1 00:00:00,859 --> 00:00:02,270 Quero comezar 2 00:00:02,270 --> 00:00:04,450 falando un pouco das miñas credenciais 3 00:00:04,450 --> 00:00:06,394 para poder sacar o tema a colación 4 00:00:06,394 --> 00:00:08,436 porque, sinceramente, 5 00:00:08,436 --> 00:00:12,253 non deberiades escoitar a ningunha persoa de certa idade 6 00:00:12,253 --> 00:00:14,872 que estea a falar sobre o COVID-19. 7 00:00:14,872 --> 00:00:16,385 (Gargalladas) 8 00:00:16,385 --> 00:00:20,260 Hai 20 anos que traballo no campo da saúde global 9 00:00:20,260 --> 00:00:24,628 e a miña especialización son os sistemas sanitarios 10 00:00:24,628 --> 00:00:28,380 e o que lles pasa cando levan un duro golpe. 11 00:00:28,676 --> 00:00:31,217 Traballei tamén como xornalista da saúde global, 12 00:00:31,217 --> 00:00:34,838 escribín sobre saúde global e bioseguridade 13 00:00:34,838 --> 00:00:37,974 para xornais e páxinas web, 14 00:00:37,974 --> 00:00:40,297 e hai uns anos publiquei un libro 15 00:00:40,297 --> 00:00:43,693 sobre as maiores ameazas para a saúde global do noso planeta. 16 00:00:44,281 --> 00:00:47,977 Apoiei e dirixín traballos epidemiolóxicos 17 00:00:47,977 --> 00:00:51,963 que van desde a avaliación de centros de tratamento do ébola 18 00:00:51,963 --> 00:00:56,006 ata o estudo da transmisión da tuberculose en centros médicos, 19 00:00:56,006 --> 00:00:58,872 pasando pola preparación contra a gripe aviaria. 20 00:00:59,337 --> 00:01:02,486 Teño un mestrado en Saúde Internacional. 21 00:01:02,940 --> 00:01:04,072 Non son doutora. 22 00:01:04,072 --> 00:01:05,052 Non son enfermeira. 23 00:01:05,052 --> 00:01:06,949 Non son especialista en atención médica 24 00:01:06,949 --> 00:01:09,309 nin no coidado de pacientes. 25 00:01:09,309 --> 00:01:12,912 Son especialista no estudo de poboacións e sistemas sanitarios: 26 00:01:12,912 --> 00:01:16,393 no que acontece cando as enfermidades se moven a grande escala. 27 00:01:17,128 --> 00:01:20,970 Se clasificamos as fontes que dominan o tema da saúde global 28 00:01:20,970 --> 00:01:23,499 nunha escala do un ao dez 29 00:01:23,499 --> 00:01:26,866 onde o un é un calquera queixándose en Facebook, 30 00:01:26,866 --> 00:01:31,075 e o dez, a Organización Mundial da Saúde, 31 00:01:31,075 --> 00:01:34,737 eu diría que me podedes situar entre un sete e un oito. 32 00:01:34,737 --> 00:01:37,386 Tédeo en conta mentres vos falo. 33 00:01:38,931 --> 00:01:42,116 Empezarei polo máis básico porque creo que anda un pouco perdido 34 00:01:42,116 --> 00:01:45,557 entre todo o balbordo dos medios falando sobre a COVID-19. 35 00:01:46,281 --> 00:01:50,211 A COVID-19 é un coronavirus. 36 00:01:50,211 --> 00:01:54,228 Os coronavirus son un subgrupo específico de virus 37 00:01:54,228 --> 00:01:57,663 que teñen unha serie de características únicas: 38 00:01:57,663 --> 00:02:01,426 usan ARN en lugar de ADN como material xenético, 39 00:02:01,426 --> 00:02:04,597 e a superficie do virus está cuberta dunhas espículas 40 00:02:04,597 --> 00:02:07,484 que utilizan para invadir células. 