0:00:01.033,0:00:03.177 Gustaríame amosarlles un vídeo[br]dalgúns modelos 0:00:03.177,0:00:04.367 cos que traballo. 0:00:04.477,0:00:07.885 Teñen un tamaño perfecto [br]e nin un ápice de graxa. 0:00:09.135,0:00:10.623 Mencionei que son fermosos? 0:00:10.623,0:00:13.683 E que son modelos científicos? (Risas) 0:00:13.683,0:00:16.026 Como imaxinan, son enxeñeira de tecidos 0:00:16.026,0:00:19.125 e este é un vídeo dos corazóns con latexo 0:00:19.125,0:00:20.571 que deseñei no laboratorio. 0:00:20.691,0:00:22.573 Esperamos que no futuro estes tecidos 0:00:22.573,0:00:25.367 poidan substituír partes do corpo humano. 0:00:25.517,0:00:27.797 Pero hoxe vou falar 0:00:27.797,0:00:31.334 do bos que son estes tecidos como modelo. 0:00:32.634,0:00:34.971 Pensemos no proceso [br]de aprobación dun fármaco. 0:00:34.971,0:00:37.949 Formulación, probas de laboratorio, [br]probas en animais, 0:00:37.949,0:00:40.452 ensaios clínicos, que chamaríamos[br]probas en humanos, 0:00:40.452,0:00:42.487 antes de que o fármaco chegue ó mercado. 0:00:42.697,0:00:45.860 Isto custa moitos cartos e tempo, 0:00:45.860,0:00:48.670 e cando se pon á venda 0:00:48.670,0:00:52.025 pode provocar efectos secundarios[br]e danar á xente. 0:00:52.655,0:00:56.692 E canto máis tarde falle,[br]peores serán as consecuencias. 0:00:57.462,0:01:01.306 Resúmese todo en dous temas:[br]Un: os humanos non somos ratas, 0:01:01.436,0:01:04.964 e dous: malia as nosas [br]incribles semellanzas, 0:01:04.964,0:01:07.135 as pequenas diferenzas entre nós 0:01:07.135,0:01:10.264 teñen un forte impacto no xeito[br]en que metabolizamos fármacos 0:01:10.264,0:01:11.893 e en como nos afectan os fármacos. 0:01:11.893,0:01:14.705 Pero, e se tivésemos mellores modelos 0:01:14.705,0:01:17.965 que nos imitasen mellor cás ratas 0:01:17.965,0:01:20.415 e ademais reflectisen a nosa diversidade? 0:01:22.215,0:01:24.602 Vexamos como facelo [br]coa enxeñería de tecidos. 0:01:25.942,0:01:28.441 Unha das tecnoloxías clave son 0:01:28.441,0:01:31.413 as células nai pluripotentes inducidas. 0:01:31.413,0:01:33.811 Desenvolvéronse no Xapón hai pouco. 0:01:34.071,0:01:36.418 Estas células parécense moito 0:01:36.418,0:01:38.531 ás células nai embrionarias 0:01:38.531,0:01:40.368 pero non xeran polémica. 0:01:40.598,0:01:43.647 Por exemplo, inducimos células da pel 0:01:43.647,0:01:46.154 engadíndolles algúns xenes, cultivámolas 0:01:46.154,0:01:47.595 e recollémolas. 0:01:47.775,0:01:50.482 Estas células pódense levar 0:01:50.482,0:01:53.326 a un estado de amnesia celular, [br]un estado embrionario. 0:01:53.456,0:01:55.978 É xenial que non xeren polémica 0:01:55.978,0:01:59.247 e que se poida obter [br]todo tipo de tecidos con elas: 0:01:59.247,0:02:01.722 cerebro, corazón, fígado...[br]xa se fan unha idea 0:02:01.722,0:02:03.325 pero a partir de células propias. 0:02:03.605,0:02:07.170 Así que podemos facer un modelo [br]do corazón ou do cerebro propios 0:02:07.170,0:02:08.882 nun chip. 0:02:10.032,0:02:14.158 Xerar tecidos de densidade e comportamento[br]predicible é o segundo elemento 0:02:14.158,0:02:15.420 e será clave 0:02:15.420,0:02:18.232 para que o descubrimento de fármacos[br]adopte estes modelos. 0:02:18.232,0:02:21.274 Este é un esquema dun biorreactor que [br]estamos a desenvolver 0:02:21.274,0:02:24.782 para deseñar tecidos dunha maneira[br]modular e escalable. 0:02:25.502,0:02:28.231 Imaxinemos unha versión a grande escala 0:02:28.231,0:02:30.968 con miles de fragmentos de tecido humano. 0:02:30.968,0:02:33.526 Sería como facer un ensaio clínico[br]nun chip. 0:02:34.966,0:02:38.391 Outra cousa sobre estas células nai[br]pluripotentes inducidas 0:02:38.391,0:02:41.010 é que, se collemos células da pel, 0:02:41.010,0:02:43.026 de xente cunha enfermidade xenética 0:02:43.026,0:02:45.282 e xeramos un tecido a partir delas, 0:02:45.282,0:02:47.600 poderiamos usar técnicas de [br]enxeñería de tecidos 0:02:47.600,0:02:50.271 para xerar modelos desa enfermidade. 0:02:51.261,0:02:54.065 Este é un exemplo do laboratorio de[br]Kevin Eggan en Harvard. 0:02:54.235,0:02:56.465 El xerou neuronas 0:02:56.685,0:02:59.240 a partir destas células nai 0:02:59.240,0:03:01.869 de pacientes con esclerose [br]lateral amiotrófica, 0:03:01.869,0:03:03.612 e diferenciounas a neuronas, 0:03:03.612,0:03:07.094 a sorpresa é que as neuronas amosaban[br]síntomas da enfermidade. 