0:00:00.741,0:00:02.383 Durmir. 0:00:02.383,0:00:05.204 Algo ao que lle dedicamos preto[br]dun terzo da nosa vida 0:00:05.204,0:00:08.525 mais algún de nós [br]realmente sabe de que se trata? 0:00:08.525,0:00:10.740 Hai dous mil anos, Galeno, 0:00:10.740,0:00:14.080 un dos investigadores médicos[br]máis destacados da Antigüidade 0:00:14.080,0:00:16.258 postulou que mentres estamos espertos, 0:00:16.258,0:00:19.620 a forza motriz do cerebro, o seu zume, 0:00:19.620,0:00:22.190 fluía cara a todas [br]as outras partes do corpo 0:00:22.190,0:00:25.754 animándoas pero deixando o cerebro seco. 0:00:26.104,0:00:27.820 Pensaba que cando durmimos 0:00:27.820,0:00:30.358 toda esta humidade[br]que enchía o resto do corpo 0:00:30.358,0:00:33.892 volvía rapidamente[br]para hidratar o cerebro 0:00:33.913,0:00:36.069 e refrescar a mente. 0:00:36.459,0:00:38.880 Isto hoxe soa totalmente ridículo, 0:00:38.880,0:00:42.481 mais Galeno só trataba de explicar[br]unha cousa sobre o sono 0:00:42.528,0:00:44.905 coa que lidamos a diario. 0:00:45.185,0:00:49.599 Todos sabemos, pola nosa experiencia,[br]que durmir aclara a mente 0:00:49.941,0:00:53.253 e non durmir deixa a cabeza turbia. 0:00:54.210,0:00:56.722 Pese a que hoxe sabemos [br]moitísimo máis sobre o sono 0:00:56.722,0:00:58.526 que cando vivía Galeno, 0:00:58.526,0:01:02.805 aínda non comprendemos por que o sono,[br]de todas as nosas actividades 0:01:02.805,0:01:06.194 ten esta incríbel función reparadora [br]para a mente. 0:01:06.754,0:01:09.594 Así que hoxe quero falar[br]sobre investigacións recentes 0:01:09.610,0:01:12.368 que poden botar luz sobre esta cuestión. 0:01:12.368,0:01:15.573 Atopamos que o sono pode ser en realidade 0:01:15.573,0:01:17.946 unha especie de solución [br]elegante de deseño 0:01:17.946,0:01:20.523 para algunhas das necesidades [br]máis básicas do cerebro, 0:01:20.523,0:01:22.469 un xeito único en que o cerebro 0:01:22.469,0:01:25.292 resolve as amplas esixencias [br]e as estreitas marxes 0:01:25.292,0:01:29.261 que o fan distinto[br]do resto de órganos do corpo. 0:01:30.291,0:01:33.346 Case toda a bioloxía que observamos 0:01:33.346,0:01:35.800 pode pensarse como unha serie de problemas 0:01:35.800,0:01:37.841 e as súas solucións correspondentes. 0:01:37.841,0:01:41.051 O primeiro problema [br]que todo órgano ten que resolver 0:01:41.051,0:01:45.799 é o do continuo fornecemento de nutrientes[br]para alimentar todas as células do corpo. 0:01:45.930,0:01:48.138 No cerebro é especialmente crítico; 0:01:48.138,0:01:50.355 a súa intensa actividade eléctrica emprega 0:01:50.355,0:01:53.213 un cuarto de todo o abastecemento [br]de enerxía do corpo, 0:01:53.213,0:01:57.573 a pesar de que o cerebro constitúe[br]só arredor dun 2% da masa total do corpo. 0:01:58.180,0:02:02.072 O sistema circulatorio soluciona[br]o problema de reparto de nutrientes 0:02:02.083,0:02:05.866 usando vasos sanguíneos,[br]que levan nutrientes e osíxeno 0:02:05.956,0:02:07.866 a cada recanto do noso corpo. 