41 00:02:07,484 --> 00:02:11,010 Esas espículas son a “coroa” no coronavirus. 42 00:02:12,364 --> 00:02:16,035 Coñecemos a COVID-19 como o novo coronavirus 43 00:02:16,035 --> 00:02:20,173 porque ata decembro só sentíramos falar de seis coronavirus. 44 00:02:20,173 --> 00:02:22,033 A COVID-19 é o sétimo. 45 00:02:22,033 --> 00:02:23,225 É novo para todos nós. 46 00:02:23,225 --> 00:02:24,872 Acaba de ser secuenciado. 47 00:02:24,872 --> 00:02:26,131 Acaba de ser bautizado. 48 00:02:26,131 --> 00:02:27,487 Velaquí por que é novo. 49 00:02:28,215 --> 00:02:32,428 Recordades a SARS, Síndrome Respiratoria Aguda Grave? 50 00:02:32,428 --> 00:02:33,623 Ou a MERS, 51 00:02:33,647 --> 00:02:35,575 Síndrome Respiratoria do Oriente Medio? 52 00:02:35,575 --> 00:02:37,638 As dúas eran cousa de coronavirus. 53 00:02:37,638 --> 00:02:40,779 E chamámoslles síndromes respiratorias 54 00:02:40,779 --> 00:02:43,692 porque iso é o que fan os coronavirus: 55 00:02:43,692 --> 00:02:45,464 van polos teus pulmóns. 56 00:02:45,464 --> 00:02:46,676 Non fan devolver, 57 00:02:46,676 --> 00:02:48,286 non fan sangrar polos ollos, 58 00:02:48,286 --> 00:02:49,730 non producen hemorraxias. 59 00:02:49,730 --> 00:02:51,448 Van directos aos pulmóns. 60 00:02:52,415 --> 00:02:54,694 A COVID-19 non é diferente. 61 00:02:55,208 --> 00:02:58,517 Causa unha serie de síntomas respiratorios 62 00:02:58,517 --> 00:03:01,714 que van desde tose seca e febre 63 00:03:01,714 --> 00:03:05,316 ata unha terrible pneumonía vírica. 64 00:03:05,316 --> 00:03:08,699 E esa serie de síntomas é unha das razóns 65 00:03:08,699 --> 00:03:11,583 polas que está sendo tan difícil rastrexar este brote. 66 00:03:12,033 --> 00:03:15,005 Hai moita xente que pasa a COVID-19 67 00:03:15,005 --> 00:03:17,054 dun xeito tan leve, 68 00:03:17,054 --> 00:03:21,173 cuns síntomas tan lenes que nin tan sequera van ao médico, 69 00:03:21,173 --> 00:03:23,095 non se rexistran no sistema. 70 00:03:23,095 --> 00:03:26,769 En particular, a infancia teno moi fácil coa COVID-19, 71 00:03:26,769 --> 00:03:29,300 algo que temos que agradecer. 72 00:03:31,570 --> 00:03:33,958 Os coronavirus son zoonóticos: 73 00:03:33,958 --> 00:03:37,218 transmítense dos animais ás persoas. 74 00:03:37,218 --> 00:03:41,872 Algúns coronavirus, como a COVID-19, tamén se transmiten entre persoas. 75 00:03:42,589 --> 00:03:45,956 Estes últimos viaxan máis rápido e máis lonxe, 76 00:03:45,956 --> 00:03:47,605 como a COVID-19. 77 00:03:48,079 --> 00:03:51,415 É moi difícil desfacerse de enfermidades zoonóticas 78 00:03:51,415 --> 00:03:53,690 porque teñen un reservorio animal. 79 00:03:54,229 --> 00:03:57,251 Un exemplo é a gripe aviaria: 80 00:03:57,275 --> 00:04:00,700 podemos eliminala en animais de granxa, 81 00:04:00,700 --> 00:04:02,400 en pavos, en patos... 82 00:04:02,400 --> 00:04:06,623 pero segue aparecendo cada ano porque a traen de volta paxaros salvaxes. 