0:00:00.000,0:00:05.000 Eu falo da compaixón dende o punto de vista islámico. 0:00:05.000,0:00:08.000 e tal vez a miña fe non sexa vista 0:00:08.000,0:00:12.000 como unha fe arraigada na compaixón. 0:00:12.000,0:00:14.000 A verdade é outra. 0:00:14.000,0:00:20.000 O noso libro sagrado, o Corán, consta de 114 capítulos, 0:00:20.000,0:00:24.000 e cada capítulo comeza co que chamamos a basmala, 0:00:24.000,0:00:30.000 dicimos: no nome de Deus, o Clemente e Misericordioso 0:00:30.000,0:00:32.000 ou, como Sir Richard Burton, 0:00:32.000,0:00:35.000 non o Richard Burton que foi esposo de Elizabeth Taylor, 0:00:35.000,0:00:38.000 senón Sir Richard Burton, quen viviu un século antes, 0:00:38.000,0:00:40.000 viaxou por todo o mundo 0:00:40.000,0:00:44.000 e foi traductor de moitas obras literarias, 0:00:44.000,0:00:51.000 el tradúceo como: "no nome de Deus, Graciabilísimo, Misericordiosísimo". 0:00:51.000,0:00:58.000 Nunha pasaxe do Corán, que para os musulmáns é Deus falándolle á Humanidade. 0:00:58.000,0:01:01.000 Deus dille ao seu profeta Mahoma, 0:01:01.000,0:01:04.000 quen cremos que foi o último dunha linaxe de profetas, 0:01:04.000,0:01:10.000 comezando con Adán, logo Noé, Moisés e Abrahán, 0:01:10.000,0:01:14.000 incluíndo a Xesucristo e terminando con Mahoma 0:01:14.000,0:01:17.000 dixo: "Non te enviamos, oh, Mahoma, 0:01:17.000,0:01:23.000 excepto coma raham, como fonte de compaixón para a Humanidade". 0:01:23.000,0:01:27.000 Para nós, como seres humanos, e coma musulmáns 0:01:27.000,0:01:32.000 cuxa misión e o propósito é segui-la senda do profeta 0:01:32.000,0:01:36.000 debemos chegar a ser como o profeta 0:01:36.000,0:01:38.000 e o profeta dixo: 0:01:38.000,0:01:43.000 "Adórnense cos atributos divinos". 0:01:43.000,0:01:49.000 Porque Deus dixo que o seu principal atributo é a compaixón, 0:01:49.000,0:01:54.000 de feito, o Corán di: "Deus autoimpúxose a compaixón", 0:01:54.000,0:01:58.000 ou "reinou sobre sí mediante a compaixón". 0:01:58.000,0:02:05.000 Polo tanto, temo-lo obxectivo e a misión de ser fontes de compaixón, 0:02:05.000,0:02:09.000 activadores da compaixón, actores da compaixón, 0:02:09.000,0:02:13.000 voceiros da compaixón, practicantes da compaixón. 0:02:13.000,0:02:16.000 Todo iso está ben, 0:02:16.000,0:02:19.000 pero, onde nos equivocamos, 0:02:19.000,0:02:24.000 e cal é a causa da falta de compaixón no mundo? 0:02:24.000,0:02:29.000 Para atopa-la resposta, acudimos a nosa senda espiritual. 0:02:29.000,0:02:36.000 En cada tradición espiritual, existe unha senda externa e unha interna, 0:02:36.000,0:02:41.000 ou a senda exotérica e a senda esotérica. 0:02:41.000,0:02:49.000 A senda esotérica do Islam coñécese como o sufismo, ou tasawwuf en árabe. 0:02:49.000,0:02:52.000 E todos estes doutores ou mestres, 0:02:52.000,0:02:56.000 estes mestres espirituais da tradición sufi, 0:02:56.000,0:03:00.000 refírense ás ensinanzas e aos exemplos do noso profeta, 0:03:00.000,0:03:04.000 que nos ensinan onde está a fonte dos nosos problemas. 0:03:04.000,0:03:08.000 Nunha das batallas onde loitou o noso profeta, 0:03:08.000,0:03:13.000 el dixo aos seus seguidores: "Regresamos dunha guerra menor 0:03:13.000,0:03:17.000 e iremos cara unha guerra maior, a batalla maior". 0:03:17.000,0:03:22.000 E eles dixeron: "Mensaxeiro de Deus, estamos cansados da batalla. 0:03:22.000,0:03:25.000 Como poderiamos ir cara unha batalla maior? 0:03:25.000,0:03:33.000 El dixo: "Esa é a batalla do ser, a batalla do ego". 