0:00:01.500,0:00:02.768 Dende hai uns anos, 0:00:02.792,0:00:06.143 son escritora residente na[br]Escola de Medicina de Stanford. 0:00:06.417,0:00:08.934 Contratoume unha muller incrible, 0:00:08.958,0:00:11.226 unha poeta e anestesióloga 0:00:11.250,0:00:12.533 chamada Audrey Shafer, 0:00:12.917,0:00:15.226 que iniciou o programa[br]Medicine and the Muse 0:00:15.250,0:00:19.125 para volver a introducir as humanidades[br]na educación e formación médica. 0:00:20.042,0:00:23.101 O meu traballo consistía en ensinar[br]escritura, narración 0:00:23.125,0:00:25.269 e habilidades xerais de comunicación 0:00:25.333,0:00:27.809 a doutores, enfermeiros,[br]estudantes de medicina 0:00:27.833,0:00:29.476 e outros traballadores sanitarios. 0:00:29.500,0:00:32.434 Supuxen que os meus estudantes[br]me entregarían miles de ensaios 0:00:32.458,0:00:36.071 sobre disección de cadáveres[br]e poemas sobre o bazo. 0:00:36.625,0:00:38.101 E así foi. 0:00:38.125,0:00:39.393 Pero case inmediatamente, 0:00:39.417,0:00:42.726 comecei a recibir máis ensaios[br]que me fixeron sentir inqueda 0:00:42.750,0:00:44.018 e moi preocupada. 0:00:44.042,0:00:46.976 Os meus estudantes escribían[br]sobre a súa demoledora ansiedade, 0:00:47.000,0:00:49.893 a presión insoportable[br]por alcanzar o éxito, 0:00:49.917,0:00:51.549 as súas diagnoses de saúde mental, 0:00:51.573,0:00:52.958 os seus intentos de suicidio, 0:00:53.292,0:00:55.143 sobre o sós e illados que se sentían 0:00:55.167,0:00:57.809 e as dúbidas sobre se escolleran[br]a profesión axeitada, 0:00:57.833,0:01:00.104 cando nin sequera eran doutores aínda. 0:01:00.208,0:01:02.851 Esta é a miña estudante Uriel Sánchez. 0:01:02.875,0:01:06.018 (Audio) Uriel Sánchez:[br]As opcións que che dan en medicina, 0:01:06.042,0:01:08.059 incluso por parte de moitos mentores, 0:01:08.083,0:01:09.351 son ter que escoller 0:01:09.375,0:01:13.226 entre ser unha moi boa persoa[br]ou un moi bo doutor ou doutora. 0:01:13.250,0:01:15.518 (Música) 0:01:15.542,0:01:18.851 Laurel Braitman: A humanidade[br]e o benestar emocional dos médicos 0:01:18.875,0:01:21.559 case nunca son unha parte principal[br]da súa formación, 0:01:21.583,0:01:23.126 ou nin sequera se ten en conta. 0:01:23.250,0:01:24.518 Unha vulnerabilidade real, 0:01:24.542,0:01:27.684 como compartir certas diagnoses[br]de problemas mentais, 0:01:27.708,0:01:29.833 podería causar a fin da súa carreira. 0:01:30.708,0:01:34.768 Case o 30 % dos estudantes de medicina[br]estadounidenses están deprimidos, 0:01:34.792,0:01:37.221 e 1 de cada 10 pensou no suicidio. 0:01:37.245,0:01:40.161 E a situación é aínda peor[br]no caso dos médicos que xa exercen. 0:01:40.375,0:01:42.568 Existe un descontento xeneralizado[br]no traballo, 0:01:42.602,0:01:44.101 un alto índice de depresións 0:01:44.125,0:01:46.601 e os doutores [br]teñen unha taxa de suicidio máis alta 0:01:46.625,0:01:48.708 que calquera outra profesión nos EEUU. 0:01:50.375,0:01:52.018 É aterrador. 0:01:52.042,0:01:54.101 Non só para eles,[br]senón que tamén para nós. 0:01:54.125,0:01:57.143 Eu penso que os doutores[br]teñen o traballo máis importante. 0:01:57.167,0:01:58.751 E se as súas vidas están en xogo, 0:01:58.785,0:01:59.716 as nosas tamén. 0:02:00.500,0:02:04.684 Por suposto, eu non son[br]unha profesional da saúde mental, 0:02:04.708,0:02:05.976 eu son escritora, 0:02:06.000,0:02:09.809 que basicamente é totalmente o contrario. 0:02:09.833,0:02:11.976 Pero podo afirmar[br]que grazas ás oportunidades 0:02:12.000,0:02:13.643 que lles dou aos sanitarios 0:02:13.667,0:02:17.059 de compartir as súas frustracións,[br]os seus medos, as súas alegrías, 0:02:17.083,0:02:19.518 o que lles sorprende, o que lles molesta; 0:02:19.542,0:02:20.901 mellor parecen sentirse. 