WEBVTT 00:00:08.300 --> 00:00:11.860 Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. 00:00:11.940 --> 00:00:15.220 Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial 00:00:15.360 --> 00:00:19.500 e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. 00:00:21.180 --> 00:00:24.050 Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, 00:00:24.050 --> 00:00:27.330 e esas decisións afectan á túa vida diaria. 00:00:27.890 --> 00:00:31.259 Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, 00:00:31.260 --> 00:00:33.800 os ordenadores deciden o que ves. 00:00:34.130 --> 00:00:38.610 Os ordenadores xa poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, 00:00:39.010 --> 00:00:42.330 axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, 00:00:42.330 --> 00:00:44.080 incluso mellor que os humanos. 00:00:44.480 --> 00:00:46.900 Como é posible todo isto? 00:00:47.360 --> 00:00:52.560 Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. 00:00:53.011 --> 00:00:55.970 Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. 00:00:56.330 --> 00:00:59.060 Pero hai un tipo de IA chamada aprendizaxe automática 00:00:59.060 --> 00:01:00.870 coa que xa contamos na actualidade. 00:01:01.270 --> 00:01:03.440 É unha forma de IA coa que probablemente interactúas 00:01:03.440 --> 00:01:05.590 todos os días sen sequera darte conta. 00:01:06.160 --> 00:01:10.700 Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. 00:01:12.320 --> 00:01:15.420 A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores 00:01:15.420 --> 00:01:18.180 de recoñecer patróns e tomar decisións 00:01:18.180 --> 00:01:21.190 sen que haxa que programalos de forma explícita. 00:01:21.490 --> 00:01:25.300 O máis fascinante é que se trata dun xeito completamente diferente 00:01:25.300 --> 00:01:29.620 de programar ordenadores co que faciamos ata agora. 00:01:31.120 --> 00:01:36.310 Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, 00:01:36.310 --> 00:01:40.560 podes programalo para que aprenda como o fas ti, 00:01:40.560 --> 00:01:43.760 a través do ensaio e erro, e moita práctica. 00:01:44.230 --> 00:01:45.890 A aprendizaxe acádase coa experiencia, 00:01:45.890 --> 00:01:47.920 e na aprendizaxe automática, tamén. 00:01:48.530 --> 00:01:53.363 Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. 00:01:54.143 --> 00:01:57.373 A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: 00:01:57.500 --> 00:02:01.170 Imaxes, vídeo, son ou texto, 00:02:02.060 --> 00:02:04.520 e empezar a recoñecer patróns neles. 00:02:06.300 --> 00:02:11.120 Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións 00:02:11.120 --> 00:02:12.980 baseadas neses patróns. 00:02:13.340 --> 00:02:18.420 Por exemplo, diferenciar entre a imaxe dun coche e a dunha bicicleta. 00:02:20.450 --> 00:02:23.140 A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar 00:02:23.140 --> 00:02:26.200 un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, 00:02:26.640 --> 00:02:29.000 e están a moldear o noso futuro. 00:02:29.000 --> 00:02:34.600 Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. 00:02:35.000 --> 00:02:39.000 Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. 00:02:40.940 --> 00:02:43.890 Lembra que a IA é como todas as ferramentas: 00:02:43.890 --> 00:02:47.136 Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!