0:00:08.300,0:00:11.860 Chámome Ale Flores e son directora de produto en Alexa. 0:00:12.500,0:00:15.220 Son Chelsey Haupt. Traballo no Instituto Allen de Intelixencia Artificial 0:00:15.360,0:00:19.500 e traballo nun motor de busca académico baseado en IA. 0:00:21.180,0:00:26.020 Ao teu redor, os ordenadores toman decisións, e esas decisións afectan 0:00:26.020,0:00:31.259 á túa vida diaria. Cando buscas en Internet ou cando te desprazas polas publicacións, 0:00:31.260,0:00:34.360 os ordenadores deciden o que ves. 0:00:34.360,0:00:39.060 Os ordenadores poden recoñecer a túa cara e entender a túa voz, 0:00:39.060,0:00:44.080 axiña estarán conducindo coches e detectando enfermidades, incluso mellor ca os humanos. 0:00:44.480,0:00:46.900 Como é posible todo isto? 0:00:47.520,0:00:52.960 Posiblemente teñas escoitado falar da IA ou intelixencia artificial. 0:00:53.320,0:00:56.780 Para a verdadeira intelixencia artificial aínda faltan décadas. 0:00:57.200,0:01:01.520 Pero na actualidade contamos con un tipo de IA chamada aprendizaxe automática. 0:01:01.520,0:01:05.360 É unha forma de IA coa que probablemente interactúas todos os días sen sequera darte conta. 0:01:05.360,0:01:10.700 Axúdanos a abordar algúns dos maiores desafíos do mundo. 0:01:12.660,0:01:18.180 A aprendizaxe máquina é a maneira que teñen os ordenadores de recoñecer patróns 0:01:18.180,0:01:21.360 e tomar decisións sen que haxa que programalos de forma explícita. 0:01:21.820,0:01:27.580 O máis abraiante é que se trata dun xeito completamente diferente 0:01:27.580,0:01:29.620 de programar ordenadores co que faciamos ata agora. 0:01:31.340,0:01:36.860 Coa aprendizaxe máquina, en vez de programar o ordenador paso a paso, 0:01:37.360,0:01:43.760 podes programalo para que aprenda como a fas ti, a través do ensaio e erro, e moita práctica. 0:01:44.560,0:01:48.880 A aprendizaxe acádase coa experiencia, e iso tamén é así para aprendizaxe automática. 0:01:49.280,0:01:53.700 Neste caso, "experiencia" significa unha chea de datos. 0:01:54.500,0:01:57.560 A aprendizaxe automática pode traballar con calquera tipo de datos: 0:01:57.560,0:02:04.520 Imaxes, vídeo, son ou texto, e empezar a recoñecer patróns neles. 0:02:06.300,0:02:11.120 Unha vez que recoñece patróns nos datos, tamén pode realizar predicións 0:02:11.120,0:02:12.980 baseadas neses patróns. 0:02:13.340,0:02:18.420 Por exemplo, diferenciar nunha imaxe entre un coche e unha bicicleta. 0:02:20.600,0:02:26.200 A IA e a aprendizaxe automática están a desempeñar un papel cada vez máis importante na sociedade en xeral, 0:02:26.640,0:02:29.000 e están a moldear o noso futuro. 0:02:29.000,0:02:34.600 Por iso é tan importante entender como funciona, con algún exercicio práctico. 0:02:35.000,0:02:39.000 Estás a piques de adestrar o teu propio modelo de aprendizaxe automática. 0:02:40.940,0:02:47.020 Lembra que a IA é como todas as ferramentas: 9:59:59.000,9:59:59.000 Primeiro aprendes como funciona, logo tes o poder!