Que é o cero neto?
Cada ano liberamos 55 xigas de gases
de efecto invernadoiro ao aire.
Para deter o quecemento global,
temos que baixar as emisións de gases
invernadoiro ata cero.
Mais para todos os países
pecharen inmediatamente
todas as actividades
de liberación de gases
sería un reto enorme,
especialmente porque algúns países
crearon o seu progreso económico
sen restricións.
Pola contra, podemos usar un enfoque
chamado cero neto.
Cero neto significa que por cada
molécula de gas que botamos ao aire,
retiremos outra,
facendo que as nosas
emisións netas sexan cero.
O cero neto requere que
fagamos grandes cambios hoxe,
e usemos menos pero máis eficientemente,
e aínda maiores cambios
tecnolóxicos para o futuro,
como substituírmos todas as actividades
que emiten gases por outras limpas.
Tamén teremos que
capturar os gases do aire
e almacenalos permanentemente.
E, con todo, o cero neto é a nosa mellor
oportunidade para un futuro sostible.
[Conta atrás
Toma medidas polo cambio
climático en Countdown.ted.com]