0:00:00.760,0:00:02.360 Cando tiña seis anos, 0:00:02.360,0:00:03.830 recibín os meu regalos. 0:00:04.320,0:00:07.816 A miña mestra de primeiro[br]tivo unha idea brillante. 0:00:07.816,0:00:11.130 Quería que tivésemos[br]a experiencia de recibir regalos 0:00:11.130,0:00:15.380 e tamén a de aprender a[br]cumprimentarnos mutuamente. 0:00:15.640,0:00:18.530 Así que nos fixo ir a todos[br]á fronte da clase, 0:00:18.530,0:00:21.396 compráranos regalos[br]e puxéraos nunha esquina. 0:00:21.396,0:00:22.120 E dixo: 0:00:22.120,0:00:25.400 "Por que non nos[br]gabamos uns aos outros? 0:00:25.400,0:00:27.086 Cando escoitedes o voso nome, 0:00:27.086,0:00:29.280 ide, collede o voso regalo e sentade." 0:00:30.520,0:00:32.000 Que idea máis marabillosa, non si? 0:00:32.880,0:00:34.080 Como podía ir a cousa mal? 0:00:34.080,0:00:35.640 (Risos) 0:00:36.400,0:00:38.440 Pois, para comezar, eramos 40 0:00:38.440,0:00:40.936 e cada vez que eu oía[br]o nome de alguén 0:00:40.960,0:00:42.830 daba o viva máis intenso. 0:00:43.280,0:00:45.776 E quedaban só 20 persoas, 0:00:45.780,0:00:47.576 e quedaban só dez persoas, 0:00:47.580,0:00:48.960 e cinco... 0:00:49.560,0:00:50.966 e tres. 0:00:50.966,0:00:52.260 E eu era un deses. 0:00:52.720,0:00:54.500 E os cumprimentos pararon. 0:00:55.560,0:00:57.820 Nese momento, eu choraba. 0:00:58.600,0:01:00.616 A profesora púxose moi nerviosa. 0:01:00.640,0:01:04.296 Dicía "Ei, quen lle di[br]algo agradable a esta xente?" 0:01:04.319,0:01:05.536 (Risos) 0:01:05.560,0:01:08.576 "Ninguén? Ben, pois ide coller[br]o voso regalo e sentade. 0:01:08.576,0:01:09.800 E sede bos,[br]o ano que vén 0:01:09.800,0:01:11.930 quizais alguén diga [br]algo bonito de vós." 0:01:11.930,0:01:13.720 (Risos) 0:01:14.520,0:01:16.176 Ao describirvos isto, 0:01:16.176,0:01:18.556 seguro que vos decatastes[br]de que o lembro moi ben. 0:01:18.560,0:01:20.160 (Risos) 0:01:20.800,0:01:22.926 Mais eu non sei quen se[br]sentiu peor ese día. 0:01:22.926,0:01:25.096 Eu ou a profesora? 0:01:25.120,0:01:28.256 Ela debeu decatarse de que[br]convertera un xogo de cooperación 0:01:28.280,0:01:31.350 nun escarnio público para[br]tres nenos de seis anos. 0:01:31.800,0:01:33.146 E sen ningunha graza. 0:01:33.146,0:01:35.556 Cando vedes xente [br]da que se moquean na TV, 0:01:35.556,0:01:36.656 é gracioso. 0:01:36.670,0:01:38.708 Ese día non houbo nada gracioso. 0:01:39.320,0:01:42.336 Así que esa era unha versión de min, 0:01:42.340,0:01:45.840 e preferiría morrer antes[br]que volver a estar nesa situación, 0:01:45.840,0:01:47.760 volver a ser rexeitado en público. 0:01:48.440,0:01:49.890 Esa é unha versión. 0:01:49.890,0:01:52.396 Agora imos aos meus oito anos. 0:01:52.400,0:01:54.406 Bill Gates veu á miña cidade, 0:01:54.406,0:01:55.636 Pequín, China, 0:01:55.640,0:01:56.896 para dar unha charla, 0:01:56.896,0:01:58.616 e eu pillei a súa mensaxe. 