Quero empezar citando a Hellen Keller, 0:00:06.583,0:00:09.643 esa gran muller que todos admiramos. 0:00:09.667,0:00:13.250 E ela fixo unha declaración[br]que é moi profunda, 0:00:14.333,0:00:16.393 o que dixo é 0:00:16.417,0:00:22.476 que a ciencia foi capaz de atopar [br]curas para moitos demos, 0:00:22.500,0:00:27.476 pero nunca para o maior demo de todos[br]dentro dos seres humanos, 0:00:27.500,0:00:30.208 e ese demo é a apatía. 0:00:31.792,0:00:36.268 Sabemos que a apatía [br]abofé que nos supón un gran custo, 0:00:36.292,0:00:38.726 especialmente na nosa democracia. 0:00:38.750,0:00:42.184 E cando pensamos en por que[br]a xente non se compromete, 0:00:42.208,0:00:44.476 por que non se converten en activistas, 0:00:44.500,0:00:50.184 a miúdo é que a xente está tan esgotada[br]coas súas responsabilidades familiares, 0:00:50.208,0:00:52.476 e as mulleres especialmente. 0:00:52.500,0:00:56.059 Sabedes, as mulleres, [br]teñen tantas inhibicións. 0:00:56.083,0:00:59.476 Moitas delas teñen sufrido [br]tantos traumas nas súas vidas, 0:00:59.500,0:01:01.726 tantas agresións nas súas vidas. 0:01:01.750,0:01:06.809 Por iso élles moi difícil darse conta[br]de que teñen capacidades de liderado. 0:01:06.833,0:01:09.792 De que poden saír aí fóra[br]e cambiar o mundo. 0:01:10.583,0:01:12.601 Outra cousa que moitas mulleres... 0:01:12.625,0:01:14.893 pensamos que temos que facer todo. 0:01:14.917,0:01:18.476 Que somos as únicas [br]responsables das nosas familias, 0:01:18.500,0:01:21.893 e para nós é moi difícil delegar 0:01:21.917,0:01:26.268 e conseguir que outros nos axuden [br]coas nosas responsabilidades. 0:01:26.292,0:01:28.809 Sentímonos avergoñadas ou culpables. 0:01:28.833,0:01:31.351 Pero sabemos que temos que acadar isto, 0:01:31.375,0:01:35.809 porque se non, nunca teremos tempo[br]para facer voluntariado 0:01:35.833,0:01:39.833 para axudar nas moitas causas[br]que temos diante. 0:01:41.333,0:01:44.184 Unha das áreas á que as mulleres[br]podemos quitar algo de tempo 0:01:44.208,0:01:46.184 é ir de compras, non si? 0:01:46.208,0:01:48.726 (Risadas) 0:01:48.750,0:01:50.434 E especialmente cando saímos 0:01:50.458,0:01:52.559 comprar cousas que[br]nin sequera precisamos. 0:01:52.583,0:01:53.601 (Risadas) 0:01:53.625,0:01:57.351 Sabedes, nunca vistes un coche fúnebre[br]cun camión de mudanzas detrás. 0:01:57.375,0:02:00.393 (Risadas) 0:02:00.417,0:02:04.018 Temos que vivir simplemente,[br]para que outros poidan simplemente vivir. 0:02:04.042,0:02:06.351 E cando pensemos no tipo de herdanza 0:02:06.375,0:02:09.726 que queremos deixar[br]ós nosos fillos ou netos, 0:02:09.750,0:02:12.809 pensemos deixarlles un legado de xustiza. 0:02:12.833,0:02:15.476 Este é un legado que poden, non só imitar, 0:02:15.500,0:02:18.643 senón que tamén os fará sentir orgullosos[br]o resto das súas vidas 0:02:18.667,0:02:22.643 Se lles deixamos moitos bens materiais,[br]o único que van facer é pelexar, 0:02:22.667,0:02:24.400 e vanse odiar uns ós outros. 0:02:24.400,0:02:27.559 Só lembrade iso, cando pensemos[br]no que estamos facendo. 