0:03:07.514,0:03:11.093 Con modelos coma este,[br]podemos loitar máis rápido 0:03:11.093,0:03:13.365 e entender mellor a enfermidade 0:03:13.365,0:03:15.788 e quizais, atopar fármacos máis axiña. 0:03:16.518,0:03:19.738 Este é outro exemplo de [br]células nai dun paciente 0:03:19.738,0:03:23.497 que se deseñaron a partir de alguén [br]con retinose pigmentaria. 0:03:23.497,0:03:25.201 É unha dexeneración da retina. 0:03:25.201,0:03:27.118 Unha enfermidade[br]presente na miña familia 0:03:27.118,0:03:30.192 e esperamos que células coma estas[br]nos axuden a atopar unha cura. 0:03:30.422,0:03:33.040 Algúns pensan que estes modelos [br]apuntan posibilidades, 0:03:33.040,0:03:36.071 pero preguntan, "son tan bos como a rata?" 0:03:37.121,0:03:39.469 A rata é un organismo completo, 0:03:39.469,0:03:41.175 con redes interactivas de órganos. 0:03:41.175,0:03:45.096 Un fármaco para o corazón pode [br]metabolizarse no fígado 0:03:45.096,0:03:48.046 e algúns dos bioprodutos poden[br]almacenarse na graxa. 0:03:48.266,0:03:51.603 Non botas en falta todo iso nos modelos[br]de enxeñería de tecidos? 0:03:52.463,0:03:54.707 Isto é outra tendencia nesta área. 0:03:54.987,0:03:57.444 Combinando a enxeñería de tecidos[br]coa microfluídica, 0:03:57.444,0:03:59.308 o campo evoluciona 0:03:59.308,0:04:02.064 a un modelo completo do corpo, 0:04:02.064,0:04:04.544 con múltiples sistemas de órganos, [br]onde comprobar 0:04:04.544,0:04:06.670 como un fármaco para a presión sanguínea 0:04:06.670,0:04:09.234 lle afecta ó fígado, [br]ou un antidepresivo ó corazón. 0:04:09.384,0:04:11.486 Estes sistemas son difíciles [br]de construír, 0:04:11.486,0:04:15.970 pero estamos comezando a facelo,[br]así que estean atentos. 0:04:16.870,0:04:19.392 Isto non é todo, xa que unha vez[br]aprobado un fármaco, 0:04:19.392,0:04:23.144 a enxeñería de tecidos pode axudarnos [br]a xerar tratamentos personalizados. 0:04:23.284,0:04:26.816 Este exemplo podería interesarlles[br]algún día, 0:04:26.816,0:04:28.626 aínda que espero que non, 0:04:28.936,0:04:31.456 xa que, imaxinen que un día [br]reciben unha chamada, 0:04:31.456,0:04:34.554 que lles dá a mala noticia [br]de que teñen cancro. 0:04:35.004,0:04:38.030 Non probarían primeiro se os fármacos [br]que van tomar 0:04:38.030,0:04:39.720 funcionan contra o seu cancro? 0:04:40.110,0:04:42.362 Este é un exemplo do laboratorio [br]de Karen Burg, 0:04:42.362,0:04:45.488 onde empregan células [br]de cancro de mama impresas 0:04:45.488,0:04:47.689 para estudar [br]a súa progresión e tratamento. 0:04:48.009,0:04:51.152 Algúns dos nosos compañeiros en Tufts[br]mesturan modelos coma este 0:04:51.152,0:04:54.210 con ósos creados por enxeñería de tecidos [br]para ver como o cancro 0:04:54.210,0:04:56.160 podería estenderse polo corpo, 0:04:56.210,0:04:58.504 e poden imaxinar este tipo [br]de chips multitecido 0:04:58.504,0:05:01.139 como a próxima xeración [br]deste tipo de estudos. 0:05:01.669,0:05:03.911 Pensando nos modelos [br]que acabamos de comentar, 0:05:03.911,0:05:05.824 nun futuro, a enxeñería de tecidos 0:05:05.824,0:05:08.510 pode revolucionar o descubrimento[br]de fármacos 0:05:08.510,0:05:11.138 en cada paso do proceso: 0:05:11.138,0:05:13.632 modelos de enfermidades que[br]melloren a formulación, 0:05:13.632,0:05:17.503 modelos de tecido humano que revolucionen[br]as probas de laboratorio, 0:05:17.503,0:05:21.518 reducir as probas en animais [br]e humanos en ensaios clínicos 0:05:22.008,0:05:23.300 e terapias individualizadas 0:05:23.300,0:05:26.268 que revolucionarán o mercado. 0:05:27.008,0:05:29.862 En esencia, estamos a acelerar [br]a retroalimentación 0:05:29.862,0:05:31.525 entre a xeración dunha molécula 0:05:31.525,0:05:33.934 e a aprendizaxe de como actúa [br]no corpo humano. 0:05:34.124,0:05:37.562 O proceso para facer isto é [br]transformar a biotecnoloxía 0:05:37.562,0:05:41.413 e a farmacoloxía nunha tecnoloxía [br]da información, 0:05:41.413,0:05:44.392 axudándonos a achar e avaliar fármacos[br]de maneira máis rápida, 0:05:44.392,0:05:47.298 barata e efectiva. 0:05:47.608,0:05:51.248 Dálle un novo significado ós modelos[br]contra a experimentación animal, non é? 0:05:51.948,0:05:55.443 Grazas. (Aplausos)