0:03:33.000,0:03:42.000 As fontes dos problemas humanos relaciónanse co egoísmo, o Eu. 0:03:42.000,0:03:48.000 O famoso mestre sufí, Rumi, moi coñecido por vostedes, 0:03:48.000,0:03:54.000 conta unha historia sobre un home que visita a casa dun amigo 0:03:54.000,0:03:57.000 chama á porta, 0:03:57.000,0:04:00.000 e unha voz responde: "Quen é?" 0:04:00.000,0:04:05.000 "Son eu" 0:04:05.000,0:04:07.000 "Son eu" 0:04:07.000,0:04:10.000 A voz di: "Vaite". 0:04:10.000,0:04:18.000 Despois de moitos anos de adestramento, disciplina e loita, 0:04:18.000,0:04:20.000 el regresa, 0:04:20.000,0:04:24.000 E con maior humildade, chama á porta de novo. 0:04:24.000,0:04:27.000 A voz pregunta: "Quen é?" 0:04:27.000,0:04:31.000 El responde: "Eres ti, oh, inconmovible". 0:04:31.000,0:04:35.000 Ábrese a porta, e a voz di: 0:04:35.000,0:04:42.000 "Entra, xa que non hai espazo nesta casa para dous "Eu", 0:04:42.000,0:04:46.000 dous eus (en inglés rima con "eye", non dous ollos -"eyes"-), para dous egos. 0:04:46.000,0:04:55.000 As historias de Rumi son metáforas da senda espiritual. 0:04:55.000,0:05:01.000 En presenza de Deus, non hai espazo para máis dun Eu, 0:05:01.000,0:05:06.000 e ese é o Eu da divinidade. 0:05:06.000,0:05:10.000 Nunha ensinanza chamada "hadith qudsi" na nosa tradición, 0:05:10.000,0:05:16.000 Deus di: "Meu servo", ou "miña criatura", miña criatura humana 0:05:16.000,0:05:22.000 non se aproxima a min por ningún medio máis prezado 0:05:22.000,0:05:25.000 que a través de aquilo que lle pedín facer". 0:05:25.000,0:05:29.000 E os patronos ben saben o que quero dicir. 0:05:29.000,0:05:33.000 Queren que os seus empregados fagan o que lles piden, 0:05:33.000,0:05:35.000 e se o fan, poden facer aínda máis, 0:05:35.000,0:05:38.000 pero non ignoran o que vostedes lles pediron facer. 0:05:38.000,0:05:44.000 E Deus di: "Meu servo achégase máis a min 0:05:44.000,0:05:47.000 ao facer máis do que lle pedín". 0:05:47.000,0:05:49.000 Gañando puntos extra, poderiamos dicir, 0:05:49.000,0:05:53.000 "facendo que o ame. 0:05:53.000,0:05:56.000 E cando amo ao meu servo", di Deus, 0:05:56.000,0:06:02.000 "Transfórmome nos ollos polos que el ou ela ve, 0:06:02.000,0:06:08.000 os oídos polos que escoita, 0:06:08.000,0:06:13.000 a man coa que empuña, 0:06:13.000,0:06:17.000 o pé co que camiña, 0:06:17.000,0:06:22.000 o corazón que lle da entendemento". 0:06:22.000,0:06:27.000 Esta é a fusión do noso ser coa divindade, 0:06:27.000,0:06:35.000 a lección e o fin da nosa senda espiritual, de tódalas nosas tradicións de fe. 0:06:35.000,0:06:41.000 Os musulmáns ven a Xesús como o mestre do sufismo, 0:06:41.000,0:06:48.000 o máis grande profeta e mensaxeiro, que veu a resalta-la senda espiritual. 0:06:48.000,0:06:52.000 Cando el di: "Eu son o Espírito, Eu son o camiño", 0:06:52.000,0:06:57.000 cando o profeta Mahoma dixo: "Quen me vira, veu a Deus", 0:06:57.000,0:07:02.000 porque se converteron nun instrumento de Deus, 0:07:02.000,0:07:04.000 son parte do hálito de Deus, 0:07:04.000,0:07:08.000 e así a vontade de Deus manifestouse a través deles 0:07:08.000,0:07:12.000 xa que non actuaban dende sí mesmos e dende o seu ego. 0:07:12.000,0:07:19.000 A compaixón terreal dásenos, xa está en nós. 0:07:19.000,0:07:24.000 Todo o que debemos facer e retira-los nosos egos, 0:07:24.000,0:07:27.000 desfacernos do noso egoismo. 0:07:27.000,0:07:35.000 Estou seguro de que todos vostedes, ou a gran maioría 0:07:35.000,0:07:39.000 tiveron unha experiencia espiritual, 0:07:39.000,0:07:46.000 un momento das súas vidas no que, por uns segundos, quizáis un minuto, 0:07:46.000,0:07:52.000 os límites do ego disolvéronse. 0:07:52.000,0:07:59.000 E durante ese minuto sentíronse un co Universo, 0:07:59.000,0:08:05.000 un con esa xerra de auga, un con cada ser humano.