0:00:00.859,0:00:02.270 Quero comezar 0:00:02.270,0:00:04.450 falando un pouco das miñas credenciais 0:00:04.450,0:00:06.394 para poder sacar o tema a colación 0:00:06.394,0:00:08.436 porque, sinceramente, 0:00:08.436,0:00:12.253 non deberiades escoitar[br]a ningunha persoa de certa idade 0:00:12.253,0:00:14.872 que estea a falar sobre o COVID-19. 0:00:14.872,0:00:16.385 (Gargalladas) 0:00:16.385,0:00:20.260 Hai 20 anos que traballo[br]no campo da saúde global 0:00:20.260,0:00:24.628 e a miña especialización son[br]os sistemas sanitarios 0:00:24.628,0:00:28.380 e o que lles pasa[br]cando levan un duro golpe. 0:00:28.676,0:00:31.217 Traballei tamén[br]como xornalista da saúde global, 0:00:31.217,0:00:34.838 escribín sobre saúde global[br]e bioseguridade 0:00:34.838,0:00:37.974 para xornais e páxinas web, 0:00:37.974,0:00:40.297 e hai uns anos publiquei un libro 0:00:40.297,0:00:43.693 sobre as maiores ameazas[br]para a saúde global do noso planeta. 0:00:44.281,0:00:47.977 Apoiei e dirixín traballos epidemiolóxicos 0:00:47.977,0:00:51.963 que van desde a avaliación[br]de centros de tratamento do ébola 0:00:51.963,0:00:56.006 ata o estudo da transmisión da tuberculose[br]en centros médicos, 0:00:56.006,0:00:58.872 pasando pola preparación[br]contra a gripe aviaria. 0:00:59.337,0:01:02.486 Teño un mestrado en Saúde Internacional. 0:01:02.940,0:01:04.072 Non son doutora. 0:01:04.072,0:01:05.052 Non son enfermeira. 0:01:05.052,0:01:06.949 Non son especialista en atención médica 0:01:06.949,0:01:09.309 nin no coidado de pacientes. 0:01:09.309,0:01:12.912 Son especialista no estudo de poboacións[br]e sistemas sanitarios: 0:01:12.912,0:01:16.393 no que acontece cando as enfermidades[br]se moven a grande escala. 0:01:17.128,0:01:20.970 Se clasificamos as fontes[br]que dominan o tema da saúde global 0:01:20.970,0:01:23.499 nunha escala do un ao dez 0:01:23.499,0:01:26.866 onde o un é un calquera[br]queixándose en Facebook, 0:01:26.866,0:01:31.075 e o dez, a Organización Mundial da Saúde, 0:01:31.075,0:01:34.737 eu diría que me podedes situar[br]entre un sete e un oito. 0:01:34.737,0:01:37.386 Tédeo en conta mentres vos falo. 0:01:38.931,0:01:42.116 Empezarei polo máis básico[br]porque creo que anda un pouco perdido 0:01:42.116,0:01:45.557 entre todo o balbordo dos medios[br]falando sobre a COVID-19. 0:01:46.281,0:01:50.211 A COVID-19 é un coronavirus. 0:01:50.211,0:01:54.228 Os coronavirus son un subgrupo[br]específico de virus 0:01:54.228,0:01:57.663 que teñen unha serie[br]de características únicas: 0:01:57.663,0:02:01.426 usan ARN en lugar de ADN[br]como material xenético, 0:02:01.426,0:02:04.597 e a superficie do virus[br]está cuberta dunhas espículas 0:02:04.597,0:02:07.484 que utilizan para invadir células. 0:02:07.484,0:02:11.010 Esas espículas son a “coroa” [br]no coronavirus. 0:02:12.364,0:02:16.035 Coñecemos a COVID-19[br]como o novo coronavirus 0:02:16.035,0:02:20.173 porque ata decembro só sentíramos falar[br]de seis coronavirus. 0:02:20.173,0:02:22.033 A COVID-19 é o sétimo. 0:02:22.033,0:02:23.225 É novo para todos nós. 0:02:23.225,0:02:24.872 Acaba de ser secuenciado. 