0:01:58.630,0:02:00.966 Namoreime daquel tipo. 0:02:00.966,0:02:03.800 Pensei: "Xa sei o que quero facer". 0:02:03.800,0:02:06.046 Esa noite escribinlle[br]unha carta á miña familia 0:02:06.046,0:02:08.336 dicindo: "Aos 25 anos, 0:02:08.360,0:02:10.976 vou crear a compañía [br]máis grande do mundo 0:02:11.000,0:02:13.076 e esa compañía vai comprar Microsoft." 0:02:13.076,0:02:14.856 (Risos) 0:02:14.880,0:02:17.526 Aferreime a esa idea[br]de conquistar o mundo, 0:02:17.526,0:02:18.770 dominalo. 0:02:19.160,0:02:21.970 Non o inventei, de verdade[br]escribín esa carta. 0:02:21.970,0:02:23.366 E aquí está. 0:02:23.366,0:02:25.336 (Risos) 0:02:25.360,0:02:27.150 Non tedes que lela. 0:02:27.150,0:02:28.970 (Risos) 0:02:28.970,0:02:32.320 Tiña mala letra pero marcara[br]as palabras importantes. 0:02:33.600,0:02:34.846 Colledes a idea. 0:02:34.846,0:02:36.616 (Risos) 0:02:36.640,0:02:37.840 Así que... 0:02:39.280,0:02:41.296 Esa era outra versión de min: 0:02:41.320,0:02:43.120 alguén que ía conquistar o mundo. 0:02:43.880,0:02:45.336 Dous anos máis tarde, 0:02:45.360,0:02:49.326 xurdiume a oportunidade de [br]vir aos EUA. 0:02:49.326,0:02:50.896 Agarreina, 0:02:50.920,0:02:53.120 porque era[br]onde vivía Bill Gates, non? 0:02:53.120,0:02:54.376 (Risos) 0:02:54.400,0:02:57.040 Pensei que era o comezo do meu [br]camiño como empresario. 0:02:57.680,0:02:59.836 Agora, avancemos outros 14 anos. 0:02:59.836,0:03:01.316 Tiña 30. 0:03:01.320,0:03:03.690 Non, non creei aquela empresa. 0:03:03.690,0:03:05.250 Nin sequera comecei. 0:03:05.250,0:03:09.240 Era director comercial[br]nunha empresa Fortune 500. 0:03:09.240,0:03:10.890 E sentíame bloqueado; 0:03:10.890,0:03:12.180 estaba estancado. 0:03:13.080,0:03:14.150 Por que? 0:03:14.150,0:03:16.600 Onde está o rapaz de 14 anos[br]que escribiu esa carta? 0:03:17.480,0:03:18.957 Non é porque non o intentase. 0:03:19.480,0:03:22.536 É porque cada vez que tiña unha idea, 0:03:22.560,0:03:24.536 cada vez que quería intentar algo novo, 0:03:24.560,0:03:25.776 mesmo no traballo, 0:03:25.800,0:03:27.536 que quería facer unha proposta, 0:03:27.560,0:03:31.070 que quería falar en fronte[br]dun grupo de xente, 0:03:31.070,0:03:32.966 sentía que estaba nunha loita constante 0:03:32.966,0:03:35.736 entre o rapaz de 14 anos [br]e o de 6. 0:03:35.760,0:03:37.896 Un quería conquistar o mundo, 0:03:37.920,0:03:39.136 marcar a diferenza, 0:03:39.160,0:03:41.390 o outro tiña medo do rexeitamento. 0:03:41.960,0:03:44.670 E sempre gañaba [br]o rapaz de seis anos. 0:03:45.760,0:03:49.776 Este medo persistiu cando [br]creei a miña propia empresa. 0:03:49.776,0:03:52.896 Quero dicir, empecei a miña [br]empresa cando tiña 30, 0:03:52.900,0:03:54.140 se queredes ser Bill Gates 0:03:54.140,0:03:56.400 tedes que comezar antes ou despois, non? 0:03:57.080,0:03:59.610 Cando pasei a ser empresario, 0:03:59.610,0:04:02.530 presentóuseme a oportunidade[br]de que alguén investise, 0:04:02.530,0:04:04.360 e rexeitáronme. 