Durante séculos debateuse a natureza do Sol mais hoxe sabemos que é só unha estrela igual a tantas outras que vemos no ceo. Até 1995 mantivo un estatuto ben especial: era a única estrela acompañada de planetas. Nesta data, os astrónomos detectaron sinais do primeiro planeta fóra do Sistema Solar, a 50 anos luz, orbitando a estrela 51 de Pegasus. Desde entón foron descubertos máis de 300 planetas extrasolares e estímase que o 10% das estrelas, coma o Sol, estarán orbitadas por planetas pequenos e a unha confortábel distancia da súa estrela que permita a existencia de auga líquida e... quen sabe se vida!