0:02:24.872,0:02:26.131 Acaba de ser bautizado. 0:02:26.131,0:02:27.487 Velaquí por que é novo. 0:02:28.215,0:02:32.428 Recordades a SARS,[br]Síndrome Respiratoria Aguda Grave? 0:02:32.428,0:02:33.623 Ou a MERS, 0:02:33.647,0:02:35.575 Síndrome Respiratoria do Oriente Medio? 0:02:35.575,0:02:37.638 As dúas eran cousa de coronavirus. 0:02:37.638,0:02:40.779 E chamámoslles síndromes respiratorias 0:02:40.779,0:02:43.692 porque iso é o que fan os coronavirus: 0:02:43.692,0:02:45.464 van polos teus pulmóns. 0:02:45.464,0:02:46.676 Non fan devolver, 0:02:46.676,0:02:48.286 non fan sangrar polos ollos, 0:02:48.286,0:02:49.730 non producen hemorraxias. 0:02:49.730,0:02:51.448 Van directos aos pulmóns. 0:02:52.415,0:02:54.694 A COVID-19 non é diferente. 0:02:55.208,0:02:58.517 Causa unha serie de síntomas respiratorios 0:02:58.517,0:03:01.714 que van desde tose seca e febre 0:03:01.714,0:03:05.316 ata unha terrible pneumonía vírica. 0:03:05.316,0:03:08.699 E esa serie de síntomas é unha das razóns 0:03:08.699,0:03:11.583 polas que está sendo tan difícil[br]rastrexar este brote. 0:03:12.033,0:03:15.005 Hai moita xente que pasa a COVID-19 0:03:15.005,0:03:17.054 dun xeito tan leve, 0:03:17.054,0:03:21.173 cuns síntomas tan lenes[br]que nin tan sequera van ao médico, 0:03:21.173,0:03:23.095 non se rexistran no sistema. 0:03:23.095,0:03:26.769 En particular, a infancia [br]teno moi fácil coa COVID-19, 0:03:26.769,0:03:29.300 algo que temos que agradecer. 0:03:31.570,0:03:33.958 Os coronavirus son zoonóticos: 0:03:33.958,0:03:37.218 transmítense dos animais ás persoas. 0:03:37.218,0:03:41.872 Algúns coronavirus, como a COVID-19,[br]tamén se transmiten entre persoas. 0:03:42.589,0:03:45.956 Estes últimos viaxan[br]máis rápido e máis lonxe, 0:03:45.956,0:03:47.605 como a COVID-19. 0:03:48.079,0:03:51.415 É moi difícil desfacerse[br]de enfermidades zoonóticas 0:03:51.415,0:03:53.690 porque teñen un reservorio animal. 0:03:54.229,0:03:57.251 Un exemplo é a gripe aviaria: 0:03:57.275,0:04:00.700 podemos eliminala en animais de granxa, 0:04:00.700,0:04:02.400 en pavos, en patos... 0:04:02.400,0:04:06.623 pero segue aparecendo cada ano[br]porque a traen de volta paxaros salvaxes. 0:04:06.623,0:04:07.882 Non se fala moito dela 0:04:07.882,0:04:10.896 porque a gripe aviaria non se transmite[br]de persoa a persoa, 0:04:10.896,0:04:15.235 pero cada ano temos brotes[br]en granxas avícolas de todo o mundo. 0:04:16.506,0:04:20.735 A COVID-19 pasou probablemente[br]de animais a persoas 0:04:20.735,0:04:23.316 nun mercado de animais salvaxes[br]en Wuhan, China. 0:04:24.987,0:04:27.115 Entremos agora en cuestións menos básicas. 0:04:27.990,0:04:31.727 Este non é o último gran brote[br]que imos ver. 0:04:32.106,0:04:36.291 Vai haber máis brotes[br]e vai haber máis epidemias. 0:04:36.291,0:04:37.842 Non é un "se cadra". 0:04:37.842,0:04:39.672 É un feito. 0:04:39.672,0:04:42.761 É o resultado[br]do xeito en que os seres humanos, 0:04:42.761,0:04:44.770 nos estamos a relacionar co planeta. 