WEBVTT 00:00:00.777 --> 00:00:04.337 Hai pouco, o equipo de liderado dunha cadea de supermercados dos EEUU 00:00:04.361 --> 00:00:07.817 decidiu que había que mellorar a eficiencia da empresa. 00:00:07.841 --> 00:00:11.696 Así que se apuntaron entusiasmados á súa transformación dixital. 00:00:12.174 --> 00:00:16.122 Suprimiron os equipos de supervisión de carne, verduras e panadaría 00:00:16.146 --> 00:00:20.302 e introduciron un algoritmo para asignar tarefas. 00:00:20.914 --> 00:00:23.017 Ben, no canto de a xente, traballaren xunta 00:00:23.041 --> 00:00:27.282 cada empregado fichaba ao chegar, asignábaselle unha tarefa, realizábaa, 00:00:27.306 --> 00:00:28.884 e volvía por máis. 00:00:29.429 --> 00:00:33.156 Era xestión científica en grao sumo, 00:00:33.180 --> 00:00:35.262 á hora de estandarizar e asignar traballo. 00:00:35.580 --> 00:00:37.670 Era supereficiente. NOTE Paragraph 00:00:38.750 --> 00:00:40.116 Ou non de todo, 00:00:41.351 --> 00:00:43.677 dado que o asignador de tarefas non sabía 00:00:43.701 --> 00:00:46.623 cando a un cliente lle ía caer unha caixa de ovos, 00:00:46.647 --> 00:00:50.496 non podía prever cando un neno revoltoso ía entornar un expositor, 00:00:50.520 --> 00:00:52.436 ou cando o instituto do barrio decidía 00:00:52.460 --> 00:00:55.095 que todo o mundo tiña que vir cun coco ao día seguinte. NOTE Paragraph 00:00:55.119 --> 00:00:56.119 (Risas) NOTE Paragraph 00:00:56.143 --> 00:00:58.280 A eficiencia vai moi ben 00:00:58.304 --> 00:01:01.343 cando podes prever con precisión que vas necesitar. 00:01:01.815 --> 00:01:05.091 Pero cando xorde o anómalo ou o inesperado 00:01:05.115 --> 00:01:07.447 --nenos, clientes, cocos-- 00:01:07.471 --> 00:01:10.344 ben, entón a eficiencia xa non está do teu lado. NOTE Paragraph 00:01:12.074 --> 00:01:14.191 Isto volveuse unha cuestión esencial, 00:01:14.215 --> 00:01:16.833 esta capacidade para facer fronte aos imprevistos, 00:01:17.771 --> 00:01:21.228 porque os imprevistos están a converterse na norma. 00:01:21.660 --> 00:01:25.737 É o motivo polo que aos expertos e aos analistas lles custa facer predicións 00:01:25.761 --> 00:01:28.333 con máis de 400 días de antelación. 00:01:29.054 --> 00:01:30.500 Por que? 00:01:30.524 --> 00:01:32.448 Porque nos últimos 20 ou 30 anos, 00:01:32.472 --> 00:01:36.282 boa parte do mundo pasou de ser complicado 00:01:36.306 --> 00:01:37.602 a ser complexo -- 00:01:38.431 --> 00:01:40.714 é dicir, é verdade que hai certas pautas, 00:01:40.738 --> 00:01:43.034 pero non se repiten de xeito regular. 00:01:43.440 --> 00:01:47.728 O que significa que cambios moi pequenos poden ter un impacto desproporcionado. 00:01:48.244 --> 00:01:50.910 E significa que non sempre vai abondar coa experiencia, 00:01:50.934 --> 00:01:54.568 porque o sistema non deixa de mudar demasiado rápido. NOTE Paragraph 00:01:56.192 --> 00:01:58.824 Así que o que todo iso significa 00:01:58.848 --> 00:02:01.735 é que hai una enorme cantidade de cousas 00:02:01.759 --> 00:02:04.749 que, digamos, se resisten ás predicións. 00:02:04.773 --> 00:02:08.603 É por iso que o Banco de Inglaterra di que, efectivamente, haberá outra crise 00:02:08.627 --> 00:02:11.057 pero non sabemos por que ou cando. 00:02:11.807 --> 00:02:14.423 Sabemos que o cambio climático é real, 00:02:14.447 --> 00:02:17.523 pero non podemos prever en que lugar se vai producir un incendio 00:02:17.547 --> 00:02:20.797 e non sabemos que fábricas van quedar asolagadas. 