1 00:00:00,760 --> 00:00:02,160 Cando lle digo á xente 2 00:00:02,180 --> 00:00:06,308 que tento desenvolver unha pílula anticonceptiva para homes, 3 00:00:06,960 --> 00:00:10,680 as respostas varían dependendo do sexo. 4 00:00:11,200 --> 00:00:12,793 As mulleres din cousas coma: 5 00:00:13,000 --> 00:00:16,197 " Que ben! Xa era hora. Para cando?" 6 00:00:16,320 --> 00:00:17,584 (Risas) 7 00:00:17,640 --> 00:00:19,736 Os homes só teñen dúas respostas. 8 00:00:19,760 --> 00:00:21,569 Ou ben lles soa ben 9 00:00:22,000 --> 00:00:23,934 ou miran cara a min preocupados 10 00:00:24,080 --> 00:00:27,576 mentres pensan en que ando a argallar para os seus testículos. 11 00:00:27,600 --> 00:00:29,334 (Risas) 12 00:00:30,360 --> 00:00:34,200 Entón, por que é necesaria unha pílula masculina? 13 00:00:35,320 --> 00:00:36,976 Que pensades cando vos digo que 14 00:00:37,000 --> 00:00:41,132 dos 6 millóns de embarazos anuais nos EE.UU. 15 00:00:41,440 --> 00:00:44,097 3 millóns son non desexados? 16 00:00:44,360 --> 00:00:45,605 Iso é a metade. 17 00:00:45,960 --> 00:00:47,996 É un número moi sorprendente. 18 00:00:48,160 --> 00:00:50,632 E eses 3 millóns non desexados 19 00:00:50,760 --> 00:00:54,016 explican os máis dun millón de abortos anuais 20 00:00:54,040 --> 00:00:56,320 que se levan a cabo nos Estados Unidos. 21 00:00:57,440 --> 00:01:01,793 Por sorte, a taxa de embarazos non desexados minguou 22 00:01:01,880 --> 00:01:03,530 nos últimos anos ao redor dun 10 %. 23 00:01:03,720 --> 00:01:06,656 Isto débese a que máis mulleres usan métodos anticonceptivos 24 00:01:06,680 --> 00:01:08,600 efectivos, reversibles e a longo prazo. 25 00:01:09,600 --> 00:01:11,840 Pero aínda queda moito por facer. 26 00:01:13,040 --> 00:01:16,216 Unha estratexia que á fin estase volvendo realidade 27 00:01:16,240 --> 00:01:19,360 é a de mellores opcións anticonceptivas para homes. 28 00:01:20,600 --> 00:01:21,725 Pensádeo. 29 00:01:21,816 --> 00:01:25,472 Temos unha ducia de métodos anticonceptivos femininos: 30 00:01:25,520 --> 00:01:31,360 pílulas, parches, DIU, inxeccións, esponxas, aneis... 31 00:01:32,200 --> 00:01:36,136 Para os homes sempre tivemos as dúas mesmas opcións 32 00:01:36,160 --> 00:01:37,616 durante máis dun século: 33 00:01:37,640 --> 00:01:39,240 preservativos e vasectomía. 34 00:01:40,520 --> 00:01:42,656 A pesar de termos só dúas opcións, 35 00:01:42,680 --> 00:01:45,278 ambas as dúas teñen grandes desvantaxes. 36 00:01:45,480 --> 00:01:49,741 Os homes representan o 30 % do uso total de anticonceptivos, 37 00:01:50,080 --> 00:01:52,620 das cales un 10 % das parellas confían na vasectomía 38 00:01:52,760 --> 00:01:55,240 e un 20 % usan o preservativo. 39 00:01:56,640 --> 00:02:01,254 Por que o 20 % das parellas confían no preservativo 40 00:02:01,680 --> 00:02:05,080 se estes teñen un índice de erro anual de máis do 15 %? 41 00:02:05,880 --> 00:02:09,056 Débese a que as mulleres ou ben non poden tomar de forma segura 42 00:02:09,080 --> 00:02:12,665 os anticonceptivos dispoñibles por motivos como coágulos de sangue, 43 00:02:12,840 --> 00:02:15,175 ou ben non dan tolerado os efectos secundarios. 44 00:02:16,284 --> 00:02:19,284 Así que se pensamos que sería útil un anticonceptivo masculino, 45 00:02:19,284 --> 00:02:21,950 o seguinte é preguntarse como poderiamos desenvolvelo. 46 00:02:23,080 --> 00:02:24,730 Ben, hai dous enfoques xerais. 47 00:02:25,604 --> 00:02:28,274 O primeiro é tentar interferir no xeito en que o esperma 48 00:02:28,274 --> 00:02:30,780 nada cara ao óvulo ou se une a el. 49 00:02:32,140 --> 00:02:34,560 Este enfoque resulta ser verdadeiramente complicado 50 00:02:35,420 --> 00:02:39,120 porque é difícil concentrar medicación abondo nese pequeno volume de esperma 51 00:02:39,120 --> 00:02:42,436 e que siga facendo efecto ao longo do tracto reprodutor feminino. 52 00:02:43,770 --> 00:02:47,180 Por iso se investigou moito máis na segunda opción, 53 00:02:47,244 --> 00:02:50,550 que trata de frear totalmente a produción de esperma. 54 00:02:51,530 --> 00:02:53,314 Tamén é unha técnica desafiante. 55 00:02:53,314 --> 00:02:57,250 Por que? Resulta que os homes producen moito esperma. 56 00:02:57,250 --> 00:02:58,491 (Risas) 57 00:02:58,850 --> 00:03:02,446 Un home produce mil espermatozoides por segundo 58 00:03:03,660 --> 00:03:05,920 e para obter un anticonceptivo eficaz 59 00:03:05,920 --> 00:03:08,266 tense que reducir ese nivel de produción 60 00:03:08,266 --> 00:03:09,910 ao 1 % do seu valor normal. 