1 00:00:01,122 --> 00:00:02,787 O ano pasado 2 00:00:02,787 --> 00:00:03,864 foi un inferno. 3 00:00:03,864 --> 00:00:05,862 (Gargalladas) 4 00:00:08,371 --> 00:00:11,827 Foi a miña primeira vez que comín "jollof" nixeriano 5 00:00:11,827 --> 00:00:13,729 (Gargalladas) 6 00:00:14,486 --> 00:00:17,399 Ben, agora en serio, 7 00:00:17,399 --> 00:00:20,313 estaba pasando por unha moi mala etapa. 8 00:00:21,235 --> 00:00:22,706 Por culpa dun tremendo estrés 9 00:00:23,350 --> 00:00:25,463 sufrín un ataque de ansiedade. 10 00:00:26,542 --> 00:00:29,232 Algúns días non podía nin traballar. 11 00:00:30,336 --> 00:00:32,182 Outros 12 00:00:32,182 --> 00:00:35,475 só quería deitarme na cama e chorar. 13 00:00:36,708 --> 00:00:41,851 O meu doutor preguntoume se quería falar cun profesional da saúde mental 14 00:00:41,851 --> 00:00:44,034 sobre o meu estrés e a miña ansiedade. 15 00:00:44,769 --> 00:00:46,071 Saúde mental?! 16 00:00:46,972 --> 00:00:50,862 Pecheime por completo e sacudín a cabeza protestando. 17 00:00:53,105 --> 00:00:56,997 Tiven un profundo sentimento de vergoña. 18 00:00:58,413 --> 00:01:01,851 Sentín o peso do estigma. 19 00:01:03,139 --> 00:01:05,472 Teño unha familia marabillosa que sempre me apoia 20 00:01:05,472 --> 00:01:07,803 e uns amigos incriblemente leais, 21 00:01:07,803 --> 00:01:12,346 e aínda así non podía nin pensar na idea de falar con alguén 22 00:01:12,346 --> 00:01:14,476 sobre o meu sentimento de dor. 23 00:01:15,884 --> 00:01:20,431 Sentíame abafado pola ríxida arquitectura 24 00:01:20,431 --> 00:01:22,785 da masculinidade africana. 25 00:01:23,635 --> 00:01:25,800 "A xente ten problemas reais, Sangu", 26 00:01:25,800 --> 00:01:27,359 "Supérao!" 27 00:01:28,956 --> 00:01:31,087 A primeira vez que oín "saúde mental", 28 00:01:31,687 --> 00:01:35,757 era un estudante de internado recén chegado en barco desde Gana 29 00:01:35,757 --> 00:01:37,798 á escola Peddie en Nova Iersei. 30 00:01:39,067 --> 00:01:42,457 Acababa de pasar pola brutal experiencia 31 00:01:42,457 --> 00:01:45,050 de perder sete seres queridos nun mes. 32 00:01:46,569 --> 00:01:48,225 A enfermeira da escola, 33 00:01:48,225 --> 00:01:52,263 preocupada polo que acababa de sufrir -deus a bendiga-, 34 00:01:52,263 --> 00:01:54,387 preguntoume pola miña saúde mental. 35 00:01:55,356 --> 00:01:57,409 "Está tola ou que?", pensei, 36 00:01:58,214 --> 00:02:00,708 "non sabe que son un home africano?" 37 00:02:00,708 --> 00:02:01,560 (Gargalladas) 38 00:02:01,560 --> 00:02:03,711 Como Okonkwo en "Todo se esfarela", 39 00:02:03,711 --> 00:02:08,356 os homes africanos non procesamos nin expresamos as nosas emocións. 40 00:02:08,971 --> 00:02:11,062 Encaramos os nosos problemas. 41 00:02:11,062 --> 00:02:12,229 (Aplausos) 42 00:02:13,181 --> 00:02:15,320 Afrontamos os nosos problemas. 43 00:02:15,320 --> 00:02:19,839 Chamei ao meu irmán e rimos da xente "obiyo" -xente branca- 44 00:02:19,839 --> 00:02:21,946 e das súas enfermidades raras 45 00:02:21,946 --> 00:02:25,118 -depresión, TDA e esas "cousas raras". 46 00:02:26,500 --> 00:02:28,551 Ao medrar en África occidental, 47 00:02:28,551 --> 00:02:32,880 cando a xente usa o termo "mental", o que se nos vén á cabeza é un home tolo 48 00:02:32,880 --> 00:02:35,253 con pelo sucio e guedellas, 49 00:02:35,253 --> 00:02:37,963 dando voltas medio espido pola rúa. 50 00:02:39,084 --> 00:02:40,924 Todos coñecemos esa clase de persoas. 51 00:02:40,928 --> 00:02:43,209 Os nosos pais xa nos advertiron sobre elas. 52 00:02:43,760 --> 00:02:45,365 "Mamá, mamá, por que está tolo?", 53 00:02:45,369 --> 00:02:46,601 "Drogas! 