WEBVTT 00:00:00.561 --> 00:00:02.374 Como descubriron vostedes a súa paixón 00:00:02.398 --> 00:00:03.927 ou a súa vocación? 00:00:03.951 --> 00:00:05.367 Estiveron expostos a ela? 00:00:05.391 --> 00:00:07.002 Ou foi ensaio e erro? 00:00:07.380 --> 00:00:10.549 Como dixo a avogada de dereitos da infancia Marian Wright Edelman: 00:00:10.573 --> 00:00:13.257 "Non podes ser o que non podes ver". 00:00:13.573 --> 00:00:15.728 Afortunadamente, vivimos nun momento 00:00:15.742 --> 00:00:19.727 no que as novas tecnoloxías nos poden axudar a resolver ese problema. NOTE Paragraph 00:00:19.893 --> 00:00:21.236 Os últimos dous anos, 00:00:21.270 --> 00:00:24.157 estiven a desenvolver un programa de realidade estendida 00:00:24.181 --> 00:00:27.653 que lle permite ao estudantado de secundaria de todo o país 00:00:27.687 --> 00:00:30.395 desempeñar o papel dun biólogo mariño, 00:00:30.429 --> 00:00:32.887 incluso se nunca viron o océano. 00:00:33.354 --> 00:00:36.843 Como dixo un alumno de 7º que completou o noso programa: 00:00:36.867 --> 00:00:38.972 "Puiden verme como científico, 00:00:38.996 --> 00:00:40.943 porque me gustou este xogo". NOTE Paragraph 00:00:41.838 --> 00:00:43.802 Esa reacción emocionoume porque 00:00:43.826 --> 00:00:47.082 moi poucos estudantes se ven a si mesmos como científicos. 00:00:47.719 --> 00:00:51.808 Un estudo de 2014 mostrou que o 57 % do alumnado 00:00:51.808 --> 00:00:53.660 de 8º e 9º [2º e 3º da ESO] 00:00:53.972 --> 00:00:55.916 dicían: "A ciencia non é para min". 00:00:56.118 --> 00:00:58.560 Casualmente, tamén en 2014 00:00:58.584 --> 00:01:01.535 coñecín a Mandë Holford, unha bioquímica mariña 00:01:01.559 --> 00:01:04.357 e a Lindsay Portnoy, unha psicóloga educativa. 00:01:04.740 --> 00:01:06.848 Nolas tres compartiamos a paixón 00:01:06.872 --> 00:01:10.971 por entusiasmar e acostumar os estudantes á ciencia. 00:01:11.259 --> 00:01:13.488 Pensabamos como podiamos darlles aos nenos 00:01:13.492 --> 00:01:16.401 a experiencia máis realista dunha carreira científica. 00:01:16.745 --> 00:01:18.160 Analizamos a investigación: 00:01:18.184 --> 00:01:22.996 mostraba que os alumnos se sentían cómodos asumindo riscos ao xogar a videoxogos. NOTE Paragraph 00:01:23.020 --> 00:01:26.933 De maneira que as tres creamos unha empresa de xogos educativos 00:01:26.967 --> 00:01:28.888 para darlle vida á ciencia. 00:01:29.370 --> 00:01:33.758 A realidade virtual parecía unha maneira económica de incrementar o acceso. 00:01:33.782 --> 00:01:36.426 Ademais, investigacións académicas demostran que 00:01:36.450 --> 00:01:40.286 a realidade virtual pode axudar a mellorar a retención na aprendizaxe. 00:01:40.368 --> 00:01:43.155 Era perfecto, xa que queriamos chegar a colexios 00:01:43.179 --> 00:01:46.015 e ao maior número de alumnado posíbel, 00:01:46.039 --> 00:01:49.270 en particular, a aqueles con menos representación na ciencia. NOTE Paragraph 00:01:49.622 --> 00:01:52.683 Así, coa axuda da Fundación Nacional para a Ciencia, 00:01:52.707 --> 00:01:55.414 comezamos a traballar no programa de realidade estendida 00:01:55.438 --> 00:01:57.303 que combinaba realidade virtual 00:01:57.327 --> 00:01:59.543 e diarios dixitais personalizados. 