61 00:03:11,450 --> 00:03:13,650 As boas novas son que isto é posible, 62 00:03:14,500 --> 00:03:15,486 ou case. 63 00:03:15,964 --> 00:03:21,074 A técnica máis estudada foi usar hormonas para deter a produción de esperma. 64 00:03:21,813 --> 00:03:25,048 A testosterona e a proxesterona, administradas á vez, 65 00:03:25,245 --> 00:03:28,595 reprimen os sinais do cerebro aos testículos para crearen esperma, 66 00:03:29,389 --> 00:03:31,609 e nun 90 % dos homes, 67 00:03:31,609 --> 00:03:34,852 a produción cesa despois de 3-4 meses. 68 00:03:35,793 --> 00:03:39,793 Por desgraza, o 10 % dos homes non responden a estes tratamentos 69 00:03:39,793 --> 00:03:41,383 por razóns descoñecidas. 70 00:03:42,877 --> 00:03:45,297 Nos últimos anos, os meus compañeiros e mais eu 71 00:03:45,310 --> 00:03:48,470 estivemos a desenvolver unha vía distinta para a pílula masculina, 72 00:03:48,480 --> 00:03:51,490 unha que non implique hormonas. 73 00:03:52,398 --> 00:03:56,488 Concretamente, buscamos impedir a función da vitamina A nos testículos. 74 00:03:57,483 --> 00:04:01,303 Por que? Ben, sábese dende hai máis de 90 anos 75 00:04:01,312 --> 00:04:03,772 que a vitamina A é necesaria para producir esperma. 76 00:04:03,772 --> 00:04:06,982 Os animais privados de vitamina A na súa dieta 77 00:04:06,982 --> 00:04:08,642 deixan de producir esperma 78 00:04:08,642 --> 00:04:12,642 e comezan a producilo cando a vitamina A se reintroduce de novo. 79 00:04:13,893 --> 00:04:16,153 A vitamina A que nós consumimos 80 00:04:16,153 --> 00:04:20,243 é transformada en ácido retinoico por unha familia de enzimas. 81 00:04:22,022 --> 00:04:25,562 Un destes enzimas atópase só nos testículos. 82 00:04:25,580 --> 00:04:28,090 Nós tentamos bloquear este enzima. 83 00:04:28,090 --> 00:04:32,370 Ao bloquear este enzima, deberíase privar aos testículos de ácido retinoico 84 00:04:32,370 --> 00:04:34,440 e paralizar a produción de esperma 85 00:04:34,440 --> 00:04:38,230 sen afectar as funcións da vitamina A no resto do corpo. 86 00:04:38,762 --> 00:04:40,922 Estamos probando esta técnica con animais 87 00:04:40,922 --> 00:04:43,622 e esperamos iniciar as probas en humanos moi axiña. 88 00:04:45,114 --> 00:04:48,584 Por suposto, o impacto deste anticonceptivo masculino 89 00:04:48,587 --> 00:04:50,947 vai máis aló da bioloxía reprodutiva. 90 00:04:51,626 --> 00:04:54,086 É interesante especular sobre os efectos que tería 91 00:04:54,086 --> 00:04:56,256 nas relacións entre homes e mulleres. 92 00:04:57,330 --> 00:04:59,020 Unha posibilidade interesante 93 00:04:59,020 --> 00:05:03,310 é que os homes poderían monitorizar o seu estado contraceptivo en calquera momento. 94 00:05:03,753 --> 00:05:05,543 Nos últimos anos, 95 00:05:05,543 --> 00:05:09,663 dous grupos presentaron aparellos de análise de esperma 96 00:05:09,663 --> 00:05:11,593 que funcionan co teléfono móbil 97 00:05:11,593 --> 00:05:13,343 e son sinxelos de usar. 98 00:05:13,654 --> 00:05:16,174 Poderíase facer un reconto de espermatozoides 99 00:05:16,174 --> 00:05:18,062 e compartir o resultado coa parella. 100 00:05:18,072 --> 00:05:23,412 Se o reconto fose cero, sentiríanse cómodos ao confiar no método. 101 00:05:25,202 --> 00:05:28,622 Unha ferramenta coma esta, xunto co contraceptivo masculino, 102 00:05:28,622 --> 00:05:33,132 podería axudar o papel do home na prevención de embarazos non desexados. 103 00:05:34,843 --> 00:05:37,543 Os investigadores que traballan nisto 104 00:05:37,543 --> 00:05:40,413 intentan facer un futuro mellor para as parellas, 105 00:05:40,413 --> 00:05:44,653 un futuro onde a anticoncepción non sexa considerada só "cousa de mulleres", 106 00:05:44,653 --> 00:05:48,013 senón unha cousa que as parellas deben decidir xuntas. 107 00:05:49,201 --> 00:05:51,841 Entón, por que o mundo precisa unha pílula masculina? 108 00:05:52,642 --> 00:05:54,562 Ben, eu penso que a pílula masculina 109 00:05:54,562 --> 00:05:59,192 axudaría a reducir as enormes taxas de embarazos non desexados e de abortos, 110 00:06:00,112 --> 00:06:03,192 e permitiríalles aos homes participar en igualdade de condicións 111 00:06:03,192 --> 00:06:04,582 na anticoncepción. 112 00:06:05,088 --> 00:06:05,848 Grazas. 113 00:06:06,088 --> 00:06:08,378 (Aplausos)