[Esta charla contén linguaxe gráfica e descricións de violencia sexual.] [Recoméndase a discreción dos espectadores] "Ashley Judd, vaia unha lurpia estúpida" "Non podes demandar a alguén por chamarlle filla de puta" "Se non es quen de manexar Internet, que che dean, puta" "Ogallá Ashley Judd teña unha morte horrible. Ela é o peor." "Ashley Judd, ti es o motivo polo cal as mulleres non deberían votar." "'Twisted' é unha película tan mala, que nin sequera quero violala." "Fagas o que fagas, non llo digas a Ashley Judd. Morirá soa coa vaxina seca." "Se tivese que tirarme a unha muller maior, meu Deus, tiraríame a Ashley Judd, a puta está de moi bo ver. As cousas tan imperdoables que lle faría." A misoxinia en Internet é unha traxedia global para os dereitos de xénero, e é fundamental que remate. (Aplausos) As voces das mozas e mulleres, e as voces dos nosos aliados están constantemente restrinxidas en xeitos que son personal, económica, profesional e políticamente dañinos. E cando freemos o abuso, expanderemos a liberdade. Son unha fan do baloncesto de Kentucky, así que un agradable día de marzo do ano pasado, estaba a facer unha das cousas que mellor se me dan: animar os meus Wildcats. Os narcisos estaban en flor, mais os árbitros non sopraban o chifre cando eu llelo dicía. (Risas) É gracioso. Foron moi simpáticos comigo antes do partido mais logo ignoráronme durante o mesmo. (Risas) Tres dos meus xogadores sangraban, de xeito que fixen o segundo que mellor se me dá... Chiei. [@ArkRazorback o xogo sucio cómese o tiro libre do meu equipo... @KySportsRadio @marchmadness@espn polo de agora hai tres xogadores sangrando.] É normal para min ser tratada do xeito que vos describín antes. Sucédeme todos os días en redes sociales e plataformas coma Twitter ou Facebook. Desde que entrei en Twitter en 2011, a misoxinia e os misóxinos demostraron de abondo que me menospreciarán en cada paso que tome. A miña espiritualidade, fe, sendo unha pailana -- eu podo dicir aquilo, ti non -- e todo é xogo limpio. E respondín con varias estratexias. Tratei de enfrontarme. Este tipo mandábame cousas desagradables, hipersexuales, e no seu avatar había unha moza. Eu contesteille e dixen... "É esa a túa filla? Dáme medo o feito de que poidas pensar e falar deste xeito das mulleres." E sorprendeume dicindo, "Sabes que? Tes razón. Sintoo." Ás veces, a xente quere responsabilizarse. Este tipo estaba discutindo con a saber quen se eu era quizais a definición de puta. Estiven casada cun escocés 14 anos, así que dixen, "Puta quere dicir diferentes cousas segundo o país -- (Risas) "... mais teño a acerteza de que representades o estándar global de imbécil. (Risas) (Aplausos) Tratei de superalo, intentei atrincherarme, e trataría sobretodo de pasar a través destas redes sociais cun ollo medio pechado tratando de non velo, mais non se pode facer unha montaña dun gran de area. O que se ve, permanece. É traumático. Unha parte de min sempre secretamente esperou que o que se me estaba a dicir, o que se dicía sobre min non fose... verdade. Porque incluso eu, unha autoproclamada e recoñecida feminista, que reza no altar da Gloria -- (Risas) internalizo o patriarcado. Isto resulta bastante crítico O patriarcado non só son os mozos e homes. É un sistema no que todos participamos, incluída eu. Aquel día en concreto, por algunha razón, aquel chío tralo partido desencadeou algo chamado "Mafia cibernética." Un fluxo global e corrosivo das máis crueis declaracións de odio: ameazas de morte, ameazas de violación. E non sabedes, cando estaba soa en casa, sentada, coa miña bata, recibín unha chamada, e era do meu querido ex-esposo, dicía nunha mesaxe de voz, "Querida... o que te está a suceder non está ben." E houbo algo no xeito en que me defendeu aquela noite... que me permitiu pronunciarme. E comecei a escribir. Comecei a escribir compartindo o feito de que son unha superviviente de todos os tipos de abuso sexual, incluídas tres violacións. E as mensaxes de odio que recibín en resposta -- Estos son algúns dos comentarios publicados nos medios informativos. Que dixesen que son unha acusona é moi divertido. [Jay: Disfrutouno cada segundo!!!!!] Audiencia: Meu Deus! Ashley Judd: Grazas, Deus. Que a túa graza e misericordia brillen. Daquela escribín un artículo feminista, chamado: "Esquece o teu equipo: é a túa violencia de xénero hacia as mulleres en internet a que pode beixar o meu virtuoso cu." (Risas) (Aplausos) E fixen isto soa, e publiqueino soa, porque o meu asesor principal dixo, "Por favor, non o fagas a avalancha de sandeces que recibirás será inevitable -- temo por ti." Mais eu confío nas nenas e confío nas mulleres, e confío nos nosos aliados. Publicouse, foi viral, proba que cada día a misoxinia nas redes é un fenómeno que todos sufrimos, en todo o mundo, e cando é intersectorial é peor. Orientación sexual, identidade de xénero, raza, etnia ou relixión... menciónao, e amplifica a violencia sufrida por mozas e mulleres, e no caso das nenas, é peor. É, sen dúbida, traumático. A nosa saúde mental, o noso benestar emocional quedan gravemente afectados porque a ameaza de violencia é entendida neurobioloxicamente como violencia. O cortisol dispárase, o sistema límbico acelérase e perdemos productividade no traballo. E falemos do traballo. A nosa capacidade para traballar está limitada. Búsquedas online de mulleres solicitando traballo que revelan fotos delas espidas, falsas alegacións dicindo que teñen ETSs, os seus enderezos indicando que están sexualmente dispoñibles con exemplos reais de xente que aparece nesas casas para ter sexo. A nosa capacidade para ir á escola viuse prexudicada. O 96 por cento das publicacións de imaxes sexuais de xente nova pertencen a rapazas. Ás nosas rapazas. Os nosos rapaces contan cunha probabilidade de compartir imaxes non consensuadas de dúas a tres veces máis cás rapazas. E quero dicir algo sobre o porno como vinganza Parte do que resultou deste chío foi relacionarme con aliados e outros activistas que loitan por un internet libre e seguro. Comezamos algo que nomeamos Proxecto Discurso; freando o abuso, expandindo liberdade. E esta páxina web ofrece un foro de críticas, xa que non hai nada global ou legal que nos axude a resolver isto. Mais o que si ofrecemos é unha lista estandarizada de definicións, porque é complicado atacar un comportamento no xeito correcto se non compartimos unha definición do que ese comportamento é. E aprendín que adoita facerse un mal uso, así como perigoso, do porno por vinganza. Trátase de compartir unha imaxe de xeito non consensuado, empregada estratexicamente para avergoñar e humillar a unha moza ou muller que trata de convertirnos en pornografía. A nosa sexualidade natural é, non sei a como é a vosa, marabillosa. E o meu desexo por expresalo non o converte en pornografía. (Aplausos) Deste xeito, eu teño todos estes recursos que estou bastante segura moita xente no mundo non ten. Eu puiden comezar o Proxecto Discurso con compañeiros. Ás veces teño a atención das esmpresas de redes sociais. Teño proximamente unha estupenda visita á sede de Facebook. Os estúpidos criterios para reportar aínda non me serviron de axuda... De feito, pago a alguén para que limpe as miñas redes sociais, intentando liberar o meu cerebro dunha repetición diaria do trauma da incitación ao odio. E sabedes que? Recibo máis odio por iso. "Oh, vives nunha habitación insonorizada." Ben, e a que non sabedes que? Ter a alguén poñendo fotografías de min coa boca aberta dicindo que "non poden esperar para correrse na miña cara," dáme o dereito de poñer eses límites. (Aplausos) E esta distinción entre virtual e real é enganosa porque sabedes, isto realmente me sucedeu unha vez cando era nena, e cando ese chío espertou este trauma, tiven que loitar contra el. Mais sabedes o que facemos? Collemos toda esta incitación ao odio, dividímola, codificámola, e damos esos datos de xeito que entendamos a súa interseccionalidade: cando recibo porno, cando se trata de afiliación política, cando se trata da idade, ou de todo iso xunto. Imos gañar esta liorta. Hai moitas solucións... grazas a Deus. Vouvos dar só algunhas, e, por suposto, rétovos a que creedes e contribuades coas vosas. Número un: temos que comezar coa alfabetización dos medios dixitais, e claramente debe haber un enfoque de xénero. Nenos, escolas, coidadores, pais: é esencial. Dous... Deberiamos falar cos nosos amigos os informáticos? Dito con dignidade e respecto, o sexismo nos nosos lugares de traballo ten que rematar. (Aplausos) (Ovación) EDGE (Economic Dividends for Gender Equality) o estándar global para a igualdade de xénero, é o mínimo estándar. E