1 00:00:00,741 --> 00:00:02,383 Durmir. 2 00:00:02,383 --> 00:00:05,204 Algo ao que lle dedicamos preto dun terzo da nosa vida 3 00:00:05,204 --> 00:00:08,525 mais algún de nós realmente sabe de que se trata? 4 00:00:08,525 --> 00:00:10,740 Hai dous mil anos, Galeno, 5 00:00:10,740 --> 00:00:14,080 un dos investigadores médicos máis destacados da Antigüidade 6 00:00:14,080 --> 00:00:16,258 postulou que mentres estamos espertos, 7 00:00:16,258 --> 00:00:19,620 a forza motriz do cerebro, o seu zume, 8 00:00:19,620 --> 00:00:22,190 fluía cara a todas as outras partes do corpo 9 00:00:22,190 --> 00:00:25,754 animándoas pero deixando o cerebro seco. 10 00:00:26,104 --> 00:00:27,820 Pensaba que cando durmimos 11 00:00:27,820 --> 00:00:30,358 toda esta humidade que enchía o resto do corpo 12 00:00:30,358 --> 00:00:33,892 volvía rapidamente para hidratar o cerebro 13 00:00:33,913 --> 00:00:36,069 e refrescar a mente. 14 00:00:36,459 --> 00:00:38,880 Isto hoxe soa totalmente ridículo, 15 00:00:38,880 --> 00:00:42,481 mais Galeno só trataba de explicar unha cousa sobre o sono 16 00:00:42,528 --> 00:00:44,905 coa que lidamos a diario. 17 00:00:45,185 --> 00:00:49,599 Todos sabemos, pola nosa experiencia, que durmir aclara a mente 18 00:00:49,941 --> 00:00:53,253 e non durmir deixa a cabeza turbia. 19 00:00:54,210 --> 00:00:56,722 Pese a que hoxe sabemos moitísimo máis sobre o sono 20 00:00:56,722 --> 00:00:58,526 que cando vivía Galeno, 21 00:00:58,526 --> 00:01:02,805 aínda non comprendemos por que o sono, de todas as nosas actividades 22 00:01:02,805 --> 00:01:06,194 ten esta incríbel función reparadora para a mente. 23 00:01:06,754 --> 00:01:09,594 Así que hoxe quero falar sobre investigacións recentes 24 00:01:09,610 --> 00:01:12,368 que poden botar luz sobre esta cuestión. 25 00:01:12,368 --> 00:01:15,573 Atopamos que o sono pode ser en realidade 26 00:01:15,573 --> 00:01:17,946 unha especie de solución elegante de deseño 27 00:01:17,946 --> 00:01:20,523 para algunhas das necesidades máis básicas do cerebro, 28 00:01:20,523 --> 00:01:22,469 un xeito único en que o cerebro 29 00:01:22,469 --> 00:01:25,292 resolve as amplas esixencias e as estreitas marxes 30 00:01:25,292 --> 00:01:29,261 que o fan distinto do resto de órganos do corpo. 31 00:01:30,291 --> 00:01:33,346 Case toda a bioloxía que observamos 32 00:01:33,346 --> 00:01:35,800 pode pensarse como unha serie de problemas 33 00:01:35,800 --> 00:01:37,841 e as súas solucións correspondentes. 34 00:01:37,841 --> 00:01:41,051 O primeiro problema que todo órgano ten que resolver 35 00:01:41,051 --> 00:01:45,799 é o do continuo fornecemento de nutrientes para alimentar todas as células do corpo. 36 00:01:45,930 --> 00:01:48,138 No cerebro é especialmente crítico; 37 00:01:48,138 --> 00:01:50,355 a súa intensa actividade eléctrica emprega 38 00:01:50,355 --> 00:01:53,213 un cuarto de todo o abastecemento de enerxía do corpo, 39 00:01:53,213 --> 00:01:57,573 a pesar de que o cerebro constitúe só arredor dun 2% da masa total do corpo. 40 00:01:58,180 --> 00:02:02,072 O sistema circulatorio soluciona o problema de reparto de nutrientes 41 00:02:02,083 --> 00:02:05,866 usando vasos sanguíneos, que levan nutrientes e osíxeno 42 00:02:05,956 --> 00:02:07,866 a cada recanto do noso corpo. 