0:00:04.333,0:00:05.601 Cando era nena 0:00:05.625,0:00:07.668 miña nai e mais eu fixemos un trato. 0:00:07.702,0:00:11.833 Deixábame tres días libres cada[br]semestre para desconectar e descansar 0:00:11.877,0:00:14.198 se seguía a irme ben na escola. 0:00:14.742,0:00:17.226 Todo porque comecei a ter[br]problemas de saúde mental 0:00:17.250,0:00:18.960 cando tiña só seis anos. 0:00:19.500,0:00:23.503 Sempre fun o que os meus profesores de[br]primaria calificarían como "aprehensiva" 0:00:23.537,0:00:26.911 pero máis tarde, descubrimos[br]que se trataba de ansiedade postraumática 0:00:26.975,0:00:28.131 e depresión. 0:00:28.910,0:00:30.684 Por iso crecer foi moi duro. 0:00:30.708,0:00:33.559 Preocupábanme moitas cousas[br]que a outros rapaces non 0:00:33.583,0:00:36.166 e na escola ás veces atafegábame. 0:00:36.200,0:00:38.101 Todo iso desencadeou moitos ataques 0:00:38.125,0:00:39.601 de ansiedade, de pánico... 0:00:39.625,0:00:41.268 ás veces era superprodutiva e 0:00:41.292,0:00:43.391 outros días non daba pé con bóla. 0:00:43.625,0:00:45.434 Isto ocorría cando aínda non 0:00:45.458,0:00:47.873 se falaba tanto da saúde[br]mental como agora, 0:00:48.023,0:00:50.151 especialmente da saúde mental [br]na xuventude. 0:00:50.667,0:00:53.936 Algúns semestres aproveitaba ao máximo [br]eses días de descanso, 0:00:53.960,0:00:55.892 e noutros casos, non os necesitaba. 0:00:56.292,0:00:58.518 Pero poder contar con eles 0:00:58.542,0:01:01.583 facíame unha estudante[br]feliz, sa e exitosa. 0:01:02.180,0:01:04.916 Agora uso técnicas que aprendín de nena 0:01:04.950,0:01:07.933 para axudar a outros estudantes[br]con problemas de saúde mental. 0:01:08.167,0:01:11.951 Quérovos ofrecer algunhas ideas[br]acerca da saúde mental adolescente: 0:01:12.503,0:01:15.227 que nos ocorre, como acabamos[br]así e que podemos facer? 0:01:16.103,0:01:18.369 Pero primeiro precisades comprender 0:01:18.400,0:01:21.643 que aínda que non todo o mundo[br]ten unha patoloxía coma a miña, 0:01:21.667,0:01:23.143 absolutamente todos, 0:01:23.167,0:01:25.184 todos vós, tedes a vosas cousas. 0:01:25.208,0:01:28.059 Todos temos un cerebro[br]que precisa ser coidado 0:01:28.083,0:01:30.750 como coidamos do benestar físico. 0:01:31.000,0:01:34.571 A cabeza e o corpo están conectados [br]por moito máis que o pescozo. 0:01:35.083,0:01:38.351 As afeccións mentais maniféstanse[br]inclusive en formas físicas, 0:01:38.375,0:01:41.668 como náuseas, dores de cabeza,[br]cansazo e dificultade para respirar. 0:01:42.028,0:01:44.142 E como a saúde mental[br]é unha cousa de todos, 0:01:44.362,0:01:47.807 non deberiamos pensar [br]en solucións accesíbeis para todos? 0:01:48.250,0:01:50.561 Iso lévame á segunda parte [br]da miña historia. 0:01:51.083,0:01:52.341 Cando estaba no instituto 0:01:52.341,0:01:54.916 conseguira controlar moi ben[br]a miña saúde mental. 0:01:54.916,0:01:56.526 Era unha alumna brillante, 0:01:56.526,0:01:59.461 e presidía a Asociación de[br]Consellos de Estudantes de Oregón. 0:02:00.461,0:02:02.664 Pero foi daquela cando comecei a decatarme 0:02:02.664,0:02:06.094 que a saúde mental era un problema[br]que ía moito máis alá do meu persoal. 0:02:06.478,0:02:09.711 Por desgraza, na miña vila[br]houbo moitos suicidios 0:02:09.755,0:02:11.893 durante o meu primeiro ano de instituto. 0:02:11.917,0:02:14.730 Vía esas traxedias que[br]estremecían a nosa comunidade, 0:02:15.167,0:02:17.226 e como presidenta dun grupo estatal, 0:02:17.250,0:02:19.059 escoitaba cada vez máis historias 0:02:19.083,0:02:21.872 de que acontecía o mesmo[br]nas vilas doutros estudantes. 