Os químicos orgánicos fan moléculas,
moléculas moi complicadas,
esfarelando unha molécula grande
noutras máis pequenas
e usando enxeñaría inversa.
Como químico,
unha das cousas que quixen preguntar ao
meu grupo de investigación hai uns anos é:
poderiamos crear un laboratorio químico
universal realmente atractivo?
Basicamente, poderiamos reducir a química
a unha aplicación?
Que significaría isto e como o fariamos?
Para comezar,
collemos unha impresora 3D
e imprimimos os nosos vasos
e tubos de ensaio nun lado
e logo imprimimos a molécula
ao mesmo tempo no outro lado,
combinándoos no que denominamos
“louza de reacción”.
Así, imprimindo o recipiente
e facendo a química a un tempo,
comezamos a acceder a estas ferramentas
universais da química.
E que quere dicir isto?
Se conseguimos integrar redes biolóxicas
e químicas como nun buscador,
de xeito que se tes
unha célula enferma que precisas curar
ou unha bacteria que queres matar,
se o tes integrado no teu dispositivo
ao mesmo tempo,
e se realizas os procesos químicos,
serás capaz de producir medicamentos
dun xeito novo.
E como estamos a facer isto
no laboratorio?
Ben, precisamos software,
precisamos hardware
e precisamos tintas químicas.
O verdadeiramente interesante é
a idea de crear
un conxunto universal de tintas
que podemos pór na impresora,
e ti descargas o modelo,
a química orgánica para esa molécula,
e créala no dispositivo.
Entón, podes preparar a túa molécula
na impresora usando este software.
Que significaría isto?
Pois, isto significaría poder imprimir
o teu propio medicamento.
E isto é o que estamos a facer
actualmente no laboratorio.
Pero para dar os primeiros pasos
cara a alí,
antes queremos estudar
o deseño e produción de fármacos,
ou o seu descubrimento e fabricación.
Porque se podemos producilos
despois de descubrilos,
poderiamos implementalo en calquera lugar.
Xa non cómpre acudir a unha farmacia.
Podemos imprimir medicamentos
onde se precisen.
Podemos descargar novos diagnósticos.
Digamos que aparece
unha nova superbacteria.
Pola no buscador
e creas o fármaco para tratar a ameaza.
Isto permite construír moléculas
ao momento.
Mais, talvez, para min, a parte principal,
a longo prazo,
é a idea de coller as túas células nai,
cos teus xenes e o teu ambiente,
e imprimir os teus
medicamentos personalizados.
E se isto non lles parece
abondo fascinante,
cara a onde cren que estamos a ir?
Ben, terán o seu propio
xerador de materia.
Teletranspórtame, Scotty.
(Aplausos)