WEBVTT 00:00:00.587 --> 00:00:02.864 O máis grande e devastador 00:00:02.864 --> 00:00:05.661 proxecto ambiental e industrial do mundo 00:00:05.661 --> 00:00:07.120 está situado no corazón 00:00:07.120 --> 00:00:09.537 do bosque máis grande e mellor conservado do mundo: 00:00:09.537 --> 00:00:11.301 O bosque boreal de Canadá. 00:00:11.301 --> 00:00:15.593 Esténdese polo norte de Canadá, en Labrador, 00:00:15.593 --> 00:00:18.072 e é o fogar do último gran rabaño de caribús salvaxes 00:00:18.072 --> 00:00:20.200 do mundo, o rabaño do río George, 00:00:20.200 --> 00:00:22.696 aproximadamente 400 000 animais. 00:00:22.696 --> 00:00:25.217 Por desgraza, cando estiven alí non dei atopado ningún 00:00:25.217 --> 00:00:26.827 mais velaí as cornas como proba. NOTE Paragraph 00:00:27.647 --> 00:00:30.376 Ao longo de todo o bosque boreal, temos a sorte de contar 00:00:30.376 --> 00:00:32.769 cunha incrible abundancia de zonas húmidas. 00:00:32.769 --> 00:00:36.883 As zonas húmidas son un dos ecosistemas máis ameazados no mundo. 00:00:36.883 --> 00:00:39.983 Son ecosistemas esenciais, 00:00:39.983 --> 00:00:42.202 filtran o aire e a auga, 00:00:42.202 --> 00:00:45.473 absorben grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro, 00:00:45.473 --> 00:00:49.074 e son o fogar dunha enorme variedade de especies. 00:00:49.074 --> 00:00:51.292 Os bosques boreais son tamén o fogar onde 00:00:51.292 --> 00:00:55.627 case a metade das 800 especies de paxaros de América do Norte 00:00:55.627 --> 00:00:58.422 migran ao norte para reproducirse e criar. NOTE Paragraph 00:01:00.142 --> 00:01:03.930 En Ontario, o bosque boreal esténdese ao sur 00:01:03.930 --> 00:01:05.887 ata a beira norte do lago Superior. 00:01:05.887 --> 00:01:09.752 Estes bosques boreais de incrible beleza 00:01:09.752 --> 00:01:12.534 inspiraron algunhas das máis famosas obras de arte 00:01:12.534 --> 00:01:16.172 da historia canadense: o Grupo dos Sete inspirouse moito 00:01:16.172 --> 00:01:17.700 nesta paisaxe, 00:01:17.700 --> 00:01:21.574 por iso, o boreal non é só un elemento clave 00:01:21.574 --> 00:01:23.161 do noso patrimonio natural, 00:01:23.161 --> 00:01:26.203 senón tamén unha parte importante do noso patrimonio cultural. NOTE Paragraph 00:01:26.473 --> 00:01:30.132 En Manitoba, velaquí unha foto da ribeira oriental do lago Winnipeg, 00:01:30.312 --> 00:01:32.926 este lugar acaba de ser designado 00:01:32.926 --> 00:01:35.684 Patrimonio Cultural da UNESCO. 00:01:36.294 --> 00:01:39.439 En Saskatchewan, como por todo o bosque boreal, 00:01:39.439 --> 00:01:41.948 onde están algúns dos nosos ríos máis famosos, 00:01:41.948 --> 00:01:44.508 unha rede incrible de ríos e lagos 00:01:44.508 --> 00:01:47.044 que todos os nenos aprenden na escola, 00:01:47.044 --> 00:01:50.490 o río da Paz, o Athabasca, o Churchill aquí, o Mackenzie, 00:01:50.980 --> 00:01:54.746 e estas redes eran as rutas históricas 00:01:54.746 --> 00:01:56.995 para os viaxantes e comerciantes de peles, 00:01:56.995 --> 00:02:00.349 os primeiros exploradores non aborixes do Norte canadense 00:02:00.349 --> 00:02:03.179 que, inspirándose na xente das Primeiras Nacións, 00:02:03.179 --> 00:02:05.335 usaban canoas e remaban para explorar 00:02:05.335 --> 00:02:09.822 unha ruta comercial, unha Pasaxe do Noroeste para o comercio de pel. NOTE Paragraph 00:02:09.822 --> 00:02:13.330 No Norte, o boreal está bordeado pola tundra, 00:02:13.330 --> 00:02:16.560 e xusto por baixo, no Yukón, 00:02:16.560 --> 00:02:19.933 temos este val incrible, o Tombstone. 