1 00:00:01,500 --> 00:00:02,768 Dende hai uns anos, 2 00:00:02,792 --> 00:00:06,143 son escritora residente na Escola de Medicina de Stanford. 3 00:00:06,417 --> 00:00:08,934 Contratoume unha muller incrible, 4 00:00:08,958 --> 00:00:11,226 unha poeta e anestesióloga 5 00:00:11,250 --> 00:00:12,533 chamada Audrey Shafer, 6 00:00:12,917 --> 00:00:15,226 que iniciou o programa Medicine and the Muse 7 00:00:15,250 --> 00:00:19,125 para volver a introducir as humanidades na educación e formación médica. 8 00:00:20,042 --> 00:00:23,101 O meu traballo consistía en ensinar escritura, narración 9 00:00:23,125 --> 00:00:25,269 e habilidades xerais de comunicación 10 00:00:25,333 --> 00:00:27,809 a doutores, enfermeiros, estudantes de medicina 11 00:00:27,833 --> 00:00:29,476 e outros traballadores sanitarios. 12 00:00:29,500 --> 00:00:32,434 Supuxen que os meus estudantes me entregarían miles de ensaios 13 00:00:32,458 --> 00:00:36,071 sobre disección de cadáveres e poemas sobre o bazo. 14 00:00:36,625 --> 00:00:38,101 E así foi. 15 00:00:38,125 --> 00:00:39,393 Pero case inmediatamente, 16 00:00:39,417 --> 00:00:42,726 comecei a recibir máis ensaios que me fixeron sentir inqueda 17 00:00:42,750 --> 00:00:44,018 e moi preocupada. 18 00:00:44,042 --> 00:00:46,976 Os meus estudantes escribían sobre a súa demoledora ansiedade, 19 00:00:47,000 --> 00:00:49,893 a presión insoportable por alcanzar o éxito, 20 00:00:49,917 --> 00:00:51,549 as súas diagnoses de saúde mental, 21 00:00:51,573 --> 00:00:52,958 os seus intentos de suicidio, 22 00:00:53,292 --> 00:00:55,143 sobre o sós e illados que se sentían 23 00:00:55,167 --> 00:00:57,809 e as dúbidas sobre se escolleran a profesión axeitada, 24 00:00:57,833 --> 00:01:00,104 cando nin sequera eran doutores aínda. 25 00:01:00,208 --> 00:01:02,851 Esta é a miña estudante Uriel Sánchez. 26 00:01:02,875 --> 00:01:06,018 (Audio) Uriel Sánchez: As opcións que che dan en medicina, 27 00:01:06,042 --> 00:01:08,059 incluso por parte de moitos mentores, 28 00:01:08,083 --> 00:01:09,351 son ter que escoller 29 00:01:09,375 --> 00:01:13,226 entre ser unha moi boa persoa ou un moi bo doutor ou doutora. 30 00:01:13,250 --> 00:01:15,518 (Música) 31 00:01:15,542 --> 00:01:18,851 Laurel Braitman: A humanidade e o benestar emocional dos médicos 32 00:01:18,875 --> 00:01:21,559 case nunca son unha parte principal da súa formación, 33 00:01:21,583 --> 00:01:23,126 ou nin sequera se ten en conta. 34 00:01:23,250 --> 00:01:24,518 Unha vulnerabilidade real, 35 00:01:24,542 --> 00:01:27,684 como compartir certas diagnoses de problemas mentais, 36 00:01:27,708 --> 00:01:29,833 podería causar a fin da súa carreira. 37 00:01:30,708 --> 00:01:34,768 Case o 30 % dos estudantes de medicina estadounidenses están deprimidos, 38 00:01:34,792 --> 00:01:37,221 e 1 de cada 10 pensou no suicidio. 39 00:01:37,245 --> 00:01:40,161 E a situación é aínda peor no caso dos médicos que xa exercen. 40 00:01:40,375 --> 00:01:42,568 Existe un descontento xeneralizado no traballo, 41 00:01:42,602 --> 00:01:44,101 un alto índice de depresións 42 00:01:44,125 --> 00:01:46,601 e os doutores teñen unha taxa de suicidio máis alta 43 00:01:46,625 --> 00:01:48,708 que calquera outra profesión nos EEUU. 44 00:01:50,375 --> 00:01:52,018 É aterrador. 