0:04:05.040,0:04:06.740 E ese rexeitamento doeume. 0:04:06.740,0:04:10.560 E doeume tanto que quixen [br]abandonar todo alí mesmo. 0:04:11.280,0:04:12.200 Pero pensei: 0:04:12.200,0:04:16.360 "Ei, Bill Gates abandonaría [br]tras un rexeitamento para investir? 0:04:16.920,0:04:19.776 Abandonaría así calquera [br]outro empresario con éxito? 0:04:19.800,0:04:21.176 Nin falar." 0:04:21.200,0:04:23.176 E aquí é onde me dei de conta. 0:04:23.200,0:04:25.010 Ben, podo crear unha compañía mellor. 0:04:25.010,0:04:27.376 Podo crear un equipo [br]mellor ou un produto mellor, 0:04:27.376,0:04:28.790 pero unha cousa está clara: 0:04:28.790,0:04:30.696 Teño que ser un líder mellor. 0:04:30.696,0:04:32.476 Teño que ser unha persoa mellor. 0:04:32.720,0:04:36.096 Non podo deixar que aquel rapaz de [br]6 anos dirixa a miña vida. 0:04:36.120,0:04:38.280 Teño que poñelo no seu lugar. 0:04:39.000,0:04:41.230 Así foi como me metín na rede[br]e busquei axuda. 0:04:41.230,0:04:42.646 Google era o meu amigo. 0:04:42.646,0:04:43.350 (Risos) 0:04:43.350,0:04:46.440 Busquei: "Como superar[br]o medo ao rexeitamento?" 0:04:46.960,0:04:49.816 Atopei unha morea[br]de artigos psicolóxicos 0:04:49.840,0:04:52.696 sobre de onde veñen [br]o medo e a dor. 0:04:52.720,0:04:56.016 Despois atopei unha morea[br]de artigos inspiradores. 0:04:56.040,0:04:58.421 "Non o tomes como un asunto[br]persoal, supérao." 0:04:59.200,0:05:00.800 Quen non sabe iso? 0:05:00.800,0:05:02.456 (Risos) 0:05:02.456,0:05:04.592 Pero por que seguía[br]tan asustado? 0:05:04.640,0:05:06.656 Entón, atopei esta páxina por casualidade. 0:05:06.680,0:05:09.056 Chámase rejectiontherapy.com. 0:05:09.080,0:05:11.420 (Risos) 0:05:11.420,0:05:15.576 "A terapia do rexeitamento" era un xogo[br]inventado por un empresario canadiense. 0:05:15.600,0:05:17.296 O seu nome é Jason Comely. 0:05:17.320,0:05:22.416 Basicamente, a idea é que durante 30 días[br]saias e busques o rexeitamento, 0:05:22.440,0:05:24.696 e que cada día te rexeiten en algo 0:05:24.720,0:05:28.310 e, ao final, deixas[br]de ser sensible á dor. 0:05:29.200,0:05:30.896 Encantoume a idea. 0:05:30.920,0:05:32.400 (Risos) 0:05:32.400,0:05:34.616 Dixen: "Sabes que?[br]Vou facelo. 0:05:34.640,0:05:37.656 E vou sentirme rexeitado[br]durante 100 días." 0:05:37.680,0:05:40.096 E xurdíronme ideas propias[br]sobre o rexeitamento 0:05:40.120,0:05:42.600 e fixen un vídeo blog diso. 0:05:43.600,0:05:45.510 E aquí está o que fixen. 0:05:45.510,0:05:48.160 Así é o blog. 0:05:48.160,0:05:49.400 Día 1: 0:05:50.000,0:05:51.000 (Risos) 0:05:51.000,0:05:54.710 Pídelle prestados 100 dólares [br]a un descoñecido. 0:05:55.720,0:05:58.456 Así que fun a onde traballaba. 