0:02:27.583,0:02:32.184 A outra cousa que temos que facer [br]para liberar as nosas mulleres, algún día, 0:02:32.208,0:02:35.518 para que poidamos facer o traballo[br]desinteresado que precisamos facer 0:02:35.542,0:02:37.059 para cambiar este mundo, 0:02:37.083,0:02:41.559 é que temos que ter un tipo de educación [br]diferente para as nosas nenas. 0:02:41.583,0:02:45.059 Desgraciadamente, [br]nas sociedades do noso mundo, 0:02:45.083,0:02:47.375 apréndennos ás mulleres a sermos víctimas. 0:02:48.083,0:02:52.018 Non nos aprenden que imos ter que[br]defendernos nós mesmas, 0:02:52.042,0:02:54.351 que imos ter que apoiarse entre nós mesmas 0:02:54.375,0:02:56.268 e que temos que protexernos a nós mesmas. 0:02:56.292,0:02:59.245 Porque, sabedes, certamente[br]cando miramos ó reino animal, 0:02:59.269,0:03:03.643 e vemos quen son os máis feros,[br]os machos ou as femias? 0:03:03.667,0:03:05.601 Sabemos que son as femias, verdade? 0:03:05.625,0:03:10.416 Entón algo nos saíu mal ás mulleres [br]na cima dese reino animal. 0:03:10.440,0:03:11.893 (Risadas) 0:03:11.917,0:03:15.268 Entón, quero darvos un exemplo[br]de como eu atopei a miña voz. 0:03:15.292,0:03:18.851 E fun moi afortunada niso,[br]cando eu tiña 25 anos, 0:03:18.875,0:03:21.268 coñecín un señor chamado Fred Ross Sr., 0:03:21.292,0:03:26.407 que organizou unha etapa dun grupo chamado[br]Organización do Servizo á Comunidade 0:03:26.427,0:03:29.107 na miña terra Stockton, California. 0:03:29.137,0:03:34.222 Era unha organización popular,[br]e eu fun reclutada como voluntaria. 0:03:34.242,0:03:37.360 Así que, un día, mentres[br]estabamos sentados na oficina, 0:03:37.380,0:03:39.660 entra un traballador dunha granxa. 0:03:39.690,0:03:43.436 Estaba paralizado, case non podía andar,[br]levaba unha muleta. 0:03:43.436,0:03:44.714 E precisaba axuda. 0:03:44.714,0:03:47.472 Precisaba que o axudasen[br]a baixar á oficina de asistencia 0:03:47.472,0:03:48.861 e facer unha solicitude. 0:03:48.861,0:03:51.326 Así que, me ofrecín voluntaria para facelo. 0:03:51.326,0:03:53.686 Pero cando cheguei[br]á oficina de asistencia, 0:03:53.686,0:03:58.171 non me deixaron facer [br]unha solicitude para este señor. 0:03:58.171,0:04:01.242 Eu non sabía que facer, estaba perdida. 0:04:01.242,0:04:03.977 Así que volvín á oficina, [br]e díxenlle a Mr. Ross, 0:04:03.977,0:04:06.358 "Non me van deixar facer a solicitude" 0:04:06.358,0:04:08.953 E el díxome, moi serio, 0:04:08.953,0:04:12.555 "Ti volve baixar a esa[br]oficina de asistencia, 0:04:12.555,0:04:15.352 e pide ver un supervisor. 0:04:15.862,0:04:19.179 E esixe que lle deixen[br]facer a el a solicitude." 0:04:19.759,0:04:22.172 E eu pensei, "Vaites, podo facer eu iso?" 0:04:22.172,0:04:22.923 (Risadas) 0:04:22.923,0:04:24.614 Entón pensei niso, 0:04:24.614,0:04:27.396 e foi como se me sobrepuxese[br]ás miñas ansiedades e medos. 0:04:27.396,0:04:31.358 Baixei á oficina de asistencia[br]e esixin ver o supervisor. 0:04:31.358,0:04:33.588 Efectivamente, el saíu, 0:04:33.588,0:04:36.788 e tiveron que deixar a Mr. Ruiz[br]facer unha solicitude de asistencia. 