0:00:00.763,0:00:03.378 Os químicos orgánicos fan moléculas, 0:00:03.378,0:00:05.194 moléculas moi complicadas, 0:00:05.194,0:00:08.878 esfarelando unha molécula grande [br]noutras máis pequenas 0:00:08.878,0:00:10.739 e usando enxeñaría inversa. 0:00:10.739,0:00:11.778 Como químico, 0:00:11.778,0:00:15.702 unha das cousas que quixen preguntar ao [br]meu grupo de investigación hai uns anos é: 0:00:15.702,0:00:19.396 poderiamos crear un laboratorio químico[br]universal realmente atractivo? 0:00:19.396,0:00:24.429 Basicamente, poderiamos reducir a química[br]a unha aplicación? 0:00:24.429,0:00:27.612 Que significaría isto e como o fariamos? 0:00:27.612,0:00:29.583 Para comezar, 0:00:29.583,0:00:31.315 collemos unha impresora 3D 0:00:31.315,0:00:35.617 e imprimimos os nosos vasos [br]e tubos de ensaio nun lado 0:00:35.617,0:00:39.682 e logo imprimimos a molécula [br]ao mesmo tempo no outro lado, 0:00:39.682,0:00:42.836 combinándoos no que denominamos[br]“louza de reacción”. 0:00:42.836,0:00:47.270 Así, imprimindo o recipiente [br]e facendo a química a un tempo, 0:00:47.270,0:00:52.437 comezamos a acceder a estas ferramentas [br]universais da química. 0:00:52.437,0:00:53.985 E que quere dicir isto? 0:00:53.985,0:00:59.253 Se conseguimos integrar redes biolóxicas [br]e químicas como nun buscador, 0:00:59.253,0:01:02.402 de xeito que se tes [br]unha célula enferma que precisas curar 0:01:02.402,0:01:04.121 ou unha bacteria que queres matar, 0:01:04.121,0:01:06.456 se o tes integrado no teu dispositivo 0:01:06.456,0:01:08.906 ao mesmo tempo, [br]e se realizas os procesos químicos, 0:01:08.906,0:01:12.308 serás capaz de producir medicamentos[br]dun xeito novo. 0:01:13.132,0:01:15.372 E como estamos a facer isto[br]no laboratorio? 0:01:15.372,0:01:18.001 Ben, precisamos software,[br]precisamos hardware 0:01:18.001,0:01:20.337 e precisamos tintas químicas. 0:01:20.337,0:01:21.820 O verdadeiramente interesante é 0:01:21.820,0:01:24.867 a idea de crear [br]un conxunto universal de tintas 0:01:24.867,0:01:27.136 que podemos pór na impresora, 0:01:27.136,0:01:31.418 e ti descargas o modelo, [br]a química orgánica para esa molécula, 0:01:31.418,0:01:33.274 e créala no dispositivo. 0:01:33.274,0:01:36.671 Entón, podes preparar a túa molécula [br]na impresora usando este software. 0:01:41.165,0:01:42.612 Que significaría isto? 0:01:42.612,0:01:46.344 Pois, isto significaría poder imprimir [br]o teu propio medicamento. 0:01:46.344,0:01:49.100 E isto é o que estamos a facer [br]actualmente no laboratorio. 0:01:49.100,0:01:51.543 Pero para dar os primeiros pasos [br]cara a alí, 0:01:51.543,0:01:54.368 antes queremos estudar [br]o deseño e produción de fármacos, 0:01:54.368,0:01:56.485 ou o seu descubrimento e fabricación. 0:01:56.485,0:01:59.484 Porque se podemos producilos[br]despois de descubrilos, 0:01:59.484,0:02:01.618 poderiamos implementalo en calquera lugar. 0:02:01.618,0:02:03.734 Xa non cómpre acudir a unha farmacia. 0:02:03.734,0:02:06.102 Podemos imprimir medicamentos[br]onde se precisen. 0:02:06.102,0:02:08.757 Podemos descargar novos diagnósticos. 0:02:08.757,0:02:10.878 Digamos que aparece [br]unha nova superbacteria. 0:02:10.878,0:02:12.385 Pola no buscador 0:02:12.385,0:02:15.518 e creas o fármaco para tratar a ameaza. 0:02:15.518,0:02:19.206 Isto permite construír moléculas [br]ao momento. 0:02:19.206,0:02:22.201 Mais, talvez, para min, a parte principal,[br]a longo prazo, 0:02:22.201,0:02:25.551 é a idea de coller as túas células nai, 0:02:25.551,0:02:27.318 cos teus xenes e o teu ambiente, 0:02:27.318,0:02:30.582 e imprimir os teus [br]medicamentos personalizados. 0:02:30.582,0:02:33.109 E se isto non lles parece [br]abondo fascinante, 0:02:33.109,0:02:35.067 cara a onde cren que estamos a ir? 0:02:35.067,0:02:39.651 Ben, terán o seu propio [br]xerador de materia. 0:02:39.651,0:02:41.551 Teletranspórtame, Scotty. 0:02:41.551,0:02:44.900 (Aplausos)