0:05:58.460,0:06:00.236 Baixei as escaleiras 0:06:00.240,0:06:02.476 e vin un home grande[br]sentado nun escritorio. 0:06:02.480,0:06:04.216 Parecía un garda de seguridade. 0:06:04.240,0:06:05.776 Así que me aproximei. 0:06:05.800,0:06:07.616 Ía camiñando 0:06:07.616,0:06:09.880 e foi o camiño[br]máis longo da miña vida, 0:06:09.880,0:06:12.096 o pelo da caluga de punta, 0:06:12.096,0:06:14.566 estaba suando, o corazón batíame. 0:06:14.566,0:06:15.796 Cheguei alí e dixen: 0:06:15.800,0:06:18.456 "Señor, pode prestarme[br]100 dólares?" 0:06:18.480,0:06:19.816 (Risos) 0:06:19.840,0:06:21.710 Miroume e dixo: "Non. 0:06:22.600,0:06:23.840 Por que?" 0:06:24.200,0:06:26.516 E simplemente dixen: [br]"Non? Canto o sinto." 0:06:26.520,0:06:28.235 Dei media volta e corrín. 0:06:28.259,0:06:29.619 (Risos) 0:06:30.960,0:06:32.696 Sentín moita vergoña. 0:06:32.720,0:06:34.176 Pero, como me gravara, 0:06:34.200,0:06:37.336 esa noite vinme a min[br]mesmo sendo rexeitado, 0:06:37.360,0:06:39.456 vin o asustado que estaba. 0:06:39.480,0:06:41.936 Parecía o rapaz de "O sexto sentido." 0:06:41.960,0:06:43.376 Vexo xente morta. 0:06:43.400,0:06:45.016 (Risos) 0:06:45.040,0:06:46.576 Pero despois vin o home. 0:06:46.600,0:06:48.496 Sabedes, non era tan ameazador. 0:06:48.520,0:06:50.896 Era un home gordiño e encantador, 0:06:50.920,0:06:54.376 mesmo me preguntou: "Por que? 0:06:54.400,0:06:56.816 De feito, convidoume a explicarme. 0:06:56.840,0:06:58.410 E puiden dicir moitas cousas. 0:06:58.410,0:07:00.736 Puiden explicarme.[br]Puiden negociar. 0:07:00.760,0:07:02.360 Non fixen nada diso. 0:07:02.680,0:07:04.300 Só corrín. 0:07:05.160,0:07:08.320 Sentín, uau, que aquilo era como[br]un microcosmos da miña vida. 0:07:08.920,0:07:11.456 Cada vez que sentía o mínimo rexeitamento, 0:07:11.480,0:07:13.646 corría o máis rápido que podía. 0:07:13.646,0:07:14.730 E sabedes que? 0:07:14.730,0:07:16.776 Ao día seguinte, pasase o que pasase, 0:07:16.776,0:07:18.276 non ía correr. 0:07:18.280,0:07:19.480 Ía quedar. 0:07:20.080,0:07:22.136 Día 2: Pide unha[br]"recarga de hamburguesa". 0:07:22.160,0:07:24.136 (Risos) 0:07:24.160,0:07:26.456 Fun a unha hamburguesaría, 0:07:26.480,0:07:28.960 rematei de xantar e fun[br]á caixa e dixen: 0:07:28.960,0:07:30.576 "Ola, podo reencher[br]a hamburguesa?" 0:07:30.600,0:07:32.776 (Risos) 0:07:32.800,0:07:35.200 El estaba moi confuso,[br]como "Que é iso?" 0:07:35.200,0:07:36.010 (Risos) 0:07:36.010,0:07:40.200 Dixen: "É como coa [br]bebida pero cunha hamburguesa." 0:07:40.200,0:07:42.736 E dixo: "Síntoo, non[br]o facemos, ho." 0:07:42.760,0:07:44.096 (Risos) 0:07:44.120,0:07:48.176 Aquí foi onde ocorreu o rexeitamento[br]e podería fuxir, pero quedei. 