0:04:36.802,0:04:40.390 E obtivo a discapacidade[br]para si e para a súa familia. 0:04:40.390,0:04:42.201 Pero iso aprendeume unha lección. 0:04:42.201,0:04:44.787 Iso aprendeume que eu tiña voz. 0:04:44.787,0:04:49.106 Ben, Mr. Ross tamén nos aprendeu a moitos[br]outras cousas, incluíndo a Cesar Chavez 0:04:49.110,0:04:51.103 e a moitos outros voluntarios. 0:04:51.103,0:04:54.286 E aprendeunos non só que[br]podíamos esixir cousas á xente, 0:04:54.286,0:04:57.165 especialmente ós nosos funcionarios. 0:04:57.165,0:04:59.615 E isto é algo que sempre[br]debemos ter presente: 0:04:59.615,0:05:03.254 cada funcionario púbico --[br]sabedes que? -- traballa para nós. 0:05:03.254,0:05:06.777 Porque nós pagamos os seus soldos[br]cos nosos impostos. 0:05:06.777,0:05:10.047 E eles son en realidade serventes nosos. 0:05:10.047,0:05:12.864 Algúns deles convértense en líderes,[br]pero non todos eles. 0:05:12.864,0:05:14.040 (Risadas) 0:05:14.040,0:05:16.913 De vez en cando conseguimos[br]sacar algún lider de alí. 0:05:16.913,0:05:21.663 A outra cousa que Mr. Ross nos aprendeu[br]é que votar é de extrema importancia. 0:05:21.961,0:05:23.150 E non só votar, 0:05:23.150,0:05:26.062 senón sair aí fóra[br]e conseguir que outra xente vote. 0:05:26.076,0:05:28.105 Indo de porta a porta. 0:05:28.385,0:05:30.866 Facendo chamadas teléfonicas,[br]falando cos votantes 0:05:30.866,0:05:34.317 porque moitos votantes teñen moitas[br]dúbidas e non saben como votar. 0:05:34.375,0:05:35.785 E por desgraza, 0:05:35.785,0:05:38.882 sabemos que en moitos países[br]non se lle permite votar á xente 0:05:38.882,0:05:41.650 porque temos supresión do voto[br]noutros países, 0:05:41.650,0:05:43.819 como temos aquí[br]nos Estados Unidos de América. 0:05:43.819,0:05:46.781 Pero o caso é se podemos [br]saír aí fóra como individuos 0:05:46.781,0:05:50.089 e falar coa xente, [br]para acabar coa súa apatía 0:05:50.089,0:05:52.369 e asegurarnos de que poidan votar. 0:05:52.719,0:05:56.557 Quero darvos un exemplo[br]dunha muller na nosa fundación, 0:05:56.557,0:05:58.565 a Fundación Dolores Huerta, 0:05:58.565,0:06:01.817 e só para amosarvos que[br]ás veces a xente ten poder, 0:06:01.817,0:06:03.330 pero non o sabe. 0:06:03.330,0:06:06.113 Pero cando o encontran,[br]fan cousas milagrosas. 0:06:06.231,0:06:10.149 Leticia Prado[br]é unha inmigrante de México, 0:06:10.149,0:06:12.439 só foi á escola ata sexto grao 0:06:12.449,0:06:14.789 e falaba moi pouco inglés. 0:06:15.102,0:06:17.342 Pero estaba moi preocupada 0:06:17.342,0:06:21.802 porque os nenos na primaria[br]no seu pobo Weedpatch- 0:06:22.570,0:06:24.684 isto é en California, Central Valley -- 0:06:24.684,0:06:27.864 eles non podían saír[br]e xogar no patio da escola, 0:06:27.864,0:06:30.509 porque a calidade do aire era moi mala 0:06:30.509,0:06:33.367 na parte sur de Kern County, California 0:06:33.367,0:06:35.397 nos nosos Estados Unidos de América. 0:06:35.397,0:06:39.867 Entón ela e o seu home saíron, [br]e aprobaron unha emisión de bonos 0:06:39.867,0:06:43.256 para construír un novo ximnasio[br]con todos os adiantos 0:06:43.256,0:06:45.624 para os nenos na escola primaria. 