1 00:00:01,699 --> 00:00:03,874 Meu fillo naceu en Xaneiro de 2020, 2 00:00:03,918 --> 00:00:05,945 pouco antes do illamento de París. 3 00:00:06,109 --> 00:00:08,212 Nunca tivo medo da xente que levaba máscaras, 4 00:00:08,236 --> 00:00:09,752 porque iso é todo o que coñece. 5 00:00:10,306 --> 00:00:14,458 Miña filla de tres anos sabe como dicir "gel hydro-alcoolique". 6 00:00:14,482 --> 00:00:17,507 A palabra en francés para dicir xel hidroalcólico. 7 00:00:17,531 --> 00:00:19,841 De feito, pronúnciao mellor ca min. 8 00:00:20,613 --> 00:00:22,927 Pero ninguén quere levar unha máscara 9 00:00:22,951 --> 00:00:26,423 ou ter que lavar as máns cada 20 segundos con xel desinfectante 10 00:00:26,539 --> 00:00:30,347 Estamos desesperados mirando cara o I+D para que encontren unha solución por nós: 11 00:00:30,660 --> 00:00:31,817 a vacina. 12 00:00:32,157 --> 00:00:34,167 É interesante como, nas nosas cabezas, 13 00:00:34,191 --> 00:00:37,880 seguimos a pensar no desenvolvemento da vacina como se fose o Santo Graal. 14 00:00:38,825 --> 00:00:42,253 Pero hai un par de atallos que me gustaría descifrar. 15 00:00:42,277 --> 00:00:44,730 Non son doutora, son unha simple consultora. 16 00:00:44,774 --> 00:00:46,972 A miña clientela céntrase en asistencia médica, 17 00:00:46,996 --> 00:00:50,717 empresas biofarmacéuticas, provedoras, institucións globais de saúde, 18 00:00:51,021 --> 00:00:52,746 e elas educáronme a min. 19 00:00:53,769 --> 00:00:56,465 Precisamos atopar a ferramentas para combater a COVID, 20 00:00:56,489 --> 00:00:59,050 e precisamos facelas accesíbeis a todos e todas. 21 00:00:59,796 --> 00:01:03,584 Primeiro, unha soa vacina non nos vai sacar desta. 22 00:01:03,988 --> 00:01:06,253 O que precisamos é un arsenal de ferramentas. 23 00:01:06,277 --> 00:01:10,070 Precisamos vacinas, precisamos terapeutas, precisamos diagnoses 24 00:01:10,094 --> 00:01:14,788 para estar seguros de que podemos prever, identificar e tratar os casos de COVID 25 00:01:14,812 --> 00:01:16,932 en diferentes poboacións. 26 00:01:16,956 --> 00:01:20,826 Segundo, non se trata só de atopar as ferramentas. 27 00:01:21,798 --> 00:01:24,819 Que pensas que pasará cando unha desas probas médicas 28 00:01:24,843 --> 00:01:27,154 demostre que a ferramenta é efectiva? 29 00:01:27,178 --> 00:01:29,747 Pensas que poderemos ir correndo á farmacia do lado, 30 00:01:29,771 --> 00:01:31,766 conseguir o produto, quitarnos as máscaras 31 00:01:31,790 --> 00:01:33,706 e volver a bicarnos con lingua? 32 00:01:34,520 --> 00:01:35,731 Non. 33 00:01:36,557 --> 00:01:40,177 Encontrarmos unha ferramenta eficaz é só un paso nesta gran loita, 34 00:01:40,201 --> 00:01:43,276 porque hai unha diferenza entre que exista un produto 35 00:01:43,300 --> 00:01:45,201 e poder acceder a el. 36 00:01:46,058 --> 00:01:47,303 E agora pensarás, 37 00:01:47,327 --> 00:01:50,328 "Oh... quere dicir que outros países terán que agardar." 38 00:01:50,741 --> 00:01:52,544 Non, non me refiro a iso. 39 00:01:52,568 --> 00:01:54,647 Non é que outros teñan que agardar, 40 00:01:54,671 --> 00:01:56,587 senón calquera de nós. 41 00:01:57,240 --> 00:01:58,894 Se hai algo que nos ensina a COVID 42 00:01:58,918 --> 00:02:01,820 é que pola súa velocidade e magnitude, 43 00:02:01,844 --> 00:02:04,463 está expoñéndonos a todos nós aos mesmos cambios 44 00:02:04,487 --> 00:02:07,561 e facéndonos probar retos aos que non estabamos afeitos. 45 00:02:08,064 --> 00:02:10,594 Lembras cando comezou o illamento na China? 