0:02:08.106,0:02:10.990 Podémolo ver neste vídeo. 0:02:10.990,0:02:15.062 Estamos a ver os vasos sanguíneos[br]do cerebro dun rato vivo. 0:02:15.487,0:02:18.117 Os vasos sanguíneos forman [br]unha complexa rede 0:02:18.117,0:02:20.465 que enche todo o volume do cerebro. 0:02:20.465,0:02:25.026 Comezan na súa superficie[br]e despois penetran no tecido. 0:02:25.147,0:02:27.508 A medida que se espallan, levan nutrientes 0:02:27.508,0:02:31.743 e osíxeno a todas e cada unha [br]das células do cerebro. 0:02:33.276,0:02:38.066 Dado que todas as células precisan[br]nutrientes para funcionar, 0:02:38.137,0:02:41.277 cada célula tamén produce refugallos [br]como subproduto 0:02:41.277,0:02:45.013 e a limpeza deses refugallos[br]é o segundo problema básico 0:02:45.090,0:02:47.442 que ten que resolver cada órgano. 0:02:47.882,0:02:50.465 Este diagrama amosa o sistema linfático, 0:02:50.465,0:02:52.895 que evolucionou[br]para satisfacer esta necesidade. 0:02:52.895,0:02:57.687 É unha segunda rede paralela de vasos[br]que se estende ao longo do corpo. 0:02:57.721,0:03:01.568 Recolle as proteínas e outros residuos[br]dos espazos intercelulares 0:03:01.602,0:03:06.104 para despois vertelos no sangue[br]e que poidan ser eliminados. 0:03:06.675,0:03:09.814 Se mirades ben este diagrama[br]veredes algo 0:03:09.858,0:03:12.186 que non ten moito sentido. 0:03:12.186,0:03:14.943 Se ampliamos a cabeza deste individuo 0:03:14.943,0:03:19.986 unha das cousas que se ven[br]é que non hai vasos linfáticos no cerebro. 0:03:21.298,0:03:24.392 Mais isto non ten moito sentido, non si? 0:03:24.392,0:03:27.497 Quero dicir, o cerebro é un órgano [br]cunha intensa actividade 0:03:27.597,0:03:30.392 que produce unha cantidade [br]igualmente grande de residuos 0:03:30.392,0:03:32.739 que hai que limpar eficazmente. 0:03:32.739,0:03:35.701 E aínda así non ten vasos linfáticos, [br]o que significa 0:03:35.701,0:03:37.727 que a solución que adopta[br]o resto do corpo 0:03:37.727,0:03:41.092 para limpar os residuos[br]non funciona no cerebro. 0:03:42.311,0:03:46.239 Entón como soluciona o cerebro[br]o problema da limpeza dos seus residuos? 0:03:46.613,0:03:49.982 Esta cuestión, aparentemente trivial, 0:03:49.982,0:03:53.390 é a que motivou ao noso grupo [br]a entrar nesta historia. 0:03:53.390,0:03:57.751 E o que atopamos ao entrarmos no cerebro, 0:03:57.751,0:04:02.837 entre as neuronas e os vasos sanguíneos,[br]foi que a solución do cerebro 0:04:02.837,0:04:07.123 para o problema da limpeza de residuos[br]era totalmente inesperada. 0:04:07.200,0:04:11.810 Era enxeñosa pero tamén fermosa. 0:04:13.168,0:04:14.835 Vouvos contar o que atopamos. 0:04:14.835,0:04:17.389 O cerebro ten unha bolsa grande 0:04:17.389,0:04:20.850 de fluído limpo e claro, [br]chamado líquido cefalorraquídeo, 0:04:20.850,0:04:22.169 que abreviamos como LCR. 0:04:22.169,0:04:25.989 O LCR enche o espazo que rodea o cerebro, 0:04:25.989,0:04:28.282 de modo que os residuos [br]do interior do cerebro 0:04:28.282,0:04:29.894 saen cara ao LCR, 0:04:29.894,0:04:32.927 que é vertido no sangue [br]xunto cos residuos. 