A maioría das nosas roupas
nunca serán recicladas
O 99% rematará aquí, tirada
e queimada en vertedoiros
"Neste momento o noso planeta é
incapaz de xestionar a cantidade de
roupa que é producida cada ano"
E se a roupa desaproveitada puidera
reutilizarse e converterse noutra cousa?
Estou nunha cidade italiana chamada
Prato. Neste lugar desenvolveuse un método
para transformar retais
vellos en roupa nova.
"Sentímonos orgullosos disto"
Aquí sucede algo marabilloso. Neste
pequeno distrito hai centos de empresas
especializadas en cada parte do proceso,
ben fiando, tecendo ou deseñando.
E hoxe, a cidade afirma procesar o 15%
de toda a roupa reciclada no mundo
"Esta é a túa camiseta, e está demasiado
vella para a tenda de segunda man,
no final, é enviada para reciclaxe. Aquí
é ordeada por cor, desfeita e lavada
e o novo material de reciclaxe
é tomado e transformado para
fabricar roupa nova con
residuos mínimos"
Imos demasiado rápido
Repasemos o proceso de novo
A roupa é doada e chega aquí
dende diferentes lugares do mundo
Todas as pezas que non poden ser
vendidas de segunda man
son achegadas a unha empresa cercana
Aquí, son separadas segundo a
súa cor e o seu material
"Penso que isto foron uns pantalóns"
"Canta roupa reciclades aquí?"
"Unhas 25 toneladas cada día"
As roupas son colocadas nestas cintas,
chámase máquina de carbonización
Elimina as impurezas da la
Despois, pasan por este proceso.
É como unha lavadora xigante
Son trituradas, limpadas, e secadas
Este é o resultado final: as prendas de la
foron transformadas nestas fibras suaves
No final do proceso, así é como fica
o novo material reciclado
Son almaceadas aquí até que unha marca
de roupa as merque para fabricar roupa
"Algunhas persoas poden dicir que estades
a empregar lixo para facer roupa!"
"Podería ser o caso hai anos, a palabra
lixo era considerada despectiva"
"No día de hoxe moitas marcas mercan
o produto especialmente por iso,
porque saben que están a utilizar materia
reciclada, que axuda ao planeta"
Reciclar a la é bo para o medio ambiente,
as emisións de CO2 redúcense á metade
comparado con roupas feitas
con material novo
"Temos un impacto inmediato para o
benestar animal, xa que se reduce o estrés
polo que pasan os animais
cada vez que se extrae a la"
"Prácticamente eliminamos a necesidade de
aplicar tintes, ao reciclar deste xeito
xuntamos a la por cores similares"
É un método transmitido de pai a fillo
"A cultura de Prato é o que precisamos
en toda a industria da moda,
xa que está baseada na colaboración local,
pero son capaces de mostrar que se
este método de traballo fose aplicado
a escala internacional e global,
todos os sectores da industria
poden beneficiarse"
A xente deste pobo veuse obrigada
a reciclar roupas porque non podían
permitirse prendas novas. Agora,
os seus métodos, mellorados durante
os últimos cen anos, poden iluminar
o camiño a seguir para unha industria
téxtil moito mais sostible