1 00:00:08,300 --> 00:00:11,860 Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. 2 00:00:11,940 --> 00:00:15,220 Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial 3 00:00:15,360 --> 00:00:19,500 e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. 4 00:00:21,180 --> 00:00:24,050 Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, 5 00:00:24,050 --> 00:00:27,330 e esas decisións afectan á túa vida diaria. 6 00:00:27,890 --> 00:00:31,259 Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, 7 00:00:31,260 --> 00:00:33,800 os ordenadores deciden o que ves. 8 00:00:34,130 --> 00:00:38,610 Os ordenadores xa poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, 9 00:00:39,010 --> 00:00:42,330 axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, 10 00:00:42,330 --> 00:00:44,080 incluso mellor que os humanos. 11 00:00:44,480 --> 00:00:46,900 Como é posible todo isto? 12 00:00:47,360 --> 00:00:52,560 Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. 13 00:00:53,011 --> 00:00:55,970 Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. 14 00:00:56,330 --> 00:00:59,060 Pero hai un tipo de IA chamada aprendizaxe automática 15 00:00:59,060 --> 00:01:00,870 coa que xa contamos na actualidade. 16 00:01:01,270 --> 00:01:03,440 É unha forma de IA coa que probablemente interactúas 17 00:01:03,440 --> 00:01:05,590 todos os días sen sequera darte conta. 18 00:01:06,160 --> 00:01:10,700 Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. 19 00:01:12,320 --> 00:01:15,420 A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores 20 00:01:15,420 --> 00:01:18,180 de recoñecer patróns e tomar decisións 21 00:01:18,180 --> 00:01:21,190 sen que haxa que programalos de forma explícita. 22 00:01:21,490 --> 00:01:25,300 O máis fascinante é que se trata dun xeito completamente diferente 23 00:01:25,300 --> 00:01:29,620 de programar ordenadores co que faciamos ata agora. 24 00:01:31,120 --> 00:01:36,310 Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, 25 00:01:36,310 --> 00:01:40,560 podes programalo para que aprenda como o fas ti, 26 00:01:40,560 --> 00:01:43,760 a través do ensaio e erro, e moita práctica. 27 00:01:44,230 --> 00:01:45,890 A aprendizaxe acádase coa experiencia, 28 00:01:45,890 --> 00:01:47,920 e na aprendizaxe automática, tamén. 29 00:01:48,530 --> 00:01:53,363 Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. 30 00:01:54,143 --> 00:01:57,373 A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: 31 00:01:57,500 --> 00:02:01,170 Imaxes, vídeo, son ou texto, 32 00:02:02,060 --> 00:02:04,520 e empezar a recoñecer patróns neles. 33 00:02:06,300 --> 00:02:11,120 Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións 34 00:02:11,120 --> 00:02:12,980 baseadas neses patróns. 35 00:02:13,340 --> 00:02:18,420 Por exemplo, diferenciar entre a imaxe dun coche e a dunha bicicleta. 36 00:02:20,450 --> 00:02:23,140 A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar 37 00:02:23,140 --> 00:02:26,200 un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, 38 00:02:26,640 --> 00:02:29,000 e están a moldear o noso futuro. 39 00:02:29,000 --> 00:02:34,600 Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. 40 00:02:35,000 --> 00:02:39,000 Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. 41 00:02:40,940 --> 00:02:43,890 Lembra que a IA é como todas as ferramentas: 42 00:02:43,890 --> 00:02:47,136 Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!