00:02:19.933 --> 00:02:24.895 O val Tombstone acolle a manda de caribús de Grant. 00:02:24.895 --> 00:02:27.122 Seguro que escoitaron falar deles, 00:02:27.122 --> 00:02:28.985 porque crían a súa prole 00:02:28.985 --> 00:02:31.027 no Refuxio Nacional Ártico da Vida Salvaxe. 00:02:31.027 --> 00:02:32.413 Ben, o seu lugar de invernada 00:02:32.413 --> 00:02:35.461 tamén é esencial, e non ten protección 00:02:35.621 --> 00:02:38.330 e, en teoría, podería ser explotado 00:02:38.330 --> 00:02:41.398 para extraer os seus recursos de gas e minerais. NOTE Paragraph 00:02:42.838 --> 00:02:45.047 O bordo oeste do boreal na Columbia Británica 00:02:45.047 --> 00:02:46.857 está marcado polas montañas Costeiras; 00:02:46.857 --> 00:02:48.405 e ao outro lado delas 00:02:48.405 --> 00:02:51.096 está o maior bosque temperado húmido que queda no mundo, 00:02:51.096 --> 00:02:52.728 o bosque pluvial do Grande Oso, 00:02:52.728 --> 00:02:55.605 do que falaremos con máis detalle nuns minutos. NOTE Paragraph 00:02:55.835 --> 00:03:00.810 Todo o bosque boreal acolle unha enorme variedade 00:03:00.810 --> 00:03:02.628 de poboacións indíxenas 00:03:02.628 --> 00:03:05.630 e unha cultura rica e variada. 00:03:05.630 --> 00:03:07.682 Penso que unha das razóns por que 00:03:07.682 --> 00:03:11.564 tantos destes grupos conservaron unha ligazón co pasado, 00:03:11.564 --> 00:03:13.303 coñecen as súas linguas nativas, 00:03:13.303 --> 00:03:15.972 as cancións, as danzas, as tradicións, 00:03:15.972 --> 00:03:19.088 creo que en parte débese ao illamento, 00:03:19.088 --> 00:03:20.905 á extensión e ao carácter agreste 00:03:20.905 --> 00:03:24.795 deste ecosistema intacto case ao 95 por cento. 00:03:24.955 --> 00:03:26.644 E penso que especialmente agora 00:03:26.644 --> 00:03:29.695 que atravesamos unha crise ambiental, 00:03:29.695 --> 00:03:31.741 temos moito que aprender desta xente 00:03:31.741 --> 00:03:34.127 que viviu de forma tan sustentable neste ecosistema 00:03:34.127 --> 00:03:36.398 desde hai máis de 10 000 anos. NOTE Paragraph 00:03:37.298 --> 00:03:40.188 No corazón deste ecosistema atopamos a antítese 00:03:40.188 --> 00:03:42.699 de todos estes valores dos que estivemos a falar 00:03:42.699 --> 00:03:44.496 e creo que son algúns dos valores que 00:03:44.496 --> 00:03:46.548 nos fan sentir orgullo de ser canadenses. 00:03:46.548 --> 00:03:48.865 Isto son as areas bituminosas de Alberta, 00:03:48.865 --> 00:03:51.520 as maiores reservas de petróleo do planeta 00:03:51.520 --> 00:03:53.290 fóra de Arabia Saudita. 00:03:53.290 --> 00:03:55.195 Atrapadas debaixo do bosque boreal 00:03:55.195 --> 00:03:57.409 e das zonas húmidas de Alberta setentrional 00:03:57.409 --> 00:04:01.362 están estas amplas reservas de betume pegañento alcatranado. 00:04:01.362 --> 00:04:04.020 E a súa minaría e explotación 00:04:04.020 --> 00:04:09.108 están creando devastación nunha escala que o planeta nunca viu. NOTE Paragraph 00:04:10.458 --> 00:04:14.289 Quero tratar de transmitir unha idea da súa dimensión. 