0:07:48.200,0:07:50.376 E dixen: "Encántanme as hamburguesas, 0:07:50.376,0:07:51.776 encántame este sitio 0:07:51.800,0:07:53.896 e se facedes unha recarga de hamburguesa, 0:07:53.920,0:07:55.256 encantarédesme máis." 0:07:55.280,0:07:56.360 (Risos) 0:07:56.360,0:07:59.176 E dixo: "Ben, direillo[br]ao meu xefe, 0:07:59.200,0:08:02.176 quizais o fagamos, pero síntoo,[br]hoxe non pode ser." 0:08:02.200,0:08:03.616 Despois marchei. 0:08:03.640,0:08:05.496 E a propósito, 0:08:05.520,0:08:07.776 non creo que fixesen[br]a recarga de hamburguesa. 0:08:07.800,0:08:09.016 (Risos) 0:08:09.040,0:08:10.600 Creo que aínda están alí. 0:08:11.160,0:08:14.456 Pero o sentimento de vida ou morte[br]que sentín a primeira vez 0:08:14.480,0:08:15.816 xa non estaba, 0:08:15.840,0:08:17.576 só porque quedei, 0:08:17.600,0:08:19.216 porque non fuxín. 0:08:19.240,0:08:21.600 Dixen: Xenial, estou [br]aprendendo cousas. 0:08:22.520,0:08:23.660 Xenial." 0:08:23.660,0:08:25.960 E despois, Día 3:[br]Consigue donuts olímpicos. 0:08:26.760,0:08:29.430 Aquí, a miña vida[br]púxose patas arriba. 0:08:30.120,0:08:31.736 Fun a un Krispy Kreme. 0:08:31.760,0:08:32.976 É unha tenda de donuts 0:08:33.000,0:08:35.616 que hai, sobre todo, no [br]Sueste dos EUA. 0:08:35.640,0:08:37.490 Seguro que tamén a hai aquí. 0:08:37.490,0:08:38.619 E entrei, 0:08:38.619,0:08:41.630 e dixen: "Podedes facerme donuts[br]que parezan símbolos olímpicos? 0:08:41.630,0:08:44.916 Basicamente, é entrelazar[br]cinco donuts xuntos..." 0:08:44.916,0:08:47.120 Non había maneira[br]de que dixesen que si, non? 0:08:47.640,0:08:50.016 A que facía os donuts [br]tomoume moi en serio. 0:08:50.040,0:08:51.220 (Risos) 0:08:51.220,0:08:52.430 Ela sacou papel, 0:08:52.430,0:08:54.716 comezou a debuxar[br]as cores e os aneis, 0:08:54.720,0:08:56.766 pensando como podería facelo. 0:08:56.766,0:08:58.676 E 15 minutos máis tarde, 0:08:58.680,0:09:02.096 saíu cunha caixa parecida aos[br]aneis olímpicos. 0:09:02.120,0:09:03.796 Eu estaba emocionado. 0:09:03.800,0:09:05.936 Non o podía crer. 0:09:05.960,0:09:09.810 Ese vídeo conseguiu máis de[br]5 millóns de visitas en Youtube. 0:09:10.440,0:09:12.536 O mundo tampouco podía crelo. 0:09:12.560,0:09:14.080 (Risos) 0:09:15.440,0:09:18.656 Sabedes, a causa diso, [br]aparecín nos xornais, 0:09:18.680,0:09:20.096 en charlas, en todo. 0:09:20.120,0:09:21.600 Fíxenme famoso. 0:09:21.600,0:09:23.750 Moita xente comezou a [br]escribirme correos 0:09:23.750,0:09:26.336 dicindo: "O que estás facendo[br]é incrible." 0:09:26.360,0:09:29.896 Pero, sabedes, a fama e a notoriedade[br]non me dicían nada. 0:09:29.920,0:09:31.736 O que eu quería era aprender 0:09:31.760,0:09:32.976 e cambiarme a min mesmo. 0:09:33.000,0:09:35.616 Así que cambiei o resto dos[br]100 días de rexeitamento 0:09:35.640,0:09:37.536 nun patio de xogos, 0:09:37.560,0:09:39.696 nun proxecto de investigación. 0:09:39.720,0:09:41.880 Quería saber o que podía aprender. 0:09:42.240,0:09:44.016 E aprendín moitas cousas. 0:09:44.040,0:09:45.616 Descubrín tantos segredos. 