1 00:00:00,960 --> 00:00:05,496 Estou aquí hoxe para falarlles dunha pequena e poderosa palabra, 2 00:00:05,520 --> 00:00:08,055 unha palabra que a xente quere ver lonxe de si 3 00:00:08,080 --> 00:00:09,360 a toda custa. 4 00:00:10,280 --> 00:00:12,536 Industrias millonarias prosperan 5 00:00:12,560 --> 00:00:14,336 a causa do medo a esta palabra, 6 00:00:14,360 --> 00:00:17,536 e aqueles de nós que innegablemente o somos 7 00:00:17,560 --> 00:00:20,036 quedamos relegados a navegar en implacable treboada 8 00:00:20,036 --> 00:00:21,120 arredor dela. 9 00:00:22,120 --> 00:00:24,856 Non sei se o notarades, 10 00:00:24,880 --> 00:00:26,240 pero estou gorda. 11 00:00:27,600 --> 00:00:30,576 Non do tipo leve, do que xera murmurios, 12 00:00:30,600 --> 00:00:33,976 ou do aparentemente inofensivo rechoncho. 13 00:00:34,000 --> 00:00:38,600 Nin sequera son do sofisticado tipo voluptuoso ou con curvas. 14 00:00:39,720 --> 00:00:41,696 Non adornemos isto. 15 00:00:41,720 --> 00:00:45,576 Son G-O-R-D-A con maiúsculas. 16 00:00:45,600 --> 00:00:48,510 Son o gran tema tabú desta sala. 17 00:00:50,040 --> 00:00:51,576 Cando saín ao escenario, 18 00:00:51,600 --> 00:00:53,296 moitos de vós seguro que pensastes, 19 00:00:53,320 --> 00:00:55,646 "Oh, isto vai ser moi gracioso, 20 00:00:55,660 --> 00:00:58,376 porque todo o mundo sabe que a xente gorda é graciosa." 21 00:00:58,400 --> 00:00:59,516 (Risas) 22 00:01:00,440 --> 00:01:04,575 Quizais tamén pensastes, "De onde saca esa seguridade?" 23 00:01:04,599 --> 00:01:07,920 Porque a idea dunha muller gorda segura de si mesma é case impensable. 24 00:01:08,760 --> 00:01:11,016 Os membros do público que estean ao día en moda 25 00:01:11,040 --> 00:01:13,696 poderían pensar o fabulosa que estou 26 00:01:13,720 --> 00:01:15,296 neste vestido de Beth Ditto 27 00:01:15,320 --> 00:01:16,536 (Aclamacións) 28 00:01:16,560 --> 00:01:18,456 Moitas grazas. 29 00:01:18,480 --> 00:01:20,376 Mentres que algúns poderían pensar, 30 00:01:20,400 --> 00:01:23,056 "Mmm, a cor negra estiliza máis". 31 00:01:23,080 --> 00:01:24,076 (Risas) 32 00:01:24,360 --> 00:01:26,856 De seguro tamén pensastes, conscientemente ou non, 33 00:01:26,880 --> 00:01:29,816 se teño diabetes, ou parella, 34 00:01:29,840 --> 00:01:32,246 ou se tomo carbohidratos pasadas as sete da tarde. 35 00:01:32,246 --> 00:01:33,336 (Risas) 36 00:01:33,360 --> 00:01:37,296 Quizais vos preocupastes por onte tomardes carbohidratos pasadas as 7 da tarde 37 00:01:37,320 --> 00:01:40,040 e porque deberiades renovar o abono do ximnasio. 38 00:01:41,320 --> 00:01:43,576 Eses xuízos son daniños. 39 00:01:43,600 --> 00:01:46,176 Poden dirixirse a individuos e a grupos, 40 00:01:46,200 --> 00:01:48,760 e tamén poden dirixirse contra nós mesmos. 41 00:01:49,360 --> 00:01:52,560 E este xeito de pensar coñécese como gordofobia. 42 00:01:53,800 --> 00:01:56,216 Coma calquera outra forma de opresión sistemática, 43 00:01:56,240 --> 00:01:59,896 a gordofobia está fondamente enraizada en estruturas complexas 44 00:01:59,920 --> 00:02:03,976 como o capitalismo, o patriarcado ou o racismo, 45 00:02:04,000 --> 00:02:06,776 e iso pode facer difícil o identificala, 46 00:02:06,800 --> 00:02:08,180 por non dicir que é un reto. 47 00:02:09,000 --> 00:02:10,256 Vivimos nunha cultura 48 00:02:10,280 --> 00:02:15,256 onde o ser gordo se identifica con ser unha mala persoa 49 00:02:15,280 --> 00:02:19,096 preguiceira, agarrada, con mala saúde, irresponsable 50 00:02:19,120 --> 00:02:20,600 e de dubidosa moral. 