00:02:21.313 --> 00:02:24.004 Por iso ás empresas cólleas por sorpresa 00:02:24.028 --> 00:02:28.897 que, de repente, as pallas de plástico, as bolsas e as botellas de auga 00:02:28.921 --> 00:02:32.226 pasen de ser produtos básicos a ser algo que hai que evitar. 00:02:33.488 --> 00:02:37.060 E confúndeos que un cambio de costumes 00:02:37.084 --> 00:02:41.624 convirta estrelas en marxinados e colegas en proscritos: 00:02:43.155 --> 00:02:46.209 incerteza imsuprimible. 00:02:47.319 --> 00:02:51.655 Nun entorno que desafía de tal xeito as predicións, 00:02:51.679 --> 00:02:54.883 a eficiencia non só non nos vai servir; 00:02:54.907 --> 00:03:01.861 de feito socaba e debilita a nosa capacidade de adaptación e resposta. NOTE Paragraph 00:03:04.055 --> 00:03:07.196 Entón, se a eficiencia xa non é o noso pricipio guía, 00:03:07.220 --> 00:03:08.968 como debemos afrontar o futuro? 00:03:08.992 --> 00:03:11.444 Que modo de pensar é o que nos vai axudar? 00:03:11.468 --> 00:03:16.615 Que clase de talentos debemos asegurarnos de defender? 00:03:17.601 --> 00:03:22.486 Penso que onde antes adoitabamos pensar moito en xestión "xusto a tempo", 00:03:22.510 --> 00:03:26.394 temos que comezar a pensar en "por se acaso". 00:03:26.418 --> 00:03:29.815 e prepararnos para acontecementos que son en xeral seguros 00:03:29.839 --> 00:03:32.382 pero permanecen ambiguos no específico. NOTE Paragraph 00:03:33.110 --> 00:03:38.308 Un exemplo é a Coalición para a Preparación ante Epidemias, a CEPI. 00:03:38.332 --> 00:03:42.428 Sabemos que no futuro haberá máis epidemias, 00:03:42.452 --> 00:03:46.338 pero non sabemos onde, cando ou que. 00:03:46.362 --> 00:03:48.303 Así que non podemos planificar nada. 00:03:48.942 --> 00:03:50.593 Pero podemos prepararnos. 00:03:51.257 --> 00:03:57.025 A CEPI está a crear múltiples vacinas para múltiples doenzas, 00:03:57.866 --> 00:04:01.413 aínda que non poden predicir cales desas vacinas van funcionar 00:04:01.437 --> 00:04:03.457 ou que enfermidades van aparecer. 00:04:03.481 --> 00:04:06.454 Así que algunhas desas vacinas non se van usar nunca. 00:04:06.478 --> 00:04:07.950 É ineficiente. 00:04:08.794 --> 00:04:10.705 Pero é sólido, 00:04:10.729 --> 00:04:12.664 porque ofrece máis opcións, 00:04:12.688 --> 00:04:17.698 o que significa que non dependemos dunha única solución tecnolóxica. 00:04:18.566 --> 00:04:21.934 A capacidade de resposta ás epidemias tamén depende en gran medida 00:04:21.958 --> 00:04:24.875 de persoas que se coñecen e confían uns noutros. 00:04:24.899 --> 00:04:27.686 Pero desenvolvermos esas relacións leva tempo, 00:04:27.710 --> 00:04:31.935 e tempo é o que sempre escasea cando estala unha epidemia. 00:04:31.959 --> 00:04:37.047 Por iso a CEPI está a desenvolver relacións, amizades, alianzas, 00:04:38.197 --> 00:04:41.393 aínda que saben que algunhas delas poden non chegar a necesitarse. 00:04:41.949 --> 00:04:45.102 É pouco eficiente, se cadra unha perda de tempo, 00:04:45.126 --> 00:04:46.420 pero é sólido. NOTE Paragraph 00:04:47.161 --> 00:04:50.966 Tamén podemos ver razoamento sólido nos servizos financeiros. 00:04:50.990 --> 00:04:54.744 No pasado, os bancos adoitaban dispor de moito menos capital 00:04:54.768 --> 00:04:56.991 do que se lles esixe hoxe, 00:04:57.015 --> 00:05:00.756 porque dispor de tan pouco capital, ser demasiado eficientes con el, 00:05:00.780 --> 00:05:03.930 era precisamente a causa da fraxilidade dos bancos. 