™ 0:08:05.000,0:08:09.000 Un co creador, 0:08:09.000,0:08:14.000 e sentíronse en presenza do poder, do asombro, 0:08:14.000,0:08:18.000 do máis profundo amor, a máis profunda compaixón e misericordia 0:08:18.000,0:08:22.000 que experimentaran nas súas vidas. 0:08:22.000,0:08:28.000 Ese momento é un agasallo de Deus para nós, 0:08:28.000,0:08:32.000 un obsequio no que, por un momento, el retira esa barreira 0:08:32.000,0:08:38.000 que nos fai insistir en eu, eu, eu, min, min, min, 0:08:38.000,0:08:42.000 e a cambio, como a persoa na historia de Rumi 0:08:42.000,0:08:48.000 dicimos: "Oh, todo eso eres ti". 0:08:48.000,0:08:50.000 Todo eso eres ti. E todo iso somos nós. 0:08:50.000,0:08:56.000 E nós, e eu, e todos nós somos parte túa. 0:08:56.000,0:09:02.000 Creador de tódalas cousas, tódolos fins, a fonte do noso ser, 0:09:02.000,0:09:04.000 e o final da nosa travesía. 0:09:04.000,0:09:09.000 Tamén eres quen rompe os nosos corazóns. 0:09:09.000,0:09:15.000 Eres aquel a quen debemos dirixirnos, aquel por quen vivimos, 0:09:15.000,0:09:19.000 e por cuxa vontade morreremos, 0:09:19.000,0:09:23.000 e por cuxa vontade resucitaremos 0:09:23.000,0:09:30.000 para xustificar ante Deus como de compasivos fomos. 0:09:30.000,0:09:34.000 Hoxe nosa mensaxe e propósito, 0:09:34.000,0:09:37.000 e quenes están hoxe aquí, 0:09:37.000,0:09:42.000 e o propósito deste capítulo de compaixón, é recordar. 0:09:42.000,0:09:50.000 E é que o Corán sempre nos urxe recordar, que nos recordemos os uns ós outros, 0:09:50.000,0:09:58.000 porque o coñecemento da verdade está en cada ser humano. 0:09:58.000,0:10:01.000 Sabemos todo. 0:10:01.000,0:10:03.000 Temos acceso a todo. 0:10:03.000,0:10:07.000 Jung chamouno inconsciente. 0:10:07.000,0:10:11.000 A través do noso inconsciente, nos nosos soños, 0:10:11.000,0:10:19.000 o que o Corán chama, estar durmindo, a morte menor, 0:10:19.000,0:10:23.000 a morte temporal. 0:10:23.000,0:10:28.000 Cando durmimos, soñamos, temos visións, 0:10:28.000,0:10:34.000 incluso moitos viaxamos fóra dos nosos corpos, 0:10:34.000,0:10:37.000 e vemos cousas marabillosas. 0:10:37.000,0:10:42.000 Viaxamos máis alá das limitacións do espazo, tal como o coñecemos, 0:10:42.000,0:10:46.000 e máis alá das limitacións do tempo, tal como o coñecemos. 0:10:46.000,0:10:56.000 Pero todo isto é para glorificar o nome do creador 0:10:56.000,0:11:02.000 cuxo nome primordial é o Clemente, o Compasivo. 0:11:02.000,0:11:09.000 Deus, Bokh, como desexen chamalo, Alá, Ram, Om, 0:11:09.000,0:11:12.000 sexa cal sexa o nome que usen para denotar 0:11:12.000,0:11:16.000 ou chegar á presenza da divindade, 0:11:16.000,0:11:22.000 é o locus do ser absoluto, 0:11:22.000,0:11:26.000 amor, piedade e compaixón absolutos, 0:11:26.000,0:11:29.000 coñecemento e sabedoría absolutos, 0:11:29.000,0:11:32.000 o que os hindús chaman satchidananda. 0:11:32.000,0:11:35.000 A linguaxe pode cambiar, 0:11:35.000,0:11:39.000 pero o obxectivo é o mesmo. 0:11:39.000,0:11:41.000 Hai outra historia de Rumi 0:11:41.000,0:11:44.000 de tres personaxes: un turco, un árabe, 0:11:44.000,0:11:48.000 e esquezo o terceiro, pero podería ser un malaio. 0:11:48.000,0:11:51.000 Un pide angour, o outro é, digamos, un británico, 0:11:51.000,0:11:56.000 un pide eneb, e o outro pide uvas. 0:11:56.000,0:11:59.000 E pelexan e discuten porque: 0:11:59.000,0:12:03.000 eu quero uvas, eu quero eneb, eu quero angour, 0:12:03.000,0:12:06.000 sen saber que a palabra que usan 0:12:06.000,0:12:09.000 refírese á mesma realidade en diferentes idiomas. 