46 00:02:10,658 --> 00:02:13,278 Imaxinábaste que ti tamén acabarías na mesma situación 47 00:02:13,302 --> 00:02:14,507 semanas despois? 48 00:02:15,016 --> 00:02:16,612 Eu non. 49 00:02:17,057 --> 00:02:20,617 Imos agora ó momento, teórico, no que xa teñamos a vacina. 50 00:02:21,240 --> 00:02:24,588 Neste caso, o próximo reto será a subministración 51 00:02:25,355 --> 00:02:27,486 O cálculo actual da comunidade global 52 00:02:27,510 --> 00:02:29,743 é que para o fin de 2021, 53 00:02:29,767 --> 00:02:32,843 ou sexa, máis dun ano despois do desenvolvemento da vacina, 54 00:02:32,867 --> 00:02:35,821 teremos doses dabondo para entre un e dous mil millóns 55 00:02:35,845 --> 00:02:37,849 das oito mil millóns de persoas no planeta. 56 00:02:38,798 --> 00:02:40,450 Así que, quen terá que esperar? 57 00:02:41,157 --> 00:02:44,248 Como pensas que será o acceso cando a subministración é limitada? 58 00:02:44,619 --> 00:02:46,100 Escenario número un: 59 00:02:46,124 --> 00:02:48,122 deixamos que o mercado actúe por si mesmo, 60 00:02:48,146 --> 00:02:51,875 e aqueles que se poidan pagar máis ou ser os máis rápidos negociando 61 00:02:51,909 --> 00:02:53,947 poderán acceder de primeiros ao producto. 62 00:02:54,339 --> 00:02:57,463 Non é para nada xusto, pero é moi posíbel que ocorra. 63 00:02:58,064 --> 00:02:59,435 Escenario número dous: 64 00:02:59,459 --> 00:03:02,433 Podemos poñernos de acordo, segundo a lóxica da sanidade pública, 65 00:03:02,497 --> 00:03:04,139 en quen accede primeiro ao produto. 66 00:03:04,163 --> 00:03:07,183 Pon que acordamos que o persoal sanitario sexa o primeiro, 67 00:03:07,207 --> 00:03:08,683 e, despois, os maiores 68 00:03:08,707 --> 00:03:10,663 e, por último, o resto da poboación. 69 00:03:10,687 --> 00:03:12,737 Déixame agora ir un poco máis aló. 70 00:03:12,761 --> 00:03:14,317 Escenario número tres: 71 00:03:15,619 --> 00:03:19,118 os países que demostraron que poden xestionar ben a pandemia 72 00:03:19,142 --> 00:03:21,368 acceden de primeiro ao produto. 73 00:03:22,055 --> 00:03:23,937 Sería extrapolar un pouco, 74 00:03:23,961 --> 00:03:26,129 mais non é ciencia ficción, nin moito menos. 75 00:03:26,243 --> 00:03:27,202 Hai algúns anos, 76 00:03:27,252 --> 00:03:30,773 cando a subministración do medicamento contra a tuberculose escaseaba 77 00:03:30,932 --> 00:03:32,845 implantouse unha comisión extraordinaria 78 00:03:32,895 --> 00:03:36,133 para determinar que países tiñan unha sanidade forte dabondo 79 00:03:36,157 --> 00:03:39,247 para garantir que os produtos fosen repartidos de forma axeitada 80 00:03:39,271 --> 00:03:42,460 e que os pacientes seguisen correctamente o seu tratamento. 81 00:03:42,624 --> 00:03:44,996 E eses países foron os primeiros en ter acceso. 82 00:03:46,722 --> 00:03:48,225 Ou, escenario número catro: 83 00:03:48,269 --> 00:03:50,222 podémosnos pór de acordo nunha lei ao chou, 84 00:03:50,316 --> 00:03:53,334 Por exemplo, que a xente sexa vacinada polo seu aniversario. 85 00:03:54,108 --> 00:03:55,542 Agora déixame preguntarche: 86 00:03:56,201 --> 00:04:00,613 Como che fai sentir pensar nun futuro no que existe unha vacina, 87 00:04:00,637 --> 00:04:05,021 pero no que seguises levando unha máscara e os teus fillos non puidesen ir á escola 88 00:04:05,045 --> 00:04:07,684 e non puideses ir ao traballo como queiras 89 00:04:07,708 --> 00:04:10,331 por non ter acceso a ese produto? 