45 00:01:52,042 --> 00:01:54,101 Non só para eles, senón que tamén para nós. 46 00:01:54,125 --> 00:01:57,143 Eu penso que os doutores teñen o traballo máis importante. 47 00:01:57,167 --> 00:01:58,751 E se as súas vidas están en xogo, 48 00:01:58,785 --> 00:01:59,716 as nosas tamén. 49 00:02:00,500 --> 00:02:04,684 Por suposto, eu non son unha profesional da saúde mental, 50 00:02:04,708 --> 00:02:05,976 eu son escritora, 51 00:02:06,000 --> 00:02:09,809 que basicamente é totalmente o contrario. 52 00:02:09,833 --> 00:02:11,976 Pero podo afirmar que grazas ás oportunidades 53 00:02:12,000 --> 00:02:13,643 que lles dou aos sanitarios 54 00:02:13,667 --> 00:02:17,059 de compartir as súas frustracións, os seus medos, as súas alegrías, 55 00:02:17,083 --> 00:02:19,518 o que lles sorprende, o que lles molesta; 56 00:02:19,542 --> 00:02:20,901 mellor parecen sentirse. 57 00:02:21,375 --> 00:02:24,559 Así que en Medicine and the Muse ofrecemos obradoiros de narración 58 00:02:24,583 --> 00:02:26,643 de tarde, de fin de semana ou de todo o día 59 00:02:26,667 --> 00:02:29,733 en granxas ou outros lugares con comida moi rica. 60 00:02:30,167 --> 00:02:34,768 Invito a outros xornalistas, escritores, produtores, 61 00:02:34,792 --> 00:02:36,934 podcasters e poetas 62 00:02:36,958 --> 00:02:38,636 a que lles ensinen a escribir, 63 00:02:38,660 --> 00:02:41,434 a comunicarse e a narrar historias aos nosos participantes. 64 00:02:41,708 --> 00:02:43,947 E que esos participantes se volvan vulnerables 65 00:02:43,971 --> 00:02:46,559 ao contar as súas historias en alto uns aos outros. 66 00:02:46,583 --> 00:02:47,851 Facendo iso, 67 00:02:47,875 --> 00:02:51,226 reconectaranse co que os involucrou na medicina dende un principio. 68 00:02:51,250 --> 00:02:53,226 Estas habilidades son ás que recurrirán 69 00:02:53,250 --> 00:02:57,059 cando se decaten e se enfronten coa complexa e estresante realidade 70 00:02:57,083 --> 00:02:58,698 do traballo que escolleron. 71 00:02:58,792 --> 00:03:01,319 Así é como se decatarán de que é a súa vocación. 72 00:03:01,833 --> 00:03:05,184 Polo tanto, hoxe teño unha receta para vostedes. 73 00:03:05,208 --> 00:03:08,458 Non é de parte dos médicos, senón que para beneficio deles. 74 00:03:08,492 --> 00:03:10,573 Para isto pedín a axuda dos meus estudantes. 75 00:03:10,917 --> 00:03:14,268 E antes de comezar, permítanme dicir que pese a traballar con doutores 76 00:03:14,292 --> 00:03:16,143 estou totalmente convencida 77 00:03:16,167 --> 00:03:18,559 de que se pode aplicar a case calquera profesión, 78 00:03:18,583 --> 00:03:21,809 sobre todo para todos os que estamos tan comprometidos co traballo 79 00:03:21,833 --> 00:03:24,018 que pode chegar a ser tan intenso e abafante, 80 00:03:24,042 --> 00:03:27,408 que ás veces esquecemos por que o escollemos dende o principio. 81 00:03:28,042 --> 00:03:31,518 Para min, compartir unha auténtica historia de vulnerabilidade 82 00:03:31,542 --> 00:03:35,226 parécese moito a alzar unha bandeira nun mastro. 83 00:03:35,250 --> 00:03:36,809 Outra xente pode vela, 84 00:03:36,833 --> 00:03:39,059 se está de acordo e se sente identificada 85 00:03:39,093 --> 00:03:40,976 pode acercarse e acompañarte baixo ela. 86 00:03:41,070 --> 00:03:44,226 Iso foi o que fixo a miña estudante Maite Van Hentenryck. 