00:04:14.889 --> 00:04:16.433 Se miran ese camión alí, 00:04:16.433 --> 00:04:19.066 é o camión máis grande do seu tipo do planeta. 00:04:19.066 --> 00:04:21.724 É un camión basculante de 400 toneladas de capacidade 00:04:21.724 --> 00:04:25.554 e as súas dimensións son 13,7 metros 00:04:25.554 --> 00:04:29.057 por 10,7 metros de ancho e 7,7 metros de alto. 00:04:29.057 --> 00:04:30.596 Se me poño ao lado do camión, 00:04:30.596 --> 00:04:32.145 a miña cabeza andaría pola base 00:04:32.145 --> 00:04:33.940 da parte amarela dese tapacubos. 00:04:34.150 --> 00:04:36.349 Nas dimensións dese camión, 00:04:36.349 --> 00:04:40.256 poderían construír unha casa de dous pisos de 280 m² 00:04:40.256 --> 00:04:42.177 bastante facilmente. Fixen as contas. 00:04:42.287 --> 00:04:44.679 Así que en lugar de pensar niso como nun camión, 00:04:44.679 --> 00:04:47.737 pensen niso como en casas de 280 m². 00:04:47.737 --> 00:04:49.532 Non está mal para unha casa. 00:04:49.532 --> 00:04:52.543 E aliñen eses camións/casas un tras doutro 00:04:52.543 --> 00:04:55.093 desde aquí abaixo 00:04:55.093 --> 00:04:57.613 todo ata a cima. 00:04:57.993 --> 00:05:02.859 E logo pensen no grande que é esa sección tan pequena da mina. NOTE Paragraph 00:05:03.779 --> 00:05:06.015 Agora, poden imaxinar iso mesmo 00:05:06.015 --> 00:05:07.519 aquí tamén. 00:05:07.519 --> 00:05:09.875 Aquí ven, por suposto, mentres se van afastando, 00:05:09.875 --> 00:05:11.849 estes camións convértense nun píxel. 00:05:12.339 --> 00:05:15.621 De novo, imaxinen ese cálculo dun lado ao outro. 00:05:15.791 --> 00:05:18.673 Como é de grande esa sección dunha mina? 00:05:19.793 --> 00:05:23.256 Esta sería unha área metropolitana enorme, ampla, 00:05:23.846 --> 00:05:26.257 probablemente moito maior que a cidade de Victoria. 00:05:26.397 --> 00:05:30.136 E esta é só unha de varias minas, 00:05:30.376 --> 00:05:32.584 10 minas ata agora. 00:05:32.584 --> 00:05:34.884 Esta é unha sección dun complexo de minaría, 00:05:35.014 --> 00:05:39.122 e hai sobre 40 ou 50 en proceso de aprobación. 00:05:39.122 --> 00:05:42.078 A ningunha mina de areas se lle negou a aprobación, 00:05:42.078 --> 00:05:44.452 por iso, esencialmente, é só cuestión dun cuño. NOTE Paragraph 00:05:45.272 --> 00:05:48.110 O outro método de extracción é o chamado in situ. 00:05:48.247 --> 00:05:50.798 E aquí, cantidades inxentes de auga 00:05:50.798 --> 00:05:53.335 sobrequéntanse e bombéanse a través do chan, 00:05:53.335 --> 00:05:55.602 por estas redes de canalizacións, 00:05:55.602 --> 00:05:59.129 liñas sísmicas, camiños de perforación, estacións de compresores. 00:05:59.179 --> 00:06:01.771 E aínda que quizais isto non pareza tan repugnante 00:06:01.771 --> 00:06:05.388 como as minas, é mesmo máis daniño en certo sentido. 00:06:05.388 --> 00:06:10.383 Impacta e fragmenta unha parte máis grande da natureza virxe, 00:06:10.613 --> 00:06:13.582 onde hai unha redución do 90 por cento de especies clave, 00:06:13.582 --> 00:06:15.626 como o caribú do bosque e os osos grizzly, 00:06:15.626 --> 00:06:19.297 e consome aínda máis enerxía, máis auga, 00:06:19.297 --> 00:06:21.944 e produce polo menos tanto gas de efecto invernadoiro. 