WEBVTT 00:00:00.760 --> 00:00:02.160 Cando lle digo á xente 00:00:02.180 --> 00:00:06.308 que tento desenvolver unha pílula anticonceptiva para homes, 00:00:06.960 --> 00:00:10.680 as respostas varían dependendo do sexo. 00:00:11.200 --> 00:00:12.793 As mulleres din cousas coma: 00:00:13.000 --> 00:00:16.197 " Que ben! Xa era hora. Para cando?" 00:00:16.320 --> 00:00:17.584 (Risas) 00:00:17.640 --> 00:00:19.736 Os homes só teñen dúas respostas. 00:00:19.760 --> 00:00:21.569 Ou ben lles soa ben 00:00:22.000 --> 00:00:23.934 ou miran cara a min preocupados 00:00:24.080 --> 00:00:27.576 mentres pensan en que ando a argallar para os seus testículos. 00:00:27.600 --> 00:00:29.334 (Risas) 00:00:30.360 --> 00:00:34.200 Entón, por que é necesaria unha pílula masculina? 00:00:35.320 --> 00:00:36.976 Que pensades cando vos digo que 00:00:37.000 --> 00:00:41.132 dos 6 millóns de embarazos anuais nos EE.UU. 00:00:41.440 --> 00:00:44.097 3 millóns son non desexados? 00:00:44.360 --> 00:00:45.605 Iso é a metade. 00:00:45.960 --> 00:00:47.996 É un número moi sorprendente. 00:00:48.160 --> 00:00:50.632 E eses 3 millóns non desexados 00:00:50.760 --> 00:00:54.016 explican os máis dun millón de abortos anuais 00:00:54.040 --> 00:00:56.320 que se levan a cabo nos Estados Unidos. 00:00:57.440 --> 00:01:01.793 Por sorte, a taxa de embarazos non desexados minguou 00:01:01.880 --> 00:01:03.530 nos últimos anos ao redor dun 10 %. 00:01:03.720 --> 00:01:06.656 Isto débese a que máis mulleres usan métodos anticonceptivos 00:01:06.680 --> 00:01:08.600 efectivos, reversibles e a longo prazo. 00:01:09.600 --> 00:01:11.840 Pero aínda queda moito por facer. 00:01:13.040 --> 00:01:16.216 Unha estratexia que á fin estase volvendo realidade 00:01:16.240 --> 00:01:19.360 é a de mellores opcións anticonceptivas para homes. 00:01:20.600 --> 00:01:21.725 Pensádeo. 00:01:21.816 --> 00:01:25.472 Temos unha ducia de métodos anticonceptivos femininos: 00:01:25.520 --> 00:01:31.360 pílulas, parches, DIU, inxeccións, esponxas, aneis... 00:01:32.200 --> 00:01:36.136 Para os homes sempre tivemos as dúas mesmas opcións 00:01:36.160 --> 00:01:37.616 durante máis dun século: 00:01:37.640 --> 00:01:39.240 preservativos e vasectomía. 00:01:40.520 --> 00:01:42.656 A pesar de termos só dúas opcións, 00:01:42.680 --> 00:01:45.278 ambas as dúas teñen grandes desvantaxes. 00:01:45.480 --> 00:01:49.741 Os homes representan o 30 % do uso total de anticonceptivos, 00:01:50.080 --> 00:01:52.620 das cales un 10 % das parellas confían na vasectomía 00:01:52.760 --> 00:01:55.240 e un 20 % usan o preservativo. 00:01:56.640 --> 00:02:01.254 Por que o 20 % das parellas confían no preservativo 00:02:01.680 --> 00:02:05.080 se estes teñen un índice de erro anual de máis do 15 %? 00:02:05.880 --> 00:02:09.056 Débese a que as mulleres ou ben non poden tomar de forma segura 00:02:09.080 --> 00:02:12.665 os anticonceptivos dispoñibles por motivos como coágulos de sangue, 00:02:12.840 --> 00:02:15.175 ou ben non dan tolerado os efectos secundarios. 00:02:16.284 --> 00:02:19.284 Así que se pensamos que sería útil un anticonceptivo masculino, 00:02:19.284 --> 00:02:21.950 o seguinte é preguntarse como poderiamos desenvolvelo. 00:02:23.080 --> 00:02:24.730 Ben, hai dous enfoques xerais. 00:02:25.604 --> 00:02:28.274 O primeiro é tentar interferir no xeito en que o esperma 00:02:28.274 --> 00:02:30.780 nada cara ao óvulo ou se une a el. 00:02:32.140 --> 00:02:34.560 Este enfoque resulta ser verdadeiramente complicado 00:02:35.420 --> 00:02:39.120 porque é difícil concentrar medicación abondo nese pequeno volume de esperma 00:02:39.120 --> 00:02:42.436 e que siga facendo efecto ao longo do tracto reprodutor feminino. 00:02:43.770 --> 00:02:47.180 Por iso se investigou moito máis na segunda opción, 00:02:47.244 --> 00:02:50.550 que trata de frear totalmente a produción de esperma. 00:02:51.530 --> 00:02:53.314 Tamén é unha técnica desafiante. 00:02:53.314 --> 00:02:57.250 Por que? Resulta que os homes producen moito esperma. 00:02:57.250 --> 00:02:58.491 (Risas) 00:02:58.850 --> 00:03:02.446 Un home produce mil espermatozoides por segundo 00:03:03.660 --> 00:03:05.920 e para obter un anticonceptivo eficaz 00:03:05.920 --> 00:03:08.266 tense que reducir ese nivel de produción 00:03:08.266 --> 00:03:09.910 ao 1 % do seu valor normal. 