1 00:00:04,333 --> 00:00:05,601 Cando era nena 2 00:00:05,625 --> 00:00:07,668 miña nai e mais eu fixemos un trato. 3 00:00:07,702 --> 00:00:11,833 Deixábame tres días libres cada semestre para desconectar e descansar 4 00:00:11,877 --> 00:00:14,198 se seguía a irme ben na escola. 5 00:00:14,742 --> 00:00:17,226 Todo porque comecei a ter problemas de saúde mental 6 00:00:17,250 --> 00:00:18,960 cando tiña só seis anos. 7 00:00:19,500 --> 00:00:23,503 Sempre fun o que os meus profesores de primaria calificarían como "aprehensiva" 8 00:00:23,537 --> 00:00:26,911 pero máis tarde, descubrimos que se trataba de ansiedade postraumática 9 00:00:26,975 --> 00:00:28,131 e depresión. 10 00:00:28,910 --> 00:00:30,684 Por iso crecer foi moi duro. 11 00:00:30,708 --> 00:00:33,559 Preocupábanme moitas cousas que a outros rapaces non 12 00:00:33,583 --> 00:00:36,166 e na escola ás veces atafegábame. 13 00:00:36,200 --> 00:00:38,101 Todo iso desencadeou moitos ataques 14 00:00:38,125 --> 00:00:39,601 de ansiedade, de pánico... 15 00:00:39,625 --> 00:00:41,268 ás veces era superprodutiva e 16 00:00:41,292 --> 00:00:43,391 outros días non daba pé con bóla. 17 00:00:43,625 --> 00:00:45,434 Isto ocorría cando aínda non 18 00:00:45,458 --> 00:00:47,873 se falaba tanto da saúde mental como agora, 19 00:00:48,023 --> 00:00:50,151 especialmente da saúde mental na xuventude. 20 00:00:50,667 --> 00:00:53,936 Algúns semestres aproveitaba ao máximo eses días de descanso, 21 00:00:53,960 --> 00:00:55,892 e noutros casos, non os necesitaba. 22 00:00:56,292 --> 00:00:58,518 Pero poder contar con eles 23 00:00:58,542 --> 00:01:01,583 facíame unha estudante feliz, sa e exitosa. 24 00:01:02,180 --> 00:01:04,916 Agora uso técnicas que aprendín de nena 25 00:01:04,950 --> 00:01:07,933 para axudar a outros estudantes con problemas de saúde mental. 26 00:01:08,167 --> 00:01:11,951 Quérovos ofrecer algunhas ideas acerca da saúde mental adolescente: 27 00:01:12,503 --> 00:01:15,227 que nos ocorre, como acabamos así e que podemos facer? 28 00:01:16,103 --> 00:01:18,369 Pero primeiro precisades comprender 29 00:01:18,400 --> 00:01:21,643 que aínda que non todo o mundo ten unha patoloxía coma a miña, 30 00:01:21,667 --> 00:01:23,143 absolutamente todos, 31 00:01:23,167 --> 00:01:25,184 todos vós, tedes a vosas cousas. 32 00:01:25,208 --> 00:01:28,059 Todos temos un cerebro que precisa ser coidado 33 00:01:28,083 --> 00:01:30,750 como coidamos do benestar físico. 34 00:01:31,000 --> 00:01:34,571 A cabeza e o corpo están conectados por moito máis que o pescozo. 35 00:01:35,083 --> 00:01:38,351 As afeccións mentais maniféstanse inclusive en formas físicas, 36 00:01:38,375 --> 00:01:41,668 como náuseas, dores de cabeza, cansazo e dificultade para respirar. 37 00:01:42,028 --> 00:01:44,142 E como a saúde mental é unha cousa de todos, 38 00:01:44,362 --> 00:01:47,807 non deberiamos pensar en solucións accesíbeis para todos? 39 00:01:48,250 --> 00:01:50,561 Iso lévame á segunda parte da miña historia. 