00:06:21.944 --> 00:06:24.929 Estes desenvolvementos in situ son polo menos 00:06:24.929 --> 00:06:28.069 tan daniños ecoloxicamente como as minas. NOTE Paragraph 00:06:29.659 --> 00:06:32.195 O petróleo producido por calquera dos dous métodos 00:06:32.195 --> 00:06:36.676 produce máis emisións de gases de efecto invernadoiro ca calquera outro. 00:06:36.676 --> 00:06:38.559 Esa é unha das razóns de que lle chamen 00:06:38.559 --> 00:06:40.247 o petróleo máis sucio do mundo. 00:06:40.247 --> 00:06:42.365 É tamén unha das razóns de que sexa 00:06:42.365 --> 00:06:45.134 a fonte de carbono máis grande 00:06:45.134 --> 00:06:46.973 e de maior crecemento en Canadá, 00:06:46.973 --> 00:06:51.705 e é tamén a razón de que Canadá sexa agora o número tres 00:06:51.705 --> 00:06:55.561 en canto á xeración de carbono por persoa. 00:06:56.761 --> 00:07:01.109 Os estanques de residuos son os maiores encoros tóxicos do planeta. 00:07:02.169 --> 00:07:04.729 As areas petrolíferas, ou mellor, areas de alcatrán, 00:07:04.729 --> 00:07:07.131 areas petrolíferas é un nome de relacións públicas, 00:07:07.131 --> 00:07:09.807 porque as compañías petrolíferas nunca promoverían nada 00:07:09.807 --> 00:07:12.287 que lembre unha substancia pegañenta como o alcatrán, 00:07:12.287 --> 00:07:14.275 que é o petróleo máis sucio do mundo. 00:07:14.485 --> 00:07:16.819 Así que decidiron chamarlle areas petrolíferas. 00:07:16.909 --> 00:07:20.789 As areas de alcatrán consomen máis auga que ningún outro proceso petrolífero, 00:07:20.839 --> 00:07:23.973 de 3 a 5 barrís de auga son recollidos, contaminados 00:07:23.973 --> 00:07:26.485 e devoltos aos estanques de residuos, 00:07:26.485 --> 00:07:28.789 os encoros tóxicos máis grandes no planeta. NOTE Paragraph 00:07:28.979 --> 00:07:31.049 SemCrude, só un dos concesionarios, 00:07:31.059 --> 00:07:33.141 en só un dos seus estanques de residuos, 00:07:33.141 --> 00:07:38.236 verte 250 000 toneladas de lixo tóxico cada día. 00:07:38.556 --> 00:07:40.709 Iso crea os encoros tóxicos máis grandes 00:07:40.709 --> 00:07:42.349 na historia do planeta. 00:07:42.629 --> 00:07:45.126 Por agora, isto é toxina abondo 00:07:45.126 --> 00:07:48.588 para cubrir o lago Erie con 30 cm de profundidade. 00:07:49.478 --> 00:07:54.525 E estas balsas de residuos poden ocupar máis de 3600 hectáreas. 00:07:54.525 --> 00:07:58.565 Iso é dous terzos do tamaño da illa enteira de Manhattan. 00:07:58.565 --> 00:08:01.558 É como a distancia desde Wall Street ao bordo sur de Manhattan 00:08:01.558 --> 00:08:03.635 ata quizais a rúa 120. 00:08:04.035 --> 00:08:05.429 Este é totalmente... 00:08:05.429 --> 00:08:08.108 Este é unha das maiores balsas de residuos. 00:08:08.198 --> 00:08:10.845 Isto podería ser, que? Non sei, a metade de Manhattan. 00:08:10.945 --> 00:08:12.305 E poden ver no contexto, 00:08:12.305 --> 00:08:14.329 que é só unha sección relativamente pequena 00:08:14.329 --> 00:08:18.752 dun de 10 complexos de minaría, mentres outros 40 ou 50 00:08:18.752 --> 00:08:20.901 están á espera de seren aprobados axiña. NOTE Paragraph 00:08:22.151 --> 00:08:24.845 E, por suposto, estas balsas de residuos, 00:08:24.845 --> 00:08:27.677 non se poden ver moitas balsas desde o espazo exterior 00:08:27.677 --> 00:08:31.245 e poden ver estas, así que quizais deberiamos parar de chamarlles balsas, 00:08:31.245 --> 00:08:35.251 estes enormes ermos tóxicos son construídos 00:08:35.251 --> 00:08:38.117 sen regras nas beiras do río Athabasca. 