0:00:08.300,0:00:11.860 Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. 0:00:11.940,0:00:15.220 Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial 0:00:15.360,0:00:19.500 e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. 0:00:21.180,0:00:24.050 Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, 0:00:24.050,0:00:27.330 e esas decisións afectan á túa vida diaria. 0:00:27.890,0:00:31.259 Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, 0:00:31.260,0:00:33.800 os ordenadores deciden o que ves. 0:00:34.130,0:00:38.610 Os ordenadores xa poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, 0:00:39.010,0:00:42.330 axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, 0:00:42.330,0:00:44.080 incluso mellor que os humanos. 0:00:44.480,0:00:46.900 Como é posible todo isto? 0:00:47.360,0:00:52.560 Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. 0:00:53.011,0:00:55.970 Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. 0:00:56.330,0:00:59.060 Pero hai un tipo de IA chamada aprendizaxe automática 0:00:59.060,0:01:00.870 coa que xa contamos na actualidade. 0:01:01.270,0:01:03.440 É unha forma de IA coa que probablemente interactúas 0:01:03.440,0:01:05.590 todos os días sen sequera darte conta. 0:01:06.160,0:01:10.700 Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. 0:01:12.320,0:01:15.420 A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores 0:01:15.420,0:01:18.180 de recoñecer patróns e tomar decisións 0:01:18.180,0:01:21.190 sen que haxa que programalos de forma explícita. 0:01:21.490,0:01:25.300 O máis fascinante é que se trata dun xeito completamente diferente 0:01:25.300,0:01:29.620 de programar ordenadores co que faciamos ata agora. 0:01:31.120,0:01:36.310 Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, 0:01:36.310,0:01:40.560 podes programalo para que aprenda como o fas ti, 0:01:40.560,0:01:43.760 a través do ensaio e erro, e moita práctica. 0:01:44.230,0:01:45.890 A aprendizaxe acádase coa experiencia, 0:01:45.890,0:01:47.920 e na aprendizaxe automática, tamén. 0:01:48.530,0:01:53.363 Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. 0:01:54.143,0:01:57.373 A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: 0:01:57.500,0:02:01.170 Imaxes, vídeo, son ou texto, 0:02:02.060,0:02:04.520 e empezar a recoñecer patróns neles. 0:02:06.300,0:02:11.120 Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións 0:02:11.120,0:02:12.980 baseadas neses patróns. 0:02:13.340,0:02:18.420 Por exemplo, diferenciar entre a imaxe dun coche e a dunha bicicleta. 0:02:20.450,0:02:23.140 A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar 0:02:23.140,0:02:26.200 un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, 0:02:26.640,0:02:29.000 e están a moldear o noso futuro. 0:02:29.000,0:02:34.600 Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. 0:02:35.000,0:02:39.000 Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. 0:02:40.940,0:02:43.890 Lembra que a IA é como todas as ferramentas: 0:02:43.890,0:02:47.136 Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!