87 00:03:44,250 --> 00:03:47,851 (Audio) Maite Van Hentenryck: A min provocábame moitísima ansiedade, 88 00:03:47,875 --> 00:03:50,268 e compartín cousas de min mesma 89 00:03:50,292 --> 00:03:54,417 que probablemente só lle contara a cinco compañeiros de clase. 90 00:03:56,250 --> 00:03:59,901 LB: Cando Maite era un bebé, tiveron que amputarlle unha perna. 91 00:04:00,125 --> 00:04:01,602 Ao chegar á escola de medicina 92 00:04:01,626 --> 00:04:03,893 tivo que facer un test estándar na clase 93 00:04:03,917 --> 00:04:05,434 no que lle preguntaban: 94 00:04:05,458 --> 00:04:07,393 "Por favor, fálanos da primeira vez 95 00:04:07,417 --> 00:04:09,560 que te atopaches con alguén cunha minusvalía". 96 00:04:10,458 --> 00:04:12,976 Preguntábase se os seus supervisores consideraran 97 00:04:13,000 --> 00:04:15,874 que a persoa coa minusvalía era ela, a propia doutora. 98 00:04:16,208 --> 00:04:20,198 Así que falou sobre isto diante duns 100 amigos e compañeiros; 99 00:04:20,272 --> 00:04:22,903 palabras maiores, tendo en conta o tímida que é. 100 00:04:23,167 --> 00:04:24,601 E o que ocorreu despois 101 00:04:24,625 --> 00:04:26,643 foi que algúns estudantes con minusvalías, 102 00:04:26,667 --> 00:04:27,934 aos que ela non coñecía, 103 00:04:27,958 --> 00:04:30,601 pedíronlle que coliderase un grupo no campus 104 00:04:30,625 --> 00:04:34,208 que defende a visibilidade e a inclusión na formación médica. 105 00:04:36,250 --> 00:04:39,184 Cando falamos tendemos a considerar que a xente é creativa 106 00:04:39,208 --> 00:04:40,851 se posúen certos traballos. 107 00:04:40,875 --> 00:04:44,189 Por exemplo un deseñador, un arquitecto ou un artista. 108 00:04:44,583 --> 00:04:47,268 Eu odio ese concepto. 109 00:04:47,292 --> 00:04:49,809 Penso que é ofensivo e restritivo. 110 00:04:49,833 --> 00:04:52,541 A creatividade non pertence a un grupo concreto de xente. 111 00:04:52,585 --> 00:04:55,048 Gran parte do meu traballo con médicos e estudantes 112 00:04:55,292 --> 00:04:58,764 é lembrarlles que, independientemente da profesión que escollamos, 113 00:04:58,788 --> 00:05:00,393 podemos facer algo significativo, 114 00:05:00,417 --> 00:05:03,488 atopar a beleza nas cousas complicadas e crear. 115 00:05:04,042 --> 00:05:06,909 Este é o estudante de medicina Pablo Romano. 116 00:05:07,333 --> 00:05:10,184 (Audio) Pablo Romano: Os meus pais inmigraron dende México 117 00:05:10,208 --> 00:05:11,476 hai moitos anos, 118 00:05:11,500 --> 00:05:13,933 e cando eu estaba na universidade, faleceron. 119 00:05:14,167 --> 00:05:17,167 Tiña 18 años cando morreu meu pai, e 20 cando morreu miña nai. 120 00:05:18,458 --> 00:05:21,416 LB: Pablo non só falou por primeira vez publicamente 121 00:05:21,430 --> 00:05:22,643 sobre a súa orfandade, 122 00:05:22,667 --> 00:05:26,934 senón que xuntos comezamos unha serie sobre historias en vivo chamada Talk Rx 123 00:05:26,958 --> 00:05:29,476 que se converteu nun lugar no que os seus compañeiros 124 00:05:29,500 --> 00:05:33,125 poden amosar as súas emocións e sentimentos máis vulnerables e profundos. 