1 00:00:00,763 --> 00:00:03,378 Os químicos orgánicos fan moléculas, 2 00:00:03,378 --> 00:00:05,194 moléculas moi complicadas, 3 00:00:05,194 --> 00:00:08,878 esfarelando unha molécula grande noutras máis pequenas 4 00:00:08,878 --> 00:00:10,739 e usando enxeñaría inversa. 5 00:00:10,739 --> 00:00:11,778 Como químico, 6 00:00:11,778 --> 00:00:15,702 unha das cousas que quixen preguntar ao meu grupo de investigación hai uns anos é: 7 00:00:15,702 --> 00:00:19,396 poderiamos crear un laboratorio químico universal realmente atractivo? 8 00:00:19,396 --> 00:00:24,429 Basicamente, poderiamos reducir a química a unha aplicación? 9 00:00:24,429 --> 00:00:27,612 Que significaría isto e como o fariamos? 10 00:00:27,612 --> 00:00:29,583 Para comezar, 11 00:00:29,583 --> 00:00:31,315 collemos unha impresora 3D 12 00:00:31,315 --> 00:00:35,617 e imprimimos os nosos vasos e tubos de ensaio nun lado 13 00:00:35,617 --> 00:00:39,682 e logo imprimimos a molécula ao mesmo tempo no outro lado, 14 00:00:39,682 --> 00:00:42,836 combinándoos no que denominamos “louza de reacción”. 15 00:00:42,836 --> 00:00:47,270 Así, imprimindo o recipiente e facendo a química a un tempo, 16 00:00:47,270 --> 00:00:52,437 comezamos a acceder a estas ferramentas universais da química. 17 00:00:52,437 --> 00:00:53,985 E que quere dicir isto? 18 00:00:53,985 --> 00:00:59,253 Se conseguimos integrar redes biolóxicas e químicas como nun buscador, 19 00:00:59,253 --> 00:01:02,402 de xeito que se tes unha célula enferma que precisas curar 20 00:01:02,402 --> 00:01:04,121 ou unha bacteria que queres matar, 21 00:01:04,121 --> 00:01:06,456 se o tes integrado no teu dispositivo 22 00:01:06,456 --> 00:01:08,906 ao mesmo tempo, e se realizas os procesos químicos, 23 00:01:08,906 --> 00:01:12,308 serás capaz de producir medicamentos dun xeito novo. 24 00:01:13,132 --> 00:01:15,372 E como estamos a facer isto no laboratorio? 25 00:01:15,372 --> 00:01:18,001 Ben, precisamos software, precisamos hardware 26 00:01:18,001 --> 00:01:20,337 e precisamos tintas químicas. 27 00:01:20,337 --> 00:01:21,820 O verdadeiramente interesante é 28 00:01:21,820 --> 00:01:24,867 a idea de crear un conxunto universal de tintas 29 00:01:24,867 --> 00:01:27,136 que podemos pór na impresora, 30 00:01:27,136 --> 00:01:31,418 e ti descargas o modelo, a química orgánica para esa molécula, 31 00:01:31,418 --> 00:01:33,274 e créala no dispositivo. 32 00:01:33,274 --> 00:01:36,671 Entón, podes preparar a túa molécula na impresora usando este software. 33 00:01:41,165 --> 00:01:42,612 Que significaría isto? 34 00:01:42,612 --> 00:01:46,344 Pois, isto significaría poder imprimir o teu propio medicamento. 35 00:01:46,344 --> 00:01:49,100 E isto é o que estamos a facer actualmente no laboratorio. 36 00:01:49,100 --> 00:01:51,543 Pero para dar os primeiros pasos cara a alí, 37 00:01:51,543 --> 00:01:54,368 antes queremos estudar o deseño e produción de fármacos, 38 00:01:54,368 --> 00:01:56,485 ou o seu descubrimento e fabricación. 39 00:01:56,485 --> 00:01:59,484 Porque se podemos producilos despois de descubrilos, 40 00:01:59,484 --> 00:02:01,618 poderiamos implementalo en calquera lugar. 41 00:02:01,618 --> 00:02:03,734 Xa non cómpre acudir a unha farmacia. 42 00:02:03,734 --> 00:02:06,102 Podemos imprimir medicamentos onde se precisen. 43 00:02:06,102 --> 00:02:08,757 Podemos descargar novos diagnósticos. 44 00:02:08,757 --> 00:02:10,878 Digamos que aparece unha nova superbacteria. 45 00:02:10,878 --> 00:02:12,385 Pola no buscador 46 00:02:12,385 --> 00:02:15,518 e creas o fármaco para tratar a ameaza. 47 00:02:15,518 --> 00:02:19,206 Isto permite construír moléculas ao momento. 48 00:02:19,206 --> 00:02:22,201 Mais, talvez, para min, a parte principal, a longo prazo, 49 00:02:22,201 --> 00:02:25,551 é a idea de coller as túas células nai, 50 00:02:25,551 --> 00:02:27,318 cos teus xenes e o teu ambiente, 51 00:02:27,318 --> 00:02:30,582 e imprimir os teus medicamentos personalizados. 52 00:02:30,582 --> 00:02:33,109 E se isto non lles parece abondo fascinante, 53 00:02:33,109 --> 00:02:35,067 cara a onde cren que estamos a ir? 54 00:02:35,067 --> 00:02:39,651 Ben, terán o seu propio xerador de materia. 55 00:02:39,651 --> 00:02:41,551 Teletranspórtame, Scotty. 56 00:02:41,551 --> 00:02:44,900 (Aplausos)