90 00:04:11,593 --> 00:04:14,763 Cada día que pasase veríase como inaceptábel, ou? 91 00:04:15,309 --> 00:04:16,600 Mais... sabes que? 92 00:04:17,067 --> 00:04:21,219 Hai moitas enfermidades para as que temos tratamentos e, incluso, curas, 93 00:04:21,243 --> 00:04:25,409 e, aínda así, seguen afectando a xente que morre cada ano dela. 94 00:04:26,310 --> 00:04:27,907 Poñamos por caso a tuberculose: 95 00:04:28,479 --> 00:04:30,963 10 millóns de persoas infectadas cada ano, 96 00:04:30,987 --> 00:04:33,073 1,5 millóns de persoas mortas, 97 00:04:33,969 --> 00:04:36,072 a pesar de que hai anos que temos unha cura. 98 00:04:36,096 --> 00:04:38,924 E iso é só porque aínda non solucionamos 99 00:04:38,948 --> 00:04:40,757 algunhas cuestións fundamentais. 100 00:04:42,495 --> 00:04:45,126 Un acceso equitativo é o máis xusto, 101 00:04:45,801 --> 00:04:48,393 pero máis aló deste argumento humanitario 102 00:04:48,563 --> 00:04:51,590 que, agardo, todos sexamos máis conscientes 103 00:04:51,590 --> 00:04:52,590 agora que o vivimos na nosa pel, 104 00:04:52,590 --> 00:04:54,877 hai un argumento económico e de saúde 105 00:04:54,901 --> 00:04:56,398 para o acceso equitativo. 106 00:04:57,104 --> 00:05:00,688 O argumento de saúde é que mentres o virus siga activo nalgures. 107 00:05:00,712 --> 00:05:03,219 todos nós estamos en risco de volver a enfermar. 108 00:05:03,909 --> 00:05:07,588 O argumento económico é que debido á interdependencia 109 00:05:07,612 --> 00:05:08,915 das nosas economías, ningunha economía estatal 110 00:05:08,939 --> 00:05:11,891 pode empezar de novo se as demais non remontan con ela 111 00:05:14,867 --> 00:05:17,386 Pensa nos sectores que dependen de mobilidade global, 112 00:05:17,410 --> 00:05:19,713 coma a aeroespacial ou a de viaxes e turismo. 113 00:05:19,766 --> 00:05:22,725 Pensa nas cadeas de subministración que abranguen todo o mundo, 114 00:05:22,759 --> 00:05:24,515 como a téxtil ou a automóbil. 115 00:05:24,539 --> 00:05:28,409 Pensa en canto do crecemento económico provén de mercados emerxentes. 116 00:05:28,719 --> 00:05:31,741 Precisamos de tódolos países para erradicar a pandemia. 117 00:05:35,155 --> 00:05:38,140 Así que o acceso equitativo non só é o máis xusto, 118 00:05:38,164 --> 00:05:40,168 é tamén o máis intelixente. 119 00:05:41,165 --> 00:05:42,693 Mais, como o facemos? 120 00:05:43,758 --> 00:05:47,323 Asegurémonos antes que estamos de acordo en canto a que significa "acceso". 121 00:05:47,467 --> 00:05:49,931 Significaría que o produto existe; 122 00:05:49,955 --> 00:05:52,544 que funciona o suficientemente ben; 123 00:05:52,568 --> 00:05:55,422 que foi aprobado polas autoridades locais; 124 00:05:55,446 --> 00:05:57,231 que nolo podemos permitir; 125 00:05:57,255 --> 00:06:00,488 pero tamén que hai probas de que funciona en tódala poboación 126 00:06:00,512 --> 00:06:01,695 que o precise, 127 00:06:01,719 --> 00:06:06,229 e iso pode incluír mulleres embarazadas ou persoas inmunodeprimidas, ou nenos; 128 00:06:06,253 --> 00:06:08,788 que pode ser distribuído en diferentes situacións, 129 00:06:08,812 --> 00:06:14,344 coma hospitais e clínicas rurais, ou climas quentes e fríos; 130 00:06:14,368 --> 00:06:16,647 e que podemos producilo nunha escala correcta. 131 00:06:17,266 --> 00:06:19,321 É unha lista moi longa, seino, 132 00:06:19,376 --> 00:06:21,383 e nunha situación na que non houbese crise, 133 00:06:21,433 --> 00:06:25,634 combateríamos estas cuestións unha por unha, por orde, 134 00:06:25,658 --> 00:06:27,241 o que leva moito tempo. 135 00:06:28,339 --> 00:06:29,844 Así que, que facemos? 