00:05:04.581 --> 00:05:10.070 É certo que dispor de máis capital semella e, de feito, é ineficiente. 00:05:10.094 --> 00:05:16.147 Pero dá solidez, porque protexe o sistema financeiro das sorpresas. NOTE Paragraph 00:05:17.078 --> 00:05:20.072 Os países que toman en serio o cambio climático 00:05:20.096 --> 00:05:23.650 saben que teñan que adoptar solucións múltiples, 00:05:23.674 --> 00:05:26.702 múltiples formas de enerxías renovables, 00:05:26.726 --> 00:05:28.055 e non unha soa. 00:05:28.079 --> 00:05:32.939 Os países máis avanzados levan anos traballando, 00:05:32.963 --> 00:05:36.629 cambiando o abastecemento de auga e alimentos e o sistema sanitario, 00:05:36.653 --> 00:05:41.265 porque recoñecen que no momento en que poidan predicir con certeza, 00:05:41.289 --> 00:05:44.600 se cadra esa información xa chega tarde. NOTE Paragraph 00:05:45.458 --> 00:05:49.914 O mesmo enfoque é aplicable ás guerras comerciais, como saben moitos países. 00:05:49.938 --> 00:05:53.761 No canto de depender dun único socio comercial enorme, 00:05:53.785 --> 00:05:55.889 tratan de ser amigos de todos, 00:05:55.913 --> 00:05:58.251 dado que saben que non se pode predicir 00:05:58.275 --> 00:06:02.029 que mercados poden volverse inestables de súpeto. 00:06:02.053 --> 00:06:06.290 Negociar todos eses acordos require moito tempo e é caro, 00:06:06.314 --> 00:06:07.472 pero é sólido, 00:06:07.496 --> 00:06:12.907 porque proporciona unha defensa mellor de toda a economía fronte a sobresaltos. 00:06:12.931 --> 00:06:16.610 É sobre todo a estratexia que adoptan os países pequenos 00:06:16.634 --> 00:06:20.720 que saben que carecen de músculo para mandar no mercado, 00:06:20.744 --> 00:06:23.898 así que é simplemente mellor contar con demasiados amigos. 00:06:25.922 --> 00:06:28.329 Mais se estás atrapado nunha destas organizacións 00:06:28.353 --> 00:06:33.248 que seguen prisioneiras do mito da eficiencia, 00:06:33.272 --> 00:06:35.034 como comezas a cambiala? 00:06:36.011 --> 00:06:37.567 Intenta uns experimentos. NOTE Paragraph 00:06:38.421 --> 00:06:39.787 Nos Países Baixos, 00:06:39.811 --> 00:06:44.525 a asistencia a domicilio xestionábase máis ou menos coma o supermercado: 00:06:44.549 --> 00:06:47.327 traballo estandarizado e prescrito 00:06:47.351 --> 00:06:49.119 minuto a minuto: 00:06:49.143 --> 00:06:52.799 nove minutos os luns, sete minutos os mércores, 00:06:52.823 --> 00:06:54.537 oito minutos os venres. 00:06:54.561 --> 00:06:56.943 Os enfermeiros odiábano. 00:06:56.967 --> 00:06:59.339 Así que un deles, Jos de Blok, 00:06:59.363 --> 00:07:00.944 propuxo un experimento. 00:07:01.564 --> 00:07:03.196 Dado que cada paciente é distinto, 00:07:03.220 --> 00:07:05.634 e non sabemos ben que vai necesitar, 00:07:05.658 --> 00:07:08.345 por que non deixamos que decidan os enfermeiros? NOTE Paragraph 00:07:09.267 --> 00:07:10.637 Soa irresponsable? NOTE Paragraph 00:07:10.661 --> 00:07:12.056 (Risas) NOTE Paragraph 00:07:12.080 --> 00:07:14.200 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:07:14.224 --> 00:07:18.358 Neste experimento, Jos descubriu que os pacientes melloraban 00:07:18.382 --> 00:07:20.911 na metade de tempo, 00:07:20.935 --> 00:07:24.614 e os custos reducíronse un 30 por cento. 