40 00:01:51,083 --> 00:01:52,341 Cando estaba no instituto 41 00:01:52,341 --> 00:01:54,916 conseguira controlar moi ben a miña saúde mental. 42 00:01:54,916 --> 00:01:56,526 Era unha alumna brillante, 43 00:01:56,526 --> 00:01:59,461 e presidía a Asociación de Consellos de Estudantes de Oregón. 44 00:02:00,461 --> 00:02:02,664 Pero foi daquela cando comecei a decatarme 45 00:02:02,664 --> 00:02:06,094 que a saúde mental era un problema que ía moito máis alá do meu persoal. 46 00:02:06,478 --> 00:02:09,711 Por desgraza, na miña vila houbo moitos suicidios 47 00:02:09,755 --> 00:02:11,893 durante o meu primeiro ano de instituto. 48 00:02:11,917 --> 00:02:14,730 Vía esas traxedias que estremecían a nosa comunidade, 49 00:02:15,167 --> 00:02:17,226 e como presidenta dun grupo estatal, 50 00:02:17,250 --> 00:02:19,059 escoitaba cada vez máis historias 51 00:02:19,083 --> 00:02:21,872 de que acontecía o mesmo nas vilas doutros estudantes. 52 00:02:22,540 --> 00:02:24,643 No campamento de verán de 2018, 53 00:02:24,667 --> 00:02:27,101 xuntámonos uns 100 estudantes de secundaria 54 00:02:27,125 --> 00:02:29,018 para falar da saúde mental da mocidade. 55 00:02:29,042 --> 00:02:30,346 Que podiamos facer? 56 00:02:31,006 --> 00:02:34,061 Abordamos a conversa con moita empatía 57 00:02:34,417 --> 00:02:35,684 e honestidade, 58 00:02:35,708 --> 00:02:37,247 e o resultado foi abraiante. 59 00:02:37,625 --> 00:02:38,893 O que máis me sorprendeu 60 00:02:38,917 --> 00:02:41,393 foi que cada estudante tiña unha historia 61 00:02:41,417 --> 00:02:43,643 sobre unha crise de saúde mental no seu centro, 62 00:02:43,667 --> 00:02:46,626 sen importar que fora duna vila ao oeste de Oregon 63 00:02:46,660 --> 00:02:48,230 ou do centro de Portland. 64 00:02:49,178 --> 00:02:50,672 Acontecía en todas partes. 65 00:02:51,000 --> 00:02:52,309 Mesmo investigamos e 66 00:02:52,333 --> 00:02:56,768 descubrimos que o suicidio era a segunda causa de morte 67 00:02:56,792 --> 00:02:59,707 na mocidade de Oregón de entre 10 e 24 anos. 68 00:03:00,592 --> 00:03:02,200 A segunda causa de morte. 69 00:03:02,792 --> 00:03:04,513 Tiñamos que facer algo. 70 00:03:05,198 --> 00:03:07,129 Durante os seguintes meses, 71 00:03:07,153 --> 00:03:10,082 creamos unha comisión chamada Estudantes por un Oregón San, 72 00:03:11,125 --> 00:03:14,375 e propuxémonos acabar co estigma contra as enfermidades mentais. 73 00:03:14,542 --> 00:03:17,364 Tamén queriamos priorizar a situación en colexios. 74 00:03:17,625 --> 00:03:20,857 Coa axuda de grupos de presión e profesionais en saúde mental, 75 00:03:21,208 --> 00:03:23,768 presentamos o Proxecto de lei 2191. 76 00:03:23,792 --> 00:03:26,914 Permítelles a estudantes coller días libres por saúde mental 77 00:03:26,914 --> 00:03:29,986 igual que se fose por saúde física. 