136 00:06:30,609 --> 00:06:33,124 O acceso está lonxe de ser un novo desafío, 137 00:06:33,148 --> 00:06:34,659 e no caso da COVID, 138 00:06:34,683 --> 00:06:37,986 teño que dicir que estamos vendo unha colaboración extraordinaria 139 00:06:38,010 --> 00:06:41,727 de organismos internacionais, sociedades civís, industrias e outros 140 00:06:41,751 --> 00:06:43,099 para acelerar o proceso: 141 00:06:43,190 --> 00:06:45,208 faccendo funcionar as cousas en paralelo, 142 00:06:45,232 --> 00:06:47,212 alixeirando os procesos reguladores, 143 00:06:47,275 --> 00:06:49,196 deseñando mecanismos de subministración, 144 00:06:49,266 --> 00:06:52,149 garantindo a obtención, mobilizando recursos, etc. 145 00:06:52,632 --> 00:06:54,776 Mais, o máis probábel é que teñamos unha situación na que 146 00:06:57,096 --> 00:07:00,053 a vacina precise ser almacenada a, poñamos por caso, 147 00:07:00,077 --> 00:07:02,245 menos 80 graos Celsius; 148 00:07:02,269 --> 00:07:04,788 ou na que o tratamento precise ser administrado 149 00:07:04,812 --> 00:07:07,318 por un profesional sanitario altamente especializado; 150 00:07:07,372 --> 00:07:09,561 ou na que as diagnoses precisen ser analizadas 151 00:07:09,585 --> 00:07:11,113 por un laboratorio sofisticado. 152 00:07:11,873 --> 00:07:13,685 Que máis podemos facer? 153 00:07:15,155 --> 00:07:18,018 Se levamos máis aló a lóxica que a comunidade global de saúde 154 00:07:18,042 --> 00:07:19,695 vén defendendo durante anos, 155 00:07:19,719 --> 00:07:22,977 hai unha cousa máis que penso que pode axudar. 156 00:07:23,855 --> 00:07:26,688 Hai un concepto usado para o desenvolvemento e fabricación 157 00:07:26,712 --> 00:07:28,561 chamado "deseño por custo". 158 00:07:28,585 --> 00:07:31,588 A idea básica é que o conversa sobre o manexo do custo 159 00:07:31,612 --> 00:07:34,476 sucede ao mesmo tempo que o produto está sendo deseñado, 160 00:07:34,500 --> 00:07:36,942 en oposición a que o produto se deseñe primeiro 161 00:07:36,966 --> 00:07:39,457 e despois se revise para baixar o custo. 162 00:07:39,804 --> 00:07:41,898 É un método simple que axuda a garantir que 163 00:07:41,972 --> 00:07:46,655 cando se identifique o custo coma criterio prioritario para un produto, 164 00:07:46,679 --> 00:07:48,733 sexa fixado coma obxectivo xa o primeiro día. 165 00:07:49,386 --> 00:07:52,159 Agora, no contexto de saúde e acceso, 166 00:07:52,543 --> 00:07:54,775 penso que hai un potencial sen explotar 167 00:07:54,799 --> 00:07:56,296 nun "acceso I+D", 168 00:07:56,320 --> 00:07:59,477 tal e como as fábricas deseñan por custo. 169 00:08:00,012 --> 00:08:03,995 Isto significaría que, en vez de desenvolver un produto 170 00:08:04,019 --> 00:08:08,382 e despois traballar para adaptalo e garantir un acceso equitativo, 171 00:08:08,406 --> 00:08:10,559 todos os puntos da lista que mencionei antes 172 00:08:10,583 --> 00:08:13,898 serían construídos nun proceso de I+D dende o comezo, 173 00:08:13,922 --> 00:08:16,453 e isto beneficiaríanos a todos nós. 174 00:08:16,477 --> 00:08:18,098 Poñamos un exemplo. 175 00:08:18,122 --> 00:08:21,633 Se desenvolvemos un produto pensando nun acceso equitativo, 176 00:08:21,657 --> 00:08:24,908 poderemos optimizalo para aumentar máis rápido a produción. 177 00:08:25,616 --> 00:08:27,966 Na miña experiencia, o desenvolvemento de fármacos 178 00:08:27,996 --> 00:08:30,296 céntrase a miúdo en atopar unha dose que funcione 179 00:08:30,346 --> 00:08:33,888 e, só despois, optmizar a dose ou facerlle pequenos axustes. 