51 00:02:21,440 --> 00:02:23,016 E tendemos a ver a delgadeza 52 00:02:23,040 --> 00:02:25,240 como algo xeralmente bo, 53 00:02:26,040 --> 00:02:28,056 responsable, exitoso, 54 00:02:28,080 --> 00:02:31,440 e co apetito, corpo e vidas baixo control. 55 00:02:32,240 --> 00:02:34,576 Vemos estas ideas unha e outra vez 56 00:02:34,600 --> 00:02:37,536 nos medios de comunicación, nas políticas de saúde pública, 57 00:02:37,560 --> 00:02:39,176 nas consultas médicas, 58 00:02:39,200 --> 00:02:41,376 nas conversas do día a día 59 00:02:41,400 --> 00:02:43,080 e mesmo nas nosas actitudes. 60 00:02:43,880 --> 00:02:46,856 Ás veces incluso culpamos á xente gorda 61 00:02:46,880 --> 00:02:48,456 pola discriminación que sofren 62 00:02:48,480 --> 00:02:53,176 porque, ao remate, se non nos gusta, tan só deberiamos perder peso. 63 00:02:53,200 --> 00:02:54,440 Sinxelo. 64 00:02:55,360 --> 00:02:59,856 Esta tendencia antigordura volveuse tan integral e arraigada 65 00:02:59,880 --> 00:03:02,416 con respecto a como nos valoramos a nós e aos demais 66 00:03:02,440 --> 00:03:08,176 que raramente nos cuestionamos a causa deste desprezo pola xente con sobrepeso 67 00:03:08,200 --> 00:03:10,040 e de onde procede este desdén. 68 00:03:10,960 --> 00:03:12,896 Mais deberiamos cuestionalo, 69 00:03:12,920 --> 00:03:16,096 porque o enorme valor que lle damos á aparencia 70 00:03:16,120 --> 00:03:18,240 aféctanos a cada un de nós. 71 00:03:19,000 --> 00:03:21,536 E queremos vivir realmente nunha sociedade 72 00:03:21,560 --> 00:03:24,496 onde se lle nega á xente a súa humanidade básica 73 00:03:24,520 --> 00:03:28,480 se non se axeita a unha forma arbitraria do aceptable? 74 00:03:30,200 --> 00:03:31,936 Cando tiña seis anos, 75 00:03:31,960 --> 00:03:36,496 miña irmá dáballes clases de ballet a un grupo de nenas no noso garaxe. 76 00:03:36,520 --> 00:03:39,720 Eu era uns 30 cm máis alta e ancha ca a maioría. 77 00:03:40,400 --> 00:03:42,536 Cando fixemos a nosa primeira actuación, 78 00:03:42,560 --> 00:03:47,176 eu estaba moi emocionada por vestir un fermoso tutú rosa. 79 00:03:47,200 --> 00:03:49,720 Ía brillar. 80 00:03:50,800 --> 00:03:54,936 Mentres que o resto de nenas entraban facilmente nos seus traxes de licra e tul, 81 00:03:54,960 --> 00:03:57,840 ningún dos tutús era abondo grande para que me servira. 82 00:03:58,720 --> 00:04:02,856 Estaba decidida a que non me excluísen da actuación, 83 00:04:02,880 --> 00:04:05,696 así que me virei cara a miña nai 84 00:04:05,720 --> 00:04:08,656 e díxenlle alto abondo para que todos escoitasen 85 00:04:08,680 --> 00:04:12,296 "Mamá, non preciso tutú (soa como 'twotwo' [dous-dous]) 86 00:04:12,320 --> 00:04:14,576 preciso un 'fourfour' (en inglés catro-catro)" 87 00:04:14,580 --> 00:04:15,720 (Risas) 88 00:04:17,760 --> 00:04:18,976 Grazas, mamá. 89 00:04:19,000 --> 00:04:20,936 (Aplausos) 90 00:04:22,560 --> 00:04:24,976 Aínda que non me decatei nese momento, 91 00:04:25,000 --> 00:04:28,256 reclamar o meu espazo nese glorioso 'fourfour' 92 00:04:28,280 --> 00:04:33,160 foi o primeiro paso para converterme nunha activista radical da gordura. 93 00:04:34,080 --> 00:04:36,696 Ollo, non digo que toda esta cuestión de amor ao corpo 94 00:04:36,720 --> 00:04:40,976 fora un paso sinxelo ao longo dun brillante camiño de autoaceptación 95 00:04:41,000 --> 00:04:42,896 dende aquel día na clase. 