0:04:33.157,0:04:36.307 Isto semella moi parecido[br]ao sistema linfático, verdade? 0:04:36.869,0:04:39.625 Pero o máis interesante é[br]que o líquido mais os residuos 0:04:39.625,0:04:43.717 do interior do cerebro[br]non chegan así como así 0:04:43.764,0:04:46.138 ata as bolsas do LCR. 0:04:46.138,0:04:49.861 Ao contrario, hai[br]unha rede especializada de condutos 0:04:49.861,0:04:53.133 que organiza e facilita este proceso. 0:04:53.753,0:04:55.902 Podédelo ver nestes vídeos. 0:04:55.902,0:05:00.390 Aquí estamos vendo outra vez [br]o cerebro de ratos vivos. 0:05:00.424,0:05:04.367 A imaxe da esquerda amosa[br]o que sucede na superficie do cerebro, 0:05:04.406,0:05:07.840 mentres que a da dereita amosa[br]o que ocorre dentro do cerebro, 0:05:07.916,0:05:09.639 no interior do propio tecido. 0:05:09.639,0:05:11.898 Marcamos os vasos sanguíneos en vermello 0:05:11.898,0:05:15.352 e o LCR que rodea o cerebro[br]vai aparecer en verde. 0:05:15.745,0:05:20.615 O que nos sorprendeu[br]foi que o líquido do exterior do cerebro 0:05:20.796,0:05:26.988 non se mantiña no exterior,[br]senón que era bombeado 0:05:27.018,0:05:31.924 outra vez cara ao interior do cerebro[br]polo exterior dos vasos sanguíneos 0:05:31.924,0:05:36.100 e a medida que se filtraba no cerebro[br]polo exterior dos vasos 0:05:36.100,0:05:40.873 estaba axudando a desfacerse,[br]a limpar os residuos 0:05:40.873,0:05:44.199 dos espazos intercelulares do cerebro. 0:05:44.199,0:05:46.111 Se vos parades a pensalo, 0:05:46.111,0:05:49.588 empregar así o exterior [br]dos vasos sanguíneos 0:05:49.588,0:05:52.107 é unha solución de deseño moi intelixente, 0:05:52.107,0:05:56.589 dado que o cerebro está encerrado[br]nun cranio ríxido 0:05:56.652,0:06:01.475 e está repleto de células,[br]non hai espazo dentro del 0:06:01.500,0:06:05.100 para un segundo conxunto de vasos [br]coma o sistema linfático. 0:06:05.100,0:06:08.349 Mais os vasos sanguíneos[br]si se estenden desde a superficie 0:06:08.349,0:06:11.126 ata o interior para chegar [br]a todas as células do cerebro, 0:06:11.126,0:06:15.504 o que significa que o líquido[br]que circula polo exterior destes vasos 0:06:15.504,0:06:19.260 pode chegar facilmente [br]a todo o volume do cerebro, 0:06:19.260,0:06:21.444 polo que é unha maneira moi intelixente 0:06:21.444,0:06:25.209 de facer que un conxunto de vasos, [br]os vasos sanguíneos, 0:06:25.209,0:06:27.998 asuma e substitúa a función 0:06:27.998,0:06:31.181 dun segundo conxunto de vasos, [br]os vasos linfáticos, 0:06:31.181,0:06:33.592 e evite así que sexan necesarios. 0:06:33.592,0:06:35.909 E o máis impresionante é [br]que ningún outro órgano 0:06:35.909,0:06:40.520 adopta esta solución para desfacerse[br]dos residuos intercelulares. 0:06:40.630,0:06:44.780 É unha solución[br]completamente única do cerebro. 