0:00:01.122,0:00:02.787 O ano pasado 0:00:02.787,0:00:03.864 foi un inferno. 0:00:03.864,0:00:05.862 (Gargalladas) 0:00:08.371,0:00:11.827 Foi a miña primeira vez[br]que comín "jollof" nixeriano 0:00:11.827,0:00:13.729 (Gargalladas) 0:00:14.486,0:00:17.399 Ben, agora en serio, 0:00:17.399,0:00:20.313 estaba pasando por unha moi mala etapa. 0:00:21.235,0:00:22.706 Por culpa dun tremendo estrés 0:00:23.350,0:00:25.463 sufrín un ataque de ansiedade. 0:00:26.542,0:00:29.232 Algúns días non podía nin traballar. 0:00:30.336,0:00:32.182 Outros 0:00:32.182,0:00:35.475 só quería deitarme na cama e chorar. 0:00:36.708,0:00:41.851 O meu doutor preguntoume se quería falar[br]cun profesional da saúde mental 0:00:41.851,0:00:44.034 sobre o meu estrés e a miña ansiedade. 0:00:44.769,0:00:46.071 Saúde mental?! 0:00:46.972,0:00:50.862 Pecheime por completo[br]e sacudín a cabeza protestando. 0:00:53.105,0:00:56.997 Tiven un profundo sentimento de vergoña. 0:00:58.413,0:01:01.851 Sentín o peso do estigma. 0:01:03.139,0:01:05.472 Teño unha familia marabillosa[br]que sempre me apoia 0:01:05.472,0:01:07.803 e uns amigos incriblemente leais, 0:01:07.803,0:01:12.346 e aínda así non podía nin pensar [br]na idea de falar con alguén 0:01:12.346,0:01:14.476 sobre o meu sentimento de dor. 0:01:15.884,0:01:20.431 Sentíame abafado pola ríxida arquitectura 0:01:20.431,0:01:22.785 da masculinidade africana. 0:01:23.635,0:01:25.800 "A xente ten problemas reais, Sangu", 0:01:25.800,0:01:27.359 "Supérao!" 0:01:28.956,0:01:31.087 A primeira vez que oín "saúde mental", 0:01:31.687,0:01:35.757 era un estudante de internado[br]recén chegado en barco desde Gana 0:01:35.757,0:01:37.798 á escola Peddie en Nova Iersei. 0:01:39.067,0:01:42.457 Acababa de pasar pola brutal experiencia 0:01:42.457,0:01:45.050 de perder sete seres queridos nun mes. 0:01:46.569,0:01:48.225 A enfermeira da escola, 0:01:48.225,0:01:52.263 preocupada polo que acababa[br]de sufrir -deus a bendiga-, 0:01:52.263,0:01:54.387 preguntoume pola miña saúde mental. 0:01:55.356,0:01:57.409 "Está tola ou que?", pensei, 0:01:58.214,0:02:00.708 "non sabe que son un home africano?" 0:02:00.708,0:02:01.560 (Gargalladas) 0:02:01.560,0:02:03.711 Como Okonkwo en "Todo se esfarela", 0:02:03.711,0:02:08.356 os homes africanos non procesamos[br]nin expresamos as nosas emocións. 0:02:08.971,0:02:11.062 Encaramos os nosos problemas. 0:02:11.062,0:02:12.229 (Aplausos) 0:02:13.181,0:02:15.320 Afrontamos os nosos problemas. 0:02:15.320,0:02:19.839 Chamei ao meu irmán e rimos[br]da xente "obiyo" -xente branca- 0:02:19.839,0:02:21.946 e das súas enfermidades raras 0:02:21.946,0:02:25.118 -depresión, TDA e esas "cousas raras". 0:02:26.500,0:02:28.551 Ao medrar en África occidental, 0:02:28.551,0:02:32.880 cando a xente usa o termo "mental",[br]o que se nos vén á cabeza é un home tolo 0:02:32.880,0:02:35.253 con pelo sucio e guedellas, 0:02:35.253,0:02:37.963 dando voltas medio espido pola rúa. 0:02:39.084,0:02:40.924 Todos coñecemos esa clase de persoas. 0:02:40.928,0:02:43.209 Os nosos pais [br]xa nos advertiron sobre elas. 0:02:43.760,0:02:45.365 "Mamá, mamá, por que está tolo?", 0:02:45.369,0:02:46.601 "Drogas! 