Saturno é un xigante gasoso, o segundo maior planeta do Sistema Solar. Os seus famosos aneis, descubertos por Galileo esténdense ao longo de cento vinte mil quilómetros aínda que só teñen preto de vinte quilómetros de espesura, nada máis. Están constituídos por unha morea de anacos de rocha e de xeo. Algúns son tan pequenos coma un gran de sal. E outros tan grandes coma un coche. Ninguén sabe con seguridade como é que se formaron, mais... a teoría máis aceptada suxire que un cometa ou asteroide puido chocar cunha das lúas de Saturno desfacéndoa en millóns de anacos, que comezaron a orbitar o planeta. Moito do que sabemos hoxe débese ás misións espaciais Voyager 1 e 2 mais aínda hai moito, moito, por desvelar nestes magníficos aneis.