0:06:46.430,0:06:50.458 Pero o descubrimento máis sorprendente[br]foi que todo isto, 0:06:50.801,0:06:56.221 todo o que vos acabo de contar,[br]o deste líquido que percorre o cerebro 0:06:56.469,0:06:59.823 só ocorre no cerebro durmido. 0:07:00.653,0:07:04.353 Aquí, o vídeo da esquerda[br]amosa canto LCR se está a mover 0:07:04.364,0:07:07.750 polo cerebro dun rato vivo [br]que está esperto. 0:07:07.970,0:07:09.843 Practicamente nada. 0:07:09.843,0:07:14.568 Mais no mesmo animal,[br]se agardamos un pouco a que adormeza, 0:07:14.623,0:07:19.530 vemos o LCR circular polo cerebro, 0:07:19.530,0:07:23.698 e descubrimos que no mesmo momento[br]en que o cerebro comeza a durmir, 0:07:23.698,0:07:28.870 as neuronas semellan encoller,[br]abrindo espazos entre elas 0:07:28.870,0:07:33.410 e permitindo que o líquido penetre[br]e limpe os residuos. 0:07:33.930,0:07:38.434 Entón parece que Galeno,[br]en realidade, estaba no certo 0:07:38.434,0:07:41.940 cando escribía sobre un fluído[br]que percorría o cerebro 0:07:41.950,0:07:43.750 cando comezabamos a durmir. 0:07:43.750,0:07:48.772 A nosa investigación, 2000 anos despois,[br]suxire que o que sucede 0:07:48.792,0:07:53.075 é que cando o cerebro está esperto[br]e na súa máxima actividade, 0:07:53.097,0:07:57.420 adía a limpeza dos residuos[br]dos espazos intercelulares 0:07:57.480,0:08:03.068 e despois, cando durme[br]e non precisa estar tan activo 0:08:03.068,0:08:05.255 entra nunha especie de modo de limpeza 0:08:05.255,0:08:08.202 para desfacerse dos residuos[br]dos espazos intercelulares, 0:08:08.202,0:08:10.490 residuos que foron acumulándose [br]durante o día. 0:08:10.490,0:08:13.057 Polo que en realidade é un pouco coma nós, 0:08:13.057,0:08:16.175 cando atrasamos as tarefas da casa [br]durante a semana, 0:08:16.175,0:08:17.817 cando non temos tempo de facelas, 0:08:17.817,0:08:20.729 e despois poñémonos ao día[br]e facemos toda a limpeza 0:08:20.729,0:08:22.450 cando chega a fin de semana. 0:08:24.662,0:08:27.100 Ata agora falei moito [br]sobre a limpeza de residuos, 0:08:27.100,0:08:29.942 mais non fun moi específico[br]sobre os tipos de residuos 0:08:29.942,0:08:33.876 que o cerebro ten que eliminar[br]durante o sono para manterse saudábel. 0:08:34.676,0:08:37.254 O residuo en que se centraron [br]os estudos máis recentes 0:08:37.254,0:08:38.381 é a beta-amiloide, 0:08:38.381,0:08:41.438 unha proteína que se fabrica no cerebro [br]todo o tempo. 0:08:41.438,0:08:44.094 Agora mesmo o meu cerebro [br]está a producir beta-amiloide 0:08:44.094,0:08:45.134 e tamén os vosos. 0:08:45.774,0:08:49.942 Pero en pacientes con alzhéimer,[br]a beta-amiloide acumúlase 0:08:49.942,0:08:54.854 e concéntrase nos espazos entre neuronas[br]no canto de ser limpada como debería. 0:08:56.214,0:09:00.460 E esta acumulación de beta-amiloide[br]cremos que é un dos pasos chave 0:09:00.460,0:09:02.793 no desenvolvemento [br]desta terrible enfermidade. 