0:04:45.225,0:04:48.273 As decisións humanas[br]lévannos a unha situación 0:04:48.273,0:04:50.920 en que imos ver máis brotes. 0:04:51.489,0:04:52.981 En parte polo cambio climático, 0:04:52.981,0:04:55.844 que aumenta a temperatura global[br]e fai o mundo máis acolledor 0:04:55.844,0:04:57.850 para os virus e as bacterias. 0:04:58.287,0:05:04.328 Pero tamén por como explotamos os últimos[br]recunchos salvaxes da Terra ao máximo. 0:05:04.916,0:05:07.879 Cando queimamos e esnaquizamos[br]a selva do Amazonas 0:05:07.879,0:05:10.454 para conseguir terra barata[br]destinada á gandería, 0:05:10.454,0:05:14.475 cando convertemos en granxas[br]o que queda da sabana africana, 0:05:14.475,0:05:19.301 cando cazamos animais salvaxes[br]en China e os levamos á extinción, 0:05:19.301,0:05:22.461 poñémonos en contacto[br]con poboacións salvaxes 0:05:22.461,0:05:25.278 que ata o momento estaban illadas, 0:05:25.278,0:05:28.290 e esas poboacións[br]teñen novas enfermidades: 0:05:28.290,0:05:30.062 bacterias, virus... 0:05:30.062,0:05:32.172 cousas para as que non estamos preparados. 0:05:32.612,0:05:34.085 Particularmente os morcegos 0:05:34.085,0:05:37.378 adoitan ter enfermidades[br]que poden afectar a outras persoas, 0:05:37.378,0:05:39.589 pero non son os únicos. 0:05:40.610,0:05:45.250 Mentres sigamos facendo accesibles[br]lugares que antes eran remotos, 0:05:45.250,0:05:47.238 os brotes seguirán reaparecendo. 0:05:49.093,0:05:53.737 Non podemos parar os brotes[br]con corentenas ou restricións para viaxar. 0:05:53.737,0:05:55.673 Esa é a primeira reacción de calquera: 0:05:55.673,0:05:59.477 "Hai que recluír á xente!",[br]"Hai que parar este brote!" 0:05:59.477,0:06:05.076 O feito é que é moi difícil[br]establecer unha boa corentena. 0:06:05.076,0:06:08.176 É moi difícil poñer[br]restricións para viaxar. 0:06:08.176,0:06:11.848 Mesmo os países que fixeron[br]grandes investimentos en saúde pública, 0:06:11.848,0:06:13.568 como os EE.UU. e Corea do Sur, 0:06:13.568,0:06:16.281 non poden pór en práctica a tempo[br]todas esas restricións 0:06:16.281,0:06:18.588 para parar inmediatamente un brote. 0:06:19.123,0:06:22.643 Hai motivos loxísticos e médicos[br]para explicar isto. 0:06:22.643,0:06:25.502 Se ollamos agora cara á COVID-19, 0:06:25.502,0:06:29.566 parece que hai un primeiro período[br]de infección asintomático 0:06:29.566,0:06:31.668 de máximo 24 días. 0:06:32.460,0:06:34.760 Así que a xente pasea polas rúas 0:06:34.760,0:06:36.400 sen manifestar síntomas do virus. 0:06:36.400,0:06:40.274 Non son postos en corentena [br]porque ninguén sabe que a necesitan. 0:06:43.000,0:06:47.181 A corentena e as restricións de viaxes[br]teñen tamén un prezo real. 0:06:47.910,0:06:49.679 Os seres humanos son animais sociais 0:06:49.679,0:06:52.507 e opóñense a estar recluídos[br]e retidos nun lugar 0:06:52.507,0:06:54.217 cando intentamos separalos. 