00:08:38.407 --> 00:08:40.401 E o río Athabasca rega augas abaixo 00:08:40.401 --> 00:08:42.545 as terras de varias comunidades aborixes. 00:08:42.675 --> 00:08:45.186 En Fort Chipewyan, as 800 persoas de alí 00:08:45.186 --> 00:08:47.459 atopan toxinas na cadea alimentaria, 00:08:47.459 --> 00:08:49.221 está cientificamente demostrado. 00:08:49.221 --> 00:08:52.028 As toxinas das areas de alcatrán están na cadea alimentaria, 00:08:52.028 --> 00:08:53.503 e isto causa taxas de cancro 00:08:53.503 --> 00:08:56.903 ata 10 veces superiores á media do Canadá. NOTE Paragraph 00:08:57.493 --> 00:08:59.788 A pesar diso, a xente ten que vivir, 00:08:59.888 --> 00:09:02.952 ten que comer esta comida para sobrevivir. 00:09:02.952 --> 00:09:04.861 O prezo incriblemente alto 00:09:04.861 --> 00:09:08.785 do transporte aéreo de comida para as remotas comunidades aborixes do Norte 00:09:08.785 --> 00:09:10.616 e a altas taxas de desemprego 00:09:10.616 --> 00:09:13.391 fan disto unha necesidade absoluta para a supervivencia. 00:09:13.521 --> 00:09:17.448 Hai poucos anos, un home das Primeiras Nacións prestoume un barco. 00:09:17.568 --> 00:09:19.891 E díxome: "Cando vaias ao río, 00:09:19.891 --> 00:09:23.119 baixo ningún motivo comas peixe. 00:09:23.619 --> 00:09:24.706 É canceríxeno." 00:09:25.316 --> 00:09:29.573 E aínda así, no soportal da casa dese home, 00:09:29.783 --> 00:09:33.487 vin catro peixes. El tiña que alimentar a súa familia para sobrevivir. 00:09:34.027 --> 00:09:39.878 E como pai, non podo imaxinar como iso che afecta a alma. 00:09:40.398 --> 00:09:42.185 E iso é o que estamos a facer. NOTE Paragraph 00:09:43.855 --> 00:09:46.053 O bosque boreal é tamén 00:09:46.983 --> 00:09:50.816 quizais a nosa mellor defensa contra o quecemento global e o cambio climático. 00:09:51.546 --> 00:09:53.784 O bosque boreal absorbe máis carbono 00:09:53.784 --> 00:09:56.286 que ningún outro ecosistema terrestre. 00:09:57.166 --> 00:09:59.464 E isto é absolutamente crucial. 00:09:59.934 --> 00:10:01.656 Así que o que estamos a facer é, 00:10:01.656 --> 00:10:06.401 collemos o sumidoiro máis eficaz para absorber gases invernadoiro, 00:10:07.371 --> 00:10:10.074 absórbense dúas veces máis gases de efecto invernadoiro 00:10:10.074 --> 00:10:13.673 por hectárea no bosque boreal que nas selvas húmidas. 00:10:13.923 --> 00:10:16.156 E o que estamos a facer é destruír 00:10:16.156 --> 00:10:19.311 este sumidoiro de carbono, converténdoo nunha bomba de carbono. 00:10:19.311 --> 00:10:21.744 Estamos a substituír iso polo máis grande 00:10:21.744 --> 00:10:23.896 proxecto industrial na historia do mundo, 00:10:23.896 --> 00:10:26.718 que está a extraer o petróleo en cuxa produción se emiten 00:10:26.718 --> 00:10:29.977 os gases de efecto invernadoiro con máis contido en carbono do mundo. 00:10:31.027 --> 00:10:33.626 E estamos a facer iso na segunda maior 00:10:33.626 --> 00:10:35.693 reserva de petróleo no planeta. NOTE Paragraph 00:10:36.183 --> 00:10:38.255 Esta é unha das razóns por que Canadá, 00:10:38.255 --> 00:10:39.950 antes un heroe do cambio climático, 00:10:39.950 --> 00:10:42.820 fomos un dos primeiros signatarios do Protocolo de Quioto. 