0:00:00.777,0:00:04.337 Hai pouco, o equipo de liderado[br]dunha cadea de supermercados dos EEUU 0:00:04.361,0:00:07.817 decidiu que había que mellorar[br]a eficiencia da empresa. 0:00:07.841,0:00:11.696 Así que se apuntaron entusiasmados[br]á súa transformación dixital. 0:00:12.174,0:00:16.122 Suprimiron os equipos de supervisión[br]de carne, verduras e panadaría 0:00:16.146,0:00:20.302 e introduciron un algoritmo[br]para asignar tarefas. 0:00:20.914,0:00:23.017 Ben, no canto de a xente,[br]traballaren xunta 0:00:23.041,0:00:27.282 cada empregado fichaba ao chegar,[br]asignábaselle unha tarefa, realizábaa, 0:00:27.306,0:00:28.884 e volvía por máis. 0:00:29.429,0:00:33.156 Era xestión científica en grao sumo, 0:00:33.180,0:00:35.262 á hora de estandarizar e asignar traballo. 0:00:35.580,0:00:37.670 Era supereficiente. 0:00:38.750,0:00:40.116 Ou non de todo, 0:00:41.351,0:00:43.677 dado que o asignador de tarefas non sabía 0:00:43.701,0:00:46.623 cando a un cliente lle ía caer[br]unha caixa de ovos, 0:00:46.647,0:00:50.496 non podía prever cando un neno revoltoso[br]ía entornar un expositor, 0:00:50.520,0:00:52.436 ou cando o instituto do barrio decidía 0:00:52.460,0:00:55.095 que todo o mundo tiña que vir [br]cun coco ao día seguinte. 0:00:55.119,0:00:56.119 (Risas) 0:00:56.143,0:00:58.280 A eficiencia vai moi ben 0:00:58.304,0:01:01.343 cando podes prever con precisión[br]que vas necesitar. 0:01:01.815,0:01:05.091 Pero cando xorde o anómalo[br]ou o inesperado 0:01:05.115,0:01:07.447 --nenos, clientes, cocos-- 0:01:07.471,0:01:10.344 ben, entón a eficiencia[br]xa non está do teu lado. 0:01:12.074,0:01:14.191 Isto volveuse unha cuestión esencial, 0:01:14.215,0:01:16.833 esta capacidade para facer fronte[br]aos imprevistos, 0:01:17.771,0:01:21.228 porque os imprevistos están [br]a converterse na norma. 0:01:21.660,0:01:25.737 É o motivo polo que aos expertos e[br]aos analistas lles custa facer predicións 0:01:25.761,0:01:28.333 con máis de 400 días de antelación. 0:01:29.054,0:01:30.500 Por que? 0:01:30.524,0:01:32.448 Porque nos últimos 20 ou 30 anos, 0:01:32.472,0:01:36.282 boa parte do mundo pasou[br]de ser complicado 0:01:36.306,0:01:37.602 a ser complexo -- 0:01:38.431,0:01:40.714 é dicir, é verdade que hai certas pautas, 0:01:40.738,0:01:43.034 pero non se repiten de xeito regular. 0:01:43.440,0:01:47.728 O que significa que cambios moi pequenos[br]poden ter un impacto desproporcionado. 0:01:48.244,0:01:50.910 E significa que non sempre [br]vai abondar coa experiencia, 0:01:50.934,0:01:54.568 porque o sistema non deixa de mudar[br]demasiado rápido. 0:01:56.192,0:01:58.824 Así que o que todo iso significa 0:01:58.848,0:02:01.735 é que hai una enorme cantidade de cousas 0:02:01.759,0:02:04.749 que, digamos, se resisten ás predicións. 0:02:04.773,0:02:08.603 É por iso que o Banco de Inglaterra di[br]que, efectivamente, haberá outra crise 0:02:08.627,0:02:11.057 pero non sabemos por que ou cando. 0:02:11.807,0:02:14.423 Sabemos que o cambio climático é real, 0:02:14.447,0:02:17.523 pero non podemos prever en que lugar[br]se vai producir un incendio 0:02:17.547,0:02:20.797 e non sabemos que fábricas[br]van quedar asolagadas. 