0:09:45.640,0:09:48.536 Por exemplo, atopei que [br]se non fuxía 0:09:48.560,0:09:49.816 ao ser rexeitado, 0:09:49.820,0:09:51.820 podía converter un "non"[br]nun "si", 0:09:51.820,0:09:53.536 e a palabra máxica é "por que". 0:09:53.560,0:09:57.656 Así que un día fun á casa dun estraño,[br]levaba esta flor na man, 0:09:57.680,0:09:58.930 chamei á porta e dixen: 0:09:58.930,0:10:00.976 "Podo plantar esta flor[br]no teu patio?" 0:10:01.080,0:10:02.936 (Risos) 0:10:02.960,0:10:04.930 E dixo: "Non." 0:10:05.540,0:10:07.376 Pero antes de que el marchase dixen: 0:10:07.400,0:10:09.336 "Podo saber por que? 0:10:09.360,0:10:12.410 E dixo: "Teño un can 0:10:12.410,0:10:14.650 que arrinca todo o que [br]planto no patio. 0:10:14.650,0:10:16.050 Non quero estragar [br]a túa flor. 0:10:16.050,0:10:18.770 Se o queres facer,[br]cruza a rúa e fala con Connie. 0:10:18.770,0:10:20.700 Encántanlle as flores." 0:10:20.700,0:10:21.970 Así que fixen iso. 0:10:21.970,0:10:24.200 Crucei a rúa e petei[br]na porta de Connie. 0:10:24.200,0:10:26.126 Estaba encantada de verme. 0:10:26.126,0:10:27.816 (Risos) 0:10:27.840,0:10:29.210 E media hora máis tarde, 0:10:29.210,0:10:30.850 a flor estaba no patio de Connie. 0:10:30.850,0:10:32.736 Seguro que loce mellor agora. 0:10:32.760,0:10:34.056 (Risos) 0:10:34.080,0:10:37.016 Mais se eu marchase[br]despois do rexeitamento inicial 0:10:37.040,0:10:38.210 pensaría que era 0:10:38.210,0:10:40.130 porque o tipo non se fiaba de min, 0:10:40.130,0:10:41.290 porque estaba tolo, 0:10:41.290,0:10:43.380 porque non vestía ben,[br]non tiña boa pinta. 0:10:43.380,0:10:44.480 Non era nada diso. 0:10:44.480,0:10:47.976 Era porque o que eu tiña[br]non encaixaba co que el quería. 0:10:48.000,0:10:50.266 Fiouse de min dabondo[br]para recomendarme, 0:10:50.280,0:10:51.936 usando un tecnicismo [br]das vendas. 0:10:51.960,0:10:53.800 Convertinme nun recomendado. 0:10:54.560,0:10:55.620 Entón, un día..., 0:10:55.620,0:10:58.690 tamén aprendín que podo[br]dicir certas cousas 0:10:58.690,0:11:00.686 e aumentar as posibilidades[br]de ter un si. 0:11:00.686,0:11:02.896 Así que, por exemplo,[br]un día fun a Starbucks, 0:11:02.920,0:11:06.496 e pregunteille ao xerente:[br]"Ei, podo ser un saudador de Starbucks?" 0:11:06.520,0:11:08.790 E el: "Que é un saudador de Starbucks?" 0:11:08.790,0:11:10.740 Dixen: "Coñeces os saudadores [br]de Walmart? 0:11:10.740,0:11:14.130 Sabes, esa xente que che di 'ola'[br]cando entras na tenda 0:11:14.130,0:11:16.690 e vixía para que non [br]roubes nada, basicamente? 0:11:16.690,0:11:20.046 Gustaríame darlles unha experiencia[br]Walmart aos clientes de Starbucks." 0:11:20.046,0:11:21.336 (Risos) 0:11:21.360,0:11:24.640 Ben, non estou seguro[br]de que sexa unha boa cousa... 