0:06:54.727,0:06:57.683 Xa vimos no brote do ébola que, 0:06:57.683,0:07:00.719 tan pronto se establece unha corentena, 0:07:00.719,0:07:03.126 a xente empeza a escapar dela. 0:07:03.126,0:07:07.202 Hai pacientes concretos que, se saben[br]que hai un protocolo de corentena estrito, 0:07:07.202,0:07:09.354 non van querer acudir ao médico 0:07:09.354,0:07:11.307 por medo ao sistema médico 0:07:11.307,0:07:13.017 ou por non poder pagar a asistencia 0:07:13.047,0:07:15.734 e non queren separarse[br]da familia e dos amigos. 0:07:15.978,0:07:18.004 Os políticos e os funcionarios do goberno, 0:07:18.004,0:07:20.078 cando hai que implantar unha corentena, 0:07:20.078,0:07:22.448 se teñen que falar de brotes e casos, 0:07:22.448,0:07:26.903 poden ocultar información real por medo[br]a desatar un protocolo de corentena. 0:07:27.522,0:07:31.271 Obviamente, as fuxidas e a deshonestidade 0:07:31.271,0:07:34.956 son o que máis dificulta[br]o rastrexo un brote. 0:07:37.101,0:07:39.770 Podemos mellorar as corentenas[br]e as restricións de viaxe. 0:07:39.770,0:07:41.260 Deberiamos. 0:07:41.260,0:07:44.356 Pero non son a nosa única opción,[br]e tampouco a mellor 0:07:44.356,0:07:46.241 para tratar estas situacións. 0:07:47.320,0:07:51.792 O xeito real a longo prazo[br]para facer menos graves os brotes 0:07:51.792,0:07:54.589 é crear un sistema de saúde global 0:07:54.589,0:07:59.816 que apoie as funcións básicas sanitarias[br]en todos os países do mundo 0:07:59.816,0:08:02.284 para que todos, mesmo os máis pobres 0:08:02.308,0:08:05.885 poidan identificar e tratar[br]novas enfermidades infecciosas 0:08:05.885,0:08:07.215 tan pronto como xurdan. 0:08:08.425,0:08:13.064 China recibiu moitas criticas[br]pola súa resposta fronte á COVID-19. 0:08:13.064,0:08:17.481 Pero que pasaría se a COVID-19[br]xurdira en Chad, 0:08:17.481,0:08:21.041 onde hai tres médicos e medio[br]por cada 100.000 habitantes? 0:08:21.999,0:08:25.320 E se pasara[br]na República Democrática do Congo, 0:08:25.320,0:08:29.169 onde acaban de lle dar a alta[br]ao último paciente de ébola? 0:08:29.169,0:08:32.170 O certo é que estes países[br]non teñen os recursos necesarios 0:08:32.170,0:08:34.356 para afrontar unha enfermidade infecciosa: 0:08:34.356,0:08:35.529 nin para tratar á xente, 0:08:35.529,0:08:37.109 nin para informar con rapidez 0:08:37.109,0:08:38.773 para axudar ao resto do mundo. 0:08:40.878,0:08:45.795 Dirixín unha avaliación dos centros[br]de tratamento do ébola en Serra Leoa, 0:08:45.795,0:08:48.922 e o feito é que os médicos alí 0:08:48.922,0:08:51.917 identificaron a crise do ébola[br]moi rapidamente, 0:08:51.917,0:08:54.897 primeiro como un virus[br]hemorráxico contaxioso e perigoso 0:08:54.897,0:08:57.399 e despois como o propio ébola. 0:08:57.399,0:09:01.555 Pero unha vez identificado[br]non tiñan os recursos para responder: 0:09:01.555,0:09:04.390 non tiñan suficientes médicos,[br]non tiñan suficientes camas 0:09:04.390,0:09:07.604 e non tiñan suficiente información[br]sobre como tratar o ébola 0:09:07.604,0:09:09.923 ou como implementar[br]un control de infección. 0:09:11.075,0:09:15.802 Once médicos morreron[br]en Serra Leoa polo ébola. 0:09:15.802,0:09:19.185 O país só tiña 120 cando empezou a crise. 0:09:19.885,0:09:21.353 Pola contra, 0:09:21.353,0:09:25.446 o Centro Médico Dallas Baylor ten un cadro[br]de persoal de máis de mil médicos. 