0:02:46.625,0:02:49.204 E só con mirares ás drogas,[br]ti tamén acabarás coma el!" 0:02:49.204,0:02:50.317 (Gargalladas) 0:02:50.980,0:02:53.049 Colle unha pneumonía 0:02:53.049,0:02:55.511 e túa nai levarate correndo[br]ao hospital máis próximo 0:02:55.511,0:02:57.007 para que che dean tratamento. 0:02:58.090,0:03:00.706 Pero atrévete a dicir que tes depresión 0:03:01.458,0:03:04.980 e o cura da túa parroquia[br]empezará a expulsar os demos 0:03:04.980,0:03:06.728 e a culpar ás meigas da túa vila 0:03:07.298,0:03:10.238 Segundo a Organización Mundial da Saúde, 0:03:10.238,0:03:13.410 a saúde mental é poder asumir 0:03:13.410,0:03:15.223 as cousas estresantes da vida diaria; 0:03:15.921,0:03:19.404 traballar productiva e frutiferamente; 0:03:19.404,0:03:23.015 e ser quen de contribuír á túa comunidade. 0:03:23.501,0:03:30.113 A saúde mental inclúe o noso benestar[br]emocional, psicolóxico e social. 0:03:30.856,0:03:35.610 A nivel global, o 75% dos casos[br]de enfermidades mentais 0:03:35.610,0:03:38.278 atópanse en países con baixos ingresos. 0:03:38.278,0:03:40.354 Malia isto, a maioría[br]dos gobernos africanos 0:03:40.354,0:03:44.265 inviste menos dun 1% dos seus orzamentos 0:03:44.265,0:03:45.661 en saúde mental. 0:03:46.681,0:03:47.851 Aínda peor, 0:03:47.851,0:03:52.004 temos unha grave carencia[br]de psiquiatras en África. 0:03:52.836,0:03:57.119 Estímase que en Nixeria,[br]por exemplo, temos 200 0:03:57.812,0:04:00.833 nun país de case 200 millóns de persoas. 0:04:02.272,0:04:03.861 En toda África, 0:04:03.861,0:04:07.818 o 90% da nosa xente[br]carece de acceso a tratamentos. 0:04:08.681,0:04:10.564 Como resultado disto, 0:04:10.564,0:04:13.592 sufrimos en soidade, 0:04:13.592,0:04:15.930 silenciados polo estigma. 0:04:17.498,0:04:22.173 Nós, como africanos, adoitamos responder[br]á saúde mental con distanciamento, 0:04:22.844,0:04:24.046 ignorancia, 0:04:24.535,0:04:25.713 culpa, 0:04:26.134,0:04:27.340 medo 0:04:27.934,0:04:29.220 e rabia. 0:04:30.309,0:04:34.970 Nun estudo realizado por Arboleda-Flórez, 0:04:34.970,0:04:38.668 preguntouse directamente "cal é a causa[br]das enfermidades mentais?". 0:04:39.667,0:04:44.951 O 34% dos nixerianos entrevistados[br]responderon que o abuso de drogas; 0:04:46.340,0:04:51.634 O 19% dixeron que a ira divina[br]e o desexo de Deus. 0:04:51.634,0:04:52.853 (Gargalladas) 0:04:53.450,0:04:54.908 12% 0:04:56.130,0:04:58.896 meigaría e posesión espiritual. 0:04:59.796,0:05:04.356 Pero poucos falaron doutras causas[br]coñecidas de enfermidades mentais, 0:05:04.360,0:05:06.010 como a xenética, 0:05:06.010,0:05:07.960 o estado socio-económico, 0:05:07.960,0:05:09.569 a guerra, 0:05:09.569,0:05:11.036 os conflictos 0:05:11.036,0:05:12.581 ou a perda dun ser querido. 0:05:14.009,0:05:16.860 A estigmatización das enfermidades mentais 0:05:16.860,0:05:21.386 normalmente leva ao ostracismo[br]e á demonización de quen as sofre. 0:05:22.435,0:05:26.531 O fotoxornalista Robin Hammond[br]documentou algúns destes abusos 0:05:26.531,0:05:27.848 en Uganda, 0:05:28.845,0:05:30.174 en Somalia, 0:05:31.269,0:05:33.098 e aquí, en Nixeria. 0:05:35.554,0:05:36.896 Para min 0:05:38.057,0:05:40.376 o estigma é persoal. 0:05:42.122,0:05:43.751 En 2009 0:05:44.796,0:05:47.902 recibín unha chamada frenética[br]no medio da noite. 