83 00:04:06,623 --> 00:04:07,882 Non se fala moito dela 84 00:04:07,882 --> 00:04:10,896 porque a gripe aviaria non se transmite de persoa a persoa, 85 00:04:10,896 --> 00:04:15,235 pero cada ano temos brotes en granxas avícolas de todo o mundo. 86 00:04:16,506 --> 00:04:20,735 A COVID-19 pasou probablemente de animais a persoas 87 00:04:20,735 --> 00:04:23,316 nun mercado de animais salvaxes en Wuhan, China. 88 00:04:24,987 --> 00:04:27,115 Entremos agora en cuestións menos básicas. 89 00:04:27,990 --> 00:04:31,727 Este non é o último gran brote que imos ver. 90 00:04:32,106 --> 00:04:36,291 Vai haber máis brotes e vai haber máis epidemias. 91 00:04:36,291 --> 00:04:37,842 Non é un "se cadra". 92 00:04:37,842 --> 00:04:39,672 É un feito. 93 00:04:39,672 --> 00:04:42,761 É o resultado do xeito en que os seres humanos, 94 00:04:42,761 --> 00:04:44,770 nos estamos a relacionar co planeta. 95 00:04:45,225 --> 00:04:48,273 As decisións humanas lévannos a unha situación 96 00:04:48,273 --> 00:04:50,920 en que imos ver máis brotes. 97 00:04:51,489 --> 00:04:52,981 En parte polo cambio climático, 98 00:04:52,981 --> 00:04:55,844 que aumenta a temperatura global e fai o mundo máis acolledor 99 00:04:55,844 --> 00:04:57,850 para os virus e as bacterias. 100 00:04:58,287 --> 00:05:04,328 Pero tamén por como explotamos os últimos recunchos salvaxes da Terra ao máximo. 101 00:05:04,916 --> 00:05:07,879 Cando queimamos e esnaquizamos a selva do Amazonas 102 00:05:07,879 --> 00:05:10,454 para conseguir terra barata destinada á gandería, 103 00:05:10,454 --> 00:05:14,475 cando convertemos en granxas o que queda da sabana africana, 104 00:05:14,475 --> 00:05:19,301 cando cazamos animais salvaxes en China e os levamos á extinción, 105 00:05:19,301 --> 00:05:22,461 poñémonos en contacto con poboacións salvaxes 106 00:05:22,461 --> 00:05:25,278 que ata o momento estaban illadas, 107 00:05:25,278 --> 00:05:28,290 e esas poboacións teñen novas enfermidades: 108 00:05:28,290 --> 00:05:30,062 bacterias, virus... 109 00:05:30,062 --> 00:05:32,172 cousas para as que non estamos preparados. 110 00:05:32,612 --> 00:05:34,085 Particularmente os morcegos 111 00:05:34,085 --> 00:05:37,378 adoitan ter enfermidades que poden afectar a outras persoas, 112 00:05:37,378 --> 00:05:39,589 pero non son os únicos. 113 00:05:40,610 --> 00:05:45,250 Mentres sigamos facendo accesibles lugares que antes eran remotos, 114 00:05:45,250 --> 00:05:47,238 os brotes seguirán reaparecendo. 115 00:05:49,093 --> 00:05:53,737 Non podemos parar os brotes con corentenas ou restricións para viaxar. 116 00:05:53,737 --> 00:05:55,673 Esa é a primeira reacción de calquera: 117 00:05:55,673 --> 00:05:59,477 "Hai que recluír á xente!", "Hai que parar este brote!" 118 00:05:59,477 --> 00:06:05,076 O feito é que é moi difícil establecer unha boa corentena. 119 00:06:05,076 --> 00:06:08,176 É moi difícil poñer restricións para viaxar. 120 00:06:08,176 --> 00:06:11,848 Mesmo os países que fixeron grandes investimentos en saúde pública, 121 00:06:11,848 --> 00:06:13,568 como os EE.UU. e Corea do Sur, 122 00:06:13,568 --> 00:06:16,281 non poden pór en práctica a tempo todas esas restricións 123 00:06:16,281 --> 00:06:18,588 para parar inmediatamente un brote. 