0:00:00.000,0:00:02.000 Eu, como moitos de vostedes, 0:00:02.000,0:00:07.000 son un dos dous millóns de humanos na Terra 0:00:07.000,0:00:09.000 que vive nunha cidade. 0:00:09.000,0:00:12.000 E algúns días (e non sei a cantos de vós lles pasa isto) 0:00:12.000,0:00:16.000 algúns días sinto moi de cerca 0:00:16.000,0:00:18.000 o moito que confío noutras persoas 0:00:18.000,0:00:21.000 en numerosas ocasións durante a miña vida. 0:00:21.000,0:00:24.000 Hai días nos que isto aínda pode dar un pouco de medo. 0:00:24.000,0:00:26.000 Mais hoxe quérovos falar 0:00:26.000,0:00:29.000 de como esa mesma interdependencia 0:00:29.000,0:00:33.000 de feito é unha infraestrutura social con moita forza 0:00:33.000,0:00:36.000 que nós podemos aproveitar 0:00:36.000,0:00:40.000 para contribuír ao alivio dalgúns dos nosos maiores problemas cívicos 0:00:40.000,0:00:44.000 se poñemos en práctica a colaboración de código aberto. 0:00:44.000,0:00:46.000 Hai un par de anos, 0:00:46.000,0:00:49.000 lin un artigo de Michael Pollan no New York Times 0:00:49.000,0:00:53.000 no que argumentaba que con cultivar algo da nosa propia comida 0:00:53.000,0:00:55.000 xa estamos facendo unha das mellores cousas 0:00:55.000,0:00:57.000 que podemos facer polo medio ambiente. 0:00:57.000,0:00:59.000 Cando eu lin este artigo 0:00:59.000,0:01:01.000 estaba en medio do inverno 0:01:01.000,0:01:04.000 e desde logo non tiña espazo para emporcar con terra 0:01:04.000,0:01:07.000 no meu apartamento de Nova York. 0:01:07.000,0:01:09.000 Así que eu o que quería era conformarme 0:01:09.000,0:01:11.000 con ler a seguinte publicación da revista Wired 0:01:11.000,0:01:13.000 para descubrir como os expertos se llas ían enxeñar 0:01:13.000,0:01:16.000 para resolver todos estes problemas por nós no futuro. 0:01:16.000,0:01:19.000 Pero precisamente a isto se refería 0:01:19.000,0:01:21.000 Michael Pollan no seu artigo: 0:01:21.000,0:01:23.000 que precisamente cando relegamos 0:01:23.000,0:01:26.000 aos especialistas a responsabilidade por todas estas cousas 0:01:26.000,0:01:29.000 é cando causamos os líos 0:01:29.000,0:01:32.000 que podemos ver no sistema alimentario. 0:01:32.000,0:01:35.000 Pois ben, resulta que do meu propio traballo sei 0:01:35.000,0:01:39.000 como a NASA utilizou cultivos hidropónicos 0:01:39.000,0:01:42.000 para experimentar o cultivo de alimentos no espazo. 0:01:42.000,0:01:46.000 E en verdade pódese obter un suministro nutricional óptimo 0:01:46.000,0:01:50.000 cun tipo de solo líquido de alta calidade 0:01:50.000,0:01:53.000 que se instala por encima das raíces das plantas. 0:01:53.000,0:01:55.000 Iso si, para unha planta 0:01:55.000,0:01:57.000 o meu apartamento debía de ser 0:01:57.000,0:01:59.000 tan extraño como o espazo sideral. 0:01:59.000,0:02:02.000 Aínda así, podo ter luz natural 0:02:02.000,0:02:04.000 e un control climático durante todo o ano. 0:02:04.000,0:02:06.000 Pasamos rapidamente a dous anos máis tarde: 0:02:06.000,0:02:08.000 agora temos granxas verticais nas ventás 0:02:08.000,0:02:10.000 e plataformas hidropónicas 0:02:10.000,0:02:13.000 de cultivo de alimentos de interior. 0:02:13.000,0:02:16.000 E funciona cunha bomba no fondo 0:02:16.000,0:02:19.000 que envía regularmente un pouco da solución nutritiva líquida á parte superior, 0:02:19.000,0:02:22.000 que despois cae gota a gota por entre a raigame das plantas 0:02:22.000,0:02:24.000 que están colgadas en boliñas de arxila, 0:02:24.000,0:02:27.000 de modo que non hay suciedade. 0:02:27.000,0:02:29.000 A luz e a temperatura varían 0:02:29.000,0:02:31.000 co microclima de cada ventá. 0:02:31.000,0:02:33.000 Así que unha granxa de ventá 0:02:33.000,0:02:35.000 precisa dunha granxeira 0:02:35.000,0:02:37.000 e esta ten que decidir 0:02:37.000,0:02:40.000 que tipo de plantas vai ter na súa granxa de ventá 0:02:40.000,0:02:44.000 e tamén se vai nutrir a súa comida organicamente. 