WordPress 4.3 [JAZZ] en homenaxe á lenda do Jazz [JAZZER] fai moito máis rápido o fluxo de escritura máis fácil configurar o teu sitio e as tuas contrasinais máis seguras. Botemos unha ollada a como WordPress 4.3 está axudando á propietaria dun pequeno negocio. Ésta é Kate, e este é o sitio web do seu café: A Cunca de Schrodinger Kate quere ofrecer un menú diario aos seus clientes para manterlles informados do que ofrece cada día. Esta mañá conseguirao con WordPress. A nova páxina do menú diario de Kate mostraralle aos clientes qué está preparando e que hai para comer ese día. Quere que o formato sexa bonito e claro para que os seus clientes poidan ver rápidamente qué lles ofrece. En WordPress 4.3 pode cambiar como se mostra o texto sen un só clic. Os atallos de teclado permítenlle crear listas, encabezados, e citas, sen ter que usar o rato. Iso permítelle publicar o seu menú diario directa e rápidamente, deixándolle tempo para o importante: facer cafés. Agora Kate ten que engadir unha páxina nova ao menú do lateral. Xa non ten que ir a administración para facelo. En WordPress 4.3, Kate pode engadir o seu novo elemento de menú desde o personalizador, onde pode previsualizar os cambios do seu sitio web antes de publicalos. Mentres ve a súa páxina, todo o que ten que facer é facer clic en "Personalizar, elixir "Menús", e engadir a nova páxina o seu menú lateral. Non foi difícil. Agora os clientes de Kate poden ver o seu sitio web todos os días para ver o que ofrece. Hai unha nova ferramenta no personalizador. Kate pode agora subir un icono do sitio para que o seu logo apareza nas pestanas do navegador e nos menús de favoritos. Os seus clientes poden ata crear un acceso directo no escritorio do seu dispositivo móbil. Agora terán sempre o menú diario de Kate, onde o precisen. E eses non son os únicos cambios en WordPress 4.3. Cando Kate engada novo persoal ao seu web, WordPress xerará unha contrasinal segura para eles. Se o novo membro cambia a contrasinal, WordPress diralle se o seu contrasinal é seguro. Suficiente WordPress por hoxe, Kate ten un negocio que atender. Pero está leda porque con cada actualización WordPress segue mellorando. E iso fai que ela poida facer felices aos seus clientes, ofrecéndolles a información que necesitan, ao alcance dos seus dedos. WordPress 4.3 [JAZZ] un café máis refinado.