00:03:11.450 --> 00:03:13.650 As boas novas son que isto é posible, 00:03:14.500 --> 00:03:15.486 ou case. 00:03:15.964 --> 00:03:21.074 A técnica máis estudada foi usar hormonas para deter a produción de esperma. 00:03:21.813 --> 00:03:25.048 A testosterona e a proxesterona, administradas á vez, 00:03:25.245 --> 00:03:28.595 reprimen os sinais do cerebro aos testículos para crearen esperma, 00:03:29.389 --> 00:03:31.609 e nun 90 % dos homes, 00:03:31.609 --> 00:03:34.852 a produción cesa despois de 3-4 meses. 00:03:35.793 --> 00:03:39.793 Por desgraza, o 10 % dos homes non responden a estes tratamentos 00:03:39.793 --> 00:03:41.383 por razóns descoñecidas. 00:03:42.877 --> 00:03:45.297 Nos últimos anos, os meus compañeiros e mais eu 00:03:45.310 --> 00:03:48.470 estivemos a desenvolver unha vía distinta para a pílula masculina, 00:03:48.480 --> 00:03:51.490 unha que non implique hormonas. 00:03:52.398 --> 00:03:56.488 Concretamente, buscamos impedir a función da vitamina A nos testículos. 00:03:57.483 --> 00:04:01.303 Por que? Ben, sábese dende hai máis de 90 anos 00:04:01.312 --> 00:04:03.772 que a vitamina A é necesaria para producir esperma. 00:04:03.772 --> 00:04:06.982 Os animais privados de vitamina A na súa dieta 00:04:06.982 --> 00:04:08.642 deixan de producir esperma 00:04:08.642 --> 00:04:12.642 e comezan a producilo cando a vitamina A se reintroduce de novo. 00:04:13.893 --> 00:04:16.153 A vitamina A que nós consumimos 00:04:16.153 --> 00:04:20.243 é transformada en ácido retinoico por unha familia de enzimas. 00:04:22.022 --> 00:04:25.562 Un destes enzimas atópase só nos testículos. 00:04:25.580 --> 00:04:28.090 Nós tentamos bloquear este enzima. 00:04:28.090 --> 00:04:32.370 Ao bloquear este enzima, deberíase privar aos testículos de ácido retinoico 00:04:32.370 --> 00:04:34.440 e paralizar a produción de esperma 00:04:34.440 --> 00:04:38.230 sen afectar as funcións da vitamina A no resto do corpo. 00:04:38.762 --> 00:04:40.922 Estamos probando esta técnica con animais 00:04:40.922 --> 00:04:43.622 e esperamos iniciar as probas en humanos moi axiña. 00:04:45.114 --> 00:04:48.584 Por suposto, o impacto deste anticonceptivo masculino 00:04:48.587 --> 00:04:50.947 vai máis aló da bioloxía reprodutiva. 00:04:51.626 --> 00:04:54.086 É interesante especular sobre os efectos que tería 00:04:54.086 --> 00:04:56.256 nas relacións entre homes e mulleres. 00:04:57.330 --> 00:04:59.020 Unha posibilidade interesante 00:04:59.020 --> 00:05:03.310 é que os homes poderían monitorizar o seu estado contraceptivo en calquera momento. 00:05:03.753 --> 00:05:05.543 Nos últimos anos, 00:05:05.543 --> 00:05:09.663 dous grupos presentaron aparellos de análise de esperma 00:05:09.663 --> 00:05:11.593 que funcionan co teléfono móbil 00:05:11.593 --> 00:05:13.343 e son sinxelos de usar. 00:05:13.654 --> 00:05:16.174 Poderíase facer un reconto de espermatozoides 00:05:16.174 --> 00:05:18.062 e compartir o resultado coa parella. 00:05:18.072 --> 00:05:23.412 Se o reconto fose cero, sentiríanse cómodos ao confiar no método. 00:05:25.202 --> 00:05:28.622 Unha ferramenta coma esta, xunto co contraceptivo masculino, 00:05:28.622 --> 00:05:33.132 podería axudar o papel do home na prevención de embarazos non desexados. 00:05:34.843 --> 00:05:37.543 Os investigadores que traballan nisto 00:05:37.543 --> 00:05:40.413 intentan facer un futuro mellor para as parellas, 00:05:40.413 --> 00:05:44.653 un futuro onde a anticoncepción non sexa considerada só "cousa de mulleres", 00:05:44.653 --> 00:05:48.013 senón unha cousa que as parellas deben decidir xuntas. 00:05:49.201 --> 00:05:51.841 Entón, por que o mundo precisa unha pílula masculina? 00:05:52.642 --> 00:05:54.562 Ben, eu penso que a pílula masculina 00:05:54.562 --> 00:05:59.192 axudaría a reducir as enormes taxas de embarazos non desexados e de abortos, 00:06:00.112 --> 00:06:03.192 e permitiríalles aos homes participar en igualdade de condicións 00:06:03.192 --> 00:06:04.582 na anticoncepción. 00:06:05.088 --> 00:06:05.848 Grazas. 00:06:06.088 --> 00:06:08.378 (Aplausos)