0:02:44.000,0:02:47.000 Daquela, una granxa de ventá non era máis 0:02:47.000,0:02:49.000 ca unha idea técnicamente complexa 0:02:49.000,0:02:52.000 que ía ter que pasar por moitos experimentos. 0:02:52.000,0:02:54.000 Eu quería realmente que fose un proxecto aberto, 0:02:54.000,0:02:56.000 porque os hidropónicos 0:02:56.000,0:02:58.000 é un dos ámbitos onde cada vez hai máis patentes 0:02:58.000,0:03:00.000 nos Estados Unidos neste momento 0:03:00.000,0:03:02.000 e poderíanse converter 0:03:02.000,0:03:04.000 noutro ámbito como Monsanto, 0:03:04.000,0:03:07.000 no que hai moita propriedade intelectual corporativa 0:03:07.000,0:03:10.000 en forma de alimentación das persoas. 0:03:10.000,0:03:13.000 Por iso decidín que, en vez de crear un produto, 0:03:13.000,0:03:15.000 o que ía facer sería 0:03:15.000,0:03:18.000 deixar isto aberto a un montón de copromotores. 0:03:19.000,0:03:22.000 Os primeiros sistemas que creamos, que eran poucos, ían funcionando. 0:03:22.000,0:03:24.000 Podíamos cultivar unha leituga nunha semana, aproximadamente, 0:03:24.000,0:03:26.000 na ventá dun típico apartamento de Nova York. 0:03:26.000,0:03:28.000 E podíamos plantar tomates ananos, 0:03:28.000,0:03:30.000 cogombros, de todo. 0:03:30.000,0:03:32.000 Pero estes primeiros sistemas 0:03:32.000,0:03:35.000 pingaban, facían ruído e absorbían enerxía, 0:03:35.000,0:03:38.000 algo que Martha Stewart xamais aprobaría. 0:03:38.000,0:03:40.000 (gargalladas) 0:03:40.000,0:03:42.000 Así que para atraer máis copromotores 0:03:42.000,0:03:45.000 creei unha páxina web nos medios sociais 0:03:45.000,0:03:47.000 na que publicamos os deseños, 0:03:47.000,0:03:49.000 explicamos como funcionaban 0:03:49.000,0:03:52.000 e aínda chegamos ata o punto de 0:03:52.000,0:03:55.000 indicar todo o que non ía ben con estes sistemas. 0:03:55.000,0:03:57.000 Logo invitamos a xente de todo o mundo 0:03:57.000,0:04:00.000 a os construir e experimentar con nós. 0:04:01.000,0:04:03.000 E agora temos nesta páxina web 0:04:03.000,0:04:06.000 18.000 persoas. 0:04:06.000,0:04:08.000 E temos granxas de ventá 0:04:08.000,0:04:10.000 en todo o mundo. 0:04:10.000,0:04:12.000 O que estamos a facer 0:04:12.000,0:04:14.000 é o que a NASA ou unha compañía grande 0:04:14.000,0:04:17.000 chamaría I+D: investigación e desenvolvemento. 0:04:17.000,0:04:20.000 Pero nós chamámolo I+D-T-M, 0:04:20.000,0:04:24.000 dito doutro modo: investiga e desenvolve ti mesmo. 0:04:24.000,0:04:26.000 Así, por exemplo, 0:04:26.000,0:04:28.000 Jackson suxeriu 0:04:28.000,0:04:30.000 que utilizasemos bombas de aire no canto das de auga. 0:04:30.000,0:04:32.000 Para que funcionase houbo que construír moitos sistemas, 0:04:32.000,0:04:34.000 pero unha vez que o fixemos, puidemos 0:04:34.000,0:04:37.000 cortar o refugallo de carbono en case a metade. 0:04:37.000,0:04:40.000 Tony de Chicago estivo experimentando con cultivos 0:04:40.000,0:04:42.000 como moitos outros granxeros de ventás, 0:04:42.000,0:04:45.000 e conseguiu que os amorodos deran froita 0:04:45.000,0:04:48.000 durante nove meses ao ano en condicións de luz escasa 0:04:48.000,0:04:52.000 simplemente cambiando os nutrientes orgánicos. 0:04:52.000,0:04:54.000 E uns granxeiros de ventá de Finlandia 0:04:54.000,0:04:56.000 puxéronse a adaptar as súas granxas 0:04:56.000,0:04:58.000 para os escuros días de inverno fineses 0:04:58.000,0:05:01.000 instalando diodos electroluminiscentes 0:05:01.000,0:05:04.000 que agora puxeron como código aberto e forman parte do proxecto. 