0:09:02.873,0:09:05.534 Medimos a velocidade [br]con que a beta-amiloide 0:09:05.534,0:09:09.040 é eliminada do cerebro cando está esperto[br]e cando está a durmir, 0:09:09.040,0:09:13.198 e achamos que, efectivamente,[br]a limpeza da beta-amiloide 0:09:13.218,0:09:16.236 é moito máis rápida no cerebro [br]que está a durmir. 0:09:17.746,0:09:21.524 Polo tanto, se o sono é parte da solución [br]que ten o cerebro 0:09:21.524,0:09:23.714 para o problema da limpeza de residuos, 0:09:23.714,0:09:27.032 entón pode mudar drasticamente[br]a forma de pensarmos a relación 0:09:27.032,0:09:30.793 entre o sono, a beta-amiloide [br]e a enfermidade de alzhéimer. 0:09:31.313,0:09:34.359 Algúns estudos clínicos recentes suxiren 0:09:34.359,0:09:37.730 que entre pacientes [br]que aínda non desenvolveron alzhéimer, 0:09:38.274,0:09:41.174 o empeoramento da calidade [br]e da duración do sono 0:09:41.244,0:09:45.140 están asociadas a unha maior cantidade[br]de beta-amiloide no cerebro. 0:09:46.250,0:09:51.200 Porén, cómpre sinalar que estes estudos[br]non demostran que a falta de sono 0:09:51.200,0:09:53.916 ou o sono escaso [br]provoquen a enfermidade de alzhéimer, 0:09:53.916,0:09:57.043 pero si suxiren [br]que a dificultade do cerebro 0:09:57.043,0:10:01.055 para manter a súa casa limpa[br]eliminando residuos coma a beta-amiloide 0:10:01.055,0:10:05.341 pode contribuír ao desenvolvemento[br]de doenzas como o alzhéimer. 0:10:05.341,0:10:08.720 Entón, o que esta nova investigación di 0:10:08.720,0:10:12.915 é que o que todos vós xa sabiades[br]sobre o sono, 0:10:12.935,0:10:17.670 o que incluso Galeno xa sabía,[br]que refresca e despexa a mente, 0:10:18.080,0:10:21.564 pode ser unha parte importante[br]da función do sono. 0:10:21.994,0:10:25.412 Mirade, vós e mais eu [br]durmimos todas as noites 0:10:25.412,0:10:27.983 mais os nosos cerebros nunca descansan. 0:10:28.513,0:10:33.086 Mentres o noso corpo está parado[br]e a nosa mente vaga por aí en soños, 0:10:33.086,0:10:37.281 a elegante maquinaria do cerebro[br]está en silencio traballando duro 0:10:37.324,0:10:41.180 limpando e mantendo esta máquina[br]incribelmente complexa. 0:10:42.331,0:10:45.266 Igual que as tarefas de casa,[br]é un labor sucio e ingrato 0:10:45.266,0:10:47.615 pero tamén importante. 0:10:47.930,0:10:51.070 Na casa, se estamos sen limpar a cociña 0:10:51.070,0:10:52.263 durante un mes 0:10:52.843,0:10:56.091 o fogar convértese rapidamente [br]nun lugar no que é imposíbel vivir. 0:10:57.081,0:10:59.868 Pero no cerebro, as consecuencias [br]de atrasarse na limpeza 0:10:59.868,0:11:04.076 poden ser moito máis graves [br]que a vergoña de ter os mesados sucios, 0:11:04.722,0:11:06.734 porque cando se trata de limpar o cerebro, 0:11:06.734,0:11:11.394 son a saúde e a función da mente[br]e do corpo as que están en xogo; 0:11:12.394,0:11:13.869 e por iso comprender hoxe 0:11:13.869,0:11:18.150 estas funcións básicas [br]de mantemento do cerebro 0:11:18.690,0:11:23.902 pode ser crucial para previr e tratar[br]doenzas da mente o día de mañá. 0:11:24.392,0:11:25.583 Grazas. 0:11:25.583,0:11:27.908 (Aplauso)