0:09:26.615,0:09:29.073 Estas son as desigualdades[br]que matan persoas. 0:09:29.451,0:09:32.196 Primeiro matan á xente pobre[br]cando comeza o brote, 0:09:32.200,0:09:34.668 e despois matan xente por todo o mundo 0:09:34.668,0:09:36.238 cando o brote se espalla. 0:09:36.963,0:09:39.238 Se realmente queremos reducir[br]o ritmo dos brotes 0:09:39.238,0:09:40.870 e o seu impacto, 0:09:40.870,0:09:43.985 temos que asegurarnos[br]de que todos os países do mundo 0:09:43.985,0:09:46.873 teñan a capacidade [br]de identificar novas enfermidades, 0:09:46.873,0:09:48.155 de tratalas, 0:09:48.155,0:09:50.860 e de entendelas[br]para poder compartir esa información. 0:09:52.445,0:09:55.936 A COVID-19 vai ser unha enorme carga [br]para os sistemas sanitarios. 0:09:56.517,0:09:59.330 A COVID-19 vén de nos facer ver[br]algunhas debilidades reais 0:09:59.330,0:10:02.469 no sistema global de subministración[br]de produtos sanitarios. 0:10:02.469,0:10:05.306 Facendo un pedido a tempo,[br]os sistemas de produción axustada 0:10:05.306,0:10:07.157 son xeniais se todo vai ben, 0:10:07.157,0:10:11.193 pero en tempos de crise significan[br]a ausencia de reservas. 0:10:11.193,0:10:13.579 Se un hospital (ou un país) 0:10:13.579,0:10:15.449 queda sen máscaras 0:10:15.449,0:10:17.518 ou sen equipamento[br]de protección individual, 0:10:17.518,0:10:21.258 non hai ningún almacén cheo de caixas[br]ao que poder acudir. 0:10:21.258,0:10:23.236 Hai que pedir máis aos provedores, 0:10:23.236,0:10:24.871 hai que esperar a que os produzan, 0:10:24.871,0:10:26.487 e hai que esperar a que os envíen, 0:10:26.487,0:10:28.077 xeralmente desde China. 0:10:28.381,0:10:32.615 Iso é unha demora nun momento[br]en que se necesita velocidade. 0:10:33.391,0:10:37.410 Se estivésemos perfectamente preparados[br]para a COVID-19, 0:10:37.410,0:10:40.961 China identificaría o brote[br]con máis rapidez. 0:10:40.961,0:10:44.539 Estarían preparados[br]para atender as persoas infectadas 0:10:44.539,0:10:47.103 sen necesidade de construír[br]novos edificios. 0:10:47.103,0:10:50.324 Compartirían información honesta[br]coa cidadanía 0:10:50.324,0:10:52.527 para que non houbera rumores espallándose 0:10:52.527,0:10:54.798 polas redes sociais en China. 0:10:54.798,0:10:58.172 E compartirían información[br]coas autoridades sanitarias mundiais 0:10:58.172,0:11:01.121 para empezar a informar[br]aos sistemas sanitarios nacionais 0:11:01.121,0:11:03.238 e prepararse para o espallamento do virus. 0:11:03.959,0:11:07.055 Os sistemas sanitarios nacionais[br]terían tempo de abastecerse 0:11:07.055,0:11:08.880 co equipamento de protección necesario 0:11:08.880,0:11:12.669 e de adestrar aos profesionais da saúde[br]no tratamento e control da infección. 0:11:13.192,0:11:17.156 Teriamos protocolos baseados na ciencia[br]para saber que facer en situacións 0:11:17.156,0:11:19.427 como as dos cruceiros[br]con persoas infectadas. 