96 00:04:42,920 --> 00:04:44,120 Nada diso. 97 00:04:44,760 --> 00:04:48,936 Axiña aprendín que vivir fóra do que se adoita considerar normal 98 00:04:48,960 --> 00:04:51,800 pode resultar frustrante e solitario. 99 00:04:52,640 --> 00:04:57,336 Pasei os últimos 20 anos desfacendo e desprogramando esas mensaxes, 100 00:04:57,360 --> 00:05:00,080 e foi algo así coma unha montaña rusa. 101 00:05:00,880 --> 00:05:04,896 Ríronseme na cara, insultáronme desde coches que pasaban 102 00:05:04,920 --> 00:05:06,560 e chamáronme tola. 103 00:05:07,400 --> 00:05:09,856 Tamén recibo sorrisos de estraños 104 00:05:09,880 --> 00:05:12,696 que recoñecen o que se precisa para andar pola rúa 105 00:05:12,720 --> 00:05:15,296 con confianza no andar e a cabeza alta. 106 00:05:15,320 --> 00:05:16,656 (Aclamacións) 107 00:05:16,680 --> 00:05:18,016 Grazas. 108 00:05:18,040 --> 00:05:22,096 E a través de todo iso, aquela forte nena de seis anos ficou comigo, 109 00:05:22,120 --> 00:05:24,976 e axudoume a me presentar ante vós hoxe 110 00:05:25,000 --> 00:05:28,016 como unha muller gorda sen complexos, 111 00:05:28,040 --> 00:05:31,136 unha persoa que simplemente se negou a ser unha subordinada 112 00:05:31,160 --> 00:05:32,576 da narrativa dominante 113 00:05:32,600 --> 00:05:36,296 acerca de como debo moverme polo mundo co meu corpo. 114 00:05:36,320 --> 00:05:38,700 (Aplausos) 115 00:05:44,240 --> 00:05:45,520 E non estou soa. 116 00:05:46,440 --> 00:05:49,576 Son parte dunha comunidade internacional de persoas 117 00:05:49,600 --> 00:05:52,216 que escolleron, no canto de aceptar con pasividade 118 00:05:52,240 --> 00:05:56,176 que os nosos corpos son e probablemente serán sempre grandes, 119 00:05:56,200 --> 00:06:00,520 que escollemos activamente florecer nestes corpos tal e como son hoxe. 120 00:06:01,280 --> 00:06:05,056 Persoas que respectan a nosa fortaleza e traballan con, e non contra, 121 00:06:05,080 --> 00:06:07,456 as nosas limitacións percibidas, 122 00:06:07,480 --> 00:06:09,296 persoas que valoran a saúde 123 00:06:09,320 --> 00:06:11,776 como algo máis global 124 00:06:11,800 --> 00:06:14,976 ca unha cifra nun anticuada táboa de índice de masa corporal. 125 00:06:15,000 --> 00:06:21,096 No canto, valoramos a autoestima, a saúde mental, e como nos sentimos no noso corpo 126 00:06:21,120 --> 00:06:24,600 como aspectos vitais do noso benestar xeral. 127 00:06:25,560 --> 00:06:28,776 Persoas que se negan a crer que vivir nestes corpos 128 00:06:28,800 --> 00:06:32,640 sexa, realmente, unha barreira para nada. 129 00:06:33,400 --> 00:06:36,656 Existen doutores, estudosos e blogueiros 130 00:06:36,680 --> 00:06:38,856 que escribiron incontables libros 131 00:06:38,880 --> 00:06:42,040 sobre as moitas facetas deste complexo tema. 132 00:06:42,720 --> 00:06:47,616 Hai seguidoras da moda que recuperaron os seus corpos e beleza 133 00:06:47,640 --> 00:06:50,576 vestindo bikinis de tallas grandes e tops curtos, 134 00:06:50,600 --> 00:06:53,520 amosando a carne que lles ensinaran a agochar. 135 00:06:54,200 --> 00:06:55,776 Hai atletas gordas 136 00:06:55,800 --> 00:06:59,776 que corren maratóns, ensinan ioga ou practican kickboxing, 137 00:06:59,800 --> 00:07:04,560 e fano co dedo maior alzado con forza contra o statu quo. 138 00:07:05,560 --> 00:07:09,056 Todas elas ensináronme que a política radical no que a corpos respecta 139 00:07:09,080 --> 00:07:12,360 é o antídoto para esta cultura do odio ao corpo. 