0:02:21.313,0:02:24.004 Por iso ás empresas cólleas por sorpresa 0:02:24.028,0:02:28.897 que, de repente, as pallas de plástico,[br]as bolsas e as botellas de auga 0:02:28.921,0:02:32.226 pasen de ser produtos básicos[br]a ser algo que hai que evitar. 0:02:33.488,0:02:37.060 E confúndeos que un cambio de costumes 0:02:37.084,0:02:41.624 convirta estrelas en marxinados[br]e colegas en proscritos: 0:02:43.155,0:02:46.209 incerteza imsuprimible. 0:02:47.319,0:02:51.655 Nun entorno que desafía de [br]tal xeito as predicións, 0:02:51.679,0:02:54.883 a eficiencia non só non nos vai servir; 0:02:54.907,0:03:01.861 de feito socaba e debilita a nosa[br]capacidade de adaptación e resposta. 0:03:04.055,0:03:07.196 Entón, se a eficiencia xa non é[br]o noso pricipio guía, 0:03:07.220,0:03:08.968 como debemos afrontar o futuro? 0:03:08.992,0:03:11.444 Que modo de pensar[br]é o que nos vai axudar? 0:03:11.468,0:03:16.615 Que clase de talentos debemos[br]asegurarnos de defender? 0:03:17.601,0:03:22.486 Penso que onde antes adoitabamos pensar[br]moito en xestión "xusto a tempo", 0:03:22.510,0:03:26.394 temos que comezar a pensar[br]en "por se acaso". 0:03:26.418,0:03:29.815 e prepararnos para acontecementos[br]que son en xeral seguros 0:03:29.839,0:03:32.382 pero permanecen ambiguos no específico. 0:03:33.110,0:03:38.308 Un exemplo é a Coalición para[br]a Preparación ante Epidemias, a CEPI. 0:03:38.332,0:03:42.428 Sabemos que no futuro[br]haberá máis epidemias, 0:03:42.452,0:03:46.338 pero non sabemos onde, cando ou que. 0:03:46.362,0:03:48.303 Así que non podemos planificar nada. 0:03:48.942,0:03:50.593 Pero podemos prepararnos. 0:03:51.257,0:03:57.025 A CEPI está a crear múltiples vacinas[br]para múltiples doenzas, 0:03:57.866,0:04:01.413 aínda que non poden predicir[br]cales desas vacinas van funcionar 0:04:01.437,0:04:03.457 ou que enfermidades van aparecer. 0:04:03.481,0:04:06.454 Así que algunhas desas vacinas[br]non se van usar nunca. 0:04:06.478,0:04:07.950 É ineficiente. 0:04:08.794,0:04:10.705 Pero é sólido, 0:04:10.729,0:04:12.664 porque ofrece máis opcións, 0:04:12.688,0:04:17.698 o que significa que non dependemos[br]dunha única solución tecnolóxica. 0:04:18.566,0:04:21.934 A capacidade de resposta ás epidemias[br]tamén depende en gran medida 0:04:21.958,0:04:24.875 de persoas que se coñecen [br]e confían uns noutros. 0:04:24.899,0:04:27.686 Pero desenvolvermos esas relacións[br]leva tempo, 0:04:27.710,0:04:31.935 e tempo é o que sempre escasea[br]cando estala unha epidemia. 0:04:31.959,0:04:37.047 Por iso a CEPI está a desenvolver[br]relacións, amizades, alianzas, 0:04:38.197,0:04:41.393 aínda que saben que algunhas delas[br]poden non chegar a necesitarse. 0:04:41.949,0:04:45.102 É pouco eficiente,[br]se cadra unha perda de tempo, 0:04:45.126,0:04:46.420 pero é sólido. 0:04:47.161,0:04:50.966 Tamén podemos ver razoamento sólido[br]nos servizos financeiros. 