Vouvos falar da consciencia
Por que da consciencia?
Porque é un asunto curiosamente descoidado
tanto na nosa cultura científica
coma na filosófica.
E por que é curioso?
Ben, é o aspecto máis
importante das nosas vidas
por unha razón moi sinxela e lóxica,
nomeadamente, para que algo sexa
importante nas nosas vidas
é necesario que esteamos conscientes.
Se che gusta a ciencia, a filosofía,
a música, a arte, o que sexa,
non serve de nada se es un zombi
ou estás en coma, verdade?
Entón a consciencia é primordial.
A segunda razón é que cando
esperta o interese da xente,
como penso que debería ser sempre,
a miúdo din unhas cousas espantosas.
E incluso cando non din cousas espantosas
e realmente tratan de facer
investigación seria,
mesmo entón o progreso é lento.
Cando me interesei por isto
por primeira vez, pensei,
é un problema de bioloxía moi claro.
Deixemos traballar a estes picacerebros
e que descubran como funciona o cerebro.
Así que fun á Universidade de California
a falar con todos os neurobiólogos
importantes de alí,
e impacientáronse un pouco,
como lles adoita pasar aos científicos
cando lles fan preguntas incómodas.
Pero o que me chamou a atención
foi o que dixo exasperado
un neurobiólogo moi famoso. Dixo:
"Na miña disciplina está ben
interesarse pola consciencia,
mais primeiro obtén o posto.
Primeiro obtén unha praza."
Levo traballado nisto moito tempo.
Hoxe é posible obter praza fixa
traballando sobre a consciencia.
De ser así, é un grande avance
Entón por que hai esta curiosa reticencia
e hostilidade cara á consciencia?
Penso que é a combinación de dous aspectos
da nosa cultura intelectual
que parece que son opostos,
mais que en realidade comparten
unha serie de supostos.
Un aspecto é a tradición
do dualismo relixioso.
A consciencia non é parte do mundo físico,
é parte do mundo espiritual,
perténcelle á alma,
e a alma non é parte do mundo físico.
Esta é a tradición de Deus,
da alma e da inmortalidade.
A outra tradición, que pensa
que é a oposta,
acepta o peor dos supostos.
Nesta tradición somos
materialistas científicos firmes:
A consciencia non é parte do mundo físico.
Ou ben non existe en absoluto,
ou ben é outra cousa,
un programa de computador
ou algunha outra parvada,
mais en ningún caso é parte da ciencia.
Eu adoitaba entrar en discusións
que me daban dor de cabeza.
Eran algo así:
A ciencia é obxectiva,
a consciencia subxectiva,
por tanto non pode haber
unha ciencia da consciencia.
Ou sexa que estas tradicións xemelgas
nos están a paralizar.
É moi difícil escapar delas.
E teño unha soa mensaxe neste relatorio:
a consciencia é un fenómeno biolóxico
como a fotosíntese, a dixestión, a mitose
—xa coñecedes todos
os fenómenos biolóxicos—
e unha vez que aceptamos isto,
case todos os problemas serios
sobre a consciencia desaparecen.
Vou examinar algúns deles.
Vale, prometinvos contar
algunhas das cousas espantosas
que se dixeron sobre a consciencia.
Unha: a consciencia non existe,
é unha ilusión, coma os solpores.
A ciencia demostrou que os solpores
e os arcos da vella son ilusións,
así que a consciencia é unha ilusión.
Dúas: quizais exista, pero é outra cousa,
un programa de computador
que funciona no cerebro.
Tres: non, o único que existe
é o comportamento.
Resulta moi vergonzoso
o influente que foi o condutismo,
mais xa retomarei isto.
E catro: quizais a consciencia exista,
mais non pode cambiar o mundo.
Como ía poder mover nada
a espiritualidade?
Cando alguén me di iso, penso:
"Queres ver como a
espiritualidade move algo?"
Mirade, decido de xeito consciente
levantar o brazo
e o condenado levántase (Risas)
Ademais, fixádevos nisto:
Non dicimos: "É un pouco
como o tempo en Xenebra.
Algúns días sobe e outros non."
Non, sobe cada vez que a min me dá a gana.
Vouvos dicir como é posíbel.
Aínda non vos dei unha definición,
e isto non se pode facer
sen unha definición.
Sempre dicimos que a consciencia
é moi difícil de definir.
Eu penso que é bastante sinxelo,
se non tratamos de dar
unha definición científica,
para a cal non estamos preparados.
Mais aquí tedes unha
de sentido común:
A consciencia consiste
en todos os estados de sentimento,
de sensación ou de alerta.
Comeza pola mañá cando acordamos
dun sono sen soños
e continúa ata que adormecemos,
morremos ou quedamos inconscientes.
Os soños son unha forma de consciencia,
segundo esta definición.
Ben, esta é a definición
de sentido común, o noso obxectivo.
Se non estamos falando disto,
non estamos falando da consciencia.
A xente pensa: "se a definición é así,
temos un problema horroroso.
Como pode existir tal cousa
no mundo real?"