43 00:02:08,106 --> 00:02:10,990 Podémolo ver neste vídeo. 44 00:02:10,990 --> 00:02:15,062 Estamos a ver os vasos sanguíneos do cerebro dun rato vivo. 45 00:02:15,487 --> 00:02:18,117 Os vasos sanguíneos forman unha complexa rede 46 00:02:18,117 --> 00:02:20,465 que enche todo o volume do cerebro. 47 00:02:20,465 --> 00:02:25,026 Comezan na súa superficie e despois penetran no tecido. 48 00:02:25,147 --> 00:02:27,508 A medida que se espallan, levan nutrientes 49 00:02:27,508 --> 00:02:31,743 e osíxeno a todas e cada unha das células do cerebro. 50 00:02:33,276 --> 00:02:38,066 Dado que todas as células precisan nutrientes para funcionar, 51 00:02:38,137 --> 00:02:41,277 cada célula tamén produce refugallos como subproduto 52 00:02:41,277 --> 00:02:45,013 e a limpeza deses refugallos é o segundo problema básico 53 00:02:45,090 --> 00:02:47,442 que ten que resolver cada órgano. 54 00:02:47,882 --> 00:02:50,465 Este diagrama amosa o sistema linfático, 55 00:02:50,465 --> 00:02:52,895 que evolucionou para satisfacer esta necesidade. 56 00:02:52,895 --> 00:02:57,687 É unha segunda rede paralela de vasos que se estende ao longo do corpo. 57 00:02:57,721 --> 00:03:01,568 Recolle as proteínas e outros residuos dos espazos intercelulares 58 00:03:01,602 --> 00:03:06,104 para despois vertelos no sangue e que poidan ser eliminados. 59 00:03:06,675 --> 00:03:09,814 Se mirades ben este diagrama veredes algo 60 00:03:09,858 --> 00:03:12,186 que non ten moito sentido. 61 00:03:12,186 --> 00:03:14,943 Se ampliamos a cabeza deste individuo 62 00:03:14,943 --> 00:03:19,986 unha das cousas que se ven é que non hai vasos linfáticos no cerebro. 63 00:03:21,298 --> 00:03:24,392 Mais isto non ten moito sentido, non si? 64 00:03:24,392 --> 00:03:27,497 Quero dicir, o cerebro é un órgano cunha intensa actividade 65 00:03:27,597 --> 00:03:30,392 que produce unha cantidade igualmente grande de residuos 66 00:03:30,392 --> 00:03:32,739 que hai que limpar eficazmente. 67 00:03:32,739 --> 00:03:35,701 E aínda así non ten vasos linfáticos, o que significa 68 00:03:35,701 --> 00:03:37,727 que a solución que adopta o resto do corpo 69 00:03:37,727 --> 00:03:41,092 para limpar os residuos non funciona no cerebro. 70 00:03:42,311 --> 00:03:46,239 Entón como soluciona o cerebro o problema da limpeza dos seus residuos? 71 00:03:46,613 --> 00:03:49,982 Esta cuestión, aparentemente trivial, 72 00:03:49,982 --> 00:03:53,390 é a que motivou ao noso grupo a entrar nesta historia. 73 00:03:53,390 --> 00:03:57,751 E o que atopamos ao entrarmos no cerebro, 74 00:03:57,751 --> 00:04:02,837 entre as neuronas e os vasos sanguíneos, foi que a solución do cerebro 75 00:04:02,837 --> 00:04:07,123 para o problema da limpeza de residuos era totalmente inesperada. 76 00:04:07,200 --> 00:04:11,810 Era enxeñosa pero tamén fermosa. 77 00:04:13,168 --> 00:04:14,835 Vouvos contar o que atopamos. 78 00:04:14,835 --> 00:04:17,389 O cerebro ten unha bolsa grande 79 00:04:17,389 --> 00:04:20,850 de fluído limpo e claro, chamado líquido cefalorraquídeo, 80 00:04:20,850 --> 00:04:22,169 que abreviamos como LCR. 81 00:04:22,169 --> 00:04:25,989 O LCR enche o espazo que rodea o cerebro, 82 00:04:25,989 --> 00:04:28,282 de modo que os residuos do interior do cerebro 83 00:04:28,282 --> 00:04:29,894 saen cara ao LCR, 84 00:04:29,894 --> 00:04:32,927 que é vertido no sangue xunto cos residuos. 