0:02:22.540,0:02:24.643 No campamento de verán de 2018, 0:02:24.667,0:02:27.101 xuntámonos uns 100[br]estudantes de secundaria 0:02:27.125,0:02:29.018 para falar da saúde mental da mocidade. 0:02:29.042,0:02:30.346 Que podiamos facer? 0:02:31.006,0:02:34.061 Abordamos a conversa con moita empatía 0:02:34.417,0:02:35.684 e honestidade, 0:02:35.708,0:02:37.247 e o resultado foi abraiante. 0:02:37.625,0:02:38.893 O que máis me sorprendeu 0:02:38.917,0:02:41.393 foi que cada estudante[br]tiña unha historia 0:02:41.417,0:02:43.643 sobre unha crise de saúde mental[br]no seu centro, 0:02:43.667,0:02:46.626 sen importar que fora[br]duna vila ao oeste de Oregon 0:02:46.660,0:02:48.230 ou do centro de Portland. 0:02:49.178,0:02:50.672 Acontecía en todas partes. 0:02:51.000,0:02:52.309 Mesmo investigamos e 0:02:52.333,0:02:56.768 descubrimos que o suicidio[br]era a segunda causa de morte 0:02:56.792,0:02:59.707 na mocidade de Oregón [br]de entre 10 e 24 anos. 0:03:00.592,0:03:02.200 A segunda causa de morte. 0:03:02.792,0:03:04.513 Tiñamos que facer algo. 0:03:05.198,0:03:07.129 Durante os seguintes meses, 0:03:07.153,0:03:10.082 creamos unha comisión chamada[br]Estudantes por un Oregón San, 0:03:11.125,0:03:14.375 e propuxémonos acabar co estigma[br]contra as enfermidades mentais. 0:03:14.542,0:03:17.364 Tamén queriamos priorizar[br]a situación en colexios. 0:03:17.625,0:03:20.857 Coa axuda de grupos de presión[br]e profesionais en saúde mental, 0:03:21.208,0:03:23.768 presentamos o Proxecto de lei 2191. 0:03:23.792,0:03:26.914 Permítelles a estudantes [br]coller días libres por saúde mental 0:03:26.914,0:03:29.986 igual que se fose por saúde física. 0:03:30.010,0:03:31.510 A miúdo ese día libre 0:03:31.510,0:03:33.630 é a diferenza entre[br]sentirse moitísimo mellor 0:03:33.630,0:03:34.739 e moitísimo peor... 0:03:34.739,0:03:37.478 como eses días que miña nai[br]me deixaba cando era nena. 0:03:40.138,0:03:41.601 Durante os seguintes meses, 0:03:41.625,0:03:45.368 presionabamos, investigabamos[br]e faciamos campaña para o proxecto, 0:03:45.422,0:03:48.345 e en xuño de 2019 aprobouse a lei. 0:03:49.375,0:03:55.167 (Aplausos e aclamacións) 0:03:58.941,0:04:01.784 Foi un momento transcendental[br]para os estudantes de Oregón. 0:04:02.117,0:04:04.347 Cóntovos como se desenvolve isto agora. 0:04:04.458,0:04:07.032 Digamos que un estudante[br]está a ter un mes moi duro. 0:04:07.292,0:04:09.643 Angustiado, con moito traballo 0:04:09.667,0:04:12.293 queda atrasado no instituto[br]e sabe que precisa axuda. 0:04:12.667,0:04:15.218 Quizais nunca falou[br]de saúde mental con seus pais, 0:04:15.218,0:04:18.866 pero agora el ten a lei do seu lado[br]para axudarlle a iniciar esa conversa. 0:04:19.583,0:04:22.863 Aínda así, os pais deben chamar ao centro [br]e xustificar a ausencia, 0:04:22.863,0:04:25.282 así que non é un cheque en branco[br]para os rapaces, 0:04:25.447,0:04:26.554 pero o máis importante 0:04:26.554,0:04:29.696 é que esa ausencia rexistrouse[br]como día de descanso mental 0:04:29.958,0:04:31.226 e así lévase a conta 0:04:31.250,0:04:33.787 de cantos estudantes usan eses días. 0:04:34.208,0:04:35.684 Se un estudante toma moitos 0:04:35.708,0:04:38.625 hano dirixir ao terapeuta da escola[br]para un recoñecemento. 0:04:39.167,0:04:42.309 Isto é importante para identificar[br]aos estudantes con problemas 0:04:42.333,0:04:43.643 antes de que sexa tarde. 0:04:43.667,0:04:46.726 Unha das principais cousas[br]que escoitamos no foro de 2018 0:04:46.750,0:04:51.309 foi que dar un paso adiante e conseguir[br]axuda é o paso máis difícil. 