124 00:06:19,123 --> 00:06:22,643 Hai motivos loxísticos e médicos para explicar isto. 125 00:06:22,643 --> 00:06:25,502 Se ollamos agora cara á COVID-19, 126 00:06:25,502 --> 00:06:29,566 parece que hai un primeiro período de infección asintomático 127 00:06:29,566 --> 00:06:31,668 de máximo 24 días. 128 00:06:32,460 --> 00:06:34,760 Así que a xente pasea polas rúas 129 00:06:34,760 --> 00:06:36,400 sen manifestar síntomas do virus. 130 00:06:36,400 --> 00:06:40,274 Non son postos en corentena porque ninguén sabe que a necesitan. 131 00:06:43,000 --> 00:06:47,181 A corentena e as restricións de viaxes teñen tamén un prezo real. 132 00:06:47,910 --> 00:06:49,679 Os seres humanos son animais sociais 133 00:06:49,679 --> 00:06:52,507 e opóñense a estar recluídos e retidos nun lugar 134 00:06:52,507 --> 00:06:54,217 cando intentamos separalos. 135 00:06:54,727 --> 00:06:57,683 Xa vimos no brote do ébola que, 136 00:06:57,683 --> 00:07:00,719 tan pronto se establece unha corentena, 137 00:07:00,719 --> 00:07:03,126 a xente empeza a escapar dela. 138 00:07:03,126 --> 00:07:07,202 Hai pacientes concretos que, se saben que hai un protocolo de corentena estrito, 139 00:07:07,202 --> 00:07:09,354 non van querer acudir ao médico 140 00:07:09,354 --> 00:07:11,307 por medo ao sistema médico 141 00:07:11,307 --> 00:07:13,017 ou por non poder pagar a asistencia 142 00:07:13,047 --> 00:07:15,734 e non queren separarse da familia e dos amigos. 143 00:07:15,978 --> 00:07:18,004 Os políticos e os funcionarios do goberno, 144 00:07:18,004 --> 00:07:20,078 cando hai que implantar unha corentena, 145 00:07:20,078 --> 00:07:22,448 se teñen que falar de brotes e casos, 146 00:07:22,448 --> 00:07:26,903 poden ocultar información real por medo a desatar un protocolo de corentena. 147 00:07:27,522 --> 00:07:31,271 Obviamente, as fuxidas e a deshonestidade 148 00:07:31,271 --> 00:07:34,956 son o que máis dificulta o rastrexo un brote. 149 00:07:37,101 --> 00:07:39,770 Podemos mellorar as corentenas e as restricións de viaxe. 150 00:07:39,770 --> 00:07:41,260 Deberiamos. 151 00:07:41,260 --> 00:07:44,356 Pero non son a nosa única opción, e tampouco a mellor 152 00:07:44,356 --> 00:07:46,241 para tratar estas situacións. 153 00:07:47,320 --> 00:07:51,792 O xeito real a longo prazo para facer menos graves os brotes 154 00:07:51,792 --> 00:07:54,589 é crear un sistema de saúde global 155 00:07:54,589 --> 00:07:59,816 que apoie as funcións básicas sanitarias en todos os países do mundo 156 00:07:59,816 --> 00:08:02,284 para que todos, mesmo os máis pobres 157 00:08:02,308 --> 00:08:05,885 poidan identificar e tratar novas enfermidades infecciosas 158 00:08:05,885 --> 00:08:07,215 tan pronto como xurdan. 159 00:08:08,425 --> 00:08:13,064 China recibiu moitas criticas pola súa resposta fronte á COVID-19. 