00:10:43.240 --> 00:10:45.414 Agora somos o país con máis grupos de presión 00:10:45.414 --> 00:10:48.256 na Unión Europea e en Washington, D.C., 00:10:48.746 --> 00:10:52.429 a ameazar con guerras comerciais cando estes países 00:10:52.429 --> 00:10:55.548 falan de introducir lexislación positiva 00:10:55.548 --> 00:10:59.001 para limitar a importación de combustibles de alto contido en carbono, 00:10:59.001 --> 00:11:02.003 de emisións de gases de efecto invernadoiro, ou semellante, 00:11:02.003 --> 00:11:03.583 en conferencias internacionais, 00:11:03.583 --> 00:11:06.370 sexa en Copenhague ou en Cancún, 00:11:06.370 --> 00:11:08.817 conferencias internacionais sobre cambio climático, 00:11:08.817 --> 00:11:11.047 somos o país que recibe o "Premio Dinosauro" 00:11:11.047 --> 00:11:13.731 todos os días por ser o maior obstáculo 00:11:13.731 --> 00:11:15.766 na solución deste problema. NOTE Paragraph 00:11:17.246 --> 00:11:19.328 Só 113 km río abaixo 00:11:19.328 --> 00:11:21.575 está o delta de auga doce máis grande do mundo, 00:11:21.575 --> 00:11:23.390 o Delta Paz-Athabasca, 00:11:23.390 --> 00:11:27.174 o único no punto de unión das catro rutas migratorias. 00:11:27.174 --> 00:11:29.262 É unha zona húmida de importancia mundial, 00:11:29.262 --> 00:11:31.109 quizais a máis grande do planeta. 00:11:31.109 --> 00:11:34.942 Un hábitat incrible para a metade das especies de paxaros 00:11:34.942 --> 00:11:37.600 que se atopan en América do Norte, que emigran aquí. 00:11:38.460 --> 00:11:42.712 E tamén o último refuxio para a manda máis grande de bisonte salvaxe, 00:11:42.712 --> 00:11:46.776 e tamén, por suposto, hábitat esencial para moitas outras especies. 00:11:47.466 --> 00:11:51.711 Pero tamén está a ser ameazado pola cantidade masiva 00:11:51.711 --> 00:11:53.637 de auga que se retira do Athabasca, 00:11:53.637 --> 00:11:55.683 que alimenta estas zonas húmidas, 00:11:55.683 --> 00:11:57.726 e tamén pola incrible carga tóxica 00:11:57.726 --> 00:12:00.534 dos encoros tóxicos máis grandes no planeta, 00:12:00.534 --> 00:12:02.541 que está a entrar na cadea alimentaria 00:12:02.541 --> 00:12:04.457 de todas as especies augas abaixo. NOTE Paragraph 00:12:05.607 --> 00:12:07.651 Por moi malo que pareza, as cousas van ir 00:12:07.651 --> 00:12:09.652 a peor, moito moito peor. 00:12:09.652 --> 00:12:12.387 Esta é a infraestrutura como a vemos agora. 00:12:12.387 --> 00:12:15.736 Isto é o que está planeado para 2015. 00:12:16.196 --> 00:12:19.519 E poden ver aquí o Oleoduto Keystone, 00:12:20.069 --> 00:12:23.598 que levaría areas de alcatrán en bruto ata a Costa do Golfo, 00:12:24.218 --> 00:12:26.718 perforando unha canalización 00:12:26.718 --> 00:12:30.713 polo corazón agrícola de América do Norte, dos Estados Unidos, 00:12:30.823 --> 00:12:36.277 e asegurando o contrato co combustible máis sucio do mundo 00:12:36.277 --> 00:12:39.260 para consumo dos Estados Unidos, 00:12:39.260 --> 00:12:42.055 e poñendo un freo enorme 00:12:42.055 --> 00:12:45.460 para o futuro da enerxías limpas e sustentables en América. NOTE Paragraph 00:12:45.870 --> 00:12:50.432 Aquí ven a ruta cara a abaixo do val Mackenzie. 