0:02:21.375,0:02:24.559 Así que en Medicine and the Muse[br]ofrecemos obradoiros de narración 0:02:24.583,0:02:26.643 de tarde, de fin de semana[br]ou de todo o día 0:02:26.667,0:02:29.733 en granxas ou outros lugares[br]con comida moi rica. 0:02:30.167,0:02:34.768 Invito a outros xornalistas,[br]escritores, produtores, 0:02:34.792,0:02:36.934 podcasters e poetas 0:02:36.958,0:02:38.636 a que lles ensinen a escribir, 0:02:38.660,0:02:41.434 a comunicarse e a narrar historias[br]aos nosos participantes. 0:02:41.708,0:02:43.947 E que esos participantes[br]se volvan vulnerables 0:02:43.971,0:02:46.559 ao contar as súas historias en alto[br]uns aos outros. 0:02:46.583,0:02:47.851 Facendo iso, 0:02:47.875,0:02:51.226 reconectaranse co que os involucrou [br]na medicina dende un principio. 0:02:51.250,0:02:53.226 Estas habilidades son ás que recurrirán 0:02:53.250,0:02:57.059 cando se decaten e se enfronten[br]coa complexa e estresante realidade 0:02:57.083,0:02:58.698 do traballo que escolleron. 0:02:58.792,0:03:01.319 Así é como se decatarán[br]de que é a súa vocación. 0:03:01.833,0:03:05.184 Polo tanto, hoxe teño unha receta[br]para vostedes. 0:03:05.208,0:03:08.458 Non é de parte dos médicos,[br]senón que para beneficio deles. 0:03:08.492,0:03:10.573 Para isto pedín a axuda[br]dos meus estudantes. 0:03:10.917,0:03:14.268 E antes de comezar, permítanme[br]dicir que pese a traballar con doutores 0:03:14.292,0:03:16.143 estou totalmente convencida 0:03:16.167,0:03:18.559 de que se pode aplicar[br]a case calquera profesión, 0:03:18.583,0:03:21.809 sobre todo para todos os que[br]estamos tan comprometidos co traballo 0:03:21.833,0:03:24.018 que pode chegar a ser[br]tan intenso e abafante, 0:03:24.042,0:03:27.408 que ás veces esquecemos por que[br]o escollemos dende o principio. 0:03:28.042,0:03:31.518 Para min, compartir unha[br]auténtica historia de vulnerabilidade 0:03:31.542,0:03:35.226 parécese moito a alzar[br]unha bandeira nun mastro. 0:03:35.250,0:03:36.809 Outra xente pode vela, 0:03:36.833,0:03:39.059 se está de acordo[br]e se sente identificada 0:03:39.093,0:03:40.976 pode acercarse e acompañarte baixo ela. 0:03:41.070,0:03:44.226 Iso foi o que fixo a miña estudante[br]Maite Van Hentenryck. 0:03:44.250,0:03:47.851 (Audio) Maite Van Hentenryck:[br]A min provocábame moitísima ansiedade, 0:03:47.875,0:03:50.268 e compartín cousas de min mesma 0:03:50.292,0:03:54.417 que probablemente só lle contara[br]a cinco compañeiros de clase. 0:03:56.250,0:03:59.901 LB: Cando Maite era un bebé,[br]tiveron que amputarlle unha perna. 0:04:00.125,0:04:01.602 Ao chegar á escola de medicina 0:04:01.626,0:04:03.893 tivo que facer un test estándar na clase 0:04:03.917,0:04:05.434 no que lle preguntaban: 0:04:05.458,0:04:07.393 "Por favor, fálanos da primeira vez 0:04:07.417,0:04:09.560 que te atopaches[br]con alguén cunha minusvalía". 0:04:10.458,0:04:12.976 Preguntábase [br]se os seus supervisores consideraran 0:04:13.000,0:04:15.874 que a persoa coa minusvalía era ela,[br]a propia doutora. 0:04:16.208,0:04:20.198 Así que falou sobre isto diante[br]duns 100 amigos e compañeiros; 0:04:20.272,0:04:22.903 palabras maiores, tendo en conta[br]o tímida que é. 0:04:23.167,0:04:24.601 E o que ocorreu despois 0:04:24.625,0:04:26.643 foi que algúns estudantes con minusvalías, 0:04:26.667,0:04:27.934 aos que ela non coñecía, 0:04:27.958,0:04:30.601 pedíronlle que coliderase[br]un grupo no campus 0:04:30.625,0:04:34.208 que defende a visibilidade e a inclusión[br]na formación médica. 