160 00:08:13,064 --> 00:08:17,481 Pero que pasaría se a COVID-19 xurdira en Chad, 161 00:08:17,481 --> 00:08:21,041 onde hai tres médicos e medio por cada 100.000 habitantes? 162 00:08:21,999 --> 00:08:25,320 E se pasara na República Democrática do Congo, 163 00:08:25,320 --> 00:08:29,169 onde acaban de lle dar a alta ao último paciente de ébola? 164 00:08:29,169 --> 00:08:32,170 O certo é que estes países non teñen os recursos necesarios 165 00:08:32,170 --> 00:08:34,356 para afrontar unha enfermidade infecciosa: 166 00:08:34,356 --> 00:08:35,529 nin para tratar á xente, 167 00:08:35,529 --> 00:08:37,109 nin para informar con rapidez 168 00:08:37,109 --> 00:08:38,773 para axudar ao resto do mundo. 169 00:08:40,878 --> 00:08:45,795 Dirixín unha avaliación dos centros de tratamento do ébola en Serra Leoa, 170 00:08:45,795 --> 00:08:48,922 e o feito é que os médicos alí 171 00:08:48,922 --> 00:08:51,917 identificaron a crise do ébola moi rapidamente, 172 00:08:51,917 --> 00:08:54,897 primeiro como un virus hemorráxico contaxioso e perigoso 173 00:08:54,897 --> 00:08:57,399 e despois como o propio ébola. 174 00:08:57,399 --> 00:09:01,555 Pero unha vez identificado non tiñan os recursos para responder: 175 00:09:01,555 --> 00:09:04,390 non tiñan suficientes médicos, non tiñan suficientes camas 176 00:09:04,390 --> 00:09:07,604 e non tiñan suficiente información sobre como tratar o ébola 177 00:09:07,604 --> 00:09:09,923 ou como implementar un control de infección. 178 00:09:11,075 --> 00:09:15,802 Once médicos morreron en Serra Leoa polo ébola. 179 00:09:15,802 --> 00:09:19,185 O país só tiña 120 cando empezou a crise. 180 00:09:19,885 --> 00:09:21,353 Pola contra, 181 00:09:21,353 --> 00:09:25,446 o Centro Médico Dallas Baylor ten un cadro de persoal de máis de mil médicos. 182 00:09:26,615 --> 00:09:29,073 Estas son as desigualdades que matan persoas. 183 00:09:29,451 --> 00:09:32,196 Primeiro matan á xente pobre cando comeza o brote, 184 00:09:32,200 --> 00:09:34,668 e despois matan xente por todo o mundo 185 00:09:34,668 --> 00:09:36,238 cando o brote se espalla. 186 00:09:36,963 --> 00:09:39,238 Se realmente queremos reducir o ritmo dos brotes 187 00:09:39,238 --> 00:09:40,870 e o seu impacto, 188 00:09:40,870 --> 00:09:43,985 temos que asegurarnos de que todos os países do mundo 189 00:09:43,985 --> 00:09:46,873 teñan a capacidade de identificar novas enfermidades, 190 00:09:46,873 --> 00:09:48,155 de tratalas, 191 00:09:48,155 --> 00:09:50,860 e de entendelas para poder compartir esa información. 192 00:09:52,445 --> 00:09:55,936 A COVID-19 vai ser unha enorme carga para os sistemas sanitarios. 193 00:09:56,517 --> 00:09:59,330 A COVID-19 vén de nos facer ver algunhas debilidades reais 194 00:09:59,330 --> 00:10:02,469 no sistema global de subministración de produtos sanitarios. 195 00:10:02,469 --> 00:10:05,306 Facendo un pedido a tempo, os sistemas de produción axustada 196 00:10:05,306 --> 00:10:07,157 son xeniais se todo vai ben, 197 00:10:07,157 --> 00:10:11,193 pero en tempos de crise significan a ausencia de reservas. 