0:04:50.990,0:04:54.744 No pasado, os bancos adoitaban dispor[br]de moito menos capital 0:04:54.768,0:04:56.991 do que se lles esixe hoxe, 0:04:57.015,0:05:00.756 porque dispor de tan pouco capital,[br]ser demasiado eficientes con el, 0:05:00.780,0:05:03.930 era precisamente a causa[br]da fraxilidade dos bancos. 0:05:04.581,0:05:10.070 É certo que dispor de máis capital[br]semella e, de feito, é ineficiente. 0:05:10.094,0:05:16.147 Pero dá solidez, porque protexe[br]o sistema financeiro das sorpresas. 0:05:17.078,0:05:20.072 Os países que toman en serio[br]o cambio climático 0:05:20.096,0:05:23.650 saben que teñan que adoptar[br]solucións múltiples, 0:05:23.674,0:05:26.702 múltiples formas de enerxías renovables, 0:05:26.726,0:05:28.055 e non unha soa. 0:05:28.079,0:05:32.939 Os países máis avanzados[br]levan anos traballando, 0:05:32.963,0:05:36.629 cambiando o abastecemento de auga e[br]alimentos e o sistema sanitario, 0:05:36.653,0:05:41.265 porque recoñecen que no momento[br]en que poidan predicir con certeza, 0:05:41.289,0:05:44.600 se cadra esa información xa chega tarde. 0:05:45.458,0:05:49.914 O mesmo enfoque é aplicable ás guerras[br]comerciais, como saben moitos países. 0:05:49.938,0:05:53.761 No canto de depender dun único[br]socio comercial enorme, 0:05:53.785,0:05:55.889 tratan de ser amigos de todos, 0:05:55.913,0:05:58.251 dado que saben que non se pode predicir 0:05:58.275,0:06:02.029 que mercados poden volverse [br]inestables de súpeto. 0:06:02.053,0:06:06.290 Negociar todos eses acordos[br]require moito tempo e é caro, 0:06:06.314,0:06:07.472 pero é sólido, 0:06:07.496,0:06:12.907 porque proporciona unha defensa mellor[br]de toda a economía fronte a sobresaltos. 0:06:12.931,0:06:16.610 É sobre todo a estratexia que adoptan[br]os países pequenos 0:06:16.634,0:06:20.720 que saben que carecen de músculo[br]para mandar no mercado, 0:06:20.744,0:06:23.898 así que é simplemente mellor contar[br]con demasiados amigos. 0:06:25.922,0:06:28.329 Mais se estás atrapado[br]nunha destas organizacións 0:06:28.353,0:06:33.248 que seguen prisioneiras[br]do mito da eficiencia, 0:06:33.272,0:06:35.034 como comezas a cambiala? 0:06:36.011,0:06:37.567 Intenta uns experimentos. 0:06:38.421,0:06:39.787 Nos Países Baixos, 0:06:39.811,0:06:44.525 a asistencia a domicilio xestionábase[br]máis ou menos coma o supermercado: 0:06:44.549,0:06:47.327 traballo estandarizado e prescrito 0:06:47.351,0:06:49.119 minuto a minuto: 0:06:49.143,0:06:52.799 nove minutos os luns,[br]sete minutos os mércores, 0:06:52.823,0:06:54.537 oito minutos os venres. 0:06:54.561,0:06:56.943 Os enfermeiros odiábano. 0:06:56.967,0:06:59.339 Así que un deles, Jos de Blok, 0:06:59.363,0:07:00.944 propuxo un experimento. 0:07:01.564,0:07:03.196 Dado que cada paciente é distinto, 0:07:03.220,0:07:05.634 e non sabemos ben que vai necesitar, 0:07:05.658,0:07:08.345 por que non deixamos que decidan[br]os enfermeiros? 0:07:09.267,0:07:10.637 Soa irresponsable? 0:07:10.661,0:07:12.056 (Risas) 0:07:12.080,0:07:14.200 (Aplausos) 0:07:14.224,0:07:18.358 Neste experimento, Jos descubriu[br]que os pacientes melloraban 0:07:18.382,0:07:20.911 na metade de tempo, 0:07:20.935,0:07:24.614 e os custos reducíronse un 30 por cento. 