00:02:00.035 --> 00:02:02.082 Traballamos con profesores 00:02:02.106 --> 00:02:06.336 para asegurármonos de que o programa se axustase perfectamente ao plan de estudos 00:02:06.380 --> 00:02:10.495 e capacitamos aos profesores para usar tecnoloxía punteira nas súas aulas. 00:02:10.686 --> 00:02:13.241 Deseñamos a realidade virtual para Google Cardboard, 00:02:13.265 --> 00:02:15.277 o que require só un móbil intelixente 00:02:15.301 --> 00:02:19.440 e un visor de realidade virtual de cartón de 10 dólares. 00:02:19.833 --> 00:02:21.744 Con este barato aparello, 00:02:21.768 --> 00:02:24.927 o alumnado pode transportarse a unha expedición subacuática. 00:02:25.260 --> 00:02:27.129 Os estudantes usan o diario dixital 00:02:27.153 --> 00:02:28.981 para escribir as súas notas, 00:02:29.005 --> 00:02:30.391 responder preguntas, 00:02:30.415 --> 00:02:31.732 construír modelos 00:02:31.756 --> 00:02:33.275 e desenvolver hipóteses. 00:02:33.692 --> 00:02:36.965 Acuden entón ao mundo virtual para probar as hipóteses 00:02:36.989 --> 00:02:38.565 e comprobar se son certas, 00:02:38.599 --> 00:02:40.539 igual que os científicos 00:02:40.563 --> 00:02:42.733 cos seus traballos de campo. 00:02:43.054 --> 00:02:45.215 Cando volven ós diarios dixitais, 00:02:45.239 --> 00:02:47.713 comparten as súas observacións, afirmacións, 00:02:47.737 --> 00:02:49.603 razoamentos e probas. 00:02:49.925 --> 00:02:53.696 As respostas que dan e a interacción virtual 00:02:53.710 --> 00:02:55.664 son actualizadas en tempo real 00:02:55.698 --> 00:02:57.955 nun panel de avaliación do educador, 00:02:57.969 --> 00:03:00.662 para que este poida seguir o progreso dos alumnos 00:03:00.686 --> 00:03:03.237 e axudalos cando o precisen. NOTE Paragraph 00:03:03.351 --> 00:03:06.961 Para que o entendan mellor ensinareilles o que ven os alumnos. 00:03:08.139 --> 00:03:10.649 Isto é a realidade virtual cando están baixo a auga 00:03:10.673 --> 00:03:13.051 observando a flora e a fauna. 00:03:14.555 --> 00:03:17.193 Este é o diario dixital onde constrúen os modelos 00:03:17.193 --> 00:03:20.455 baseados en datos abióticos para mostrar o que eles esperan ver. 00:03:21.705 --> 00:03:24.435 Aquí, apóianos con informes cualitativos. 00:03:24.459 --> 00:03:27.204 E este é o taboleiro do educador 00:03:27.228 --> 00:03:30.889 que mostra o progreso e as respostas dos alumnos en tempo real. NOTE Paragraph 00:03:32.767 --> 00:03:34.798 Cando estabamos creando BioDive, 00:03:34.822 --> 00:03:36.986 queriamos centrarnos na accesibilidade, 00:03:37.010 --> 00:03:41.014 así que deseñámolo para que cun só teléfono traballasen 4 estudantes. 00:03:41.420 --> 00:03:44.959 Sabiamos tamén como é o traballo colaborativo en ciencia, 00:03:44.983 --> 00:03:48.031 por iso, creamos a experiencia para que só puidera resolverse 00:03:48.051 --> 00:03:49.570 mediante traballo en equipo, 00:03:49.590 --> 00:03:53.199 pois cada estudante é experto nunha área xeográfica diferente. 00:03:54.044 --> 00:03:57.057 Como o cerebro dos nenos aínda se está desenvolvendo, 00:03:57.081 --> 00:04:01.219 limitamos cada experiencia a un máximo de 2 minutos. 