0:11:19.983,0:11:24.286 E as persoas terían a man[br]información real en todas partes 0:11:24.286,0:11:28.351 para que non tivéramos que ver[br]lamentables incidentes de xenofobia, 0:11:28.355,0:11:32.694 como xente atacando a persoas[br]con trazos asiáticos en Philadelphia. 0:11:33.403,0:11:35.187 Pero malia todo, 0:11:35.187,0:11:37.673 seguiría habendo brotes. 0:11:38.939,0:11:41.667 As decisións que tomamos[br]sobre como habitamos a Terra 0:11:41.667,0:11:42.972 fano inevitable. 0:11:44.003,0:11:48.308 Mentres non exista[br]un consenso de expertos sobre a COVID-19, 0:11:49.006,0:11:51.292 nos EE.UU. e globalmente 0:11:51.292,0:11:53.749 a situación vai seguir empeorando[br]antes de mellorar. 0:11:54.489,0:11:58.931 Estamos a ver casos de transmisión[br]en persoas que non volven dunha viaxe, 0:11:58.931,0:12:01.077 casos que simplemente[br]xorden nunha comunidade, 0:12:01.077,0:12:03.296 e estamos a ver xente infectada[br]coa COVID-19 0:12:03.296,0:12:06.508 sen ter nin idea da orixe desa infección. 0:12:06.508,0:12:09.255 Son signos dun brote que vai a peor, 0:12:09.255,0:12:11.519 non dun brote baixo control. 0:12:14.298,0:12:17.365 É deprimente, pero non sorprendente. 0:12:18.150,0:12:19.506 Os expertos en saúde global, 0:12:19.506,0:12:22.331 ao falaren do escenario de novos virus, 0:12:22.331,0:12:24.953 ven o actual como[br]un deses escenarios posibles. 0:12:24.953,0:12:27.549 Todos esperabamos que fora sinxelo, 0:12:27.549,0:12:30.958 pero cando os expertos falan[br]sobre planificación viral, 0:12:30.958,0:12:34.850 é exactamente así como esperan[br]que o virus avance. 0:12:36.727,0:12:39.508 Quero rematar isto cun consello persoal. 0:12:40.524,0:12:41.836 Lavade as mans. 0:12:42.442,0:12:44.838 Lavade moito as mans. 0:12:44.838,0:12:48.215 Xa sei que as lavades moito[br]porque non sodes uns porcos, 0:12:48.215,0:12:50.445 pero lavádeas aínda máis. 0:12:50.445,0:12:54.422 Creade rutinas no voso día a día[br]para lavar as mans. 0:12:54.422,0:12:57.414 Lavade as mans cada vez que entredes[br]e saiades dun edificio. 0:12:57.414,0:13:01.012 Lavade as mans cando vaiades[br]e volvades dunha cita. 0:13:01.012,0:13:03.454 Facede de lavar as mans un ritual. 0:13:04.160,0:13:06.014 Desinfectade os vosos teléfonos. 0:13:06.014,0:13:09.819 Tocamos o teléfono coas mans sucias[br]todo o tempo. 0:13:09.819,0:13:12.271 Xa sei que o levades ao baño con vós. 0:13:12.271,0:13:14.446 (Gargalladas) 0:13:15.264,0:13:20.314 Así que desinfectade os vosos teléfonos[br]e non os usedes tanto en público. 0:13:20.314,0:13:23.459 Ao mellor podemos usar TikTok[br]e Instagram só na casa. 0:13:24.550,0:13:25.857 Non toquedes a cara. 0:13:26.888,0:13:28.538 Non focedes nos ollos. 0:13:28.538,0:13:30.014 Non mordades as unllas. 0:13:30.014,0:13:32.120 Non asoedes o nariz co dorso da man. 0:13:32.120,0:13:34.191 Por favor, non o fagades, é noxento. 0:13:34.191,0:13:36.090 (Gargalladas) 0:13:36.090,0:13:37.669 Non levedes unha máscara. 0:13:38.158,0:13:41.473 As máscaras son para xente enferma[br]e para persoal sanitario. 0:13:41.473,0:13:45.409 Se estades enfermos, a máscara[br]retén toses e espirros 0:13:45.409,0:13:47.590 e protexe á xente ao voso redor. 