0:06:46.058,0:06:48.770 Foi un gran éxito. 0:06:48.774,0:06:50.212 Despois ela oíu un rumor 0:06:50.212,0:06:53.288 de que o director ía poñer fin[br]ó programa de almorzos 0:06:53.288,0:06:55.069 para os fillos dos granxeiros, 0:06:55.069,0:06:58.572 porque o director simplemente pensou[br]que era moito papelorio, 0:06:58.756,0:07:03.022 Así que Leticia conseguiu ser elixida[br]para o consello escolar. 0:07:03.022,0:07:06.278 E mantívose o programa de almorzos,[br]e librouse do director. 0:07:06.288,0:07:08.159 (risadas) 0:07:08.159,0:07:12.209 (Aplausos) 0:07:12.552,0:07:14.490 Entón houbo outros rumores. 0:07:14.490,0:07:17.612 sobre certa corrupción[br]nos distritos de auga locais. 0:07:17.902,0:07:20.862 Así que Leticia conseguiu ser elixida [br]para o distrito de auga. 0:07:20.862,0:07:23.456 Logo revisou todas as finanzas[br]do distrito de auga 0:07:23.456,0:07:28.796 e atopou que faltaban [br]250.000 dólares da conta bancaria. 0:07:29.060,0:07:33.644 Así que Leticia avisou ó gran xurado,[br]e tiveron lugar varios arrestos. 0:07:33.644,0:07:38.873 E isto é só un exemplo dunha[br]muller que nunca foi ó instituto, 0:07:38.873,0:07:40.334 nunca foi á universidade, 0:07:40.334,0:07:41.792 pero que atopou o seu poder. 0:07:41.792,0:07:45.212 E ademais, reclutou[br]outras persoas na comunidade 0:07:45.212,0:07:47.321 para presentarse tamén a cargos públicos, 0:07:47.321,0:07:50.727 e adiviña que pasou -- todos eles[br]conseguiron ser elixidos. 0:07:50.937,0:07:55.357 Eu creo que Leticia realmente representa 0:07:55.357,0:07:57.254 algo que Coretta Scott King dixo. 0:07:57.264,0:08:00.560 E quero compartir isto con vós.[br]Coretta Scott King dixo, 0:08:00.560,0:08:05.600 "Nunca teremos paz neste mundo[br]ata que as mulleres tomen o poder." 0:08:06.085,0:08:11.001 (Aplausos) 0:08:11.909,0:08:14.326 Agora, eu modifico esa cita para dicir 0:08:14.326,0:08:19.656 que nunca teremos paz neste mundo[br]ata que os feministas tomen o poder. 0:08:19.656,0:08:20.361 (Risadas) 0:08:20.361,0:08:23.051 Porque sabemos que[br]hai unha diferenza, verdade? 0:08:23.061,0:08:26.993 Non só iso, senón que se[br]queremos definir que é ser feminista -- 0:08:26.993,0:08:29.759 unha persoa que loita[br]polos dereitos reprodutivos, 0:08:29.759,0:08:32.775 polos dereitos dos inmigrantes,[br]polo medio ambiente, 0:08:32.775,0:08:37.815 polos dereitos LGBT e tamén [br]polos sindicatos e a xente traballadora 0:08:37.969,0:08:42.439 (Aplausos) 0:08:42.922,0:08:46.788 O cal significa que os homes[br]tamén poden ser feministas. 0:08:47.882,0:08:52.275 (Aplausos) 0:08:52.699,0:08:54.933 Así que cando pensemos en feminización, 0:08:54.933,0:08:58.474 tamén debemos pensar en como[br]podemos feminizar as políticas, 0:08:58.474,0:09:00.893 e non só as dos nosos principais países, 0:09:00.893,0:09:03.121 os países ricos como os Estados Unidos, 0:09:03.121,0:09:04.622 senón as de todo o mundo, 0:09:04.622,0:09:06.663 as políticas domésticas e exteriores. 