00:04:01.243 --> 00:04:05.390 E finalmente, como coñecemos a importancia da exposición continua 00:04:05.414 --> 00:04:07.086 para asimilar coñecementos, 00:04:07.110 --> 00:04:10.759 construímos BioDive para que tivese unha duración de 5 sesións. NOTE Paragraph 00:04:11.592 --> 00:04:15.166 Comezamos a probar BioDive no 2017 00:04:15.190 --> 00:04:17.805 en 20 colexios de Nova York e Nova Jersey. 00:04:17.829 --> 00:04:21.192 Queriamos ver como o alumnado usaba esta nova tecnoloxía. 00:04:21.827 --> 00:04:24.023 Hoxe, no 2019, 00:04:24.047 --> 00:04:27.453 estamos a facer probas en 26 estados. 00:04:27.995 --> 00:04:30.872 Os profesores que ensinaron o noso programa declararon: 00:04:30.896 --> 00:04:34.929 "Foi unha linda forma de mostrar a dinámica dos oceános sen ter que ir alí 00:04:34.953 --> 00:04:36.128 xa que estamos en Ohio". NOTE Paragraph 00:04:36.152 --> 00:04:37.227 (Risas) NOTE Paragraph 00:04:37.251 --> 00:04:38.577 "É incrible". 00:04:38.601 --> 00:04:40.987 "Os estudantes estaban totalmente comprometidos". 00:04:41.270 --> 00:04:44.930 Pero o que de verdade nos dá esperanza é o que nos dixo o alumnado. 00:04:45.209 --> 00:04:47.099 "Gustoume a sensación de estar alí". 00:04:47.123 --> 00:04:49.850 "É interactivo e unha maneira divertida de aprender". 00:04:49.874 --> 00:04:53.808 "Deume exemplos moi realistas de como se ven os organismos". 00:04:54.102 --> 00:04:58.420 "Púidenme ver como científica porque parece moi divertido". NOTE Paragraph 00:04:59.220 --> 00:05:01.515 Non tivemos sempre comentarios tan positivos. 00:05:01.940 --> 00:05:03.518 Cando construïamos o programa, 00:05:03.542 --> 00:05:06.619 comezamos a preguntarlles aos estudantes o que lles gustaba, 00:05:06.711 --> 00:05:09.222 o que non e o que atopaban confuso. 00:05:09.742 --> 00:05:13.687 Ao final, comezamos a preguntar o que eles desexaban poder facer. 00:05:14.149 --> 00:05:17.569 A súa resposta deunos ideas precisas para seguir 00:05:17.593 --> 00:05:21.396 asegurándonos de contar coas súas opinións no deseño. 00:05:22.030 --> 00:05:26.627 En xeral, aprendemos que este é o comezo dunha nova plataforma 00:05:26.651 --> 00:05:29.549 para darlle voz e voto ao estudantado. 00:05:29.573 --> 00:05:33.203 á hora de decidir que impacto queren para as súas carreiras. NOTE Paragraph 00:05:33.693 --> 00:05:35.253 Centrámonos na ciencia, 00:05:35.277 --> 00:05:39.703 porque precisamos que os científicos nos axuden cos desafíos actuais e futuros. 00:05:40.537 --> 00:05:44.636 Pero a realidade virtual pode axudarlles aos alumnos en calquera área. 00:05:44.660 --> 00:05:49.192 Como podemos axudarlles aos alumnos a explorar os seus desexos 00:05:49.216 --> 00:05:53.336 con estas experiencias esclarecedoras e oportunidades de aprendizaxe directa? 00:05:53.360 --> 00:05:57.950 Poderiamos crear cascos baratos de realidade virtual 00:05:57.974 --> 00:06:00.731 que lles permitan somerxerse en literatura oral 00:06:00.755 --> 00:06:03.415 ou en momentos cruciais da historia da humanidade? NOTE Paragraph 00:06:03.590 --> 00:06:07.565 A realidade estendida ten o potencial para cambiar a traxectoria 00:06:07.589 --> 00:06:09.060 da vida dos nosos pequenos 00:06:09.084 --> 00:06:12.086 e orientalos cara a profesións que nunca imaxinarían, 00:06:12.110 --> 00:06:15.645 dándolles a oportunidade de ver o que poden chegar a ser. NOTE Paragraph 00:06:15.793 --> 00:06:16.895 Grazas. NOTE Paragraph 00:06:16.929 --> 00:06:19.753 (Aplausos)