0:07:25.920,0:07:30.132 Cando lle preguntei a Jos[br]que o sorprendera do experimento 0:07:30.156,0:07:31.949 díxome rindo: 0:07:31.973,0:07:35.165 "Non tiña nin idea de que[br]podía ser tan doado 0:07:35.189,0:07:37.779 lograr melloras tan enormes, 0:07:37.803,0:07:41.426 porque isto non é algo que[br]se poida saber ou predicir 0:07:41.450,0:07:44.280 sentado nunha mesa[br]ou diante dun ordenador" 0:07:44.734,0:07:48.508 Así que esta forma de asistencia[br]espallouse polos Países Baixos 0:07:48.532,0:07:50.266 e por todo o mundo. 0:07:50.290,0:07:53.510 Pero cada vez que se instala nun país[br]comeza con experimentos, 0:07:53.534,0:07:58.392 porque en cada lugar hai pequenas[br]diferencias imprevisibles. 0:07:59.246,0:08:03.196 Por suposto, non todos os experimentos[br]funcionan. 0:08:03.220,0:08:06.276 Jos probou un enfoque similar[br]co servizo de bombeiros 0:08:06.300,0:08:09.837 e viu que non funcionaba porque[br]o servizo está demasiado centralizado. 0:08:09.861,0:08:12.424 Os experimentos errados[br]semellan ineficientes, 0:08:12.448,0:08:15.631 pero son a miúdo o único xeito[br]que temos de descubrir 0:08:15.655,0:08:17.929 como funciona o mundo real. 0:08:18.280,0:08:21.313 Así que agora está probando cos mestres. 0:08:22.746,0:08:26.493 Experimentos coma ese requeren[br]creatividade 0:08:26.517,0:08:28.824 e non pouca audacia. 0:08:29.613,0:08:31.176 En Inglaterra -- 0:08:31.978,0:08:34.883 case digo Reino Unido, pero é[br]en Inglaterra -- 0:08:34.907,0:08:36.649 (Risas) 0:08:36.673,0:08:40.987 (Aplausos) 0:08:41.363,0:08:45.449 En Inglaterra, o mellor equipo de rugby,[br]ou un dos mellores, 0:08:45.473,0:08:46.833 son os Saracens. 0:08:47.299,0:08:52.364 O presidente e o entrenador decatáronse[br]de que todo o seu adestramento físico 0:08:52.388,0:08:55.102 e a preparación baseada en datos[br]que poñen en práctica 0:08:55.126,0:08:56.280 volvéronse xenéricos; 0:08:56.304,0:08:59.094 de feito, tódolos equipos fan[br]exactamento o mesmo. 0:08:59.683,0:09:02.015 Así que se arriscaron a experimentar. 0:09:02.039,0:09:06.284 Levaron a todo o equipo,[br]mesmo en plena temporada, 0:09:06.308,0:09:07.723 de viaxe a esquiar 0:09:07.747,0:09:11.041 e a ver proxectos sociais en Chicago. 0:09:11.065,0:09:12.591 Foi caro, 0:09:12.615,0:09:14.567 levou moito tempo, 0:09:14.591,0:09:16.272 e podía ser un tanto arriscado 0:09:16.296,0:09:20.070 poñer un feixe de xogadores de rugby[br]nunha pista de esquí, non si? 0:09:20.094,0:09:21.141 (Risas) 0:09:21.165,0:09:24.509 Pero o que descubriron foi que[br]os xogadores voltaban 0:09:24.533,0:09:29.799 con vínculos renovados[br]de lealdade e solidariedade. 0:09:29.823,0:09:33.232 E agora cando están no campo[br]baixo unha presión incrible, 0:09:33.256,0:09:37.682 manifestan o que o presidente[br]chama "confianza" -- 0:09:38.515,0:09:42.674 unha inquebrantable e firme 0:09:42.698,0:09:44.173 dedicación mútua. 