78 00:03:30,010 --> 00:03:31,510 A miúdo ese día libre 79 00:03:31,510 --> 00:03:33,630 é a diferenza entre sentirse moitísimo mellor 80 00:03:33,630 --> 00:03:34,739 e moitísimo peor... 81 00:03:34,739 --> 00:03:37,478 como eses días que miña nai me deixaba cando era nena. 82 00:03:40,138 --> 00:03:41,601 Durante os seguintes meses, 83 00:03:41,625 --> 00:03:45,368 presionabamos, investigabamos e faciamos campaña para o proxecto, 84 00:03:45,422 --> 00:03:48,345 e en xuño de 2019 aprobouse a lei. 85 00:03:49,375 --> 00:03:55,167 (Aplausos e aclamacións) 86 00:03:58,941 --> 00:04:01,784 Foi un momento transcendental para os estudantes de Oregón. 87 00:04:02,117 --> 00:04:04,347 Cóntovos como se desenvolve isto agora. 88 00:04:04,458 --> 00:04:07,032 Digamos que un estudante está a ter un mes moi duro. 89 00:04:07,292 --> 00:04:09,643 Angustiado, con moito traballo 90 00:04:09,667 --> 00:04:12,293 queda atrasado no instituto e sabe que precisa axuda. 91 00:04:12,667 --> 00:04:15,218 Quizais nunca falou de saúde mental con seus pais, 92 00:04:15,218 --> 00:04:18,866 pero agora el ten a lei do seu lado para axudarlle a iniciar esa conversa. 93 00:04:19,583 --> 00:04:22,863 Aínda así, os pais deben chamar ao centro e xustificar a ausencia, 94 00:04:22,863 --> 00:04:25,282 así que non é un cheque en branco para os rapaces, 95 00:04:25,447 --> 00:04:26,554 pero o máis importante 96 00:04:26,554 --> 00:04:29,696 é que esa ausencia rexistrouse como día de descanso mental 97 00:04:29,958 --> 00:04:31,226 e así lévase a conta 98 00:04:31,250 --> 00:04:33,787 de cantos estudantes usan eses días. 99 00:04:34,208 --> 00:04:35,684 Se un estudante toma moitos 100 00:04:35,708 --> 00:04:38,625 hano dirixir ao terapeuta da escola para un recoñecemento. 101 00:04:39,167 --> 00:04:42,309 Isto é importante para identificar aos estudantes con problemas 102 00:04:42,333 --> 00:04:43,643 antes de que sexa tarde. 103 00:04:43,667 --> 00:04:46,726 Unha das principais cousas que escoitamos no foro de 2018 104 00:04:46,750 --> 00:04:51,309 foi que dar un paso adiante e conseguir axuda é o paso máis difícil. 105 00:04:51,333 --> 00:04:53,219 Oxalá esta lei axude niso. 106 00:04:53,708 --> 00:04:57,583 Isto non só lles ensinará aos rapaces a coidar de si mesmos 107 00:04:57,583 --> 00:04:59,913 e exercitar o autocoidado e a xestión do estrés, 108 00:04:59,913 --> 00:05:01,872 senón que pode salvar vidas. 109 00:05:02,667 --> 00:05:06,351 Agora estudantes doutros estados tentan aprobar estas leis. 110 00:05:06,375 --> 00:05:09,334 Actualmente traballo con estudantes de California e Colorado 111 00:05:09,334 --> 00:05:10,522 para facer o mesmo, 112 00:05:10,522 --> 00:05:11,950 porque cremos que todos eles 113 00:05:11,950 --> 00:05:13,509 merecen poder sentirse mellor. 114 00:05:14,583 --> 00:05:17,643 Á parte das razóns prácticas e os tecnicismos, 115 00:05:17,667 --> 00:05:21,856 o Proxecto de lei 2191 é especial polo que representa: 116 00:05:22,125 --> 00:05:25,735 a saúde física e a mental son iguais e así as deberiamos tratar. 117 00:05:26,287 --> 00:05:27,672 De feito, están relacionadas. 118 00:05:28,347 --> 00:05:29,905 Pensade na atención sanitaria. 