198 00:10:11,193 --> 00:10:13,579 Se un hospital (ou un país) 199 00:10:13,579 --> 00:10:15,449 queda sen máscaras 200 00:10:15,449 --> 00:10:17,518 ou sen equipamento de protección individual, 201 00:10:17,518 --> 00:10:21,258 non hai ningún almacén cheo de caixas ao que poder acudir. 202 00:10:21,258 --> 00:10:23,236 Hai que pedir máis aos provedores, 203 00:10:23,236 --> 00:10:24,871 hai que esperar a que os produzan, 204 00:10:24,871 --> 00:10:26,487 e hai que esperar a que os envíen, 205 00:10:26,487 --> 00:10:28,077 xeralmente desde China. 206 00:10:28,381 --> 00:10:32,615 Iso é unha demora nun momento en que se necesita velocidade. 207 00:10:33,391 --> 00:10:37,410 Se estivésemos perfectamente preparados para a COVID-19, 208 00:10:37,410 --> 00:10:40,961 China identificaría o brote con máis rapidez. 209 00:10:40,961 --> 00:10:44,539 Estarían preparados para atender as persoas infectadas 210 00:10:44,539 --> 00:10:47,103 sen necesidade de construír novos edificios. 211 00:10:47,103 --> 00:10:50,324 Compartirían información honesta coa cidadanía 212 00:10:50,324 --> 00:10:52,527 para que non houbera rumores espallándose 213 00:10:52,527 --> 00:10:54,798 polas redes sociais en China. 214 00:10:54,798 --> 00:10:58,172 E compartirían información coas autoridades sanitarias mundiais 215 00:10:58,172 --> 00:11:01,121 para empezar a informar aos sistemas sanitarios nacionais 216 00:11:01,121 --> 00:11:03,238 e prepararse para o espallamento do virus. 217 00:11:03,959 --> 00:11:07,055 Os sistemas sanitarios nacionais terían tempo de abastecerse 218 00:11:07,055 --> 00:11:08,880 co equipamento de protección necesario 219 00:11:08,880 --> 00:11:12,669 e de adestrar aos profesionais da saúde no tratamento e control da infección. 220 00:11:13,192 --> 00:11:17,156 Teriamos protocolos baseados na ciencia para saber que facer en situacións 221 00:11:17,156 --> 00:11:19,427 como as dos cruceiros con persoas infectadas. 222 00:11:19,983 --> 00:11:24,286 E as persoas terían a man información real en todas partes 223 00:11:24,286 --> 00:11:28,351 para que non tivéramos que ver lamentables incidentes de xenofobia, 224 00:11:28,355 --> 00:11:32,694 como xente atacando a persoas con trazos asiáticos en Philadelphia. 225 00:11:33,403 --> 00:11:35,187 Pero malia todo, 226 00:11:35,187 --> 00:11:37,673 seguiría habendo brotes. 227 00:11:38,939 --> 00:11:41,667 As decisións que tomamos sobre como habitamos a Terra 228 00:11:41,667 --> 00:11:42,972 fano inevitable. 229 00:11:44,003 --> 00:11:48,308 Mentres non exista un consenso de expertos sobre a COVID-19, 230 00:11:49,006 --> 00:11:51,292 nos EE.UU. e globalmente 231 00:11:51,292 --> 00:11:53,749 a situación vai seguir empeorando antes de mellorar. 232 00:11:54,489 --> 00:11:58,931 Estamos a ver casos de transmisión en persoas que non volven dunha viaxe, 233 00:11:58,931 --> 00:12:01,077 casos que simplemente xorden nunha comunidade, 234 00:12:01,077 --> 00:12:03,296 e estamos a ver xente infectada coa COVID-19 235 00:12:03,296 --> 00:12:06,508 sen ter nin idea da orixe desa infección. 