54 00:02:46,625 --> 00:02:49,204 E só con mirares ás drogas, ti tamén acabarás coma el!" 55 00:02:49,204 --> 00:02:50,317 (Gargalladas) 56 00:02:50,980 --> 00:02:53,049 Colle unha pneumonía 57 00:02:53,049 --> 00:02:55,511 e túa nai levarate correndo ao hospital máis próximo 58 00:02:55,511 --> 00:02:57,007 para que che dean tratamento. 59 00:02:58,090 --> 00:03:00,706 Pero atrévete a dicir que tes depresión 60 00:03:01,458 --> 00:03:04,980 e o cura da túa parroquia empezará a expulsar os demos 61 00:03:04,980 --> 00:03:06,728 e a culpar ás meigas da túa vila 62 00:03:07,298 --> 00:03:10,238 Segundo a Organización Mundial da Saúde, 63 00:03:10,238 --> 00:03:13,410 a saúde mental é poder asumir 64 00:03:13,410 --> 00:03:15,223 as cousas estresantes da vida diaria; 65 00:03:15,921 --> 00:03:19,404 traballar productiva e frutiferamente; 66 00:03:19,404 --> 00:03:23,015 e ser quen de contribuír á túa comunidade. 67 00:03:23,501 --> 00:03:30,113 A saúde mental inclúe o noso benestar emocional, psicolóxico e social. 68 00:03:30,856 --> 00:03:35,610 A nivel global, o 75% dos casos de enfermidades mentais 69 00:03:35,610 --> 00:03:38,278 atópanse en países con baixos ingresos. 70 00:03:38,278 --> 00:03:40,354 Malia isto, a maioría dos gobernos africanos 71 00:03:40,354 --> 00:03:44,265 inviste menos dun 1% dos seus orzamentos 72 00:03:44,265 --> 00:03:45,661 en saúde mental. 73 00:03:46,681 --> 00:03:47,851 Aínda peor, 74 00:03:47,851 --> 00:03:52,004 temos unha grave carencia de psiquiatras en África. 75 00:03:52,836 --> 00:03:57,119 Estímase que en Nixeria, por exemplo, temos 200 76 00:03:57,812 --> 00:04:00,833 nun país de case 200 millóns de persoas. 77 00:04:02,272 --> 00:04:03,861 En toda África, 78 00:04:03,861 --> 00:04:07,818 o 90% da nosa xente carece de acceso a tratamentos. 79 00:04:08,681 --> 00:04:10,564 Como resultado disto, 80 00:04:10,564 --> 00:04:13,592 sufrimos en soidade, 81 00:04:13,592 --> 00:04:15,930 silenciados polo estigma. 82 00:04:17,498 --> 00:04:22,173 Nós, como africanos, adoitamos responder á saúde mental con distanciamento, 83 00:04:22,844 --> 00:04:24,046 ignorancia, 84 00:04:24,535 --> 00:04:25,713 culpa, 85 00:04:26,134 --> 00:04:27,340 medo 86 00:04:27,934 --> 00:04:29,220 e rabia. 87 00:04:30,309 --> 00:04:34,970 Nun estudo realizado por Arboleda-Flórez, 88 00:04:34,970 --> 00:04:38,668 preguntouse directamente "cal é a causa das enfermidades mentais?". 89 00:04:39,667 --> 00:04:44,951 O 34% dos nixerianos entrevistados responderon que o abuso de drogas; 90 00:04:46,340 --> 00:04:51,634 O 19% dixeron que a ira divina e o desexo de Deus. 91 00:04:51,634 --> 00:04:52,853 (Gargalladas) 92 00:04:53,450 --> 00:04:54,908 12% 93 00:04:56,130 --> 00:04:58,896 meigaría e posesión espiritual. 94 00:04:59,796 --> 00:05:04,356 Pero poucos falaron doutras causas coñecidas de enfermidades mentais, 95 00:05:04,360 --> 00:05:06,010 como a xenética, 96 00:05:06,010 --> 00:05:07,960 o estado socio-económico, 97 00:05:07,960 --> 00:05:09,569 a guerra, 98 00:05:09,569 --> 00:05:11,036 os conflictos 99 00:05:11,036 --> 00:05:12,581 ou a perda dun ser querido. 100 00:05:14,009 --> 00:05:16,860 A estigmatización das enfermidades mentais 101 00:05:16,860 --> 00:05:21,386 normalmente leva ao ostracismo e á demonización de quen as sofre. 102 00:05:22,435 --> 00:05:26,531 O fotoxornalista Robin Hammond documentou algúns destes abusos 103 00:05:26,531 --> 00:05:27,848 en Uganda, 104 00:05:28,845 --> 00:05:30,174 en Somalia, 105 00:05:31,269 --> 00:05:33,098 e aquí, en Nixeria. 106 00:05:35,554 --> 00:05:36,896 Para min 107 00:05:38,057 --> 00:05:40,376 o estigma é persoal. 108 00:05:42,122 --> 00:05:43,751 En 2009 109 00:05:44,796 --> 00:05:47,902 recibín unha chamada frenética no medio da noite. 