119 00:05:30,763 --> 00:05:32,136 Pensade nunha RCP. 120 00:05:32,375 --> 00:05:35,347 Se te atopas nunha situación na que debes facer unha RCP, 121 00:05:35,667 --> 00:05:38,226 como mínimo deberías saber un pouco do que facer? 122 00:05:38,250 --> 00:05:39,394 Pensádeo... 123 00:05:39,917 --> 00:05:44,268 seguro que si porque a formación en RCP ofrécese en colexios, espazos de traballo, 124 00:05:44,292 --> 00:05:45,340 e ata online. 125 00:05:45,625 --> 00:05:47,851 Ata hai cancións que falan do tema. 126 00:05:47,875 --> 00:05:50,226 Pero que sucede coa saúde mental? 127 00:05:50,250 --> 00:05:53,601 A min formáronme en RCP na clase de Saúde ao chegar ao instituto. 128 00:05:53,625 --> 00:05:56,560 E se me instruísen sobre como xestionar a miña saúde mental 129 00:05:56,677 --> 00:05:59,034 ou como reaccionar diante dunha crise desa índole? 130 00:05:59,375 --> 00:06:02,274 Gustaríame ver un mundo onde todos tivesen a capacidade 131 00:06:02,274 --> 00:06:04,559 para axudar un amigo, un compañeiro, un parente 132 00:06:04,583 --> 00:06:06,954 ou mesmo un estraño que sofre unha crise mental. 133 00:06:07,168 --> 00:06:10,101 E eses medios deberían estar dispoñibles nos centros escolares 134 00:06:10,125 --> 00:06:12,964 porque é onde os estudantes se ven en máis dificultades. 135 00:06:13,375 --> 00:06:16,476 O outro concepto que sinceramente espero que asimiledes hoxe 136 00:06:16,500 --> 00:06:19,309 é que está ben non estar ben, 137 00:06:19,333 --> 00:06:21,386 e sempre está ben facer un descanso. 138 00:06:21,667 --> 00:06:23,261 Non ten que ser un día enteiro; 139 00:06:23,261 --> 00:06:24,898 ás veces iso non é práctico. 140 00:06:25,153 --> 00:06:28,248 Pero podes descansar en certas ocasións, parar e analizarte. 141 00:06:29,250 --> 00:06:31,182 Pensade na vida coma nunha carreira... 142 00:06:31,833 --> 00:06:33,492 unha carreira de longa distancia. 143 00:06:33,708 --> 00:06:36,653 Se aceleras moito ao principio acabarás esgotado. 144 00:06:36,747 --> 00:06:38,867 Podes mancarte se te esforzas de máis. 145 00:06:38,987 --> 00:06:40,526 Pero se controlas o ritmo, 146 00:06:40,546 --> 00:06:42,704 se o levas con calma, ás veces á mantenta, 147 00:06:43,007 --> 00:06:44,546 e te esforzas nalgúns momentos, 148 00:06:44,835 --> 00:06:47,700 seguramente terás moito máis éxito. 149 00:06:47,917 --> 00:06:49,309 Así que, por favor, 150 00:06:49,333 --> 00:06:50,643 coidádevos, 151 00:06:50,667 --> 00:06:52,663 coidade dos vosos cativos e mozos 152 00:06:52,667 --> 00:06:55,240 en especial dos que parecen ter todo baixo control. 153 00:06:55,792 --> 00:06:57,844 As afeccións mentais non desaparecerán, 154 00:06:57,868 --> 00:06:59,080 pero como sociedade, 155 00:06:59,080 --> 00:07:01,804 podemos aprender como xestionalas coidándonos entre todos. 156 00:07:02,132 --> 00:07:03,814 E coidándonos nós mesmos. 157 00:07:04,208 --> 00:07:05,601 Como diría miña nai, 158 00:07:05,625 --> 00:07:07,851 "De cando en vez, fai un descanso." 159 00:07:07,875 --> 00:07:09,143 Grazas. 160 00:07:09,167 --> 00:07:11,125 (Aplausos)