0:05:04.000,0:05:06.000 Así que as granxas de ventá evolucionaron 0:05:06.000,0:05:08.000 pasando rapidamente por moitas versións 0:05:08.000,0:05:10.000 de maneira similar aos programas informáticos. 0:05:10.000,0:05:13.000 E con cada proxecto de código aberto 0:05:13.000,0:05:15.000 o auténtico beneficio é a interacción 0:05:15.000,0:05:17.000 entre os diferentes asuntos que concernen 0:05:17.000,0:05:19.000 ás persoas que adaptan os seus sistemas 0:05:19.000,0:05:21.000 para as súas necesidades particulares 0:05:21.000,0:05:23.000 e as necesidades universais. 0:05:23.000,0:05:25.000 De modo que o meu equipo principal e máis eu 0:05:25.000,0:05:27.000 podemos concentrarnos nas melloras 0:05:27.000,0:05:30.000 que realmente benefician a todo o mundo. 0:05:30.000,0:05:33.000 E podemos estar atentos ás necesidades dos que chegan por primeira vez. 0:05:33.000,0:05:35.000 Para os amantes da bricolaxe, 0:05:35.000,0:05:39.000 nós proporcionamos instruccións gratuítas, ben probadas 0:05:39.000,0:05:41.000 para que calquera persoa en calquera parte do mundo 0:05:41.000,0:05:43.000 poida construír gratuitamente uns destes sistemas. 0:05:43.000,0:05:46.000 E tamén temos unha patente pendiente con estes sistemas, 0:05:46.000,0:05:48.000 que está en posesión da comunidade. 0:05:48.000,0:05:50.000 E para financiar o proxecto 0:05:50.000,0:05:52.000 asociámonos para crear produtos 0:05:52.000,0:05:55.000 que vendemos a escolas e a particulares 0:05:55.000,0:05:58.000 que non teñen tempo para construir os seus proprios sistemas. 0:05:58.000,0:06:00.000 Podemos dicir que na nosa comunidade 0:06:00.000,0:06:02.000 apareceu unha nova cultura. 0:06:02.000,0:06:04.000 Na nosa cultura é mellor ser alguén que proba 0:06:04.000,0:06:07.000 e que apoia a idea doutra persoa 0:06:07.000,0:06:10.000 que ser soamente o que tivo a idea. 0:06:10.000,0:06:12.000 O que conseguimos con este proxecto 0:06:12.000,0:06:14.000 é ter apoio polo noso propio traballo 0:06:14.000,0:06:18.000 así como unha experiencia de contribución 0:06:18.000,0:06:20.000 ao movemento ambiental 0:06:20.000,0:06:23.000 e isto o facémos non só enroscando lámpadas novas. 0:06:23.000,0:06:26.000 Porén, creo que Eileen di mellor 0:06:26.000,0:06:28.000 o que realmente conseguimos con isto: 0:06:28.000,0:06:31.000 a mesma satisfacción que dá a colaboración. 0:06:31.000,0:06:34.000 Ela expresa o que é 0:06:34.000,0:06:36.000 ver que alguén que vive na outra metade do mundo 0:06:36.000,0:06:38.000 retoma a túa idea, desenvólvea 0:06:38.000,0:06:41.000 e despois recoñece a túa contribución. 0:06:41.000,0:06:45.000 Se realmente queremos ver ese tipo de cambio amplo no comportamento do consumidor 0:06:45.000,0:06:47.000 do que todos estamos falando 0:06:47.000,0:06:49.000 como ambientalistas e interesados pola alimentación, 0:06:49.000,0:06:51.000 quizais só teñamos que desfacernos do termo "consumidor" 0:06:51.000,0:06:55.000 e apoiar a xente que está facendo cousas interesantes. 0:06:55.000,0:06:58.000 Os proxectos de código aberto adoitan ter un momento propio. 0:06:58.000,0:07:00.000 E o que estamos a ver é que a I+D-T-M 0:07:00.000,0:07:04.000 foi alén das granxas de ventá e diodos luminiscentes 0:07:04.000,0:07:08.000 ata chegar a sistemas con paneis solares e acuapónicos. 0:07:08.000,0:07:10.000 Estamos desenvolvendo innovacións 0:07:10.000,0:07:12.000 das xeracións anteriores. 0:07:12.000,0:07:14.000 E temos en vista as xeracións 0:07:14.000,0:07:18.000 que realmente necesitan que usemos outras ferramentas nas nosas vidas. 0:07:18.000,0:07:20.000 Con isto, pedímovos que vos unades a nós 0:07:20.000,0:07:22.000 para redescubrir o valor 0:07:22.000,0:07:24.000 dos cidadáns unidos 0:07:24.000,0:07:26.000 e para declarar 0:07:26.000,0:07:29.000 que todos nós somos aínda os primeiros. 0:07:29.000,0:07:31.000 (aplausos)