0:05:49.359,0:05:51.707 Ao meu mellor amigo no mundo, 0:05:51.711,0:05:56.844 un home brillante, filosófico,[br]encantador e moderno, 0:05:56.844,0:05:59.045 diagnosticáranlle esquizofrenia. 0:06:00.604,0:06:05.022 Puiden ver con desagrado[br]algúns dos amigos cos que medramos. 0:06:07.316,0:06:08.839 Escoitei as gargalladas. 0:06:09.628,0:06:11.220 Oín as cubilladas. 0:06:12.186,0:06:14.416 "Oíches que toleou?" 0:06:15.275,0:06:17.769 (Inglés Kru) "Toleou!" 0:06:17.769,0:06:22.143 Comentarios despectivos, degradantes[br]sobre a súa condición, 0:06:22.143,0:06:26.154 palabras que nunca diríamos[br]sobre alguén con cancro 0:06:26.154,0:06:27.954 ou alguén con malaria. 0:06:28.664,0:06:31.293 Dalgún xeito, cando se trata [br]de enfermidades mentais, 0:06:32.383,0:06:35.417 a nosa ignorancia fai desaparecer[br]toda empatía. 0:06:36.719,0:06:40.888 Estiven ao seu lado[br]mentres a súa comunidade o illaba, 0:06:42.160,0:06:44.492 pero o noso amor nunca vacilou. 0:06:45.848,0:06:48.927 Apaixoneime pola saúde mental 0:06:49.874,0:06:52.470 inspirado pola súa situación. 0:06:52.470,0:06:54.497 Axudei a fundar o grupo de antigos alumnos 0:06:54.497,0:06:57.487 especialmente interesados[br]na saúde mental na miña universidade. 0:06:57.487,0:07:00.907 E durante a miña estancia como titor[br]residente na escola de posgrao, 0:07:00.907,0:07:04.919 apoiei a moitos estudantes de grao[br]nos seus retos coa saúde mental. 0:07:05.451,0:07:08.010 Vin como estudantes africanos loitaban 0:07:08.010,0:07:10.257 e non eran capaces de falar con ninguén. 0:07:10.746,0:07:14.706 Incluso con ese coñecemento[br]e coas súas historias ao lombo, 0:07:14.706,0:07:16.746 eu, á miña vez, loitei, 0:07:16.746,0:07:21.323 e non puiden falar con ninguén[br]cando me enfrontei á miña ansiedade, 0:07:21.323,0:07:25.335 tan profundo é o noso medo[br]a ser "o home tolo". 0:07:27.915,0:07:29.113 Todos nós 0:07:29.878,0:07:32.065 pero especialmente nosoutros, os africanos 0:07:32.875,0:07:35.976 necesitamos entender[br]que as nosas loitas mentais 0:07:35.976,0:07:38.356 non nos privan da nosa virilidade, 0:07:39.126,0:07:41.706 [br]nin que o trauma destrúe a nosa forza. 0:07:42.936,0:07:47.645 Temos que ver que a saúde mental[br]é tan importante como a física. 0:07:48.583,0:07:52.986 Temos que deixar de sufrir en silencio. 0:07:54.119,0:07:57.571 Temos que parar de estigmatizar[br]as enfermidades 0:07:57.571,0:07:59.807 e de traumatizar os afectados. 0:08:01.579,0:08:03.038 Fala cos teus amigos. 0:08:04.014,0:08:05.590 Fala cos teus seres queridos. 0:08:06.574,0:08:08.339 Fala con profesionais da saúde. 0:08:09.617,0:08:10.895 Se vulnerable. 0:08:11.795,0:08:13.672 E faino coa confianza 0:08:14.425,0:08:17.042 de que non estás so. 0:08:18.191,0:08:20.371 Fala ben alto se estás sufrindo. 0:08:22.494,0:08:26.085 Sendo honestos co que sentimos 0:08:26.085,0:08:27.804 non nos fai débiles; 0:08:28.809,0:08:30.352 fainos humanos. 0:08:31.589,0:08:36.225 É hora de acabar co estigma[br]asociado coas enfermidades mentais. 0:08:36.980,0:08:40.521 Así que a próxima vez que oias "mental", 0:08:41.408,0:08:43.403 non penses no "home tolo". 0:08:44.343,0:08:45.552 Pensa en min. 0:08:45.976,0:08:47.850 (Aplausos) 0:08:47.850,0:08:49.191 Grazas. 0:08:49.191,0:08:53.223 (Aplausos)