WEBVTT 00:00:08.300 --> 00:00:11.860 Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. 00:00:12.500 --> 00:00:15.220 Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial 00:00:15.360 --> 00:00:19.500 e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. 00:00:21.180 --> 00:00:26.020 Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, e esas decisións afectan 00:00:26.020 --> 00:00:31.259 á túa vida diaria. Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, 00:00:31.260 --> 00:00:34.360 os ordenadores deciden o que ves. 00:00:34.360 --> 00:00:39.060 Os ordenadores poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, 00:00:39.060 --> 00:00:44.080 axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, incluso mellor ca os humanos. 00:00:44.480 --> 00:00:46.900 Como é posible todo isto? 00:00:47.520 --> 00:00:52.960 Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. 00:00:53.320 --> 00:00:56.780 Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. 00:00:57.200 --> 00:01:01.520 Pero na actualidade contamos con un tipo de IA chamada aprendizaxe automática. 00:01:01.520 --> 00:01:05.360 É unha forma de IA coa que probablemente interactúas todos os días sen sequera darte conta. 00:01:05.360 --> 00:01:10.700 Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. 00:01:12.660 --> 00:01:18.180 A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores de recoñecer patróns 00:01:18.180 --> 00:01:21.360 e tomar decisións sen que haxa que programalos de forma explícita. 00:01:21.820 --> 00:01:27.580 O máis abraiante é que se trata dun xeito completamente diferente 00:01:27.580 --> 00:01:29.620 de programar ordenadores co que faciamos ata agora. 00:01:31.340 --> 00:01:36.860 Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, 00:01:37.360 --> 00:01:43.760 podes programalo para que aprenda como a fas ti, a través do ensaio e erro, e moita práctica. 00:01:44.560 --> 00:01:48.880 A aprendizaxe acádase coa experiencia, e iso tamén é así para aprendizaxe automática. 00:01:49.280 --> 00:01:53.700 Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. 00:01:54.500 --> 00:01:57.560 A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: 00:01:57.560 --> 00:02:04.520 Imaxes, vídeo, son ou texto, e empezar a recoñecer patróns neles. 00:02:06.300 --> 00:02:11.120 Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións 00:02:11.120 --> 00:02:12.980 baseadas neses patróns. 00:02:13.340 --> 00:02:18.420 Por exemplo, diferenciar nunha imaxe entre un coche e unha bicicleta. 00:02:20.600 --> 00:02:26.200 A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, 00:02:26.640 --> 00:02:29.000 e están a moldear o noso futuro. 00:02:29.000 --> 00:02:34.600 Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. 00:02:35.000 --> 00:02:39.000 Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. 00:02:40.940 --> 00:02:47.020 Lembra que a IA é como todas as ferramentas: 99:59:59.999 --> 99:59:59.999 Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!