00:07:25.920 --> 00:07:30.132 Cando lle preguntei a Jos que o sorprendera do experimento 00:07:30.156 --> 00:07:31.949 díxome rindo: 00:07:31.973 --> 00:07:35.165 "Non tiña nin idea de que podía ser tan doado 00:07:35.189 --> 00:07:37.779 lograr melloras tan enormes, 00:07:37.803 --> 00:07:41.426 porque isto non é algo que se poida saber ou predicir 00:07:41.450 --> 00:07:44.280 sentado nunha mesa ou diante dun ordenador" 00:07:44.734 --> 00:07:48.508 Así que esta forma de asistencia espallouse polos Países Baixos 00:07:48.532 --> 00:07:50.266 e por todo o mundo. 00:07:50.290 --> 00:07:53.510 Pero cada vez que se instala nun país comeza con experimentos, 00:07:53.534 --> 00:07:58.392 porque en cada lugar hai pequenas diferencias imprevisibles. NOTE Paragraph 00:07:59.246 --> 00:08:03.196 Por suposto, non todos os experimentos funcionan. 00:08:03.220 --> 00:08:06.276 Jos probou un enfoque similar co servizo de bombeiros 00:08:06.300 --> 00:08:09.837 e viu que non funcionaba porque o servizo está demasiado centralizado. 00:08:09.861 --> 00:08:12.424 Os experimentos errados semellan ineficientes, 00:08:12.448 --> 00:08:15.631 pero son a miúdo o único xeito que temos de descubrir 00:08:15.655 --> 00:08:17.929 como funciona o mundo real. 00:08:18.280 --> 00:08:21.313 Así que agora está probando cos mestres. 00:08:22.746 --> 00:08:26.493 Experimentos coma ese requeren creatividade 00:08:26.517 --> 00:08:28.824 e non pouca audacia. NOTE Paragraph 00:08:29.613 --> 00:08:31.176 En Inglaterra -- 00:08:31.978 --> 00:08:34.883 case digo Reino Unido, pero é en Inglaterra -- NOTE Paragraph 00:08:34.907 --> 00:08:36.649 (Risas) NOTE Paragraph 00:08:36.673 --> 00:08:40.987 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:08:41.363 --> 00:08:45.449 En Inglaterra, o mellor equipo de rugby, ou un dos mellores, 00:08:45.473 --> 00:08:46.833 son os Saracens. 00:08:47.299 --> 00:08:52.364 O presidente e o entrenador decatáronse de que todo o seu adestramento físico 00:08:52.388 --> 00:08:55.102 e a preparación baseada en datos que poñen en práctica 00:08:55.126 --> 00:08:56.280 volvéronse xenéricos; 00:08:56.304 --> 00:08:59.094 de feito, tódolos equipos fan exactamento o mesmo. 00:08:59.683 --> 00:09:02.015 Así que se arriscaron a experimentar. 00:09:02.039 --> 00:09:06.284 Levaron a todo o equipo, mesmo en plena temporada, 00:09:06.308 --> 00:09:07.723 de viaxe a esquiar 00:09:07.747 --> 00:09:11.041 e a ver proxectos sociais en Chicago. 00:09:11.065 --> 00:09:12.591 Foi caro, 00:09:12.615 --> 00:09:14.567 levou moito tempo, 00:09:14.591 --> 00:09:16.272 e podía ser un tanto arriscado 00:09:16.296 --> 00:09:20.070 poñer un feixe de xogadores de rugby nunha pista de esquí, non si? NOTE Paragraph 00:09:20.094 --> 00:09:21.141 (Risas) NOTE Paragraph 00:09:21.165 --> 00:09:24.509 Pero o que descubriron foi que os xogadores voltaban 00:09:24.533 --> 00:09:29.799 con vínculos renovados de lealdade e solidariedade. 00:09:29.823 --> 00:09:33.232 E agora cando están no campo baixo unha presión incrible, 00:09:33.256 --> 00:09:37.682 manifestan o que o presidente chama "confianza" -- 00:09:38.515 --> 00:09:42.674 unha inquebrantable e firme 00:09:42.698 --> 00:09:44.173 dedicación mútua. 00:09:44.824 --> 00:09:48.577 Os seus rivais están abraiados, 00:09:48.601 --> 00:09:52.753 pero seguen demasiado atados á eficiencia como para intentar iso. NOTE Paragraph 00:09:53.783 --> 00:09:55.815 En Verve, unha tecnolóxica londinense, 00:09:55.839 --> 00:09:59.182 a directora xeral mide practicamente todo o que se move, 00:09:59.206 --> 00:10:02.230 pero non logrou atopar nada que tivese impacto 00:10:02.254 --> 00:10:04.381 na produtividade da empresa. 