0:11:25.600,0:11:28.096 De feito, estou bastante seguro[br]de que é algo malo. 0:11:28.120,0:11:30.176 E el: "Oh." 0:11:30.200,0:11:32.430 Si, era así, chámase Eric... 0:11:32.430,0:11:33.780 Di: "Non estou seguro." 0:11:33.780,0:11:36.136 Así foi a súa reacción:[br]"Non estou seguro." 0:11:36.160,0:11:37.846 Pregunteille: "É moi raro?" 0:11:37.846,0:11:40.030 E el: "Si, é moi raro, tío." 0:11:40.760,0:11:43.676 Pero tan pronto como o dixo,[br]o seu comportamento cambiou. 0:11:43.680,0:11:46.616 Foi coma se eliminase todas as dúbidas. 0:11:46.640,0:11:48.376 E dixo: "Si, podes facelo, 0:11:48.400,0:11:49.656 pero que non quede raro." 0:11:49.680,0:11:51.096 (Risos) 0:11:51.120,0:11:53.536 E durante unha hora[br]fun saudador de Starbucks. 0:11:53.536,0:11:55.656 Díxenlle "ola" a cada cliente[br]que entrou, 0:11:55.680,0:11:58.040 e desexeille boas vacacións. 0:11:58.040,0:12:00.430 A propósito, non coñezo[br]a vosa traxectoria laboral, 0:12:00.430,0:12:01.976 non sexades un saudador. 0:12:02.000,0:12:02.790 (Risos) 0:12:02.790,0:12:04.440 Foi moi aburrido. 0:12:05.200,0:12:10.136 Pero descubrín que puidera facelo[br]porque dixen: "É moi raro?" 0:12:10.160,0:12:12.296 Mencionei a dúbida que el tiña. 0:12:12.320,0:12:15.856 E que mencionase "É moi raro?"[br]significaba que eu non era raro. 0:12:15.880,0:12:18.416 Significaba que eu estaba [br]pensando xusto coma el, 0:12:18.440,0:12:20.816 véndoo como unha cousa rara. 0:12:20.840,0:12:22.096 E outra vez, e outra vez, 0:12:22.120,0:12:25.256 Aprendín que se mencionaba[br]algunha dúbida que a xente podía ter 0:12:25.280,0:12:27.080 antes de facer a pregunta, 0:12:27.080,0:12:28.376 xa gañaba a súa confianza. 0:12:28.400,0:12:30.460 A xente tendía máis a dicirme que si. 0:12:30.800,0:12:34.120 E aprendín que podía[br]acadar o soño da miña vida 0:12:34.120,0:12:35.576 preguntando. 0:12:35.600,0:12:38.696 Sabedes, veño de catro xeracións[br]de profesores, 0:12:38.720,0:12:41.536 a miña avoa sempre me dixo: 0:12:41.560,0:12:43.856 "Jia, podes facer o que queiras, 0:12:43.880,0:12:45.920 mais sería xenial se [br]foses profesor." 0:12:45.920,0:12:47.376 (Risos) 0:12:47.400,0:12:49.630 Pero eu quería ser un[br]empresario, e non o fun. 0:12:49.630,0:12:53.056 Pero sempre tiven o soño[br]de ensinar algo. 0:12:53.080,0:12:55.066 E pensei: "E se pregunto 0:12:55.066,0:12:57.536 e imparto unha clase na facultade?" 0:12:57.560,0:12:58.990 Vivía en Austin daquela, 0:12:58.990,0:13:01.020 fun á Universidade [br]de Texas en Austin, 0:13:01.020,0:13:04.260 petei ás portas dos profesores[br]e dixen: "Podo ensinar na túa clase?" 0:13:04.260,0:13:06.830 Non conseguín nada [br]as primeiras dúas veces. 0:13:06.830,0:13:09.376 Pero grazas a que non fuxín,[br]seguino intentando, 0:13:09.400,0:13:12.736 e no terceiro intento o[br]profesor quedou impresionado. 0:13:12.760,0:13:14.790 Dixo: "Ninguén fixo isto antes." 0:13:14.790,0:13:18.856 Eu entrara preparado[br]con presentacións e a miña lección. 