85 00:04:33,157 --> 00:04:36,307 Isto semella moi parecido ao sistema linfático, verdade? 86 00:04:36,869 --> 00:04:39,625 Pero o máis interesante é que o líquido mais os residuos 87 00:04:39,625 --> 00:04:43,717 do interior do cerebro non chegan así como así 88 00:04:43,764 --> 00:04:46,138 ata as bolsas do LCR. 89 00:04:46,138 --> 00:04:49,861 Ao contrario, hai unha rede especializada de condutos 90 00:04:49,861 --> 00:04:53,133 que organiza e facilita este proceso. 91 00:04:53,753 --> 00:04:55,902 Podédelo ver nestes vídeos. 92 00:04:55,902 --> 00:05:00,390 Aquí estamos vendo outra vez o cerebro de ratos vivos. 93 00:05:00,424 --> 00:05:04,367 A imaxe da esquerda amosa o que sucede na superficie do cerebro, 94 00:05:04,406 --> 00:05:07,840 mentres que a da dereita amosa o que ocorre dentro do cerebro, 95 00:05:07,916 --> 00:05:09,639 no interior do propio tecido. 96 00:05:09,639 --> 00:05:11,898 Marcamos os vasos sanguíneos en vermello 97 00:05:11,898 --> 00:05:15,352 e o LCR que rodea o cerebro vai aparecer en verde. 98 00:05:15,745 --> 00:05:20,615 O que nos sorprendeu foi que o líquido do exterior do cerebro 99 00:05:20,796 --> 00:05:26,988 non se mantiña no exterior, senón que era bombeado 100 00:05:27,018 --> 00:05:31,924 outra vez cara ao interior do cerebro polo exterior dos vasos sanguíneos 101 00:05:31,924 --> 00:05:36,100 e a medida que se filtraba no cerebro polo exterior dos vasos 102 00:05:36,100 --> 00:05:40,873 estaba axudando a desfacerse, a limpar os residuos 103 00:05:40,873 --> 00:05:44,199 dos espazos intercelulares do cerebro. 104 00:05:44,199 --> 00:05:46,111 Se vos parades a pensalo, 105 00:05:46,111 --> 00:05:49,588 empregar así o exterior dos vasos sanguíneos 106 00:05:49,588 --> 00:05:52,107 é unha solución de deseño moi intelixente, 107 00:05:52,107 --> 00:05:56,589 dado que o cerebro está encerrado nun cranio ríxido 108 00:05:56,652 --> 00:06:01,475 e está repleto de células, non hai espazo dentro del 109 00:06:01,500 --> 00:06:05,100 para un segundo conxunto de vasos coma o sistema linfático. 110 00:06:05,100 --> 00:06:08,349 Mais os vasos sanguíneos si se estenden desde a superficie 111 00:06:08,349 --> 00:06:11,126 ata o interior para chegar a todas as células do cerebro, 112 00:06:11,126 --> 00:06:15,504 o que significa que o líquido que circula polo exterior destes vasos 113 00:06:15,504 --> 00:06:19,260 pode chegar facilmente a todo o volume do cerebro, 114 00:06:19,260 --> 00:06:21,444 polo que é unha maneira moi intelixente 115 00:06:21,444 --> 00:06:25,209 de facer que un conxunto de vasos, os vasos sanguíneos, 116 00:06:25,209 --> 00:06:27,998 asuma e substitúa a función 117 00:06:27,998 --> 00:06:31,181 dun segundo conxunto de vasos, os vasos linfáticos, 118 00:06:31,181 --> 00:06:33,592 e evite así que sexan necesarios. 119 00:06:33,592 --> 00:06:35,909 E o máis impresionante é que ningún outro órgano 120 00:06:35,909 --> 00:06:40,520 adopta esta solución para desfacerse dos residuos intercelulares. 121 00:06:40,630 --> 00:06:44,780 É unha solución completamente única do cerebro. 