236 00:12:06,508 --> 00:12:09,255 Son signos dun brote que vai a peor, 237 00:12:09,255 --> 00:12:11,519 non dun brote baixo control. 238 00:12:14,298 --> 00:12:17,365 É deprimente, pero non sorprendente. 239 00:12:18,150 --> 00:12:19,506 Os expertos en saúde global, 240 00:12:19,506 --> 00:12:22,331 ao falaren do escenario de novos virus, 241 00:12:22,331 --> 00:12:24,953 ven o actual como un deses escenarios posibles. 242 00:12:24,953 --> 00:12:27,549 Todos esperabamos que fora sinxelo, 243 00:12:27,549 --> 00:12:30,958 pero cando os expertos falan sobre planificación viral, 244 00:12:30,958 --> 00:12:34,850 é exactamente así como esperan que o virus avance. 245 00:12:36,727 --> 00:12:39,508 Quero rematar isto cun consello persoal. 246 00:12:40,524 --> 00:12:41,836 Lavade as mans. 247 00:12:42,442 --> 00:12:44,838 Lavade moito as mans. 248 00:12:44,838 --> 00:12:48,215 Xa sei que as lavades moito porque non sodes uns porcos, 249 00:12:48,215 --> 00:12:50,445 pero lavádeas aínda máis. 250 00:12:50,445 --> 00:12:54,422 Creade rutinas no voso día a día para lavar as mans. 251 00:12:54,422 --> 00:12:57,414 Lavade as mans cada vez que entredes e saiades dun edificio. 252 00:12:57,414 --> 00:13:01,012 Lavade as mans cando vaiades e volvades dunha cita. 253 00:13:01,012 --> 00:13:03,454 Facede de lavar as mans un ritual. 254 00:13:04,160 --> 00:13:06,014 Desinfectade os vosos teléfonos. 255 00:13:06,014 --> 00:13:09,819 Tocamos o teléfono coas mans sucias todo o tempo. 256 00:13:09,819 --> 00:13:12,271 Xa sei que o levades ao baño con vós. 257 00:13:12,271 --> 00:13:14,446 (Gargalladas) 258 00:13:15,264 --> 00:13:20,314 Así que desinfectade os vosos teléfonos e non os usedes tanto en público. 259 00:13:20,314 --> 00:13:23,459 Ao mellor podemos usar TikTok e Instagram só na casa. 260 00:13:24,550 --> 00:13:25,857 Non toquedes a cara. 261 00:13:26,888 --> 00:13:28,538 Non focedes nos ollos. 262 00:13:28,538 --> 00:13:30,014 Non mordades as unllas. 263 00:13:30,014 --> 00:13:32,120 Non asoedes o nariz co dorso da man. 264 00:13:32,120 --> 00:13:34,191 Por favor, non o fagades, é noxento. 265 00:13:34,191 --> 00:13:36,090 (Gargalladas) 266 00:13:36,090 --> 00:13:37,669 Non levedes unha máscara. 267 00:13:38,158 --> 00:13:41,473 As máscaras son para xente enferma e para persoal sanitario. 268 00:13:41,473 --> 00:13:45,409 Se estades enfermos, a máscara retén toses e espirros 269 00:13:45,409 --> 00:13:47,590 e protexe á xente ao voso redor. 270 00:13:47,590 --> 00:13:49,433 E se sodes persoal sanitario, 271 00:13:49,433 --> 00:13:52,068 a máscara é unha ferramenta entre as moitas outras 272 00:13:52,068 --> 00:13:53,949 do equipamento de protección individual 273 00:13:53,949 --> 00:13:56,810 que saberedes utilizar para dar unha atención axeitada 274 00:13:56,810 --> 00:13:58,438 sen poñervos enfermos vós mesmos. 