Se algunha vez fostes
a unha clase de filosofía
este é o famoso problema mente-corpo.
Penso que ten tamén unha solución sinxela.
Vóuvola dar:
todos os estados de consciencia,
sen excepción,
están causados por procesos
neurobiolóxicos de baixo nivel,
e realízanse no cerebro
como de alto nivel
ou como características de sistema.
É tan misterioso como
o estado líquido da auga.
O estado líquido non é un zume
que expulsan as moléculas de H2O,
é unha condición en que está o sistema,
e do mesmo xeito que
unha xerra chea de auga
pode pasar de líquido a sólido
dependendo do comportamento das moléculas,
o cerebro pode pasar
dun estado de consciencia
a un estado de inconsciencia
dependendo do comportamento das moléculas.
O famoso problema mente-corpo
é así de sinxelo.
Mais agora vaiamos a
preguntas máis complicadas:
imos especificar as características
exactas da consciencia
para despois podermos responder
esas catro obxeccións
que propuxen antes.
A primeira, que a consciencia
é real e irredutíbel;
non podemos desfacernos dela.
Veredes, a distinción
entre realidade e ilusión
é a diferenza entre como
nos parecen as cousas de xeito consciente
e como son en realidade.
Conscientemente, parécenos que hai
—gústame a expresión francesa
"arc-en-ciel"—
parece que hai un arco no ceo
ou parece que o sol está poñéndose
tras das montañas.
Parécenolo conscientemente,
mais non está pasando en realidade.
Mais nesa distinción entre
como parecen as cousas
e como son en realidade,
non podemos incluír a distinción
para a propia existencia da consciencia
porque ata onde concirne á consciencia,
se de xeito consciente
pensas que es consciente,
entón es consciente.
Se un grupo de expertos vén e me di:
"Somos uns neurobiólogos moi importantes
e fixemos un estudio sobre ti, Searle,
e estamos convencidos
de que non es consciente,
es un robot moi ben construído",
eu non vou pensar:
"Pode que estes tipos teñan razón".
Nin se me pasa pola cabeza,
porque, quero dicir,
pode que Descartes cometera moitos erros,
mais tiña razón en que
non podemos dubidar da existencia
da nosa propia consciencia.
Esta é a primeira característica
da consciencia:
é real e irredutíbel,
non podes desfacerte dela
demostrando que é unha ilusión
do mesmo modo que si podes
coas outras ilusións normais.
A segunda característica
é a que nos ten dado tantos problemas,
e consiste en que
todos os estados de consciencia
teñen un carácter cualitativo.
O que sentimos ao beber cervexa
non é o que sentimos ao facer
a declaración da renda
ou ao escoitar música, e esta
sensación cualitativa
automaticamente xera
unha terceira característica,
nomeadamente, os estados de consciencia
son por definición subxectivos
no sentido que só existen
en tanto son experimentados
por un suxeito humano ou animal,
por un ser que os experimenta.
Quizais sexamos quen
de construír unha máquina consciente,
mais como non sabemos
como o fan os nosos cerebros,
de momento, non podemos construíla.
Outra característica da consciencia
é que se dá en campos
de consciencia unificados.
Así, non teño a visión
de xente diante de min,
e o son da miña voz
e o peso dos meus zapatos
contra o chan, senón que me ocorren
como parte dun único campo de consciencia
que se estende cara a adiante
e cara a atrás.
Esta é a chave para comprendermos
o enorme poder da consciencia.
E non fomos quen de facelo nun robot.
A decepción da robótica deriva
de non sabermos como facer
un robot consciente
polo que non temos unha máquina
que poida facer estas cousas.
A seguinte característica da consciencia,
despois deste marabilloso
campo de consciencia unificado,
é que funciona de forma causal
no noso comportamento.
Fixen unha demostración científica
levantando a miña man,
mais como é posíbel?
Como pode ser que
un pensamento no meu cerebro
poida mover obxectos materiais?
Vouvos dar a resposta.
En realidade non sabemos
a resposta en detalle,
mais sabemos a parte básica:
hai unha secuencia
de actividades neuronais
que remata onde se segrega a acetilcolina
nas terminacións axonais
das neuronas motoras.
Desculpádeme por usar
xerga filosófica,
mais cando se segrega nas terminacións
axonais das neuronas motoras,
pasan un montón de cousas
marabillosas nos canais iónicos
e o condenado brazo elévase.
Agora pensade no que vos dixen.
Un mesmo evento,
a miña decisión consciente
de levantar o brazo
ten un nivel de descrición
onde aparecen todas estas
calidades sentimentais e espirituais.
É un pensamento no meu cerebro
mais ao mesmo tempo,
está ocupado segregando acetilcolina
e facendo moitas outras cousas
a medida que se abre camiño
dende o córtex motor
ata as fibras nerviosas do meu brazo.
Isto o que nos di é que
o noso vocabulario tradicional
para falar destes asuntos
está totalmente obsoleto.