140 00:07:13,760 --> 00:07:18,456 Unha aclaración: non digo que a xente non deba cambiar os seus corpos 141 00:07:18,480 --> 00:07:19,960 se é o que quere facer. 142 00:07:20,600 --> 00:07:24,576 Recuperarse a si mesmo pode ser un dos máis fermosos actos de amor a un propio 143 00:07:24,600 --> 00:07:27,200 e pode materializarse nun millón de cousas distintas, 144 00:07:27,920 --> 00:07:31,696 desde peiteados ata tatuaxes, modelado corporal, 145 00:07:31,720 --> 00:07:34,800 hormonas, cirurxía e si, incluso perder peso. 146 00:07:35,320 --> 00:07:37,616 Así de sinxelo: é o teu corpo, 147 00:07:37,640 --> 00:07:40,080 e ti decides o que é mellor para el. 148 00:07:40,920 --> 00:07:43,816 O meu xeito de participar no activismo 149 00:07:43,840 --> 00:07:46,936 é facer todo iso que non se espera que fagamos os gordiños 150 00:07:46,960 --> 00:07:48,496 e hai unha chea de cousas, 151 00:07:48,520 --> 00:07:52,720 e invitar a outra xente a unirse a min e facer arte sobre iso. 152 00:07:53,720 --> 00:07:55,776 O fío que une a maior parte deste traballo 153 00:07:55,800 --> 00:08:00,456 foi recuperar os espazos que normalmente lles están prohibidos aos corpos grandes, 154 00:08:00,480 --> 00:08:03,416 desde pasarelas ata espectáculos en clubs, 155 00:08:03,440 --> 00:08:07,000 desde piscinas públicas a pistas de baile. 156 00:08:08,280 --> 00:08:13,416 E esta recuperación en masa non é só unha poderosa declaración artística 157 00:08:13,440 --> 00:08:16,110 senón un enfoque radical na construción dunha comunidade. 158 00:08:17,120 --> 00:08:19,936 Isto foi así en "AQUAPORKO!" 159 00:08:19,960 --> 00:08:21,246 (Risas) 160 00:08:21,920 --> 00:08:24,536 o equipo de natación sincronizada de gordas 161 00:08:24,560 --> 00:08:27,000 que creei cun grupo de amigas en Sydney. 162 00:08:28,400 --> 00:08:31,776 O impacto de ver un grupo de gordas atrevidas 163 00:08:31,800 --> 00:08:34,015 con floridos gorros e traxes de baño 164 00:08:34,039 --> 00:08:36,856 erguendo as súas pernas no aire sen preocupación ningunha 165 00:08:36,880 --> 00:08:39,000 non debería subestimarse. 166 00:08:41,400 --> 00:08:43,640 (Risas) 167 00:08:44,440 --> 00:08:50,016 Ao longo da miña carreira, aprendín que os corpos gordos son por natureza políticos, 168 00:08:50,040 --> 00:08:52,136 e que os corpos gordos sen complexos 169 00:08:52,160 --> 00:08:55,040 poden sorprender ás persoas. 170 00:08:56,360 --> 00:08:58,736 Cando a directora Kate Champion, 171 00:08:58,760 --> 00:09:01,736 da aclamada compañía teatral Force Majeure, 172 00:09:01,760 --> 00:09:04,216 me pediu que fose a súa socia artística 173 00:09:04,240 --> 00:09:07,536 nunha obra en que todos os bailaríns estaban gordos 174 00:09:07,560 --> 00:09:10,680 literalmente saltei sobre a ocasión. 175 00:09:11,640 --> 00:09:13,200 E digo "literalmente". 176 00:09:14,720 --> 00:09:18,896 "Nada que perder" é unha obra en que colaboran bailaríns con sobrepeso, 177 00:09:18,920 --> 00:09:21,496 que a partir das súas experiencias 178 00:09:21,520 --> 00:09:26,056 crearon unha obra tan variada e auténtica como o somos nós. 179 00:09:26,080 --> 00:09:29,320 E estaba o máis lonxe do ballet que poidades imaxinar. 