125 00:05:34,970 --> 00:05:36,351 (Audio) PR: Vou a unha escola 126 00:05:36,375 --> 00:05:39,309 na que os datos, a investigación e os números importan moito. 127 00:05:39,333 --> 00:05:42,125 Pero ao final o que conmove ás persoas son as historias. 128 00:05:44,958 --> 00:05:48,406 LB: Arifeen Rahman é unha estudante de medicina de segundo ano. 129 00:05:48,500 --> 00:05:49,768 Antes de que ela nacera, 130 00:05:49,792 --> 00:05:53,209 os seu pais inmigraron dende Bangladesh cara os Estados Unidos. 131 00:05:53,583 --> 00:05:56,643 Creceu nunha casa preciosa no norte de California, 132 00:05:56,667 --> 00:05:57,934 moi segura e estable, 133 00:05:57,958 --> 00:06:00,059 os seus pais seguen xuntos, 134 00:06:00,083 --> 00:06:03,476 nunca pasou fame e graduouse en Harvard. 135 00:06:04,000 --> 00:06:06,893 (Audio) Arifeen Rahman: Nunca crin que as miñas historias 136 00:06:06,917 --> 00:06:09,225 fosen dignas de contar ou importasen. 137 00:06:09,625 --> 00:06:11,643 LB: Porén, Arifeen si que tiña historias. 138 00:06:11,667 --> 00:06:14,393 Hai pouco deu unha charla sobre ser quizais 139 00:06:14,417 --> 00:06:16,643 a única rapaza bangladesa - estadounidense 140 00:06:16,667 --> 00:06:18,226 que gañou un concurso de ensaios 141 00:06:18,250 --> 00:06:20,518 para a Daughters of American Revolution 142 00:06:20,542 --> 00:06:21,893 (Laughter) 143 00:06:21,917 --> 00:06:26,143 e despois disfrazouse en Halloween da Declaración da Independencia. 144 00:06:26,167 --> 00:06:28,184 A min encántame a historia de Arifeen 145 00:06:28,208 --> 00:06:30,893 porque para min representa todo o bo e malo, 146 00:06:30,917 --> 00:06:32,434 o duro e o agotador 147 00:06:32,458 --> 00:06:35,208 de representar o novo soño americano. 148 00:06:36,667 --> 00:06:39,601 (Audio) AR: O máis difícil foi lidar con esa voz que me dicía 149 00:06:39,625 --> 00:06:42,268 que ninguén querería escoitar as miñas historias, 150 00:06:42,292 --> 00:06:45,934 de por que invertir tempo nunha cousa 151 00:06:45,958 --> 00:06:49,333 que non ten ningún significado na gran escala da vida. 152 00:06:50,500 --> 00:06:52,917 Quizais o mellor diso é que en realidade si o ten. 153 00:06:57,042 --> 00:06:58,792 LB: A vida é moi curta. 154 00:06:59,667 --> 00:07:03,476 Para min, a única cousa que importa mentres estea aquí 155 00:07:03,500 --> 00:07:06,643 é sentir que podo conectar con outra xente 156 00:07:06,667 --> 00:07:09,341 e quizais conseguir que se sintan un pouco menos sós. 157 00:07:09,375 --> 00:07:10,893 E segundo a miña experiencia, 158 00:07:10,917 --> 00:07:13,833 as historias son as que máis o conseguen. 159 00:07:14,750 --> 00:07:18,684 Bueno, a miña estudante e colaboradora en gran parte deste empeño 160 00:07:18,708 --> 00:07:20,684 é Candice Kim. 161 00:07:20,708 --> 00:07:24,101 Ela é doutoranda en Educación Médica. 162 00:07:24,125 --> 00:07:26,434 Escribiu sobre o #MeToo en medicina, 163 00:07:26,458 --> 00:07:29,586 abríndolle camiño á súa identidade "queer" nun ámbito conservador 164 00:07:30,000 --> 00:07:32,809 e a súa nai foi diagnosticada con cáncer metastásico. 165 00:07:32,833 --> 00:07:36,143 Recentemente, tamén iniciou unha interesante investigación 166 00:07:36,167 --> 00:07:37,399 sobre o noso traballo. 