0:09:06.663,0:09:10.406 E unha das cousas que podemos facer[br]para parar as guerras e ter paz 0:09:10.406,0:09:13.086 é asegurármosnos de que os[br]países máis ricos do mundo 0:09:13.086,0:09:15.241 tamén axuden ós países en desenvolvemento. 0:09:15.241,0:09:16.955 Agora, fixemos isto no pasado. 0:09:16.955,0:09:18.369 Despois da II Guerra Mundial, 0:09:18.369,0:09:21.429 cando Xapón e Alemaña [br]foron devastados trala guerra, 0:09:21.763,0:09:26.845 Os Estados Unidos de América deron moitos[br]cartos dos impostos a estes dous países, 0:09:26.845,0:09:31.739 para que puidesen reconstruír[br]as súas economías e as súas empresas. 0:09:31.739,0:09:33.917 E podemos facelo outra vez. 0:09:33.917,0:09:36.927 E se somos quen de pensar en como[br]podemos axudar a estoutros países. 0:09:36.927,0:09:38.451 E quero dar un exemplo 0:09:38.451,0:09:41.639 de problemas que estamos enfrontando[br]nos Estados Unidos de América, 0:09:41.639,0:09:42.355 por exemplo. 0:09:42.355,0:09:43.778 Sabemos que agora 0:09:43.778,0:09:47.020 temos moitos refuxiados [br]de América Central 0:09:47.031,0:09:49.100 que están na fronteira [br]dos Estados Unidos. 0:09:49.100,0:09:51.453 Por que a xente abandona [br]os seus fogares, 0:09:51.547,0:09:54.186 os seus fermosos fogares[br]ós que nós imos como turistas? 0:09:54.186,0:09:56.646 Porque non teñen oportunidades alí. 0:09:56.646,0:09:59.671 E despois nós pensamos, [br]"Mmh, plátanos." 0:09:59.685,0:10:03.999 Cantos millóns de plátanos consumimos [br]nos Estados Unidos cada día? 0:10:03.999,0:10:05.653 E en todo o mundo. 0:10:05.761,0:10:08.009 Agora ben, a xente de [br]América Central 0:10:08.009,0:10:11.215 consegue os beneficios dos plátanos[br]que nós consumimos? 0:10:11.215,0:10:12.606 Non. 0:10:12.606,0:10:17.276 Os beneficios van a empresas[br]dos Estados Unidos de América. 0:10:17.276,0:10:19.496 E nós pensamos que isto está mal. 0:10:19.496,0:10:24.404 Agora ben, se a xente en América Central[br]fose capaz de conseguir algo deses cartos 0:10:24.404,0:10:26.025 que nós pagamos polos plátanos, 0:10:26.025,0:10:28.376 entón eles non terían que[br]deixar os seus fogares. 0:10:28.376,0:10:31.019 Non terían que vir pedindo asilo. 0:10:31.019,0:10:33.458 ata as fronteiras dos[br]Estados Unidos de América. 0:10:33.458,0:10:38.369 E quizáis entón, moitos nenos non terían[br]que ser separados dos seus pais. 0:10:38.633,0:10:41.172 Agora, sabemos que hai países no mundo 0:10:41.172,0:10:45.075 que teñen ensino gratuíto[br]e sanidade gratuíta 0:10:45.075,0:10:47.441 para todas as persoas no país. 0:10:47.441,0:10:49.321 E ese país é Cuba. 0:10:49.321,0:10:52.151 Cuba ten sanidade para [br]cada un dos seus cidadáns, 0:10:52.151,0:10:56.239 e teñen educación universitaria gratuíta[br]para cada un dos seus cidadáns. 0:10:56.239,0:10:58.181 Son 11 millóns de cidadáns. 0:10:58.181,0:11:01.001 Agora pensemos, se un país [br]pobre como Cuba 0:11:01.415,0:11:05.144 pode ter este tipo de recursos, [br]e sabemos que é un país pobre, 0:11:05.144,0:11:07.906 entón por que non pode[br]algún dos outros países máis ricos, 0:11:07.906,0:11:09.877 como os Estados Unidos de América, 0:11:09.877,0:11:10.826 facer o mesmo? 