sabedes que, Silicon Valley? Se L'Oreal pode facelo en India, en Filipinas, en Brasil e en Rusia, vós tamén podedes. Non hai escusa que valla. Só cando as mulleres acaden o número necesario en cada departamento das vosas empresas, incluíndo a creación de plataformas desde cero, cambiarán as conversacións sobre as prioridades e as solucións. E máis amor para os meus amigos informáticos: a lucro coa misoxinia nos videoxogos ten que rematar. Estou cansa de que me faledes nos cócteis -- como fixestes hai un par de semanas en Aspen -- sobre o despreciable que era #Gamergate, cando continuades a facer billóns de dólares grazas a xogos que feren e deixan tiradas ás mulleres por deporte. Basta! -- como dirían os italianos. Abonda. (Aplauso) Os nosos amigos da orde pública teñen moito que facer, xa que vimos que a violencia en internet é unha extensión da violencia en persoa. No noso país, morreron máis mozas e mulleres asasinadas polos seus compañeiros sentimentais das que morreron no 11/9 e das que morreron desde entón tanto en Afganistán coma en Iraq. E non é moi "guai" dicilo mais é verdade. Xeopoliticamente, preocupámonos máis sobre o que os homes lle están a facer ás mulleres alá... En 2015, 72,828 mulleres empregaron os servizos contra a violencia de xénero no país. E iso sen contar ás mozas, mulleres e mozos que os precisaron. O corpo de seguridade debe reforzarse cunha tecnoloxía de internet, dispositivos e unha comprensión desas plataformas actualizadas-- a como traballan. A policía quería ser útil cando Amanda Hess chamou polas ameazas de morte que estaba a recibir en Twitter, mais realmente non puideron cando dixeron, "Que é Twitter?" Os nosos lexisladores deben redactar e aprobar unha lexislación astuta que reflicta a nosa tecnoloxía actual e as nocións que temos da liberdade e da incitación ao odio. Recentemente en New York, a lei non puido aplicarse a un delincuente porque os crimes seguramente se cometeron, mesmo se foron de xeito anónimo, deberon cometerse por teléfono, por mail, por telégrafo... (Risas) A linguaxe debe ser tecnoloxicamente neutro. Polo que parece, teño unha voz bastante firme. De xeito que imos falar dos nosos amigos... os brancos. Vós tedes un papel que interpretar e decisións que tomar. Podedes facer algo ou podedes non facer nada. Agora hai un bo ambiente na sala, mais cando isto remate todos o mundo dirá, "Meu Deus, é unha racista á inversa" Iso foi o que dixo un home branco, Robert Moritz, presidente do PricewaterhouseCoopers, e que me pediu o incluíse nesta charla. É preciso incrementar as liñas de apoio e os grupos de axuda, para que as vítimas poidan axudarse unhas ás outras cando as súas vidas e finanzas descarrilen. Coma individuos temos a obriga de deter a violencia de xénero mentres suceda. O 92 por cento da xente nova con 29 anos e menos presenciárona. O 72 por cento de nós presenciámola. Precisamos ter o valor e a urxencia para practicar a súa detención mentres que se extende. E para rematar, crédea. Crédea. (Aplausos) Basicamente, este é un problema de interacción humana. E como penso que a interacción humana é o centro da nosa salvación, un trauma que non se transforma será un trauma transferido. Edith Wharton dixo, "O final está latente no inicio," de xeito que remataremos reemprazando a incitación ao odio pola do amor. Porque me sinto soa nisto, mais sei que somos aliados. Recentemente aprendín como a gratitude e as afirmacións positivas compensan as interaccións negativas. Necesítanse cinco delas para contrarrestar unha negativa, e a gratitude en particular -- libre, dispoñible globalmente en calquer momento e lugar, para calquera en calquera dialecto-- dispara a codia cingular anterior prexenual, a parte divisoria do cerebro que se inunda de cousas boas e estupendas. Así que vou dicirme a min mesma cousas asombrosas. E gustaríame que enfaticedes a resposta. Pode soar algo semellante a isto-- (Risas) Son unha muller poderosa e forte, e vós diredes, "Si, elo." Audiencia: si, elo. Ashley Judd: miña mai quéreme. A: Sí, quérete. AJ: Fixen un bo traballo coa miña charla. A: Si, fixéchelo. AJ: Teño dereito a estar aquí. A: Si, telo. AJ: Son moi riquiña. (Risas) A: Si, es. AJ: Deus fai un bo traballo. A: Si, faino. AJ: E eu quérovos. Moitísimas gracias por deixarme ser de axuda. Que Deus vos bendiga. (Aplauso)