00:12:51.512 --> 00:12:53.815 Isto poñería un gasoduto para levar gas natural 00:12:53.815 --> 00:12:56.066 do Mar de Beaufort polo corazón 00:12:56.066 --> 00:12:59.934 da terceira maior conca hidrográfica do mundo, 00:12:59.934 --> 00:13:02.636 e a única aínda intacta nun 95 por cento. 00:13:03.046 --> 00:13:06.628 E construír un gasoduto cunha autoestrada industrial 00:13:06.628 --> 00:13:09.726 cambiaría para sempre esta natureza incrible, 00:13:09.726 --> 00:13:13.034 que hoxe é unha verdadeira rareza no planeta. NOTE Paragraph 00:13:15.094 --> 00:13:17.846 O bosque do Grande Oso está xusto por riba 00:13:17.846 --> 00:13:20.939 do outeiro, nuns cantos km, pasamos 00:13:20.939 --> 00:13:24.070 destes bosques boreais de árbores centenarias, 00:13:24.070 --> 00:13:25.819 de quizais 25 cm de diámetro, 00:13:25.819 --> 00:13:28.276 ao bosque pluvial temperado costeiro, 00:13:28.276 --> 00:13:31.676 empapado de chuvia, árbores milenarias, 00:13:31.926 --> 00:13:35.278 con 6 m de diámetro, un ecosistema completamente diferente. 00:13:35.278 --> 00:13:37.285 O bosque do Grande Oso é considerado 00:13:37.285 --> 00:13:39.848 o maior ecosistema de bosque pluvial 00:13:39.848 --> 00:13:41.724 temperado costeiro do mundo. 00:13:41.724 --> 00:13:43.398 Un dos de maiores densidades, 00:13:43.398 --> 00:13:46.728 algunhas das especies máis icónicas e ameazadas do planeta, 00:13:47.798 --> 00:13:51.694 e aínda hai unha proposta, por suposto, para construír un oleoduto 00:13:52.484 --> 00:13:56.165 para poñer enormes petroleiros, 10 veces o tamaño do Exxon Valdez, 00:13:56.165 --> 00:13:59.630 a atravesar algunhas das augas máis difíciles de navegar do mundo, 00:13:59.630 --> 00:14:01.389 onde hai só uns poucos anos, 00:14:01.389 --> 00:14:03.554 encallou un transbordador da BC. 00:14:03.934 --> 00:14:06.224 Cando un destes petroleiros de area de alcatrán 00:14:06.224 --> 00:14:09.965 levando o petróleo máis sucio, 10 veces maior que o Exxon Valdez, 00:14:09.965 --> 00:14:12.030 bata nunha rocha e afunda, 00:14:12.030 --> 00:14:14.327 imos ter un dos peores desastres ecolóxicos 00:14:14.327 --> 00:14:16.258 que este planeta nunca viu. NOTE Paragraph 00:14:17.718 --> 00:14:20.757 Aquí temos o plan para o 2030. 00:14:20.757 --> 00:14:25.134 O que están a propoñer é case cuadriplicar a produción, 00:14:25.324 --> 00:14:28.664 e iso industrializaría unha área do tamaño de Florida. 00:14:30.024 --> 00:14:32.301 Se se fai así, estaremos a eliminar 00:14:32.301 --> 00:14:35.042 unha parte grande do noso maior sumidoiro de carbono, 00:14:35.042 --> 00:14:38.658 substituíndoo polo petróleo que xera a maior emisión de gases 00:14:38.658 --> 00:14:41.100 de efecto invernadoiro no futuro. 00:14:41.480 --> 00:14:45.136 O mundo non necesita máis minas de alcatrán. 00:14:45.136 --> 00:14:48.162 O mundo non necesita máis oleodutos 00:14:48.162 --> 00:14:51.841 para alimentar a nosa adicción aos combustibles fósiles. 00:14:51.841 --> 00:14:53.712 E o mundo de seguro que non necesita 00:14:53.712 --> 00:14:56.586 que os maiores endoros tóxicos crezan e se multipliquen 00:14:56.586 --> 00:14:59.056 e menos para ameazar as comunidades río abaixo. 