Saturno é un xigante gasoso,
o segundo maior planeta
do Sistema Solar.
Os seus famosos aneis,
descubertos por Galileo
esténdense ao longo de
cento vinte mil quilómetros
aínda que só teñen preto de vinte
quilómetros de espesura, nada máis.
Están constituídos por unha morea
de anacos de rocha e de xeo.
Algúns son tan pequenos
coma un gran de sal.
E outros tan grandes coma un coche.
Ninguén sabe con seguridade
como é que se formaron, mais...
a teoría máis aceptada suxire que
un cometa ou asteroide
puido chocar cunha das lúas de Saturno
desfacéndoa en millóns de anacos,
que comezaron a orbitar o planeta.
Moito do que sabemos hoxe
débese ás misións espaciais Voyager 1 e 2
mais aínda hai moito, moito,
por desvelar nestes magníficos aneis.