180 00:08:34,555 --> 00:08:37,101 Agora imaxina que estamos a falar dun produto 181 00:08:37,125 --> 00:08:39,620 para o que o principio activo é un recurso escaso. 182 00:08:40,044 --> 00:08:43,635 E se, en vez diso, nos enfocásemos en desenvolver un tratamento 183 00:08:43,659 --> 00:08:47,371 que use a cantidade mínima posíbel dese principio activo? 184 00:08:47,802 --> 00:08:50,065 Podería axudarnos a producir máis doses. 185 00:08:50,744 --> 00:08:52,268 Poñamos outro exemplo. 186 00:08:52,792 --> 00:08:55,655 Se desenvolvésemos un produto co acceso equitativo en mente, 187 00:08:55,679 --> 00:08:59,148 poderiamos ser quen de optimizalo para producilo en masa máis rápidamente. 188 00:08:59,788 --> 00:09:01,161 En países con salarios altos 189 00:09:01,211 --> 00:09:03,622 temos sistemas de saúde de gran capacidade. 190 00:09:03,646 --> 00:09:06,075 Sempre podemos distribuír os produtos como queramos. 191 00:09:06,113 --> 00:09:08,834 Damos por descontado que podemos almacenar os produtos 192 00:09:08,864 --> 00:09:10,739 en ambientes con control de temperatura 193 00:09:10,763 --> 00:09:15,084 ou que contamos co persoal sanitario cualificado para a súa administración. 194 00:09:15,692 --> 00:09:19,727 Por suposto, o control de temperatura e o persoal sanitario cualificado 195 00:09:19,801 --> 00:09:21,877 non están dispoñíbeis en todas partes. 196 00:09:21,901 --> 00:09:23,888 Se queremos achegarnos ao I+D 197 00:09:23,912 --> 00:09:27,004 coas limitacións dos sistemas de saúde máis febles en mente, 198 00:09:27,028 --> 00:09:28,542 podemos poñernos creativos 199 00:09:28,566 --> 00:09:32,486 e desenvolver antes, por exemplo, produtos aos que non afecte a temperatura 200 00:09:32,510 --> 00:09:35,504 ou produtos que poidamos tomar tan fácilmente como unha vitamina 201 00:09:35,548 --> 00:09:38,977 ou métodos de longa duración en vez de pequenas doses periódicas. 202 00:09:39,832 --> 00:09:45,136 Se fósemos capaces de producir e desenvolver ferramentas tan sinxelas, 203 00:09:45,160 --> 00:09:46,782 tería o beneficio engadido 204 00:09:46,806 --> 00:09:50,034 de causar menos esforzo nos hospitais e sistemas de sáude 205 00:09:50,058 --> 00:09:52,974 para países con salarios tanto altos coma baixos. 206 00:09:53,894 --> 00:09:55,310 Dada a velocidade do virus 207 00:09:55,334 --> 00:09:58,005 e a magnitude das secuelas ás que estamos a facer fronte, 208 00:09:58,039 --> 00:10:00,530 penso que temos que continuar retándonos a nós mesmos 209 00:10:00,549 --> 00:10:02,839 para atopar a forma máis rápida de facer produtos 210 00:10:02,869 --> 00:10:04,645 contra a COVID e as futuras pandemias 211 00:10:04,739 --> 00:10:06,119 que sexan accesíbeis a todos. 212 00:10:06,501 --> 00:10:07,852 Dende o meu punto de vista, 213 00:10:07,876 --> 00:10:09,738 a non ser que o virus desapareza, 214 00:10:09,762 --> 00:10:11,655 esta historia acaba de dúas formas. 215 00:10:12,288 --> 00:10:14,148 Ou a balanza inclínase cara un lado: 216 00:10:14,172 --> 00:10:16,371 só uns poucos obtemos acceso ao produto 217 00:10:16,395 --> 00:10:18,918 e a COVID segue sendo unha amenaza para todos nós; 218 00:10:18,942 --> 00:10:20,696 ou equilibramos a balanza, 219 00:10:20,720 --> 00:10:23,085 todos acadamos acceso ás armas adecuadas, 220 00:10:23,109 --> 00:10:25,104 e seguimos adiante todos xuntos. 221 00:10:26,501 --> 00:10:29,183 O I+D non pode el só coa COVID, 222 00:10:29,207 --> 00:10:31,905 pero unha xestión innovadora do I+D pode axudar. 223 00:10:32,315 --> 00:10:33,092 Grazas.