0:04:36.250,0:04:39.184 Cando falamos tendemos a considerar[br]que a xente é creativa 0:04:39.208,0:04:40.851 se posúen certos traballos. 0:04:40.875,0:04:44.189 Por exemplo un deseñador,[br]un arquitecto ou un artista. 0:04:44.583,0:04:47.268 Eu odio ese concepto. 0:04:47.292,0:04:49.809 Penso que é ofensivo e restritivo. 0:04:49.833,0:04:52.541 A creatividade non pertence[br]a un grupo concreto de xente. 0:04:52.585,0:04:55.048 Gran parte do meu traballo[br]con médicos e estudantes 0:04:55.292,0:04:58.764 é lembrarlles que, independientemente[br]da profesión que escollamos, 0:04:58.788,0:05:00.393 podemos facer algo significativo, 0:05:00.417,0:05:03.488 atopar a beleza[br]nas cousas complicadas e crear. 0:05:04.042,0:05:06.909 Este é o estudante de medicina[br]Pablo Romano. 0:05:07.333,0:05:10.184 (Audio) Pablo Romano: Os meus pais[br]inmigraron dende México 0:05:10.208,0:05:11.476 hai moitos anos, 0:05:11.500,0:05:13.933 e cando eu estaba[br]na universidade, faleceron. 0:05:14.167,0:05:17.167 Tiña 18 años cando morreu meu pai,[br]e 20 cando morreu miña nai. 0:05:18.458,0:05:21.416 LB: Pablo non só falou[br]por primeira vez publicamente 0:05:21.430,0:05:22.643 sobre a súa orfandade, 0:05:22.667,0:05:26.934 senón que xuntos comezamos unha serie[br]sobre historias en vivo chamada Talk Rx 0:05:26.958,0:05:29.476 que se converteu nun lugar[br]no que os seus compañeiros 0:05:29.500,0:05:33.125 poden amosar as súas emocións e[br]sentimentos máis vulnerables e profundos. 0:05:34.970,0:05:36.351 (Audio) PR: Vou a unha escola 0:05:36.375,0:05:39.309 na que os datos, a investigación[br]e os números importan moito. 0:05:39.333,0:05:42.125 Pero ao final o que conmove ás persoas[br]son as historias. 0:05:44.958,0:05:48.406 LB: Arifeen Rahman é[br]unha estudante de medicina de segundo ano. 0:05:48.500,0:05:49.768 Antes de que ela nacera, 0:05:49.792,0:05:53.209 os seu pais inmigraron[br]dende Bangladesh cara os Estados Unidos. 0:05:53.583,0:05:56.643 Creceu nunha casa preciosa[br]no norte de California, 0:05:56.667,0:05:57.934 moi segura e estable, 0:05:57.958,0:06:00.059 os seus pais seguen xuntos, 0:06:00.083,0:06:03.476 nunca pasou fame[br]e graduouse en Harvard. 0:06:04.000,0:06:06.893 (Audio) Arifeen Rahman:[br]Nunca crin que as miñas historias 0:06:06.917,0:06:09.225 fosen dignas de contar ou importasen. 0:06:09.625,0:06:11.643 LB: Porén, Arifeen si que tiña historias. 0:06:11.667,0:06:14.393 Hai pouco deu unha charla[br]sobre ser quizais 0:06:14.417,0:06:16.643 a única rapaza bangladesa - estadounidense 0:06:16.667,0:06:18.226 que gañou un concurso de ensaios 0:06:18.250,0:06:20.518 para a Daughters of American Revolution 0:06:20.542,0:06:21.893 (Laughter) 0:06:21.917,0:06:26.143 e despois disfrazouse en Halloween[br]da Declaración da Independencia. 0:06:26.167,0:06:28.184 A min encántame a historia de Arifeen 0:06:28.208,0:06:30.893 porque para min representa[br]todo o bo e malo, 0:06:30.917,0:06:32.434 o duro e o agotador 0:06:32.458,0:06:35.208 de representar o novo soño americano. 0:06:36.667,0:06:39.601 (Audio) AR: O máis difícil[br]foi lidar con esa voz que me dicía 0:06:39.625,0:06:42.268 que ninguén [br]querería escoitar as miñas historias, 0:06:42.292,0:06:45.934 de por que invertir tempo[br]nunha cousa 0:06:45.958,0:06:49.333 que non ten ningún significado[br]na gran escala da vida. 0:06:50.500,0:06:52.917 Quizais o mellor diso é[br]que en realidade si o ten. 0:06:57.042,0:06:58.792 LB: A vida é moi curta. 0:06:59.667,0:07:03.476 Para min, a única cousa que importa[br]mentres estea aquí 0:07:03.500,0:07:06.643 é sentir que podo conectar[br]con outra xente 0:07:06.667,0:07:09.341 e quizais conseguir que se sintan[br]un pouco menos sós. 0:07:09.375,0:07:10.893 E segundo a miña experiencia, 0:07:10.917,0:07:13.833 as historias son as que máis o conseguen. 