O mesmo suceso ten
un nivel de descrición
no cal é neurobiolóxico
e outro nivel de descrición
no que é mental,
e é un mesmo suceso,
e é como traballa a natureza.
Así é como é posíbel
que a consciencia funcione causalmente.
Vale, agora con isto en mente,
logo de repasar as distintas
características da consciencia,
volvamos atrás para responder
algunhas desas primeiras obxeccións.
A primeira que mencionei foi
que a consciencia non existe,
que é unha ilusión. Esa xa a respondín.
Penso que non debemos
preocuparnos por iso.
Mais a segunda tivo
unha influencia incríbel,
e se cadra sigue escoitándose:
"Se a consciencia existe, é outra cousa.
En realidade é un programa dixital
de ordenador instalado no cerebro,
e o que temos que facer
para crear consciencia
é dar co programa adecuado.”
Si, esquecede o hardware,
calquera hardware valerá
sempre que sexa suficientemente rico
e estábel para soportar o programa."
Agora sabemos que isto é incorrecto.
Calquera que pensara en computadores
pode ver que é erróneo,
porque a computación
defínese como a manipulación de símbolos,
normalmente de ceros e uns,
mais calquera símbolo vale.
Temos un algoritmo que podemos programar
en código binario, e ese
é o trazo definitorio
do programa de computador.
Mais sabemos que isto é puramente
sintáctico, é simbólico;
sabemos que a consciencia humana
ten algo máis que iso,
ten un contido, ademais da sintaxe;
ten semántica.
Este argumento propúxeno hai trinta
—mi madriña, non quero nin pensalo—
hai máis de trinta anos,
mais hai un argumento implícito
no que vos acabo de dicir,
e quérovolo contar brevemente; é que
a consciencia crea unha realidade
independente do observador.
Crea unha realidade do diñeiro,
da propiedade, do goberno,
do matrimonio, das conferencias do CERN,
dos cócteles e
das vacacións de verán,
e todas son creacións da consciencia.
A súa existencia
está en relación co observador.
Só en relación con axentes conscientes
un anaco de papel é diñeiro,
ou un conxunto de edificios
é unha universidade.
Agora, preguntádevos algo
sobre a computación.
É absoluta, como a forza, a masa
e a atracción gravitacional?
Ou está en relación co observador?
Ben, algunhas computacións
son intrínsecas.
Dous máis dous son catro.
Funciona sen que importe
o que pense ninguén,
mais cando tiro do peto a calculadora
e fago os cálculos, o único
fenómeno intrínseco
é o circuíto electrónico e
o seu comportamento.
É o único fenómeno absoluto,
todo o demais é interpretado por nós.
A computación só existe
en relación á consciencia;
ou ben un axente consciente
leva a cabo a computación,
ou ten unha máquina que admite
unha interpretación computacional.
Isto non quere dicir que
a computación sexa arbitraria.
Gastei un montón de cartos neste hardware.
Mais temos unha confusión persistente
entre obxectividade e subxectividade
en tanto características da realidade,
e obxectividade e subxectividade
en tanto características de afirmacións.
A esencia desta parte do
meu relatorio é a seguinte:
podemos ter unha ciencia
completamente obxectiva,
unha ciencia onde facemos afirmacións
obxectivamente certas
sobre un campo cuxa
existencia é subxectiva,
cuxa existencia reside no cerebro humano
e consiste en estados
subxectivos de sentimento,
de sensación ou de alerta.
Entón a obxección de que non se pode
ter unha ciencia obxectiva da consciencia
porque é subxectiva e a ciencia
é obxectiva, é un xogo de palabras.
É só un xogo de palabras
sobre obxectividade e subxectividade.
Pódense facer afirmacións obxectivas
sobre un campo que é subxectivo
no seu modo de existir,
e de feito é o que fan os neurólogos.
Hai pacientes que sofren dores reais,
e trátase de facer
unha ciencia obxectiva diso.
Vale, prometín refutar
todos estes individuos,
e non me queda moito tempo,
mais deixádeme refutar un par deles máis.
Dixen que o condutismo debía ser
unha das vergoñas máis grandes
da nosa cultura intelectual,
porque é refutado no momento
en que pensas nel.
Os teus estados mentais son idénticos
ao teu comportamento?
Pensade na distinción
entre sentir unha dor
e unha conduta de dor.
Non vou demostrar a conduta
de dor, pero pódovos dicir
que agora non estou a ter ningunha dor.
Así que é un erro obvio.
Por que o cometeron?
O erro foi —e podedes ir e ler
o que hai escrito sobre isto,
podédelo ver unha e outra vez—
pensar que se aceptamos
a existencia irredutíbel
da consciencia, estamos
renunciando á ciencia,
estamos renunciando a 300 anos de progreso
e esperanza humanos e todo o demais.
E a mensaxe que quero deixarvos
é que a consciencia ten que ser aceptada
como un fenómeno biolóxico xenuíno,
tan suxeito á análise científica
como calquera outro fenómeno biolóxico,
ou, por tanto, coma o resto da ciencia.
Moitas grazas.
(Aplausos)