167 00:07:37,533 --> 00:07:39,866 (Audio) Candace Kim: Podemos ver que os estudantes 168 00:07:39,900 --> 00:07:42,281 que participaron na opotunidade de contar historias 169 00:07:42,315 --> 00:07:47,069 amosan entre un 36 e un 51 por cento de disminución da súa angustia. 170 00:07:47,583 --> 00:07:49,809 LB: Se fose un medicamento para a saúde mental 171 00:07:49,833 --> 00:07:52,313 sería un auténtico éxito de vendas. 172 00:07:52,917 --> 00:07:55,434 Parece que os resultados duran ata un mes. 173 00:07:55,458 --> 00:07:56,726 Pode que incluso máis. 174 00:07:56,750 --> 00:07:59,418 Ao chegar o mes, Candice deixou de facer evaluacións. 175 00:07:59,452 --> 00:08:00,659 Así que quen sabe. 176 00:08:00,803 --> 00:08:03,976 E non só iso, senón que o 100 por cento dos nosos participantes 177 00:08:04,000 --> 00:08:07,059 recomendou esta oportunidade a un amigo. 178 00:08:07,083 --> 00:08:10,393 Porén, para min o máis imporante que conseguiu o noso traballo 179 00:08:10,417 --> 00:08:12,518 foi crear unha cultura de vulnerabilidade 180 00:08:12,542 --> 00:08:16,298 nun lugar no que nunca antes existira. 181 00:08:17,042 --> 00:08:18,393 Penso que o que isto fai 182 00:08:18,417 --> 00:08:20,976 é permitir que tanto doutores coma outros compañeiros 183 00:08:21,000 --> 00:08:24,324 teñan unha oportunidade de concibir un futuro diferentes para eles 184 00:08:24,358 --> 00:08:25,578 e para os seus pacientes. 185 00:08:25,618 --> 00:08:26,688 Esta é Maite de novo. 186 00:08:26,952 --> 00:08:30,471 (Audio) MVH: Quero ser unha doutora que recorde o día do teu aniversario 187 00:08:30,495 --> 00:08:32,221 sen ter que miralo no historial. 188 00:08:32,245 --> 00:08:34,101 E quero ser a doutora que sabe 189 00:08:34,125 --> 00:08:36,393 cal é a cor preferida dos meus pacientes 190 00:08:36,417 --> 00:08:38,851 e que programas de televisión lles gustan ver. 191 00:08:38,875 --> 00:08:42,794 Quero ser a doutora que sexa recordada por saber escoitar á xente 192 00:08:42,958 --> 00:08:45,643 e asegurarme de coidar dela 193 00:08:45,667 --> 00:08:48,067 e non só de tratar as súas enfermidades. 194 00:08:49,083 --> 00:08:51,548 LB: Ser humanos é un estado terminal. 195 00:08:52,042 --> 00:08:54,650 Todos o padecemos e todos imos terminar morrendo. 196 00:08:55,625 --> 00:08:58,809 Axudar aos profesionais da saúde a comunicarse significativamente 197 00:08:58,833 --> 00:09:00,101 entre eles, 198 00:09:00,125 --> 00:09:02,030 cos seus pacientes e con eles mesmos 199 00:09:02,054 --> 00:09:04,851 é obvio que non vai cambiar por arte de maxia 200 00:09:04,875 --> 00:09:07,579 todo o que non funciona no sistema sanitario actual, 201 00:09:07,743 --> 00:09:11,553 nin vai liberar a enorme carga que poñemos sobre os nosos médicos, 202 00:09:11,727 --> 00:09:13,283 pero si que é a clave 203 00:09:13,307 --> 00:09:16,044 para asegurarnos de que os nosos coidadores estean sanos 204 00:09:16,068 --> 00:09:17,554 para poder coidar de todos nós. 205 00:09:18,458 --> 00:09:21,143 Comunicarse uns cos outros con vulnerabilidade, 206 00:09:21,167 --> 00:09:22,809 escoitar con compaixón, 207 00:09:22,833 --> 00:09:26,253 é, á miña forma de ver, a mellor medicina que temos. 208 00:09:26,277 --> 00:09:27,224 Grazas. 209 00:09:27,708 --> 00:09:31,083 (Aplausos)