0:12:09.000,0:12:15.000 Só hai unha realidade absoluta por definición, 0:12:15.000,0:12:18.000 un só ser absoluto por definición, 0:12:18.000,0:12:21.000 porque o absoluto é, por definición, único, 0:12:21.000,0:12:24.000 absoluto e singular. 0:12:24.000,0:12:27.000 Hai unha concentración absoluta do ser, 0:12:27.000,0:12:30.000 a absoluta concentración da conciencia, 0:12:30.000,0:12:40.000 a cognición, un locus absoluto de compaixón e amor 0:12:40.000,0:12:44.000 que define os atributos divinos primordiales. 0:12:44.000,0:12:47.000 E eses tamén deben ser 0:12:47.000,0:12:52.000 os principais atributos do que significa a humanidade. 0:12:52.000,0:12:58.000 Xa que o que define a humanidade, tal vez de maneira biolóxica, 0:12:58.000,0:13:01.000 é a nosa fisioloxía, 0:13:01.000,0:13:09.000 pero Deus define á humanidade pola nosa espiritualidade e natureza. 0:13:09.000,0:13:13.000 O Corán di, el falou aos anxos e dixo: 0:13:13.000,0:13:17.000 "Cando termine de formar a Adán con arxila, 0:13:17.000,0:13:21.000 e insufle nel o meu espírito, 0:13:21.000,0:13:25.000 entón postrádevos ante el". 0:13:25.000,0:13:33.000 Os anxos postráronse, non ante o corpo humano, 0:13:33.000,0:13:36.000 senón ante a alma humana. 0:13:36.000,0:13:40.000 Por qué? Porque a alma, a alma humana, 0:13:40.000,0:13:46.000 encarna parte do hálito divino, 0:13:46.000,0:13:49.000 parte da alma divina. 0:13:49.000,0:13:54.000 Esto tamén se expresa con vocabulario bíblico 0:13:54.000,0:14:00.000 cando nos ensinan que fomos creados en semexanza á imaxe divina. 0:14:00.000,0:14:02.000 Cal é a imaxenería de Deus? 0:14:02.000,0:14:06.000 A imaxenería de Deus é o ser absoluto, 0:14:06.000,0:14:09.000 cognición, coñecemento e sabedoría absolutos, 0:14:09.000,0:14:12.000 amor e compaixón absolutos. 0:14:12.000,0:14:16.000 Entón, para que sexamos humanos, 0:14:16.000,0:14:20.000 no máis alto sentido do que significa ser humano, 0:14:20.000,0:14:23.000 no máis gozoso sentido do que significa ser humano, 0:14:23.000,0:14:29.000 quere dicir que tamén nós debemos ser portadores axeitados 0:14:29.000,0:14:33.000 do hálito divino que xace en nós, 0:14:33.000,0:14:38.000 e buscar perfeccionar en nós o atributo do ser, 0:14:38.000,0:14:41.000 de estar vivos, de nosa condición de ser, 0:14:41.000,0:14:46.000 o atributo da sabedoría, consciencia, cognición, 0:14:46.000,0:14:51.000 e o atributo de seres compasivos e amorosos. 0:14:51.000,0:14:57.000 Esto é o que entendo da tradición da miña fe, 0:14:57.000,0:15:04.000 e esto é o que entendo dos meus estudos doutras tradicións de fe, 0:15:04.000,0:15:10.000 esta é a plataforma común que todos debemos pisar, 0:15:10.000,0:15:13.000 e cando pisemos esta plataforma 0:15:13.000,0:15:19.000 estou convencido de que poderemos crear un mundo marabilloso. 0:15:19.000,0:15:25.000 E creo, persoalmente, que estamos cerca, 0:15:25.000,0:15:29.000 e coa presenza e axuda de persoas coma vostedes, 0:15:29.000,0:15:35.000 podemos facer realidade a profecía de Isaías. 0:15:35.000,0:15:39.000 El predixo unha era 0:15:39.000,0:15:46.000 na que a xente transformará as súas espadas en arados 0:15:46.000,0:15:52.000 e non aprenderán a guerra, e xa non librarán a guerra. 0:15:52.000,0:15:58.000 Chegamos a unha etapa da historia humana onde non hai opción. 0:15:58.000,0:16:07.000 Debemos aplaca-los nosos egos, 0:16:07.000,0:16:12.000 controlar os nosos egos, sexa o ego individual, persoal, 0:16:12.000,0:16:18.000 o ego familiar, o ego nacional, 0:16:18.000,0:16:23.000 e que todo sexa por glorifica-lo uno. 0:16:23.000,0:16:25.000 Grazas, e que Deus os bendiga. 0:16:25.000,0:16:26.000 (Aplausos)