0:11:10.826,0:11:12.968 Eu penso que podemos [br]facer que iso pase. 0:11:12.968,0:11:15.806 (Aplausos) 0:11:15.996,0:11:17.936 Pero sabemos que non vai pasar 0:11:17.936,0:11:21.753 ata que nós, a xente[br]dos Estados Unidos de América, 0:11:21.753,0:11:23.414 e a xente de todo o mundo, 0:11:23.414,0:11:28.348 empecemos a asegurar que nos seus gobernos sexan elixidos representantes 0:11:28.348,0:11:32.211 que realmente se preocupen[br]polos votantes, pola xente, 0:11:32.211,0:11:35.546 que se comprometan a asegurar[br]que os recursos que teñen 0:11:35.546,0:11:39.277 van ser usados polos cidadáns, [br]e non para a guerra. 0:11:39.651,0:11:42.097 Entón, como facemos [br]que isto suceda? 0:11:42.097,0:11:43.904 Temos que librarnos da apatía, 0:11:43.904,0:11:45.736 temos que implicarnos máis. 0:11:45.736,0:11:49.651 Sabemos que se non podemos ter [br]unha democracia nos Estados Unidos, 0:11:49.651,0:11:51.979 non podemos ter democracias no mundo, 0:11:51.979,0:11:53.762 a non ser que a xente participe. 0:11:53.762,0:11:57.668 Así que é imperativo que todos nós [br]saiamos aí fóra e digamos, 0:11:57.668,0:12:00.913 "Liberádevos da apatía,[br]saíde da beirarrúa, 0:12:00.913,0:12:03.505 vide e unídevos á manifestación[br]pola paz e a xustiza, 0:12:03.505,0:12:06.603 fagamos da visión de Coretta Scott[br]unha realidade, 0:12:06.603,0:12:08.176 para ter paz no mundo." 0:12:08.176,0:12:11.807 Recentemente tivemos eleccións intermedias en EEUU. 0:12:11.811,0:12:13.246 E que vimos? 0:12:13.246,0:12:15.752 Vimos que moitísimas máis mulleres, 0:12:15.757,0:12:18.900 xente nova, xente de cor, xente LGBT, 0:12:18.900,0:12:20.919 foron todos elixidos para cargos públicos. 0:12:20.919,0:12:23.035 E sabemos que isto pasou -- por que? 0:12:23.035,0:12:25.813 Porque moitas mulleres [br]se manifestaron. 0:12:25.813,0:12:28.418 Tivemos a Marcha das Mulleres[br]nos Estados Unidos. 0:12:28.418,0:12:30.858 Houbo Marchas de Mulleres[br]por todo o mundo. 0:12:30.858,0:12:34.453 Agora vemos que temos este potencial. 0:12:34.453,0:12:36.678 Temos este potencial [br]para librarnos da apatía. 0:12:36.678,0:12:40.649 E se conseguimos que todos se involucren, [br]que todos se comprometan, 0:12:40.649,0:12:44.293 entón, eu penso, que podemos[br]facer realidade a visión de Coretta Scott. 0:12:44.293,0:12:46.921 Daquela, só quero recordar a todos, 0:12:46.921,0:12:49.897 en todo o mundo,[br]unha das cousas é que, 0:12:49.897,0:12:51.494 nós temos poder, 0:12:51.494,0:12:53.187 a xente pobre ten poder, 0:12:53.187,0:12:54.817 cada cidadán ten poder. 0:12:54.817,0:13:00.003 Pero para acadar a paz[br]que todos desexamos, 0:13:00.003,0:13:01.774 temos que implicarnos todos. 0:13:01.774,0:13:03.744 Entón, que dicimos? 0:13:03.744,0:13:04.826 Podemos facelo? 0:13:04.826,0:13:06.518 Nós dicimos, "Si, nós podemos!" 0:13:06.518,0:13:08.579 E en Español, nós dicimos, "Sí, se puede." 0:13:08.579,0:13:09.983 Moitas grazas. 0:13:09.983,0:13:14.649 (Aplausos)