0:04:51.333,0:04:53.219 Oxalá esta lei axude niso. 0:04:53.708,0:04:57.583 Isto non só lles ensinará aos rapaces[br]a coidar de si mesmos 0:04:57.583,0:04:59.913 e exercitar o autocoidado [br]e a xestión do estrés, 0:04:59.913,0:05:01.872 senón que pode salvar vidas. 0:05:02.667,0:05:06.351 Agora estudantes doutros estados[br]tentan aprobar estas leis. 0:05:06.375,0:05:09.334 Actualmente traballo [br]con estudantes de California e Colorado 0:05:09.334,0:05:10.522 para facer o mesmo, 0:05:10.522,0:05:11.950 porque cremos que todos eles 0:05:11.950,0:05:13.509 merecen poder sentirse mellor. 0:05:14.583,0:05:17.643 Á parte das razóns prácticas[br]e os tecnicismos, 0:05:17.667,0:05:21.856 o Proxecto de lei 2191 é especial[br]polo que representa: 0:05:22.125,0:05:25.735 a saúde física e a mental son iguais[br]e así as deberiamos tratar. 0:05:26.287,0:05:27.672 De feito, están relacionadas. 0:05:28.347,0:05:29.905 Pensade na atención sanitaria. 0:05:30.763,0:05:32.136 Pensade nunha RCP. 0:05:32.375,0:05:35.347 Se te atopas nunha situación[br]na que debes facer unha RCP, 0:05:35.667,0:05:38.226 como mínimo deberías saber[br]un pouco do que facer? 0:05:38.250,0:05:39.394 Pensádeo... 0:05:39.917,0:05:44.268 seguro que si porque a formación en RCP[br]ofrécese en colexios, espazos de traballo, 0:05:44.292,0:05:45.340 e ata online. 0:05:45.625,0:05:47.851 Ata hai cancións que falan do tema. 0:05:47.875,0:05:50.226 Pero que sucede coa saúde mental? 0:05:50.250,0:05:53.601 A min formáronme en RCP [br]na clase de Saúde ao chegar ao instituto. 0:05:53.625,0:05:56.560 E se me instruísen sobre como xestionar [br]a miña saúde mental 0:05:56.677,0:05:59.034 ou como reaccionar[br]diante dunha crise desa índole? 0:05:59.375,0:06:02.274 Gustaríame ver un mundo[br]onde todos tivesen a capacidade 0:06:02.274,0:06:04.559 para axudar un amigo,[br]un compañeiro, un parente 0:06:04.583,0:06:06.954 ou mesmo un estraño [br]que sofre unha crise mental. 0:06:07.168,0:06:10.101 E eses medios deberían estar[br]dispoñibles nos centros escolares 0:06:10.125,0:06:12.964 porque é onde os estudantes[br]se ven en máis dificultades. 0:06:13.375,0:06:16.476 O outro concepto que sinceramente espero [br]que asimiledes hoxe 0:06:16.500,0:06:19.309 é que está ben non estar ben, 0:06:19.333,0:06:21.386 e sempre está ben facer un descanso. 0:06:21.667,0:06:23.261 Non ten que ser un día enteiro; 0:06:23.261,0:06:24.898 ás veces iso non é práctico. 0:06:25.153,0:06:28.248 Pero podes descansar en certas ocasións, [br]parar e analizarte. 0:06:29.250,0:06:31.182 Pensade na vida coma nunha carreira... 0:06:31.833,0:06:33.492 unha carreira de longa distancia. 0:06:33.708,0:06:36.653 Se aceleras moito ao principio[br]acabarás esgotado. 0:06:36.747,0:06:38.867 Podes mancarte se te esforzas de máis. 0:06:38.987,0:06:40.526 Pero se controlas o ritmo, 0:06:40.546,0:06:42.704 se o levas con calma,[br]ás veces á mantenta, 0:06:43.007,0:06:44.546 e te esforzas nalgúns momentos, 0:06:44.835,0:06:47.700 seguramente terás moito máis éxito. 0:06:47.917,0:06:49.309 Así que, por favor, 0:06:49.333,0:06:50.643 coidádevos, 0:06:50.667,0:06:52.663 coidade dos vosos cativos e mozos 0:06:52.667,0:06:55.240 en especial dos que parecen[br]ter todo baixo control. 0:06:55.792,0:06:57.844 As afeccións mentais non desaparecerán, 0:06:57.868,0:06:59.080 pero como sociedade, 0:06:59.080,0:07:01.804 podemos aprender como xestionalas[br]coidándonos entre todos. 0:07:02.132,0:07:03.814 E coidándonos nós mesmos. 0:07:04.208,0:07:05.601 Como diría miña nai, 0:07:05.625,0:07:07.851 "De cando en vez, fai un descanso." 0:07:07.875,0:07:09.143 Grazas. 0:07:09.167,0:07:11.125 (Aplausos)