0:09:44.824,0:09:48.577 Os seus rivais están abraiados, 0:09:48.601,0:09:52.753 pero seguen demasiado atados á eficiencia[br]como para intentar iso. 0:09:53.783,0:09:55.815 En Verve, unha tecnolóxica londinense, 0:09:55.839,0:09:59.182 a directora xeral mide practicamente[br]todo o que se move, 0:09:59.206,0:10:02.230 pero non logrou atopar nada[br]que tivese impacto 0:10:02.254,0:10:04.381 na produtividade da empresa. 0:10:04.405,0:10:08.160 Así que deseñou un experimento[br]que chama "A semana do cariño": 0:10:08.184,0:10:12.721 durante toda unha semana cada empregado[br]ten que buscar algo enxeñoso, 0:10:12.745,0:10:15.024 práctico e imaxinativo 0:10:15.048,0:10:16.848 que faga algún compañeiro, 0:10:16.872,0:10:19.336 pregoalo e festexalo. 0:10:19.360,0:10:21.477 Esixe moitísimo tempo e esforzo; 0:10:21.501,0:10:24.538 moitos dirían que é unha distracción. 0:10:24.562,0:10:26.794 Pero en realidade estimula a actividade 0:10:26.818,0:10:30.456 e fai que toda a empresa[br]sexa máis produtiva. 0:10:32.048,0:10:35.354 Preparación, formación de coalicións, 0:10:35.378,0:10:38.960 imaxinación, experimentos, 0:10:38.984,0:10:40.151 coraxe -- 0:10:41.028,0:10:42.625 nunha época imprevisible, 0:10:42.649,0:10:48.317 esas son fontes extraordinarias[br]de resiliencia e fortaleza. 0:10:48.673,0:10:51.241 Son eficientes, 0:10:52.278,0:10:54.947 pero apórtannos unha capacidade infinita 0:10:54.971,0:10:59.466 para a adaptación, a variación[br]e a invención. 0:11:00.284,0:11:02.706 E canto menos saibamos sobre o futuro, 0:11:02.730,0:11:08.132 máis imos necesitar[br]destas fontes fabulosas 0:11:08.156,0:11:13.777 de destrezas humanas,[br]caóticas e imprevisibles. 0:11:15.336,0:11:19.396 Pero a nosa crecente dependencia[br]da tecnoloxía 0:11:20.318,0:11:23.668 lévanos a liquidar esas destrezas. 0:11:24.642,0:11:28.207 Cada vez que nos servimos da tecnoloxía 0:11:28.231,0:11:32.423 para animarnos a tomar unha decisión[br]ou facer unha elección 0:11:32.447,0:11:34.761 ou para interpretar os sentimentos dalguén 0:11:34.785,0:11:36.962 ou para guiarnos nunha conversa, 0:11:36.986,0:11:42.100 estamos subcontratando unha máquina[br]para o que podemos facer nós mesmos, 0:11:42.124,0:11:44.648 e é un intercambio que sae moi caro. 0:11:45.847,0:11:48.749 Canto máis deixamos que as máquinas[br]pensen por nós, 0:11:49.780,0:11:52.649 menos podemos pensar por nós mesmos. 0:11:53.661,0:11:54.814 Canto máis -- 0:11:54.838,0:11:59.408 (Aplausos) 0:11:59.432,0:12:04.153 Canto máis tempo pasan os médicos[br]mirando historiais dixitalizados, 0:12:04.177,0:12:07.563 menos tempo pasan vendo pacientes. 0:12:08.325,0:12:11.113 Canto máis usamos apps para pais e nais 0:12:11.137,0:12:13.294 menos coñecemos aos nosos fillos. 0:12:14.310,0:12:19.396 Canto máis tempo pasamos con persoas que[br]está previsto e programado que nos gusten, 0:12:19.420,0:12:23.130 menos capaces somos de conectar coas[br]que son diferentes de nós. 0:12:23.154,0:12:28.181 E canta menos compaixón necesitamos,[br]menos compaixón temos 0:12:29.825,0:12:33.359 O que tentan facer todas estas tecnoloxías 0:12:33.383,0:12:40.180 é aplicar á forza un modelo estandarizado[br]dunha realidade previsible 0:12:40.204,0:12:43.572 a un mundo de infinitas sorpresas. 