WordPress 4.3 [JAZZ]
en homenaxe á lenda do Jazz [JAZZER]
fai moito máis rápido o fluxo de escritura
máis fácil configurar o teu sitio
e as tuas contrasinais máis seguras.
Botemos unha ollada a como
WordPress 4.3 está axudando
á propietaria dun pequeno negocio.
Ésta é Kate,
e este é o sitio web do seu café:
A Cunca de Schrodinger
Kate quere ofrecer un menú diario
aos seus clientes
para manterlles informados
do que ofrece cada día.
Esta mañá conseguirao
con WordPress.
A nova páxina do menú diario de Kate
mostraralle aos clientes
qué está preparando e
que hai para comer ese día.
Quere que o formato sexa bonito e claro
para que os seus clientes poidan ver rápidamente
qué lles ofrece.
En WordPress 4.3 pode cambiar como
se mostra o texto sen un só clic.
Os atallos de teclado permítenlle crear
listas, encabezados, e citas,
sen ter que usar o rato.
Iso permítelle publicar o seu menú diario
directa e rápidamente,
deixándolle tempo para o importante:
facer cafés.
Agora Kate ten que engadir
unha páxina nova ao menú do lateral.
Xa non ten que ir
a administración para facelo.
En WordPress 4.3, Kate pode engadir
o seu novo elemento de menú desde o personalizador,
onde pode previsualizar os cambios
do seu sitio web antes de publicalos.
Mentres ve a súa páxina, todo o que ten que facer
é facer clic en "Personalizar, elixir "Menús",
e engadir a nova páxina o seu menú lateral.
Non foi difícil.
Agora os clientes de Kate poden ver o seu sitio web
todos os días para ver o que ofrece.
Hai unha nova ferramenta no personalizador.
Kate pode agora subir un icono do sitio para que
o seu logo apareza nas pestanas do navegador
e nos menús de favoritos.
Os seus clientes poden ata crear un acceso directo
no escritorio do seu dispositivo móbil.
Agora terán sempre o menú diario de Kate,
onde o precisen.
E eses non son os únicos cambios en
WordPress 4.3.
Cando Kate engada novo persoal
ao seu web, WordPress xerará
unha contrasinal segura para eles.
Se o novo membro cambia a contrasinal,
WordPress diralle se o seu contrasinal
é seguro.
Suficiente WordPress por hoxe,
Kate ten un negocio que atender.
Pero está leda porque con cada actualización
WordPress segue mellorando.
E iso fai que ela poida facer
felices aos seus clientes,
ofrecéndolles a información que necesitan,
ao alcance dos seus dedos.
WordPress 4.3 [JAZZ]
un café máis refinado.