00:10:04.405 --> 00:10:08.160 Así que deseñou un experimento que chama "A semana do cariño": 00:10:08.184 --> 00:10:12.721 durante toda unha semana cada empregado ten que buscar algo enxeñoso, 00:10:12.745 --> 00:10:15.024 práctico e imaxinativo 00:10:15.048 --> 00:10:16.848 que faga algún compañeiro, 00:10:16.872 --> 00:10:19.336 pregoalo e festexalo. 00:10:19.360 --> 00:10:21.477 Esixe moitísimo tempo e esforzo; 00:10:21.501 --> 00:10:24.538 moitos dirían que é unha distracción. 00:10:24.562 --> 00:10:26.794 Pero en realidade estimula a actividade 00:10:26.818 --> 00:10:30.456 e fai que toda a empresa sexa máis produtiva. NOTE Paragraph 00:10:32.048 --> 00:10:35.354 Preparación, formación de coalicións, 00:10:35.378 --> 00:10:38.960 imaxinación, experimentos, 00:10:38.984 --> 00:10:40.151 coraxe -- 00:10:41.028 --> 00:10:42.625 nunha época imprevisible, 00:10:42.649 --> 00:10:48.317 esas son fontes extraordinarias de resiliencia e fortaleza. 00:10:48.673 --> 00:10:51.241 Son eficientes, 00:10:52.278 --> 00:10:54.947 pero apórtannos unha capacidade infinita 00:10:54.971 --> 00:10:59.466 para a adaptación, a variación e a invención. 00:11:00.284 --> 00:11:02.706 E canto menos saibamos sobre o futuro, 00:11:02.730 --> 00:11:08.132 máis imos necesitar destas fontes fabulosas 00:11:08.156 --> 00:11:13.777 de destrezas humanas, caóticas e imprevisibles. NOTE Paragraph 00:11:15.336 --> 00:11:19.396 Pero a nosa crecente dependencia da tecnoloxía 00:11:20.318 --> 00:11:23.668 lévanos a liquidar esas destrezas. 00:11:24.642 --> 00:11:28.207 Cada vez que nos servimos da tecnoloxía 00:11:28.231 --> 00:11:32.423 para animarnos a tomar unha decisión ou facer unha elección 00:11:32.447 --> 00:11:34.761 ou para interpretar os sentimentos dalguén 00:11:34.785 --> 00:11:36.962 ou para guiarnos nunha conversa, 00:11:36.986 --> 00:11:42.100 estamos subcontratando unha máquina para o que podemos facer nós mesmos, 00:11:42.124 --> 00:11:44.648 e é un intercambio que sae moi caro. 00:11:45.847 --> 00:11:48.749 Canto máis deixamos que as máquinas pensen por nós, 00:11:49.780 --> 00:11:52.649 menos podemos pensar por nós mesmos. 00:11:53.661 --> 00:11:54.814 Canto máis -- NOTE Paragraph 00:11:54.838 --> 00:11:59.408 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:11:59.432 --> 00:12:04.153 Canto máis tempo pasan os médicos mirando historiais dixitalizados, 00:12:04.177 --> 00:12:07.563 menos tempo pasan vendo pacientes. 00:12:08.325 --> 00:12:11.113 Canto máis usamos apps para pais e nais 00:12:11.137 --> 00:12:13.294 menos coñecemos aos nosos fillos. 00:12:14.310 --> 00:12:19.396 Canto máis tempo pasamos con persoas que está previsto e programado que nos gusten, 00:12:19.420 --> 00:12:23.130 menos capaces somos de conectar coas que son diferentes de nós. 00:12:23.154 --> 00:12:28.181 E canta menos compaixón necesitamos, menos compaixón temos NOTE Paragraph 00:12:29.825 --> 00:12:33.359 O que tentan facer todas estas tecnoloxías 00:12:33.383 --> 00:12:40.180 é aplicar á forza un modelo estandarizado dunha realidade previsible 00:12:40.204 --> 00:12:43.572 a un mundo de infinitas sorpresas. 