1 00:00:06,273 --> 00:00:09,882 [Como abordar problemas de velocidade de lectura] 2 00:00:10,500 --> 00:00:14,062 Como non queremos que a audiencia perda ningún subtítulo, 3 00:00:14,086 --> 00:00:17,510 sempre queremos conservar unha "velocidade de lectura" aceptable, 4 00:00:17,510 --> 00:00:22,067 ou sexa, a velocidade que permite que a audiencia lea o subtítulo 5 00:00:22,067 --> 00:00:24,594 antes de que desapareza da pantalla. 6 00:00:25,343 --> 00:00:29,125 A velocidade de lectura é un valor numérico de caracteres por segundo 7 00:00:29,295 --> 00:00:33,460 que pode variar dependendo do alfabeto usado nos subtítulos. 8 00:00:33,460 --> 00:00:36,778 21 caracteres por segundo é a velocidade máxima 9 00:00:36,778 --> 00:00:39,603 para idiomas que usan o alfabeto latino. 10 00:00:40,440 --> 00:00:44,481 Se ten problemas para manter unha boa velocidade de lectura de subtítulos 11 00:00:44,965 --> 00:00:47,670 velaquí algunhas estratexias que lle poderían servir. 12 00:00:47,900 --> 00:00:52,387 Primeiro: pode darlle á audiencia máis tempo de lectura. 13 00:00:52,411 --> 00:00:57,505 Para iso, só ten que premer no final do subtítulo e arrastralo 14 00:00:57,619 --> 00:01:02,488 para aumentar a súa duración ata que a velocidade de lectura sexa normal. 15 00:01:03,504 --> 00:01:07,499 Isto podería afectar o inicio do seguinte subtítulo. 16 00:01:07,499 --> 00:01:09,550 Pero unha boa velocidade de lectura 17 00:01:09,550 --> 00:01:12,510 é sempre máis importante que unha perfecta sincronización. 18 00:01:12,739 --> 00:01:16,052 Aínda así, iniciar moi tarde o seguinte subtítulo 19 00:01:16,052 --> 00:01:19,190 tamén pode crear problemas de velocidade de lectura. 20 00:01:19,190 --> 00:01:22,349 Así que ás veces precisará axustar tamén ese subtítulo, 21 00:01:22,349 --> 00:01:23,743 e despois o seguinte, 22 00:01:23,743 --> 00:01:27,347 ata completar a corrección en cadea da velocidade de lectura. 23 00:01:28,419 --> 00:01:32,758 Estender demais a duración non sempre é boa idea; 24 00:01:32,758 --> 00:01:36,561 en especial se o seguinte subtítulo precisa sincronizarse exactamente 25 00:01:36,561 --> 00:01:38,795 con algo que pasa no vídeo. 26 00:01:39,889 --> 00:01:44,644 Pero pode axudarlle á audiencia dándolle menos texto que ler, 27 00:01:44,644 --> 00:01:47,294 algo que coñecemos como "comprimir o subtítulo". 28 00:01:47,765 --> 00:01:52,814 Ao comprimir, reformula un subtítulo reducindo o texto, 29 00:01:52,814 --> 00:01:55,654 pero sen cambiar o significado. 30 00:01:56,812 --> 00:01:59,933 Hai moitas estratexias de compresión que pode usar, 31 00:01:59,933 --> 00:02:01,928 e velaquí ten uns cantos exemplos. 32 00:02:02,317 --> 00:02:05,535 Pode evitar palabras e frases superfluas, 33 00:02:05,559 --> 00:02:09,645 como "ben", "de feito", ou "como estaba a dicir". 34 00:02:11,366 --> 00:02:14,366 Pode reducir repeticións e reiteracións. 35 00:02:15,022 --> 00:02:16,970 Por exemplo, pode cambiar 36 00:02:16,970 --> 00:02:19,864 "Entregouno nesta enorme caixa xigante" 37 00:02:19,864 --> 00:02:23,169 por “Entregouno nesta caixa xigante." 38 00:02:23,782 --> 00:02:28,315 Pode reducir referencias explícitas ao que se ve no vídeo. 