0:07:14.750,0:07:18.684 Bueno, a miña estudante e colaboradora[br]en gran parte deste empeño 0:07:18.708,0:07:20.684 é Candice Kim. 0:07:20.708,0:07:24.101 Ela é doutoranda en Educación Médica. 0:07:24.125,0:07:26.434 Escribiu sobre o #MeToo en medicina, 0:07:26.458,0:07:29.586 abríndolle camiño á súa identidade "queer"[br]nun ámbito conservador 0:07:30.000,0:07:32.809 e a súa nai foi diagnosticada[br]con cáncer metastásico. 0:07:32.833,0:07:36.143 Recentemente, tamén iniciou[br]unha interesante investigación 0:07:36.167,0:07:37.399 sobre o noso traballo. 0:07:37.533,0:07:39.866 (Audio) Candace Kim:[br]Podemos ver que os estudantes 0:07:39.900,0:07:42.281 que participaron na opotunidade[br]de contar historias 0:07:42.315,0:07:47.069 amosan entre un 36 e un 51 por cento[br]de disminución da súa angustia. 0:07:47.583,0:07:49.809 LB: Se fose un medicamento[br]para a saúde mental 0:07:49.833,0:07:52.313 sería un auténtico éxito de vendas. 0:07:52.917,0:07:55.434 Parece que os resultados[br]duran ata un mes. 0:07:55.458,0:07:56.726 Pode que incluso máis. 0:07:56.750,0:07:59.418 Ao chegar o mes, Candice deixou de[br]facer evaluacións. 0:07:59.452,0:08:00.659 Así que quen sabe. 0:08:00.803,0:08:03.976 E non só iso, senón que[br]o 100 por cento dos nosos participantes 0:08:04.000,0:08:07.059 recomendou esta oportunidade a un amigo. 0:08:07.083,0:08:10.393 Porén, para min o máis imporante[br]que conseguiu o noso traballo 0:08:10.417,0:08:12.518 foi crear unha cultura de vulnerabilidade 0:08:12.542,0:08:16.298 nun lugar no que nunca antes existira. 0:08:17.042,0:08:18.393 Penso que o que isto fai 0:08:18.417,0:08:20.976 é permitir que tanto doutores[br]coma outros compañeiros 0:08:21.000,0:08:24.324 teñan unha oportunidade de concibir[br]un futuro diferentes para eles 0:08:24.358,0:08:25.578 e para os seus pacientes. 0:08:25.618,0:08:26.688 Esta é Maite de novo. 0:08:26.952,0:08:30.471 (Audio) MVH: Quero ser unha doutora[br]que recorde o día do teu aniversario 0:08:30.495,0:08:32.221 sen ter que miralo no historial. 0:08:32.245,0:08:34.101 E quero ser a doutora que sabe 0:08:34.125,0:08:36.393 cal é a cor preferida dos meus pacientes 0:08:36.417,0:08:38.851 e que programas de televisión[br]lles gustan ver. 0:08:38.875,0:08:42.794 Quero ser a doutora que sexa recordada[br]por saber escoitar á xente 0:08:42.958,0:08:45.643 e asegurarme de coidar dela 0:08:45.667,0:08:48.067 e non só de tratar as súas enfermidades. 0:08:49.083,0:08:51.548 LB: Ser humanos é un estado terminal. 0:08:52.042,0:08:54.650 Todos o padecemos[br]e todos imos terminar morrendo. 0:08:55.625,0:08:58.809 Axudar aos profesionais da saúde[br]a comunicarse significativamente 0:08:58.833,0:09:00.101 entre eles, 0:09:00.125,0:09:02.030 cos seus pacientes e con eles mesmos 0:09:02.054,0:09:04.851 é obvio que non vai cambiar[br]por arte de maxia 0:09:04.875,0:09:07.579 todo o que non funciona[br]no sistema sanitario actual, 0:09:07.743,0:09:11.553 nin vai liberar a enorme carga[br]que poñemos sobre os nosos médicos, 0:09:11.727,0:09:13.283 pero si que é a clave 0:09:13.307,0:09:16.044 para asegurarnos de que [br]os nosos coidadores estean sanos 0:09:16.068,0:09:17.554 para poder coidar de todos nós. 0:09:18.458,0:09:21.143 Comunicarse uns cos outros[br]con vulnerabilidade, 0:09:21.167,0:09:22.809 escoitar con compaixón, 0:09:22.833,0:09:26.253 é, á miña forma de ver,[br]a mellor medicina que temos. 0:09:26.277,0:09:27.224 Grazas. 0:09:27.708,0:09:31.083 (Aplausos)