110 00:05:49,359 --> 00:05:51,707 Ao meu mellor amigo no mundo, 111 00:05:51,711 --> 00:05:56,844 un home brillante, filosófico, encantador e moderno, 112 00:05:56,844 --> 00:05:59,045 diagnosticáranlle esquizofrenia. 113 00:06:00,604 --> 00:06:05,022 Puiden ver con desagrado algúns dos amigos cos que medramos. 114 00:06:07,316 --> 00:06:08,839 Escoitei as gargalladas. 115 00:06:09,628 --> 00:06:11,220 Oín as cubilladas. 116 00:06:12,186 --> 00:06:14,416 "Oíches que toleou?" 117 00:06:15,275 --> 00:06:17,769 (Inglés Kru) "Toleou!" 118 00:06:17,769 --> 00:06:22,143 Comentarios despectivos, degradantes sobre a súa condición, 119 00:06:22,143 --> 00:06:26,154 palabras que nunca diríamos sobre alguén con cancro 120 00:06:26,154 --> 00:06:27,954 ou alguén con malaria. 121 00:06:28,664 --> 00:06:31,293 Dalgún xeito, cando se trata de enfermidades mentais, 122 00:06:32,383 --> 00:06:35,417 a nosa ignorancia fai desaparecer toda empatía. 123 00:06:36,719 --> 00:06:40,888 Estiven ao seu lado mentres a súa comunidade o illaba, 124 00:06:42,160 --> 00:06:44,492 pero o noso amor nunca vacilou. 125 00:06:45,848 --> 00:06:48,927 Apaixoneime pola saúde mental 126 00:06:49,874 --> 00:06:52,470 inspirado pola súa situación. 127 00:06:52,470 --> 00:06:54,497 Axudei a fundar o grupo de antigos alumnos 128 00:06:54,497 --> 00:06:57,487 especialmente interesados na saúde mental na miña universidade. 129 00:06:57,487 --> 00:07:00,907 E durante a miña estancia como titor residente na escola de posgrao, 130 00:07:00,907 --> 00:07:04,919 apoiei a moitos estudantes de grao nos seus retos coa saúde mental. 131 00:07:05,451 --> 00:07:08,010 Vin como estudantes africanos loitaban 132 00:07:08,010 --> 00:07:10,257 e non eran capaces de falar con ninguén. 133 00:07:10,746 --> 00:07:14,706 Incluso con ese coñecemento e coas súas historias ao lombo, 134 00:07:14,706 --> 00:07:16,746 eu, á miña vez, loitei, 135 00:07:16,746 --> 00:07:21,323 e non puiden falar con ninguén cando me enfrontei á miña ansiedade, 136 00:07:21,323 --> 00:07:25,335 tan profundo é o noso medo a ser "o home tolo". 137 00:07:27,915 --> 00:07:29,113 Todos nós 138 00:07:29,878 --> 00:07:32,065 pero especialmente nosoutros, os africanos 139 00:07:32,875 --> 00:07:35,976 necesitamos entender que as nosas loitas mentais 140 00:07:35,976 --> 00:07:38,356 non nos privan da nosa virilidade, 141 00:07:39,126 --> 00:07:41,706 nin que o trauma destrúe a nosa forza. 142 00:07:42,936 --> 00:07:47,645 Temos que ver que a saúde mental é tan importante como a física. 143 00:07:48,583 --> 00:07:52,986 Temos que deixar de sufrir en silencio. 144 00:07:54,119 --> 00:07:57,571 Temos que parar de estigmatizar as enfermidades 145 00:07:57,571 --> 00:07:59,807 e de traumatizar os afectados. 146 00:08:01,579 --> 00:08:03,038 Fala cos teus amigos. 147 00:08:04,014 --> 00:08:05,590 Fala cos teus seres queridos. 148 00:08:06,574 --> 00:08:08,339 Fala con profesionais da saúde. 149 00:08:09,617 --> 00:08:10,895 Se vulnerable. 150 00:08:11,795 --> 00:08:13,672 E faino coa confianza 151 00:08:14,425 --> 00:08:17,042 de que non estás so. 152 00:08:18,191 --> 00:08:20,371 Fala ben alto se estás sufrindo. 153 00:08:22,494 --> 00:08:26,085 Sendo honestos co que sentimos 154 00:08:26,085 --> 00:08:27,804 non nos fai débiles; 155 00:08:28,809 --> 00:08:30,352 fainos humanos. 156 00:08:31,589 --> 00:08:36,225 É hora de acabar co estigma asociado coas enfermidades mentais. 157 00:08:36,980 --> 00:08:40,521 Así que a próxima vez que oias "mental", 158 00:08:41,408 --> 00:08:43,403 non penses no "home tolo". 159 00:08:44,343 --> 00:08:45,552 Pensa en min. 160 00:08:45,976 --> 00:08:47,850 (Aplausos) 161 00:08:47,850 --> 00:08:49,191 Grazas. 162 00:08:49,191 --> 00:08:53,223 (Aplausos)