00:12:44.926 --> 00:12:46.278 Que é o que queda fóra? 00:12:46.965 --> 00:12:49.568 Calquera cousa que non se poida medir -- 00:12:50.451 --> 00:12:52.810 o que vén sendo practicamente todo o que importa. NOTE Paragraph 00:12:53.810 --> 00:13:00.775 (Aplausos) NOTE Paragraph 00:13:02.854 --> 00:13:06.941 A nosa crecente dependencia da tecnoloxía 00:13:06.965 --> 00:13:10.738 ponnos en risco de perder destrezas, 00:13:10.762 --> 00:13:12.357 de ser máis vulnerables 00:13:12.381 --> 00:13:15.332 diante da profunda e crecente complexidade 00:13:15.356 --> 00:13:16.729 do mundo real. NOTE Paragraph 00:13:17.951 --> 00:13:23.335 Cando estaba a pensar nos extremos de tensión e axitación 00:13:23.359 --> 00:13:26.015 aos que sabemos que nos imos ter que enfrontar, 00:13:27.412 --> 00:13:30.364 fun falar cunha serie de directivos 00:13:30.388 --> 00:13:34.556 cuxas empresas pasaran por crises existenciais 00:13:34.580 --> 00:13:37.468 nas que cambalearon ao bordo do colapso. 00:13:38.594 --> 00:13:43.402 Foron conversas francas e desgarradoras. 00:13:44.302 --> 00:13:47.579 Moitos choraron ao lembrar. 00:13:48.214 --> 00:13:49.728 Así que lles preguntaba: 00:13:50.603 --> 00:13:52.668 "Que che axudou a seguir adiante?" NOTE Paragraph 00:13:53.328 --> 00:13:55.982 E todos respondían exactamente o mesmo. 00:13:56.006 --> 00:13:59.116 "Non foron os datos nin a tecnoloxía", dicían 00:13:59.926 --> 00:14:03.311 "Foron os meus amigos e os compañeiros 00:14:03.335 --> 00:14:05.011 os que me deron forza para seguir." NOTE Paragraph 00:14:05.173 --> 00:14:10.488 Un engadiu: "Foi máis ben o oposto á economía baixo demanda." NOTE Paragraph 00:14:12.056 --> 00:14:15.790 Pero entón fun falar cun grupo de xoves executivos emerxentes 00:14:15.814 --> 00:14:17.621 e pregunteilles: 00:14:17.645 --> 00:14:19.297 "Que amigos tedes no traballo?" 00:14:19.297 --> 00:14:20.989 Quedaron mirando. NOTE Paragraph 00:14:21.765 --> 00:14:23.615 "Non hai tempo." NOTE Paragraph 00:14:23.639 --> 00:14:25.448 "Están demasiado ocupados." NOTE Paragraph 00:14:25.472 --> 00:14:26.910 "Non é eficiente." NOTE Paragraph 00:14:27.906 --> 00:14:31.478 Pregunteime quen lles vai dar 00:14:31.502 --> 00:14:36.041 imaxinación e resistencia e coraxe 00:14:36.065 --> 00:14:37.581 cando cheguen as tormentas? NOTE Paragraph 00:14:39.694 --> 00:14:43.337 Calquera que trate de dicirnos que coñece o futuro 00:14:43.361 --> 00:14:45.559 só intenta posuílo, 00:14:45.583 --> 00:14:48.891 unha forma espuria de destino manifesto. 00:14:49.794 --> 00:14:52.115 A verdade máis dura e profunda é 00:14:53.126 --> 00:14:55.535 que o futuro é territorio inexplorado, 00:14:55.559 --> 00:14:57.803 e non podemos facer mapas ata chegarmos aló. NOTE Paragraph 00:14:58.734 --> 00:15:00.797 Pero non hai problema, 00:15:00.821 --> 00:15:03.838 porque temos tanta información -- 00:15:03.862 --> 00:15:05.309 se a empregamos. 00:15:05.333 --> 00:15:10.810 Temos un profundo talento para a inventiva e a exploración -- 00:15:10.834 --> 00:15:12.611 se o poñemos en práctica. 00:15:12.635 --> 00:15:18.152 Temos valor abondo para inventar cousas que nunca antes víramos. 00:15:19.175 --> 00:15:20.790 Se perdemos esas destrezas, 00:15:21.810 --> 00:15:23.532 quedamos á toa. 00:15:24.384 --> 00:15:27.109 Pero se as perfeccionamos e as desenvolvemos, 00:15:28.498 --> 00:15:30.956 podemos crear calquera futuro que elixamos. NOTE Paragraph 00:15:32.382 --> 00:15:33.556 Grazas. NOTE Paragraph 00:15:33.580 --> 00:15:39.666 (Aplausos)