Ola irmáns e irmás. Eu son Anass e agora mesmo estou na Havana. A Havana é a capital de Cuba. Cuba é un país fermoso, con sol, mar e moitas outras cousas bonitas. Non obstante, por outra banda, temos tido algúns problemas coa comida. En realidade, moitos problemas! A razón é que a situación é difícil aquí (co embargo). Cuba é un país comunista. O comunismo é unha ideoloxía política. Hoxe en día, hai varios países comunistas no mundo. Están Corea do Norte, a China e por suposto Cuba. No comunismo hai tanto vantaxes coma desvantaxes. De todos xeitos, é unha ideoloxía coma outra calquera. Viñen aquí con amigos de vacacións e pasámolo moi ben. A xente é moi amábel e tamén o é o tempo. Todo é xenial! Cando vés aquí, éntranche novas ideas no cerebro (estás obrigado a usar o cerebro e a simpatizar). Suxírovos a todos que, se tendes a oportunidade, veñades aquí de visita. Cuba é un país diferente de calquera outro no mundo. Proporcionaravos unha experiencia única. Estades todos venvidos a Cuba! Grazas por me escoitar e adeus!