00:14:59.056 --> 00:15:01.006 E afrontémolo, todos vivimos río abaixo 00:15:01.006 --> 00:15:04.081 nunha era de quecemento global e cambio climatico. NOTE Paragraph 00:15:04.721 --> 00:15:07.825 O que precisamos é actuar todos 00:15:07.825 --> 00:15:09.745 para facer que Canadá respecte 00:15:09.745 --> 00:15:12.465 as cantidades enormes de auga doce 00:15:12.465 --> 00:15:14.849 que posuímos neste país. 00:15:14.849 --> 00:15:17.305 Precisamos facer que estas zonas húmidas e bosques 00:15:17.305 --> 00:15:19.921 que son a nosa mellor e máis grande e crucial defensa 00:15:19.921 --> 00:15:22.944 contra o quecemento global sexan protexidos, 00:15:22.944 --> 00:15:26.804 e que non se solte esta bomba de carbono na atmosfera. 00:15:27.314 --> 00:15:29.617 E precisamos xuntarnos todos 00:15:29.617 --> 00:15:32.712 e dicirlles non ás areas de alcatrán. 00:15:32.712 --> 00:15:35.072 E podemos facelo. Hai unha rede enorme 00:15:35.072 --> 00:15:38.849 por todo o mundo que pelexa para deter este proxecto. NOTE Paragraph 00:15:38.849 --> 00:15:41.849 E creo sinxelamente que isto non é 00:15:41.849 --> 00:15:44.473 unha decisión que se deba tomar só no Canadá. 00:15:44.473 --> 00:15:46.949 Todo o mundo neste salón, todo o mundo no Canadá, 00:15:46.949 --> 00:15:49.928 todos os que oíron esta presentación teñen un papel que xogar 00:15:49.928 --> 00:15:51.777 e, penso, unha responsabilidade. 00:15:51.777 --> 00:15:53.723 Porque o que facemos aquí 00:15:54.203 --> 00:15:57.450 vai cambiar a nosa historia, 00:15:57.450 --> 00:16:00.016 vai colorear a nosa posibilidade de sobrevivir, 00:16:00.016 --> 00:16:01.704 e de que os nosos nenos sobrevivan 00:16:01.704 --> 00:16:03.828 e teñan un futuro rico. NOTE Paragraph 00:16:05.628 --> 00:16:07.456 Temos un regalo incrible no boreal, 00:16:07.456 --> 00:16:09.397 unha oportunidade incrible de preservar 00:16:09.397 --> 00:16:12.536 a nosa mellor defensa contra o quecemento global, 00:16:12.736 --> 00:16:14.955 pero poderiamos deixala escapar. 00:16:15.455 --> 00:16:17.294 As areas de alcatrán poderían ameazar 00:16:17.294 --> 00:16:19.478 non só unha sección grande do boreal. 00:16:19.478 --> 00:16:22.649 Poden comprometer a vida e a saúde 00:16:22.649 --> 00:16:26.982 dalgunha da nosa xente máis desfavorecida e vulnerable, 00:16:27.192 --> 00:16:30.610 as comunidades aborixes que tanto nos teñen que ensinar. 00:16:30.880 --> 00:16:33.359 Poderían destruír o delta Athabasca, 00:16:33.669 --> 00:16:37.898 o maior e posiblemente máis grandioso delta de auga doce do planeta. 00:16:38.288 --> 00:16:41.854 Poderían destruír o bosque do Grande Oso, 00:16:41.854 --> 00:16:44.623 o maior bosque pluvial temperado do mundo. 00:16:44.623 --> 00:16:46.726 E poderían ter un impacto enorme 00:16:46.726 --> 00:16:51.167 no futuro do corazón agrícola de América do Norte NOTE Paragraph 00:16:51.167 --> 00:16:53.953 Espero que todos, se os conmoveu esta presentación, 00:16:53.953 --> 00:16:56.784 se xunten á comunidade internacional que medra 00:16:56.784 --> 00:17:00.558 para conseguir que o Canadá cumpra coas súas responsabilidades, 00:17:00.558 --> 00:17:05.026 para convencer ao Canadá de volver a ser un campión do cambio climático 00:17:05.026 --> 00:17:06.775 en vez do malo do cambio climático, 00:17:06.775 --> 00:17:08.822 e para dicirlle non ás areas de alcatrán, 00:17:08.822 --> 00:17:11.335 e si a un futuro de enerxía limpa para todos. 00:17:11.335 --> 00:17:12.342 Moitas grazas. NOTE Paragraph 00:17:12.342 --> 00:17:17.638 (Aplauso)