0:12:44.926,0:12:46.278 Que é o que queda fóra? 0:12:46.965,0:12:49.568 Calquera cousa que non se poida medir -- 0:12:50.451,0:12:52.810 o que vén sendo practicamente[br]todo o que importa. 0:12:53.810,0:13:00.775 (Aplausos) 0:13:02.854,0:13:06.941 A nosa crecente dependencia[br]da tecnoloxía 0:13:06.965,0:13:10.738 ponnos en risco de perder destrezas, 0:13:10.762,0:13:12.357 de ser máis vulnerables 0:13:12.381,0:13:15.332 diante da profunda e crecente complexidade 0:13:15.356,0:13:16.729 do mundo real. 0:13:17.951,0:13:23.335 Cando estaba a pensar nos extremos[br]de tensión e axitación 0:13:23.359,0:13:26.015 aos que sabemos que nos imos[br]ter que enfrontar, 0:13:27.412,0:13:30.364 fun falar cunha serie de directivos 0:13:30.388,0:13:34.556 cuxas empresas pasaran[br]por crises existenciais 0:13:34.580,0:13:37.468 nas que cambalearon[br]ao bordo do colapso. 0:13:38.594,0:13:43.402 Foron conversas francas e desgarradoras. 0:13:44.302,0:13:47.579 Moitos choraron ao lembrar. 0:13:48.214,0:13:49.728 Así que lles preguntaba: 0:13:50.603,0:13:52.668 "Que che axudou a seguir adiante?" 0:13:53.328,0:13:55.982 E todos respondían exactamente o mesmo. 0:13:56.006,0:13:59.116 "Non foron os datos[br]nin a tecnoloxía", dicían 0:13:59.926,0:14:03.311 "Foron os meus amigos e os compañeiros 0:14:03.335,0:14:05.011 os que me deron forza para seguir." 0:14:05.173,0:14:10.488 Un engadiu: "Foi máis ben o oposto[br]á economía baixo demanda." 0:14:12.056,0:14:15.790 Pero entón fun falar cun grupo[br]de xoves executivos emerxentes 0:14:15.814,0:14:17.621 e pregunteilles: 0:14:17.645,0:14:19.297 "Que amigos tedes no traballo?" 0:14:19.297,0:14:20.989 Quedaron mirando. 0:14:21.765,0:14:23.615 "Non hai tempo." 0:14:23.639,0:14:25.448 "Están demasiado ocupados." 0:14:25.472,0:14:26.910 "Non é eficiente." 0:14:27.906,0:14:31.478 Pregunteime quen lles vai dar 0:14:31.502,0:14:36.041 imaxinación e resistencia e coraxe 0:14:36.065,0:14:37.581 cando cheguen as tormentas? 0:14:39.694,0:14:43.337 Calquera que trate de dicirnos[br]que coñece o futuro 0:14:43.361,0:14:45.559 só intenta posuílo, 0:14:45.583,0:14:48.891 unha forma espuria de destino manifesto. 0:14:49.794,0:14:52.115 A verdade máis dura e profunda é 0:14:53.126,0:14:55.535 que o futuro é territorio inexplorado, 0:14:55.559,0:14:57.803 e non podemos facer mapas[br]ata chegarmos aló. 0:14:58.734,0:15:00.797 Pero non hai problema, 0:15:00.821,0:15:03.838 porque temos tanta información -- 0:15:03.862,0:15:05.309 se a empregamos. 0:15:05.333,0:15:10.810 Temos un profundo talento[br]para a inventiva e a exploración -- 0:15:10.834,0:15:12.611 se o poñemos en práctica. 0:15:12.635,0:15:18.152 Temos valor abondo para inventar[br]cousas que nunca antes víramos. 0:15:19.175,0:15:20.790 Se perdemos esas destrezas, 0:15:21.810,0:15:23.532 quedamos á toa. 0:15:24.384,0:15:27.109 Pero se as perfeccionamos[br]e as desenvolvemos, 0:15:28.498,0:15:30.956 podemos crear calquera futuro[br]que elixamos. 0:15:32.382,0:15:33.556 Grazas. 0:15:33.580,0:15:39.666 (Aplausos)