39 00:02:29,029 --> 00:02:30,844 Por exemplo, pode cambiar 40 00:02:30,844 --> 00:02:34,782 "Están a ver unha diapositiva cos resultados da nosa última proba" 41 00:02:34,782 --> 00:02:38,536 a "Están a ver os resultados da nosa última proba". 42 00:02:39,487 --> 00:02:42,164 Pode atopar moitas máis estratexias de compresión 43 00:02:42,164 --> 00:02:44,424 na nosa guía detallada na OTPedia . 44 00:02:45,362 --> 00:02:48,753 E lembre que tamén pode comprimir texto nas transcricións, 45 00:02:48,753 --> 00:02:51,958 porque as transcricións non teñen que ser literais, 46 00:02:51,958 --> 00:02:54,950 se se precisa a compresión para unha boa velocidade de lectura. 47 00:02:55,040 --> 00:02:57,984 Outra forma de abordar os problemas de velocidade de lectura 48 00:02:57,984 --> 00:03:00,104 é combinando dous subtítulos. 49 00:03:01,706 --> 00:03:05,248 Por veces verá subtítulos con pouco texto 50 00:03:05,248 --> 00:03:07,654 que se manteñen moito tempo en pantalla, 51 00:03:07,654 --> 00:03:10,252 seguidos doutro con máis texto, 52 00:03:10,276 --> 00:03:13,869 que se amosan menos tempo e crean problemas de velocidade de lectura. 53 00:03:14,390 --> 00:03:16,990 Ao unilos, pode eliminar o problema. 54 00:03:17,685 --> 00:03:19,260 Para unir subtítulos, 55 00:03:19,260 --> 00:03:22,845 copie e pegue o texto dun subtítulo noutro, 56 00:03:22,869 --> 00:03:25,853 borre o subtítulo orixinal 57 00:03:25,877 --> 00:03:28,926 e logo estenda a duración do novo subtítulo combinado 58 00:03:28,926 --> 00:03:30,970 ao longo do intervalo baleiro resultante. 59 00:03:31,125 --> 00:03:32,722 Lembre que non pode xuntar 60 00:03:32,722 --> 00:03:35,908 o final dunha oración co comezo doutra, 61 00:03:35,908 --> 00:03:39,299 pero se os subtítulos forman unha oración completa 62 00:03:39,299 --> 00:03:41,494 e unha idea completa, 63 00:03:41,518 --> 00:03:46,051 pódense xuntar nun só subtítulo cunha boa velocidade de lectura. 64 00:03:46,612 --> 00:03:49,921 Por exemplo, non se deben xuntar estes dous subtítulos 65 00:03:49,945 --> 00:03:53,853 porque "quen era, e despois, atopei", 66 00:03:53,877 --> 00:03:56,629 combina partes de dúas oracións diferentes 67 00:03:56,653 --> 00:03:59,609 e non expresa unha idea completa nin coherente. 68 00:04:00,039 --> 00:04:03,413 No entanto, pódense xuntar subtítulos coma estes 69 00:04:03,437 --> 00:04:06,822 porque "e este era o libro que estivera buscando" 70 00:04:06,846 --> 00:04:11,152 é unha oración completa e expresa unha idea completa e coherente. 71 00:04:11,830 --> 00:04:14,400 Voulle deixar un consello importante. 72 00:04:14,400 --> 00:04:16,546 Ao abordar problemas de velocidade de lectura 73 00:04:16,546 --> 00:04:18,966 tente sempre combinar estas estratexias. 74 00:04:18,991 --> 00:04:20,531 Comprima un pouco 75 00:04:20,531 --> 00:04:22,742 e logo estenda a duración un pouco 76 00:04:22,742 --> 00:04:25,617 para resolver de todo o problema de velocidade de lectura. 77 00:04:26,887 --> 00:04:30,880 Lembre que ao non superar a velocidade de lectura máxima nos subtítulos 78 00:04:30,880 --> 00:04:34,494 asegúrase de que todas as ideas que está axudando a compartir 79 00:04:34,494 --> 00:04:37,226 serán accesibles para a audiencia. 80 00:04:37,849 --> 00:04:39,059 E agora, 81 00:04:39,059 --> 00:04:41,602 felices transcricións e traducións! 82 00:04:41,602 --> 00:04:43,342 E compresións!