0:13:18.880,0:13:20.936 Dixo: "Ei, podo usar isto." 0:13:20.960,0:13:24.050 Por que non volves en dous meses?[br]Encaixareino no currículo." 0:13:24.050,0:13:26.416 E dous meses máis tarde[br]eu daba unha clase. 0:13:26.420,0:13:29.696 Este son eu, pode que non o vexades,[br]é unha foto mala. 0:13:29.720,0:13:32.490 Sabedes, ás veces, somos [br]rexeitados pola iluminación. 0:13:32.490,0:13:33.720 (Risos) 0:13:34.680,0:13:35.420 Mais..., 0:13:35.420,0:13:38.656 cando rematei esa clase,[br]saín chorando, 0:13:38.680,0:13:40.456 porque pensei 0:13:40.480,0:13:43.670 que podería acadar o meu soño[br]simplemente preguntando. 0:13:43.670,0:13:46.420 Acostumaba pensar que tiña[br]que ser perfecto en todo, 0:13:46.420,0:13:50.096 ser un gran empresario, facer[br]un PhD para ensinar..., 0:13:50.120,0:13:51.656 mais non, só preguntei, 0:13:51.680,0:13:53.010 e puiden ensinar. 0:13:53.400,0:13:55.776 E nesa foto, que non podedes ver, 0:13:55.800,0:13:59.096 citei a Martin Luther King, Jr. 0:13:59.120,0:14:03.656 Por que? Porque na miña investigación[br]atopei que a xente que cambia o mundo, 0:14:03.680,0:14:06.616 que cambia a forma en que vivimos[br]e en que pensamos, 0:14:06.640,0:14:10.736 é a xente que ao comezo atopou[br]rexeitamentos a miúdo violentos. 0:14:10.760,0:14:12.816 Xente como Martin Luther King Jr., 0:14:12.840,0:14:14.896 como Mahtama Gandhi, Nelson Mandela 0:14:14.920,0:14:16.456 ou mesmo Xesús. 0:14:16.480,0:14:19.856 Esa xente non deixou[br]que o rexeitamento a definise. 0:14:19.880,0:14:24.040 Permitiron que a súa propia reacción[br]ao seu rexeitamento os definise. 0:14:24.920,0:14:26.670 E aceptaron o rexeitamento. 0:14:27.360,0:14:30.576 E non temos que ser eles[br]para aprender sobre rexeitamento. 0:14:30.600,0:14:31.710 No meu caso, 0:14:31.710,0:14:33.870 o rexeitamento foi a miña maldición, 0:14:33.870,0:14:35.176 foi a miña besta negra. 0:14:35.200,0:14:39.376 Angustioume toda a miña vida[br]porque estaba fuxindo del. 0:14:39.400,0:14:41.360 E comecei a aceptalo. 0:14:41.800,0:14:44.740 Transformeino no[br]mellor regalo da miña vida. 0:14:45.320,0:14:49.786 Comecei a ensinarlle á xente como [br]mudar rexeitamento en oportunidade. 0:14:49.786,0:14:51.816 Usei o meu blog, usei o meu discurso, 0:14:51.840,0:14:53.736 usei o libro que acabo de publicar, 0:14:53.760,0:14:58.430 incluso estou creando tecnoloxía para [br]axudar a superar o medo ao rexeitamento. 0:15:00.200,0:15:01.936 Cando te rexeitan na vida, 0:15:01.960,0:15:04.176 cando enfrontas un obstáculo 0:15:04.200,0:15:06.216 ou un fracaso, 0:15:06.240,0:15:08.056 considera as posibilidades. 0:15:08.080,0:15:09.296 Non fuxas. 0:15:09.320,0:15:10.536 Se os aceptas, 0:15:10.560,0:15:12.640 tamén poden chegar a ser o teu regalo. 0:15:13.090,0:15:14.240 Grazas. 0:15:14.240,0:15:18.744 (Aplauso)