275 00:13:58,438 --> 00:14:01,472 Se sodes persoas sas normais e poñedes unha máscara, 276 00:14:01,472 --> 00:14:03,727 só vos vai facer suar. 277 00:14:03,727 --> 00:14:04,893 (Gargalladas) 278 00:14:04,893 --> 00:14:07,314 Deixade as máscaras nas tendas 279 00:14:07,314 --> 00:14:10,077 para os médicos, as enfermeiras e a xente enferma. 280 00:14:11,195 --> 00:14:13,686 Se pensades que tedes síntomas da COVID-19, 281 00:14:13,686 --> 00:14:16,202 quedade na casa e chamade ao médico. 282 00:14:17,143 --> 00:14:22,571 Se vos diagnostican a COVID-19 lembrade que adoita ser lene. 283 00:14:22,571 --> 00:14:24,056 Se sodes fumadores, 284 00:14:24,056 --> 00:14:26,948 este é o mellor momento posible para deixar de fumar. 285 00:14:27,679 --> 00:14:29,028 Quero dicir, se fumades, 286 00:14:29,028 --> 00:14:32,469 calquera momento é o mellor para deixar de fumar, 287 00:14:32,469 --> 00:14:35,359 pero se sodes fumadores e tedes medo da COVID-19, 288 00:14:35,359 --> 00:14:39,133 garántovos que deixar de fumar é o mellor que podedes facer 289 00:14:39,133 --> 00:14:42,853 para vos protexer das peores consecuencias da COVID-19. 290 00:14:44,846 --> 00:14:47,345 A COVID-19 mete medo, 291 00:14:47,345 --> 00:14:51,548 nun momento en que practicamente todas as noticias meten medo. 292 00:14:52,099 --> 00:14:57,093 E hai xeitos tan atractivos como negativos para afrontalo: 293 00:14:57,093 --> 00:15:02,405 pánico, xenofobia, agorafobia, autoritarismo, 294 00:15:02,405 --> 00:15:07,243 mentiras simplificadas que nos fan crer que o odio, a ira e a soidade 295 00:15:07,243 --> 00:15:09,420 son a solución aos brotes. 296 00:15:09,420 --> 00:15:10,658 Pero non é así. 297 00:15:10,658 --> 00:15:12,784 Simplemente fannos estar menos preparados. 298 00:15:13,356 --> 00:15:17,566 Tamén hai outras opcións tan aburridas como útiles 299 00:15:17,566 --> 00:15:20,302 que podemos usar fronte aos brotes, 300 00:15:20,302 --> 00:15:23,724 cousas como mellorar o sistema sanitario aquí e en todo o mundo; 301 00:15:23,724 --> 00:15:26,943 investir en infraestruturas sanitarias e no control de enfermidades 302 00:15:26,947 --> 00:15:29,302 para saber cando hai enfermidades novas en camiño; 303 00:15:29,302 --> 00:15:32,268 construír sistemas sanitarios por todo o mundo; 304 00:15:32,268 --> 00:15:36,863 reforzar as cadeas de subministración para que estean listas para emerxencias; 305 00:15:36,863 --> 00:15:38,895 e mellorar a educación, 306 00:15:38,895 --> 00:15:43,524 para que poidamos falar de brotes e de matemáticas de risco 307 00:15:43,524 --> 00:15:45,845 sen entrar nun pánico sen sentido. 308 00:15:46,790 --> 00:15:48,917 Témonos que guiar pola equidade, 309 00:15:48,917 --> 00:15:51,257 porque nesta situación, como noutras, 310 00:15:51,257 --> 00:15:54,514 a equidade é polo noso propio interese. 311 00:15:55,727 --> 00:15:58,429 Así que moitas grazas pola vosa atención, 312 00:15:58,429 --> 00:16:00,350 e espero ser a primeira en dicirvos: 313 00:16:00,350 --> 00:16:02,540 lavade as mans en canto saiades de aquí. 314 00:16:02,540 --> 00:16:04,873 (Gargalladas) (Aplausos)