0:13:47.590,0:13:49.433 E se sodes persoal sanitario, 0:13:49.433,0:13:52.068 a máscara é unha ferramenta[br]entre as moitas outras 0:13:52.068,0:13:53.949 do equipamento de protección individual 0:13:53.949,0:13:56.810 que saberedes utilizar[br]para dar unha atención axeitada 0:13:56.810,0:13:58.438 sen poñervos enfermos vós mesmos. 0:13:58.438,0:14:01.472 Se sodes persoas sas normais[br]e poñedes unha máscara, 0:14:01.472,0:14:03.727 só vos vai facer suar. 0:14:03.727,0:14:04.893 (Gargalladas) 0:14:04.893,0:14:07.314 Deixade as máscaras nas tendas 0:14:07.314,0:14:10.077 para os médicos, as enfermeiras[br]e a xente enferma. 0:14:11.195,0:14:13.686 Se pensades que tedes síntomas[br]da COVID-19, 0:14:13.686,0:14:16.202 quedade na casa e chamade ao médico. 0:14:17.143,0:14:22.571 Se vos diagnostican a COVID-19[br]lembrade que adoita ser lene. 0:14:22.571,0:14:24.056 Se sodes fumadores, 0:14:24.056,0:14:26.948 este é o mellor momento posible[br]para deixar de fumar. 0:14:27.679,0:14:29.028 Quero dicir, se fumades, 0:14:29.028,0:14:32.469 calquera momento é o mellor[br]para deixar de fumar, 0:14:32.469,0:14:35.359 pero se sodes fumadores[br]e tedes medo da COVID-19, 0:14:35.359,0:14:39.133 garántovos que deixar de fumar[br]é o mellor que podedes facer 0:14:39.133,0:14:42.853 para vos protexer [br]das peores consecuencias da COVID-19. 0:14:44.846,0:14:47.345 A COVID-19 mete medo, 0:14:47.345,0:14:51.548 nun momento en que practicamente[br]todas as noticias meten medo. 0:14:52.099,0:14:57.093 E hai xeitos tan atractivos[br]como negativos para afrontalo: 0:14:57.093,0:15:02.405 pánico, xenofobia,[br]agorafobia, autoritarismo, 0:15:02.405,0:15:07.243 mentiras simplificadas que nos fan crer[br]que o odio, a ira e a soidade 0:15:07.243,0:15:09.420 son a solución aos brotes. 0:15:09.420,0:15:10.658 Pero non é así. 0:15:10.658,0:15:12.784 Simplemente fannos estar menos preparados. 0:15:13.356,0:15:17.566 Tamén hai outras opcións[br]tan aburridas como útiles 0:15:17.566,0:15:20.302 que podemos usar fronte aos brotes, 0:15:20.302,0:15:23.724 cousas como mellorar o sistema sanitario[br]aquí e en todo o mundo; 0:15:23.724,0:15:26.943 investir en infraestruturas sanitarias[br]e no control de enfermidades 0:15:26.947,0:15:29.302 para saber cando hai[br]enfermidades novas en camiño; 0:15:29.302,0:15:32.268 construír sistemas sanitarios[br]por todo o mundo; 0:15:32.268,0:15:36.863 reforzar as cadeas de subministración[br]para que estean listas para emerxencias; 0:15:36.863,0:15:38.895 e mellorar a educación, 0:15:38.895,0:15:43.524 para que poidamos falar de brotes[br]e de matemáticas de risco 0:15:43.524,0:15:45.845 sen entrar nun pánico sen sentido. 0:15:46.790,0:15:48.917 Témonos que guiar pola equidade, 0:15:48.917,0:15:51.257 porque nesta situación, como noutras, 0:15:51.257,0:15:54.514 a equidade é polo noso propio interese. 0:15:55.727,0:15:58.429 Así que moitas grazas pola vosa atención, 0:15:58.429,0:16:00.350 e espero ser a primeira en dicirvos: 0:16:00.350,0:16:02.540 lavade as mans en canto saiades de aquí. 0:16:02.540,0:16:04.873 (Gargalladas)[br](Aplausos)