122 00:06:46,430 --> 00:06:50,458 Pero o descubrimento máis sorprendente foi que todo isto, 123 00:06:50,801 --> 00:06:56,221 todo o que vos acabo de contar, o deste líquido que percorre o cerebro 124 00:06:56,469 --> 00:06:59,823 só ocorre no cerebro durmido. 125 00:07:00,653 --> 00:07:04,353 Aquí, o vídeo da esquerda amosa canto LCR se está a mover 126 00:07:04,364 --> 00:07:07,750 polo cerebro dun rato vivo que está esperto. 127 00:07:07,970 --> 00:07:09,843 Practicamente nada. 128 00:07:09,843 --> 00:07:14,568 Mais no mesmo animal, se agardamos un pouco a que adormeza, 129 00:07:14,623 --> 00:07:19,530 vemos o LCR circular polo cerebro, 130 00:07:19,530 --> 00:07:23,698 e descubrimos que no mesmo momento en que o cerebro comeza a durmir, 131 00:07:23,698 --> 00:07:28,870 as neuronas semellan encoller, abrindo espazos entre elas 132 00:07:28,870 --> 00:07:33,410 e permitindo que o líquido penetre e limpe os residuos. 133 00:07:33,930 --> 00:07:38,434 Entón parece que Galeno, en realidade, estaba no certo 134 00:07:38,434 --> 00:07:41,940 cando escribía sobre un fluído que percorría o cerebro 135 00:07:41,950 --> 00:07:43,750 cando comezabamos a durmir. 136 00:07:43,750 --> 00:07:48,772 A nosa investigación, 2000 anos despois, suxire que o que sucede 137 00:07:48,792 --> 00:07:53,075 é que cando o cerebro está esperto e na súa máxima actividade, 138 00:07:53,097 --> 00:07:57,420 adía a limpeza dos residuos dos espazos intercelulares 139 00:07:57,480 --> 00:08:03,068 e despois, cando durme e non precisa estar tan activo 140 00:08:03,068 --> 00:08:05,255 entra nunha especie de modo de limpeza 141 00:08:05,255 --> 00:08:08,202 para desfacerse dos residuos dos espazos intercelulares, 142 00:08:08,202 --> 00:08:10,490 residuos que foron acumulándose durante o día. 143 00:08:10,490 --> 00:08:13,057 Polo que en realidade é un pouco coma nós, 144 00:08:13,057 --> 00:08:16,175 cando atrasamos as tarefas da casa durante a semana, 145 00:08:16,175 --> 00:08:17,817 cando non temos tempo de facelas, 146 00:08:17,817 --> 00:08:20,729 e despois poñémonos ao día e facemos toda a limpeza 147 00:08:20,729 --> 00:08:22,450 cando chega a fin de semana. 148 00:08:24,662 --> 00:08:27,100 Ata agora falei moito sobre a limpeza de residuos, 149 00:08:27,100 --> 00:08:29,942 mais non fun moi específico sobre os tipos de residuos 150 00:08:29,942 --> 00:08:33,876 que o cerebro ten que eliminar durante o sono para manterse saudábel. 151 00:08:34,676 --> 00:08:37,254 O residuo en que se centraron os estudos máis recentes 152 00:08:37,254 --> 00:08:38,381 é a beta-amiloide, 153 00:08:38,381 --> 00:08:41,438 unha proteína que se fabrica no cerebro todo o tempo. 154 00:08:41,438 --> 00:08:44,094 Agora mesmo o meu cerebro está a producir beta-amiloide 155 00:08:44,094 --> 00:08:45,134 e tamén os vosos. 156 00:08:45,774 --> 00:08:49,942 Pero en pacientes con alzhéimer, a beta-amiloide acumúlase 157 00:08:49,942 --> 00:08:54,854 e concéntrase nos espazos entre neuronas no canto de ser limpada como debería. 158 00:08:56,214 --> 00:09:00,460 E esta acumulación de beta-amiloide cremos que é un dos pasos chave 159 00:09:00,460 --> 00:09:02,793 no desenvolvemento desta terrible enfermidade. 