180 00:09:30,120 --> 00:09:34,820 Xa a propia idea dunha obra de danza de gordos feita por unha compañía 181 00:09:34,820 --> 00:09:39,056 tan prestixiosa era, por dicilo con suavidade, controvertida. 182 00:09:39,080 --> 00:09:44,096 Porque nunca antes se fixera algo así en escenarios de baile convencionais 183 00:09:44,120 --> 00:09:45,960 en ningunha parte do mundo. 184 00:09:47,200 --> 00:09:48,960 A xente mostrouse escéptica. 185 00:09:49,800 --> 00:09:53,376 "Que significa 'bailaríns gordos'? 186 00:09:53,400 --> 00:09:57,800 Coma de talla 38 ou 40? 187 00:09:58,840 --> 00:10:01,896 Onde ensaiaron os bailes? 188 00:10:01,920 --> 00:10:05,480 Van ter resistencia abonda para unha produción completa?" 189 00:10:06,760 --> 00:10:08,696 Mais a pesar do escepticismo, 190 00:10:08,720 --> 00:10:12,816 "Nada que perder" converteuse nun éxito de público no Festival de Sydney. 191 00:10:12,840 --> 00:10:15,176 Recibimos eloxios da crítica, viaxamos, 192 00:10:15,200 --> 00:10:19,736 gañamos premios e escribiron sobre nós en máis de 27 idiomas. 193 00:10:19,760 --> 00:10:24,200 Estas sensacionais imaxes do noso elenco víronse en todo o mundo. 194 00:10:25,440 --> 00:10:29,976 Perdín a conta das veces que persoas de todas as tallas 195 00:10:30,000 --> 00:10:33,096 me dixeron que a obra lles cambiou as vidas, 196 00:10:33,120 --> 00:10:35,136 ou como lles axudou a mudar a súa relación 197 00:10:35,160 --> 00:10:37,496 cos seus corpos e cos corpos dos demais, 198 00:10:37,520 --> 00:10:40,280 e como lles fixo enfrontar os seus propios prexuízos. 199 00:10:41,440 --> 00:10:44,776 Non obstante, e como é de supoñer, unha obra de tal calado emocional 200 00:10:44,800 --> 00:10:47,000 tamén ten detractores. 201 00:10:47,960 --> 00:10:51,296 Dixéronme que estou tratando de enxalzar a obesidade. 202 00:10:51,320 --> 00:10:53,816 Recibín violentas amenazas de morte 203 00:10:53,840 --> 00:10:59,296 e fun insultada por ousar facer unha obra centrada nos corpos e vidas dos gordos 204 00:10:59,320 --> 00:11:04,840 e que nos tratara coma seres humanos con historias valiosas que contar. 205 00:11:06,040 --> 00:11:07,616 Incluso chegaron a chamarme 206 00:11:07,640 --> 00:11:10,576 "a ISIS da epidemia da obesidade" 207 00:11:10,600 --> 00:11:11,896 (Risas) 208 00:11:12,320 --> 00:11:14,880 Un comentario tan absurdo que aínda resulta gracioso. 209 00:11:16,000 --> 00:11:18,776 Pero que tamén fala do pánico, 210 00:11:18,800 --> 00:11:20,776 do terror literal, 211 00:11:20,800 --> 00:11:22,880 que o medo á gordura pode xerar. 212 00:11:23,600 --> 00:11:26,976 É precisamente este medo o que alimenta a industria dietética, 213 00:11:27,000 --> 00:11:31,776 o que nos impide a moitos de nós vivir en paz cos nosos corpos, 214 00:11:31,800 --> 00:11:34,096 esperando ser a foto do "despois" 215 00:11:34,120 --> 00:11:37,376 antes sequera de comezar a vivir realmente as nosas vidas. 216 00:11:37,400 --> 00:11:41,200 Porque o único gran tema tabú aquí é a gordofobia. 217 00:11:42,480 --> 00:11:46,536 O activismo gordo négase a aceptar este medo. 218 00:11:46,560 --> 00:11:50,856 Ao abogar pola autodeterminación e o respecto por todos nós, 219 00:11:50,880 --> 00:11:54,816 podemos cambiar o rexeitamento da sociedade para acoller a diversidade 220 00:11:54,840 --> 00:11:59,840 e comezar así a celebrar os mil xeitos que hai de ter un corpo. 221 00:12:00,480 --> 00:12:01,736 Grazas. 222 00:12:01,760 --> 00:12:05,046 (Aplausos)