160 00:09:02,873 --> 00:09:05,534 Medimos a velocidade con que a beta-amiloide 161 00:09:05,534 --> 00:09:09,040 é eliminada do cerebro cando está esperto e cando está a durmir, 162 00:09:09,040 --> 00:09:13,198 e achamos que, efectivamente, a limpeza da beta-amiloide 163 00:09:13,218 --> 00:09:16,236 é moito máis rápida no cerebro que está a durmir. 164 00:09:17,746 --> 00:09:21,524 Polo tanto, se o sono é parte da solución que ten o cerebro 165 00:09:21,524 --> 00:09:23,714 para o problema da limpeza de residuos, 166 00:09:23,714 --> 00:09:27,032 entón pode mudar drasticamente a forma de pensarmos a relación 167 00:09:27,032 --> 00:09:30,793 entre o sono, a beta-amiloide e a enfermidade de alzhéimer. 168 00:09:31,313 --> 00:09:34,359 Algúns estudos clínicos recentes suxiren 169 00:09:34,359 --> 00:09:37,730 que entre pacientes que aínda non desenvolveron alzhéimer, 170 00:09:38,274 --> 00:09:41,174 o empeoramento da calidade e da duración do sono 171 00:09:41,244 --> 00:09:45,140 están asociadas a unha maior cantidade de beta-amiloide no cerebro. 172 00:09:46,250 --> 00:09:51,200 Porén, cómpre sinalar que estes estudos non demostran que a falta de sono 173 00:09:51,200 --> 00:09:53,916 ou o sono escaso provoquen a enfermidade de alzhéimer, 174 00:09:53,916 --> 00:09:57,043 pero si suxiren que a dificultade do cerebro 175 00:09:57,043 --> 00:10:01,055 para manter a súa casa limpa eliminando residuos coma a beta-amiloide 176 00:10:01,055 --> 00:10:05,341 pode contribuír ao desenvolvemento de doenzas como o alzhéimer. 177 00:10:05,341 --> 00:10:08,720 Entón, o que esta nova investigación di 178 00:10:08,720 --> 00:10:12,915 é que o que todos vós xa sabiades sobre o sono, 179 00:10:12,935 --> 00:10:17,670 o que incluso Galeno xa sabía, que refresca e despexa a mente, 180 00:10:18,080 --> 00:10:21,564 pode ser unha parte importante da función do sono. 181 00:10:21,994 --> 00:10:25,412 Mirade, vós e mais eu durmimos todas as noites 182 00:10:25,412 --> 00:10:27,983 mais os nosos cerebros nunca descansan. 183 00:10:28,513 --> 00:10:33,086 Mentres o noso corpo está parado e a nosa mente vaga por aí en soños, 184 00:10:33,086 --> 00:10:37,281 a elegante maquinaria do cerebro está en silencio traballando duro 185 00:10:37,324 --> 00:10:41,180 limpando e mantendo esta máquina incribelmente complexa. 186 00:10:42,331 --> 00:10:45,266 Igual que as tarefas de casa, é un labor sucio e ingrato 187 00:10:45,266 --> 00:10:47,615 pero tamén importante. 188 00:10:47,930 --> 00:10:51,070 Na casa, se estamos sen limpar a cociña 189 00:10:51,070 --> 00:10:52,263 durante un mes 190 00:10:52,843 --> 00:10:56,091 o fogar convértese rapidamente nun lugar no que é imposíbel vivir. 191 00:10:57,081 --> 00:10:59,868 Pero no cerebro, as consecuencias de atrasarse na limpeza 192 00:10:59,868 --> 00:11:04,076 poden ser moito máis graves que a vergoña de ter os mesados sucios, 193 00:11:04,722 --> 00:11:06,734 porque cando se trata de limpar o cerebro, 194 00:11:06,734 --> 00:11:11,394 son a saúde e a función da mente e do corpo as que están en xogo; 195 00:11:12,394 --> 00:11:13,869 e por iso comprender hoxe 196 00:11:13,869 --> 00:11:18,150 estas funcións básicas de mantemento do cerebro 197 00:11:18,690 --> 00:11:23,902 pode ser crucial para previr e tratar doenzas da mente o día de mañá. 198 00:11:24,392 --> 00:11:25,583 Grazas. 199 00:11:25,583 --> 00:11:27,908 (Aplauso)